Mohawk

RETALLOS PARA O PENSAMENTO

News ES ↓ 181 avsnitt

Sobre os humanos actuais e passados. Sobre a nossa sociedade e o seu desenvolvimento sostíbel...assi como calquer outro tema que convide á dialogar e debater...

Glöm inte att besöka poddens webbplats och stötta skaparen: www.ivoox.com

Skapare

Mohawk

Kategori

News

Poddens webbplats

www.ivoox.com

Senaste avsnittet

23 feb 2024

Var kan du lyssna?

Poddar i appen Replaio Radio Kommer snart

Poddar kommer snart till appen. Installera nu och bli först med att uppleva ett helt nytt sätt att lyssna på poddar

Ladda ned på Google Play Installera gratis Android nästan 10 mn nedladdningar · betyg 4,8 iOS snart

Avsnitt

GALIZA, un balance no 2011 28.03.2014

Palestra do economista e político galego Joam Lopes Facal, organizada polo Facho o 01-12-2011, sobre a situación socioeconómica da Galiza no 2011

A ORIXE das POLÍTICAS SOCIAIS EN ESPAÑA e NA GALIZA (1908-1963) 24.03.2014

Conferencia da profesora Margarita Vilar Rodríguez no 2010 sobre as orixes das políticas sociais en España entre 1908 e 1963

PRECARIZACIÓN LABORAL e POLÍTICAS NEOLIBERAIS 17.03.2014

Conferencia de Xosé Manuel Carril, organizada polo Facho a finais do 2010, sobre a políticas neoliberais e o seu impacto nas condicións laborais dos empregados

Sobre o DEREITO DE AUTODETERMINACIÓN por Carlos Taibo 13.12.2013

Palestra do Carlos Taibo, profesor de Ciencia Política na Universidade Autónoma de Madrid, en 2006 sobre o dereito de autodeterminación dos pobos. Moi interesante e de atualidade.

PRESTIGE e NUNCA MÁIS. Debate sobre a sentenza 2013 26.11.2013

Debate en Irmandade.tv sobre a catástrofe do Prestige con Xaquín Rubido e Rafa Vilar da plataforma Nunca Máis, e con Xurxo Salgado, director de Galicia Confidencial e Beti Vázquez do Sermos Galiza. Abórdase o que supuxo o movemento social de Nunca Máis para a sociedade galega e a onda mobilizadora que percorreu o País. Tamén, como non, reflexionase sobre as consecuencias da recente sentenza da Aud...

FEIRACO modelo cooperativo de innovación 23.11.2013

Palestra de Ismael Martinez Lede, Director de I+D de FEIRACO, no Ateneo de Santiago, en outubro do 2013. FEIRACO é unha empresa leiteira en réxime de cooperativa fundada en 1968 que recentemente recibiu o primeiro Premio Europeo á Innovación Cooperativa, e o distintivo de Igualdade na Empresa pola súa política de responsabilidade social, e foi distinguida como «empresa socialmente responsable.

SANIDADE PÚBLICA e ECONOMÍA 22.11.2013

Palestra do economista Xaquín A.Corbacho no Ateneo de Santiago, en outubro do 2013, sobre a Crise, as privatizacións e o deterioro da Sanidade Pública

CLIMA e EVOLUCIÓN HUMANA por María Martinón 04.11.2013

Ponencia da investigadora galega María Martinón no 2012 sobre a influencia do clima na evolución humana. María Martinón Torres é responsábel da Liña de Investigación sobre Antropoloxía Dental en Homínidos no Centro Nacional de Investigación sobre a Evolución Humana (CENIEH) e membro da equipa de Atapuerca

OS HOMÍNIDOS de ATAPUERCA por María Martinón 03.11.2013

A investigadora galega María Martinón Torres, deu en xullo de 2013 esta interesante conferencia sobre os homínidos que moraron na serra burgalesa de Atapuerca.

EVOLUCIÓN HUMANA e DENTICIÓN por María Martinón 31.10.2013

Conferencia da Paleoantropóloga galega María Martinón organizada pola Fundación Carlos Casares. María Martinón Torres é licenciada en Medicina e Cirurxía e doutora en Antropoloxía pola USC. Responsable do Grupo de Investigación de Antropoloxía Dental do CENIEH de Burgos e membro do proxecto de excavacións de Atapuerca.

O NACIONALISMO GALEGO perante a CRISE 2013 09.08.2013

Mesa redonda en xullo do 2013 sobre o Nacionalismo Galego e a crise na que estamos inmersos con Xavier Vence, Xosé Manuel Beiras, Rafael Cuiña, Carlos Morais, etc...

MODELOS REPUBLICANOS e FEDERAIS 02.07.2013

En xullo do 2012 houbo un Congreso na Coruña, organizado pola Fundación Juana de Vega e a Universidade Santiago, sobre o "Poder e o territorio na España do XIX", na que o ponente, Fernando Martínez López, da Universidade de Almería, fala dos modelos republicanos federales nacidos da revolución liberal do XIX.

A SOLUCIÓN LIBERAL 3 de 3 – MESA REDONDA e DEBATE 02.07.2013

En xullo do 2012 houbo un Congreso na Coruña, organizado pola Fundación Juana de Vega e a Universidade Santi ago, sobre o "Poder e o territorio na España do XIX", na que os ponentes e o moderador, Xosé Ramón Veiga, estabelecen esta mesa redonda sobre as modificacións liberais que reestruturaron a España contemporánea.

A SOLUCIÓN LIBERAL 2 de 3 – MODERADOS, PROGRESISTAS e DEMÓCRATAS 02.07.2013

En xullo do 2012 houbo un Congreso na Coruña, organizado pola Fundación Juana de Vega e a Universidade Santi ago, sobre o "Poder e o territorio na España do XIX", na que a ponente Mª Cruz Romeo, da Universidade de Valencia, expón as diferentes tendencias políticas predominantes no parlamentarismo do XIX: Moderados, Progresistas e Demócratas.

A SOLUCIÓN LIBERAL 1 de 3 – A DIVISIÓN PROVINCIAL DE JAVIER DE BURGOS. 02.07.2013

En xullo do 2012 houbo un Congreso na Coruña, organizado pola Fundación Juana de Vega e a Universidade Santi ago, sobre o "Poder e o territorio na España do XIX", na que o ponente Manuel Estrada, da Universidade de Cantabria, fala da nova planta liberal que estabelece unha estrutura administrativa e territorial que aínda se mantén na actualidade: concellos, deputacións, e a famosa división provinc...

CONTESTACIÓN AO CENTRALISMO LIBERAL 3 de 3 – MESA REDONDA e DEBATE 02.07.2013

En xullo do 2012 houbo un Congreso na Coruña, organizado pola Fundación Juana de Vega e a Universidade Santiago, sobre o "Poder e o territorio na España do XIX", na que os ponentes, e o moderador, Xusto Beramendi, establecen un debate en relación aos movimentos descentralizadores no estado liberal do XIX.

CONTESTACIÓN AO CENTRALISMO LIBERAL 2 de 3 – O PROVINCIALISMO COMO PROBLEMA 01.07.2013

En xullo do 2012 houbo un Congreso na Coruña, organizado pola Fundación Juana de Vega e a Universidade Santiago, sobre o "Poder e o territorio na España do XIX", na que o ponente, Ferrán Archiles, da Universidade de Valencia, fala do movimiento provincialista como reacción ao centralismo liberal do XIX

CONTESTACIÓN AO CENTRALISMO LIBERAL 1 de 3 – A EXCEPCIÓN FORAL VASCA 01.07.2013

En xullo do 2012 houbo un Congreso na Coruña, organizado pola Fundación Juana de Vega e a Universidade Santiago, sobre o "Poder e o territorio na España do XIX", na que a ponente, Coro Rubio, da Universidade do País Vasco, expón a particular situación dos foros en Euskadi face ao centralismo imperante no XIX.

AS CORTES DE CÁDIZ 3 de 3 – MESA REDONDA e DEBATE 30.06.2013

En xullo do 2012 houbo un Congreso na Coruña, organizado pola Fundación Juana de Vega e a Universidade Santiago, sobre o "Poder e o territorio na España do XIX", na que o ponentes e o Moderador, Ramón Villares, debaten sobre as Cortes de Cádiz, e a tensión do modelo liberal e o absolutista no século XIX.

AS CORTES DE CÁDIZ 2 de 3 – O MODELO ABSOLUTISTA do XIX 30.06.2013

En xullo do 2012 houbo un Congreso na Coruña, organizado pola Fundación Juana de Vega e a Universidade Santiago, sobre o "Poder e o territorio na España do XIX", na que o ponente Jean-Philipe Luis, da Universidade Blais Pascal, falou sobre o modelo absolutista no XIX.

AS CORTES DE CÁDIZ 1 de 3 – O MODELO CONSTITUCIONAL instaurado no XIX 28.06.2013

En xullo do 2012 houbo un Congreso na Coruña, organizado pola Fundación Juana de Vega e a Universidade Santiago, sobre o "Poder e o territorio na España do XIX", na que o ponente Javier Pérez Núñes, da Universidade Autónoma de Madrid, falou do modelo constitucional que se instaura, trala Guerra da Independencia, nas Cortes de Cádiz.

ALIMENTOS TRANSXÉNICOS: OPORTUNIDADES e PERIGOS 22.06.2013

Conferencia de Jorge Barros, catedrático de química, no Ateneo de Santiago sobre os alimentos transxénicos, as súas potencialidades e perigos

SOBERANIA ALIMENTAR e FEMINISMO 20.06.2013

Conferencia en Ourense dentro do ciclo "Criando Alternativas" sobre soberania alimentar. A soberania alimentar é un concepto que foi introducido con maior relevancia en 1996 pola Vía Campesina en Roma, con motivo do Cumio Mundial da Alimentación da FAO. Isto implica a protección do mercado doméstico contra os produtos excedentarios que se venden máis baratos no mercado internacional, e contra a pr...

A MENTIRA do A.V.E. 04.06.2013

Extracto dunha palestra do Carlos Taibo na que deixa en evidéncia os pretendidos benefícios do A.V.E., en detrimento dos trens de proximidade

DECRECEMENTO e MUDANZA SOCIAL 04.06.2013

Palestra de Manoel Santos, coñecido ativista ecologista e membro da rede Galiza Nom Se Vende, sobre o decrecemento e a necesaria mudanza social que isto comportaria.

Lyssna på podden RETALLOS PARA O PENSAMENTO i Replaio

Radio och poddar i en och samma app - gratis och utan konto. Installera redan idag och missa inte premiären

Ladda ned på Google Play

Replaio är ingen poddutgivare; programnamn, omslag och ljud tillhör sina upphovspersoner och distribueras via offentliga RSS-flöden