AGalegaAudio
Todos os podcast | A crónica deportiva
A última hora da información deportiva de cada día, con seguemento diario aos deportistas e aos equipos galegos nas distintas modalidades
Podcast'in sitesini ziyaret etmeyi ve yapımcısını desteklemeyi unutma: agalegaaudio.gal
Nereden dinlenir?
Uygulamada podcast'ler Replaio Radio Çok yakındaPodcast'ler çok yakında uygulamaya geliyor. Şimdi yükle ve podcast'lere yepyeni bir bakışı ilk gören sen ol
Bölümler
'Ninguén tira fotos nos enterros' 23.01.2026 12:33
Afonso Becerra comenta a ópera prima de Carlota Mosquera, ‘Ninguén tira fotos nos enterros’. Nesta autoficción performativa a autora propón unha reflexión colectiva sobre a morte, e faino dende a mirada dunha nena que, no mesmo día, asiste ao funeral da avoa e a voda dos tíos.
Podcast cultural 91. DUPLEX 30 23.01.2026 20:40
A sala de cinema ferrolá DUPLEX celebra 30 anos de vida . Percorremos a súa historia.
A crónica deportiva 23-01-2026 23.01.2026 29:54
Recuperamos os mellores momentos da clasificación do RC Celta para os 16º da Liga Europa. A Real Federación Galega de Fútbol suspende todos os partidos do sábado polo temporal. Hoxe, dúas citas na Primeira REF: En Balaídos ás 19:00h, Celta Fortuna – Zamora; e no Estadio Romano, ás 21:15h, Mérida - Pontevedra CF. Previa do Dépor – Rácing, con Antonio Hidalgo. O BM Porriño queda "ferido" d...
'Ídolos' 22.01.2026 9:02
Pendentes de se ‘Sirat’ conseguen meterse na loita polos Óscar, Moncho Lemos comenta a película de estrea ‘Ídolos’, con Ana Mena e Óscar Casas, que xira arredor do mundo do motociclismo e da que di que “é unha telenovela preciosa”.
Podcast cultural 90. Videoxogos 22.01.2026 16:34
Xogalego é un proxecto que procura facer visible e accesible todo o catálogo de videoxogos dispoñibles en galego. E despois 'Ninguén tira fotos nos enterros'.
De Hydn a Sés 22.01.2026 14:02
Tito Lesende pica a última canción de Hydn, o disco conxunto de mariagrep e Mundo Prestigio, e o novo álbum de Ángel Stanich antes dos seus concertos en Galicia. Tamén a Sés, que segue presentando en directo 'Nadando na incerteza'.
A crónica deportiva 22-01-2026 22.01.2026 29:58
Na Liga Europa, Celta - Lille. Última hora con Víctor López. No Deportivo fala Samuele Mulattieri. Última hora con Javi Torres. Presentado o medio centro Antonio Perera no CD Lugo. Protagonistas da eliminación do Uni Ferrol na competición europea. Luis Casimiro na previa do Breogán - Real Madrid.
'Illa de sangue' 21.01.2026 13:51
Malores Villanueva comenta ‘Illa de sangue’, a primeira novela de Carmen Valiña, autora de ‘As tolas que non o eran’ sobre o psiquiátrico de Conxo. A obra, que decorre na illa de San Simón, alzouse co premio de narrativa breve Repsol 2025.
Podcast cultural 89. 360 curvas 21.01.2026 18:57
O filme documental que recupera a memoria das mobilizacións veciñais da Fonsagrada nos 90 chega ás salas. A preestrea de 360 curvas esta fin de semana na Fonsagrada
Carballo 20.01.2026 13:27
Carlos Crespo trános a Carballo, un músico emerxente formado na clásica que acaba de sacar ‘Simbiose’, o seu disco primeiro
Podcast cultural 88. Vostede está aquí 20.01.2026 25:00
Na pausa, na suspensión, ábrese o poema. "Vostede está aquí" é o primeiro libro de poemas de Antía Marante. E despois Buciños + Buciños
'Aquí e agora' 20.01.2026 12:25
Mónica Maneiro comenta a exposición ‘Aquí e agora’, dedicada ao pintor vigués Guillermo Monroy, membro fundador de Atlántica falecido aos 28 anos en 1982. A mostra, comisariada por Ángel Cerviño, reivindica a importancia da súa obra. Pode visitarse ata o 15 de febreiro.
A crónica deportiva 20-01-2026 20.01.2026 29:57
O francés Daniel Dutuel, ex do Celta, fala sobre o galego do Barcelona Dro Fernández e di que “o PSG é o mellor club para un xogador novo; Luís Enrique dá moita confianza". Tamén apunta que o Celta debería gañarlle ao Lille con facilidade. Semana de partido da Liga Guerreiras e volta de competición europea en Silicia para o At Guardés. Falamos coa capitá María Sancha.
Dous documentais e unha webserie 19.01.2026 10:56
Begoña Vázquez recomena dous documentais e unha serie web que se poden ver en Agalega.gal. Trátase de ‘Morabeza’, ‘Á destra e á sinistra’ e ‘Peter Brandon’ respectivamente.
Podcast cultural 87. Dupla 19.01.2026 19:42
A galería Dupla propón un diálogo entre o escultor Iván Prieto e o artista visual Zësar Bahamonte na exposición "Absurdo" que enlaza coa filosofía de Albert Camus, e a incesante busca do significado do mundo
Libros para bebés, para primeiros lectores e para adolescentes 19.01.2026 13:01
Andrea Jamardo tráenos unha novela xuvenil, unha colección de libros para bebés e un libro silente: - ‘Dipnoi’ de María Canosa, unha novela para o público xuvenil, que chega este xoves ás librarías na colección Fóra de Xogo da editorial Xerais. -Da colección de Kalandraka Do berce á lúa: ‘Flores’ e ´Limón’, de Antonio Rubio e Óscar Villán -E por último un libro sen texto, tamén de Kalandraka, ‘Ped...
A crónica deportiva 19-01-2026 19.01.2026 29:55
O Celta suma a 3ª vitoria consecutiva na Liga e ten 8 puntos de vantaxe co 8º clasificado. Previa do Real Madrid - Mónaco. Falan Arbeloa e Mbappé. O Deportivo dá un golpe ra mesa cos 3 puntos sumados en Almería. Golazos galegos: Enol Coto para o Ourense CF e Rufo para a UD Ourense.
Diario cultural fin de semana 17-01-2026 17.01.2026 56:54
Un ano despois da súa morte lembramos a Bernardino Graña conversando co seu amigo, o crítico Héitor Mera. Olaia Sendón fálanos de "A casa grande", a obra coa que foi finalista do premio Xerais de novela. A Cátedra Rosalía de Castro da Universidade de Santiago impulsa o primeiro museo en liña de iconografía rosaliana. Explícanos o seu contido Laura Camino, que se encargou da catalogación...
'Familia' e dúas estreas 16.01.2026 10:52
Afonso Becerra comenta ‘Familia’, de Amalia Fernández e nos reta a adiviñar como vai facer para estar hoxe en dúas estreas na Coruña e Vigo: ‘Ninguén tira fotos nos enterros’, de Carlota Mosquera no Rosalía...e ‘Alén’, do Colectivo Globo no Teatro Ensalle.
Podcast cultural 86. Cultura urbana 16.01.2026 20:23
A editorial Alvarellos publica o libro colectivo "Pegadas no muro. Cultura urbana e arte nas rúas", unha das primeiras contribucións galegas á bibliografía sobre o muralismo contemporáneo.
'Turno de guardia' 15.01.2026 13:09
Moncho Lemos recomenda ir ao cine esta fin de semana para ver a estrea da película suíza ‘Turno de guardia’. Tamén lle gusta a española ‘Rondallas’, pero non tanto ‘Una batalla tras otra’, a gran triunfadora dos Golden Globes.
PODCAST CULTURAL 85. B Graña, ao compás do corazón 15.01.2026 16:39
"Eu deixaba que a man se movese ao compás do corazón". Lembramos a voz de Bernardino Graña e acompañamos o cabodano do escritor revisando a súa obra.
Benzer podcast'ler
Replaio bir podcast yayıncısı değildir; program adları, kapak görselleri ve ses içerikleri yazarlarına aittir ve herkese açık RSS beslemeleri aracılığıyla dağıtılır