AGalegaAudio
Todos os podcast | A crónica deportiva
A última hora da información deportiva de cada día, con seguemento diario aos deportistas e aos equipos galegos nas distintas modalidades
Podcast'in sitesini ziyaret etmeyi ve yapımcısını desteklemeyi unutma: agalegaaudio.gal
Nereden dinlenir?
Uygulamada podcast'ler Replaio Radio Çok yakındaPodcast'ler çok yakında uygulamaya geliyor. Şimdi yükle ve podcast'lere yepyeni bir bakışı ilk gören sen ol
Bölümler
Podcast cultural 62. Corpus 26.11.2025 23:35
A escritora Raquel Miragaia publica "Corpus", un libro de relatos concibido como un texto unitario que se desprega en catro seccións: Ausência. Silêncio. Futuro. Beleza.
Ünder e Diego Flâneur 25.11.2025 17:25
Carlos Crespo tráenos ‘El último chance’ dos lugueses Ünder e Diego Flâneur.
Podcast cultural 61. Percorrido 25.11.2025 18:13
Magín Blanco rememora a súa traxectoria musical en "Percorrido" que estrea en Culturgal. A Galería Trinta celebra o 40 aniversario con coleccionistas e artistas.
She´s so unusual 25.11.2025 9:53
Mónica Maneiro comenta a mostra da galería Dupla, en Santiago, con obras de Ana Jarén, Cristina Fernández Núñez, Lara Pintos e Lula Goce., baixo o título She´s so unusual
A crónica deportiva 25-11-2025 25.11.2025 29:58
No Celta, Javi Rueda fala da súa ampliación de contrato. Fer López ten opcións de regresar cedido neste mercado de inverno. No Deportivo, pasa demasiado tempo, mal augurio, para saber das lesións de Luismi Cruz e Lucas Noubi. Regresa a Liga de campións. Previa con Lino López, Uni Ferrol - Sosmoviec de Polonia.
Podcast cultural 60. ABC Seoane 24.11.2025 17:55
O A ten forma de Atlántico o B de balea e o C de cabalo...Fabulatorio e a Fundación Luís Seoane publican "ABC Seoane", un abecedario infantil construído a partir do imaxinario gráfico e visual de Luís Seoane. Bea Lema estrea a curtametraxe “El cuerpo de Cristo”.
Tres propostas humorísticas 24.11.2025 25:19
Andrea Jamardo fala hoxe de tres libros con moito humor: ‘Adelina’, de Sandra Lodi, que gañou o premio Castelao de banda deseñada en 2024. En Galaxia. ‘Lela, a superavoa’, un cómic de Xosé Tomás que publica Edicións Xerais. ‘Ganapán e Garabato’, un álbum ilustrado para prelectores de Chus Álvarez e El Primo Ramón, publicado por Pepa a Loba editora.
'Segunda man, Estado aceptable' 21.11.2025 11:27
Afonso Becerra comenta a fugaz reestrea de ‘Segunda man. Estado aceptable’ no Teatro Ensalle de Vigo. A peza de Avelina Pérz é unha reflexión aceda arredor do consumismo
Podcast cultural 59. Discómic 21.11.2025 25:02
Os vigueses Moon Cresta publican un "discómic"."Zadym" é un libro ilustrado de 70 páxinas e un Cd. Un disco para ler e ver, ademais de escoitar.
Un adeus, memoria e ‘Ciudad sin sueño’ 20.11.2025 14:08
Con Moncho Lemos lembramos a Julio Fernández. Tamén miramos 50 anos atrás no aniversario do pasamento do ditador: Que había na carteleira? E, por último, Moncho recomenda ‘Ciudad sin sueño’, de Guillermo Galoe, para ver nos cines esta fin de semana
Podacst cultural 58. Refugallo Paintings 20.11.2025 18:09
Almudena Fernández Fariña presenta en Vigo as súas pinturas de refugallo, a mostra “Refugallo Paintings” pon en valor o residual. E despois “Así chegou a noite” de Ángel Santos
Versionando 20.11.2025 0:09
Tito Lesende pica versións: do Turnedo de Amaro e Iván Ferreiro, revisitado por eles e recén saído do forno, á remestura de Baiuca por Ale Acosta. E de propina as cántabras Repion
A crónica deportiva 20-11-2025 20.11.2025 29:40
Regresan os internacionais do Celta. Quagliatta rememora o gol co Depor. Marc Martínez, porteiro do Lugo, fala do derbi co Ponmtevedra. Derrotas do Parrulo Ferrol e do Lugo Sala na Copa. 1ª derrota do Basquet Coruña, na Copa 1ªFEB. O Obradorio e o COB avanzan ós cuartos. Xogarán co Palencia e co Logroño, respectivamente, e a domicilio.
'Perder o norte' 19.11.2025 11:45
Malores Villanueva comenta o último Premio Illa Nova de Narrativa: ‘ Perder o norte’ , da lucense María Quiroga, unha viaxe por diversos territorios físicos e emocionais. En Galaxia
Podcast cultural 57. Mestura 19.11.2025 24:33
María Toro celebra as orixes no Teatro Colón. A frautista coruñesa regresa ao escenario que acolleu o seu primeiro concerto para presentar “Mestura”, o disco que abre unha nova etapa na súa traxectoria.
A crónica deportiva 19-11-2025 19.11.2025 30:00
A AEMET activa alerta laranxa en Vitoria por nevaradas na noite do venres ó sabado. Xusto antes do Alavés - Celta. No Deportivo, Luismi Cruz en sala de prensa. "O liderado é anecdótico". O dianteiro do Pontevedra CF Dani Selma pide desculpas por saltar as ordes de equipo e lanzar e errar 2 penaltis. O Noia FS e o Club Ourense Baloncesto avanzan na Copa.
PEITOESCURO 18.11.2025 34:40
Carlos Crespo trae ás súas “descubertas” a PEITOESCURO, o proxecto de Rubén Gutiérrez. Este madrileño, asentado nunha aldea ao pé do Courel, presenta na Radio Galega(en primicia) o seu tema novo ‘Pan das pedras’
Benzer podcast'ler
Replaio bir podcast yayıncısı değildir; program adları, kapak görselleri ve ses içerikleri yazarlarına aittir ve herkese açık RSS beslemeleri aracılığıyla dağıtılır