Radio Municipal de Tui

Informativos

Os informativos da Radio Municipal de Tui recollen a actualidade máis cercana no ámbito local e comarcal. A información política, social, cultural, deportiva de Tui e da comarca do Baixo Miño está presente en Noticias 13.30 h cada día de luns a venres de 13.30 a 14.00 h.

Yazar

Radio Municipal de Tui

Kategori

News

Podcast web sitesi

www.ivoox.com

Son bölüm

10 Tem 2026

Nereden dinlenir?

Uygulamada podcast'ler Replaio Radio Çok yakında

Podcast'ler çok yakında uygulamaya geliyor. Şimdi yükle ve podcast'lere yepyeni bir bakışı ilk gören sen ol

Google Play'den indir Ücretsiz yükle Android 5 Mn+ indirme · 4,8 puan iOS yakında

Bölümler

Noticias 13.30 h | Venres, 10 de xullo de 2026 10.07.2026

Estas son as principais novas que hoxe recollemos en Noticias 13.30 h: - Unha pantalla de grandes dimensións está a ser instalada na praza da Inmaculada para ver o partido España-Bélxica - O IKFEM tende novas pontes culturais entre as dúas beiras do Miño do 16 ao 19 de xullo - Hoxe ás 22.30 h proxéctase "Rondallas" na praza de Frómista - Comeza o programa "Un río, dous países, dez experiencias" pr...

Ent. Roberto Álvarez Carrero, subdirector do AECT Rio Minho | Programa "Un río, dous países, dez experiencias" 10.07.2026

"Un río, dous países, dez experiencias" é o programa promovido polo AECT Rio Minho no marco do marco do proxecto VISIT_RIO_MINHO_PLUS. Comeza xa esta fin de semana con dúas rutas: “Fortalezas Atlánticas” e “Fortalezas do Minho”. O programa foi presentado este mediodía no Museo do Viño en Salvaterra. Roberto Álvarez Carrero, subdirector do AECT Rio Minho, explicou as características da iniciativa.

Ent. Rafael Estévez, concelleiro de Deportes de Tui | Pantalla xigante para ver o partido España-Bélxica 10.07.2026

Tui volverá vivir hoxe venres a emoción do Mundial de fútbol na praza da Inmaculada. O Concello de Tui volve instalar unha pantalla xigante, de maiores dimensións que a colocada no partido contra Portugal, para desfrutar do encontro de España e Bélxica hoxe venres ás 21 h. O concelleiro de Deportes, Rafael Estévez, explicaba hoxe esta actividade, que contará amais con dj e gastronomía dende as 19...

Noticias 13.30 h | Xoves, 9 de xullo de 2026 09.07.2026

Estas son as principais novas que hoxe recollemos en Noticias 13.30 h: - O Concello de Tui denuncia os actos vandálicos rexistrados no paseo fluvial e nunha árbore da rúa Lugo - O IKFEM Festival Tui-Valença comezará nunha semana cun concerto de Woyza e Emile Curl na praza da Inmaculada de Tui. O sábado celebrará a Ponte Creativa na vella Ponte Internacional - Tude, o Museo Catedralicio Diocesao or...

Noticias 13.30 h | Mércores, 8 de xullo de 2026 08.07.2026

Estas son as principais novas que hoxe recollemos en Noticias 13.30 h - A visita á intervención arqueolóxica da praza do Pracer espertou gran interese por coñece os restos romanos atopados - A nova iluminación da Catedral de Tui resalta o templo na escala próxima e tamén na paisaxe - Galicia Suroeste achega a historia de 8 persoas e empresas na nova campaña Parte de Tí - Fóra de servizo temporalme...

Ent. Sandra González, alcaldesa de Tomiño e presidenta de Galicia Suroeste | Campaña Parte de tí 2026 08.07.2026

O Xeodestino Galicia Suroeste ten xa en marcha a sétima campaña Parte de tí. Trátase dunha iniciativa que sensibiliza, conciencia e informa sobre as historias das persoas que están detrás dos servizos e productos que hai na nosa contorna. Onte en Mos presentábase esta nova campaña da que hoxe falamos con Sandra González, alcaldesa de Tomiño, e presidenta de Galicia Suroeste. O primeiro dos 8 prota...

Noticias 13.30 h | Martes, 7 de xullo de 2026 07.07.2026

Estas son as principais novas que hoxe recollemos en Noticias 13.30 h: - Unha visita á intervención arqueolóxica da praza do Pracer abre hoxe o programa Coñece o Noso Patrimonio - Este xoves preséntase o XIV IKFEM Festival Tui-Valença - Esta tarde preséntase a campaña Parte de Tí do xeodestino Galicia Suroeste - Tui ten conexión directa a praia América. O autobús sae ás 12 h da rúa Ourense e regre...

Ent. Gorka Martín - Barferencia "Detectores e arqueoloxía: o que non se pode facer" no proxecto Fortalezas de Fronteira 07.07.2026

O investigador posdoutoral da Universidade do País Vasco Gorka Martín Echevarría, abriu onte as barferencias do proxecto Fortalezas de Fronteiza abordando "Detectores e arqueoloxía: o que non se pode facer". Na Radio Municipal de Tui afondou neste tema. Estas Barferencias chegarán este venres, ás 20.30 horas, a Al Dente, no mercado de San Antonio de Tui. Rebeca Blanco-Rotea impartirá a charla “Des...

Ent. Juan José Perles, arqueólogo | Visita á intervención arqueolóxica da praza do Pracer en 'Coñece o noso patrimonio' 07.07.2026

Hoxe martes ás 20.30 h comeza unha nova edición de 'Coñece o noso patrimonio' coa primeira das visitas gratuítas programadas. Será á intervención arqueolóxica da praza do Pracer. Esta visita estará dirixida por Soledad Prieto Robles e Juan José Perles Fontao, arqueólogos responsables desta intervención. Juan José Perles presentou hoxe na nosa sintonía a importancia desta visita.

Noticias 13.30 h | Luns, 6 de xullo de 2026 07.07.2026

Estas son as novas que recollemos en Noticias 13.30 h desde luns, 6 de xullo de 2026

Ent. Rafael Estévez, concelleiro de Deportes | Pantalla xigante para ver o partido Portugal-España 06.07.2026

A emoción do Mundial de fútbol vivirase hoxe na rúa en Tui. O Concello de Tui instala unha pantalla xigante para ver o partido que van xogar Portugal-España ás 21 h. Encontro especial neste territorio transfronteirizo tal e coma explicaba o concelleiro de Deportes de Tui, Rafael Estévez. A animación comezará xa antes do partido cun dj, e con gastronomía da man de Manu Garrido, que recadará fondos...

Noticias 13.30 h | Venres, 3 de xullo de 2026 03.07.2026

Estas son as principais novas, que hoxe venres, 3 de xullo, recollemos en Noticias 13.30 h: - O paro baixou en 94 persoas en xuño no Baixo Miño até as 2.241 inscritas nos Servizos Público de Emprego - Alerta por calor esta fin de semana - SOS Tomiño-Baixo Miño realiza hoxe e mañá unha recollida de alimentos no GADIS de Tui - Ás 20 h inaugúrase a exposición "Abrindo as huchas da bisbarra de Tui" co...

Noticias 13.30 h | Mércores, 1 de xullo de 2026 01.07.2026

Estas son as principais novas que recollemos en Noticias 13.30 h: - Esta fin de semana celébrase o VI Festival da Cultura Tradicional e Folk en Tui - Esta mañá tivo lugar a clausura de temporada de Cultiva a mente - Dende hoxe e até o 31 de agosto Lugove habilita un servizo de bus a Praia América dende Tui - O Rosal e Salceda de Caselas presentaron as súas axendas culturais de verán - Esta fin de...

Noticias 13.30 h | Martes, 30 de xuño de 2026 30.06.2026

Estas son as principais novas que recollemos en Noticias 13.30 h: - Até finais de setembro pódese visitar na Catedral 'Relicario' do artista tudense Carlos Fer - ACITUI presenta a campaña "Mergúllate no noso comercio" - Mañá 1 de xullo comeza o Campamento de Verán do Concello de Tui - Hoxe martes o Cineclub Tui proxecta "A guitarra flamenca de Yerai Cortés" - Manu Garrido do Kaiak Tudense bronce x...

Noticias 13.30 h | Venres, 26 de xuño de 2026 26.06.2026

Estas son as principais novas que recollemos en Noticias 13.30 h: - Mañá sábado inaugúrase a nova iluminación da Catedral de Tui - Até este domingo a imaxe de Nosa Señora da Franqueira continúa na Catedral de Tui - O PP de Tui denuncia a ineficacia do control de aparcamento da zona azul con cámaras - Hoxe inaugúrase "Camiño á Catedral" de Rosa Mª Vila - Función da Escola de Danza Paula Cobián aber...

Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui | Inauguración nova iluminación da Catedral de Tui 26.06.2026

Mañá sábado ás 23 h terá lugar o acto inaugural da nova iluminación da Catedral de Tui. Tras semanas apagada debido ás obras de renovación, o principal templo tudense e icona da cidade, recuperará todo o seu esplendor nocturno. Haberá ambientación musical antes e ao remate do acto institucional. O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, destacou hoxe a importancia desta actuación, que supuxo un investi...

Noticias 13.30 h | Xoves, 25 de xuño de 2026 25.06.2026

Estas son as principais novas que recollemos en Noticias 13.30 h: - Tui conmemorou onte o aniversario dos Xogos FLorais de Galicia - Diversidades Acolle organiza ás 20 h en Tui a actividade Biblioteca Humana con motivo do Día internacional das Persoas Refuxiadas - O Espazo Sociocultural acolle as Xornadas de Patrimonio Cultural da Igrexa - Hoxe ás 20 h no Espazo Lector Nobel presentación libro “Ro...

Noticias 13.30 h | Martes, 23 de xuño de 2026 23.06.2026

Estas son as principais novas que hoxe recollemos en Noticias 13.30 h - Incendio nunha finca ao final da rúa Maristas, cunha superficie afectada duns 50 metros. - Tui celebra mañá 135 aniversario dos Xogos Florais de Galicia coa presentación do libro "Tui, 1900-1936" e espectáculo de poesía e música "Medula" de Cristal Méndez. - A empresa tudense Utingal recibiu unha con axuda de 105.000€ da Xunta...

Noticias 13.30 h | Luns, 22 de xuño de 2026 22.06.2026

Estas son as principais novas que o xoves, 18 de xuño, recollemos en Noticias 13.30 h: - A renovación da rúa Augusto González Besada, o Paseo da Corredoira e a praza da Inmaculada está inaugurada - As piscinas municipais de Tui están xa abertas até o 6 de setembro - A Comunidade de Montes de Areas organiza unha nova edición do obradoiro de herbas de San Xoán - Do 1 ao 3 de xullo a aula da UNED de...

Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui | Inauguración renovación de Augusto G. Besada, Praza da Inmaculada e Corredoira 19.06.2026

Hoxe venres terá lugar a inauguración da renovación realizada en tres espazos centrais de Tui como son a rúa Augusto González Besada, praza da Inmaculada e Paseo da Corredoira. Dende ás 18.30 h haberá animación na rúa e ás 20.30 h o acto institucional, para continuar logo con música. Así o explicaba o alcalde, Enrique Cabaleiro, quen se refería a actuación realizada. Tamén avanzaba o próximo inici...

Noticias 13.30 h | Xoves, 18 de xuño de 2026 18.06.2026

Estas son as principais novas que o xoves, 18 de xuño, recollemos en Noticias 13.30 h: - Tui inaugura a renovación da rúa Augusto González Besada, o Paseo da Corredoira e a praza da Inmaculada - O Concello de Tui incorpora dúas novas rutas cicloturistas á rede de Galicia Suroeste - O Camiño das Torres reforza o papel de Tui como porta de entrada a Galicia do Camiño Portugués - O PP de Tui denuncia...

Noticias 13.30 h | Mércores, 17 de xuño de 2026 17.06.2026

Estas son as principais novas que hoxe recollemos en Noticias 13.30 h: - Tui impulsa un obradoiro dual de emprego para construír un novo tramo da senda do río Miño - ACITUI recupera a condición de Centro Comercial Aberto na rúa Augusto González Besada - Dobre premio para o alumnado do CEIP de Pazos de Reis ao abeiro do proxecto Terra e polo seu podcast sobre igualdade - O CEIP Nº2 de Tui gaña o se...

Noticias 13.30 h | Martes, 16 de xuño de 2026 16.06.2026

Estas son as principais novas que hoxe recollemos en noticias 13.30 h: - Comeza en Tui un novo obradoiro dual de emprego que formará a 20 persoas en dúas profesións con gran demanda - A Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica do Baixo Miño, Louriña e Condado doa máis dun centenar de libros á Biblioteca Municipal - Ata este venres pode realizarse o pago das distintas quendas do Campamento d...

Noticias 13.30 h | Luns, 15 de xuño de 2026 15.06.2026

Estas son as principais novas que hoxe recollemos en Noticias 13.30 h: - O alcalde de Tui reivindicou o municipalismo na Ofrenda do antigo Reino de Galicia - A escultura do peregrino de Rai rende homenaxe aos milleiros de persoas que percorren o Camiño Portugués - A Mancomunidade de Montes do Baixo Miño e Medio rural poñen en marcha un proxecto pioneiro de detección temperá de incendios - O IES In...

Noticias 13.30 h | Venres, 12 de xuño de 2026 12.06.2026

Estas son as principais novas que hoxe recollemos en Noticias 13.30 h: - Alerta amarela por altas temperaturas - Completamos a rolda de entrevistas tras o pleno ordinario de maio co alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro - Mañá ás 12 h inaugúrase a escultura do Peregrino, obra de Rai, na rúa Olímpicos Tudenses - Este domingo ás 7.30 h sairán dende Tui os autobuses para participar na Ofrenda en Lugo do...

Informativos podcast'ini Replaio'da dinle

Radyo ve podcast'ler tek uygulamada - ücretsiz, kayıt gerektirmez. Bugün yükle ve lansmanı kaçırma

Google Play'den indir

Replaio bir podcast yayıncısı değildir; program adları, kapak görselleri ve ses içerikleri yazarlarına aittir ve herkese açık RSS beslemeleri aracılığıyla dağıtılır