AGalegaAudio
Todos os podcast | A crónica deportiva
A última hora da información deportiva de cada día, con seguemento diario aos deportistas e aos equipos galegos nas distintas modalidades
Podcast'in sitesini ziyaret etmeyi ve yapımcısını desteklemeyi unutma: agalegaaudio.gal
Nereden dinlenir?
Uygulamada podcast'ler Replaio Radio Çok yakındaPodcast'ler çok yakında uygulamaya geliyor. Şimdi yükle ve podcast'lere yepyeni bir bakışı ilk gören sen ol
Bölümler
Un 'panetone teatral' 12.12.2025 8:35
Afonso fálanos da adaptación que fixo do "Conto de Nadal" de Dickens a compañía de alumnos da ESAD Vicus Teatro, que dirixe Pablo Carrera. A obra, representada ao estilo da commedia dell'Arte italiana, escenifícase na Asociación de Panadeiros e Pasteleiros de Vigo,; de aí a cualificación de "panetone teatral"
Podcast cultural 73. Música e terapia 12.12.2025 24:27
O hospital psiquiátrico de Conxo acolle o primeiro concerto de Los Coquitos, un grupo musical composto por pacientes do centro.
A crónica deportiva 12-12-2025 12.12.2025 29:55
Marco Garcés, director de fútbol do RC Celta, amplía contrato ata 2030. Sergio Carreira, premio ao destacado de novembro. No Deportivo, Antonio Hidalgo avanza que contará con Samu e Noé Carrillo para suplir as baixas por sanción de Diego Villares e Lucas Noubi. Fala Iago Iglesias no CD Lugo e Rubén Domínguez no Pontevedra CF.
'Frontera' e 'Los Goonies' 11.12.2025
Moncho Lemos comenta a película "Frontera", dirixida por Judith Colell. Un thriller histórico sobre un funcionario español que 1943 que decide axudar a refuxiados xudeus a escapar dos nazis polos Pirineos. E tamén a reestrea de ‘Los Goonies’
Podcast cultural 72. Rosalía en Madrid 11.12.2025
O investigador Luís Miguel Fernández revela novos detalles biográficos sobre os anos madrileños de Rosalía de Castro na "I Xornada Avances na biografía de Rosalía de Castro" que organiza a Cátedra Rosalía de Castro da USC
De Familia Caamagno a Pink Floyd 11.12.2025
Tito Lesende pica o novo de Familia Caamagno ‘Disco comarcal’ e de Sés co seu ‘Nadando na incerteza’. Tamén repasa os concertos vindeiros e recomenda o disco conmemorativo dos cincuenta anos do ‘Wish You Were Here’ de Pink Floyd, que sae mañá á venda.
A crónica deportiva 11-12-2025 11.12.2025 29:58
Última hora do Celta - Boloña, da Liga Europa, de hoxe. Ocasión para certificar o avance na competición. No Depor, Damián Canedo lesionado de gravidade, dos ligamentos cruzados. Pasará polo quirófano. Fala José Ángel. No CD Lugo fala Álex Balboa. No Breogán, previa de Luís Casimiro antes do La Laguna Tenerife. No Basquet Coruña, presentación de Mus Barro.
A poesía é para sentir 10.12.2025 7:38
Malores Villanueva comenta os poemarios ‘CONTRA HUMANA PARTE’, de Pilar Pallarés e ‘Caligrafía das espigas’, de Carlos Negro
Podcast cultural 71. De estreas 10.12.2025
En “Así chegou a noite” un escultor afástase do ruído e procura no xesto da arxila o sentido da existencia. O terceiro filme de Ángel Santos clausura o festival Novos Cinemas que abría “As liñas descontinuas” de Anxos Fazáns.
A crónica deportiva 10-12-2025 10.12.2025 29:58
No Celta, previa do partido co Boloña na Liga Europa. Pablo Durán estará 2 ou 3 semanas de baixa por lesión de ombreiro. E Carlos Domínguez, baixa para mañá por molestias musculares. Falan Claudio Giráldez e Illaix Moriba. No Depor, lesión de posible gravidade do canteirán Damián Canedo. Fala Mario Soriano. Cita europea do Uni Ferrol en Italia. Ás 18:00h co GEAS Milano. Partido de ida. O Noia FS x...
Tona 09.12.2025
Carlos Crespo tráenos a Tona, que vén de publicar “Cruseiro”, o seu EP de debut. Tona é o novo proxecto do exTerbutalina Miguel Cernadas
Podcast cultural 70. Novos Cinemas 10 09.12.2025 18:39
O festival Novos Cinemas cumpre dez anos e celébrao reforzando os trazos que o distinguen. Xosé Cobas publica un ábum sobre a luz, “O soño dunha sombra”.
40 anos da galería Trinta 09.12.2025
Mónica Maneiro comenta a exposición que conmemora o cuadraxésimo aniversario da galería Trinta de Santiago. ‘Piezas que nunca debí haber vendido’ é unha homenaxe da galerista Asunta Rodríguez aos creadores e tamén aos coleccionistas.
A crónica deportiva 09-12-2025 09.12.2025 29:58
Sorteo da Copa do Rei: +Ourense CF - Athletic Club. Falamos con Camilo Díaz, Dani Ponz e Hugo Sanz. +Albacete - Celta. Falamos con Fran Noguerol, ex do Celta e agora no corpo técnico dos manchegos. +Deportivo - Mallorca. Última hora con Toni Fuster dende a radio pública balear.
Unha novela e un abecedario 08.12.2025 12:34
Unha novelae un abecedario Andrea Jamardo recoméndanos ‘Pernascochas’, de Ramón D. Veiga e Blanca Millán, e ‘ABC Seoane’ un abecedario que achega á rapazada o universo creativo de Luís Seoane, con textos de Piu Martínez, Cibrán Rico e Suso Vázquez.
A crónica deportiva 08-12-2025 08.12.2025
Ledicia celeste trala vitoria 0 a 2 no Bernabéu. As voces do partido con Víctor López: Claudio Giráldez, Xabi Alonso, Borja Iglesias, Williot Swedberg, Miguel Román e Radu. Primeira derrota do Dépor en Riazor após 5 vitorias consecutivas. Falan Antonio Hidalgo, Miguel Loureiro e Diego Villares. O CD Lugo empata no Anxo Carro co Tenerife tras remontar o 0 a 2 no descanso.
'Palíndromos y viceversos' 05.12.2025 9:37
Afonso Becerra comenta o espectáculo ‘Palíndromos y viceversos’, unha “delicatessen” do Teatro Ensalle Protagonizada polo bailarín e coreógrafo Andrés Corchero, a poeta Nieves Neira e a violinista Macarena Montesinos e Andrés Corchero. Luz: Pedro Fresneda
Podcast cultural 69. 'No seu lugar, outro' 05.12.2025 20:14
'No seu lugar, outro'. Literatura e cine cruzan as súas linguaxes para retratar espazos urbanos: Berta Dávila, Lucía Aldao , Álvaro Gago.
A crónica deportiva 05-12-2025 05.12.2025 29:58
Os protagonistas da Copa: do Sant Andreu 1 - Celta 1 (6-7 nos penaltis) con Víctor López, e do Sabadell 0 - Depor 2, con Javi Torres.
Tres pelis españolas para ver na ponte de decembro 04.12.2025
Moncho Lemos recoméndanos tres películas españolas para irmos ao cine na ponte de decembro: ‘Me has robado el corazón’, de Chus Gutiérrez; ‘Playa de lobos’, de Javier Veiga; e ‘Golpes’, de Rafael Cobos
Podcast cultural 68. Berenguela e Cruseiro 04.12.2025
Escrita e dirixida por Paula Carballeira, "Berenguela na gaiola", espectáculo para publico familiar, é unha coprodución de Galeatro, Xarope Tulú co CDG e o FIOT. E "Cruseiro" é o debut de Tona, o novo proxecto musical que se presenta na Foliada da Fonsagrada
De estreas e debuts 04.12.2025
Tito Lesende pica 'Ferido, a canción coa que debuta como cantante o actor Xoán Fórneas e 'Sombras chinas', a canción que estrea Xoel López, que hoxe mesmo actúa no Palacio da Ópera da Coruña. Tamén actúa na casa o grupo coruñés Leria, que presenta o 5 de decembro o EP 'Discomotor' no Garufa Club. E, en xaneiro, andará tocando por Galicia Rubén Pozo, que presenta disco novo...
Benzer podcast'ler
Replaio bir podcast yayıncısı değildir; program adları, kapak görselleri ve ses içerikleri yazarlarına aittir ve herkese açık RSS beslemeleri aracılığıyla dağıtılır