Curso Podcast Usc
O que hai que escoitar
Glöm inte att besöka poddens webbplats och stötta skaparen: www.spreaker.com
Skapare
Curso Podcast Usc
Kategori
Poddens webbplats
Senaste avsnittet
9 nov 2026
Var kan du lyssna?
Poddar i appen Replaio Radio Kommer snartPoddar kommer snart till appen. Installera nu och bli först med att uppleva ett helt nytt sätt att lyssna på poddar
Avsnitt
Efer 682 (19-9-24): Gripe aviar na Antártida e outas historias do Congreso Nacional de Viroloxía 25.09.2024 56:27
(0:20) Levamos décadas acurralando á polio. O método para erradicar da terra esta terrible enfermidade enfróntase a un perverso dilema. Pero ningunha opción é valida coas guerras actuais. (4:56) Infiltrámonos no XVII Congreso Nacional de Viroloxía que tivo lugar en Santiago a principios de mes. Alí coñecemos en conversa con Antonio Alcamí (CBM-CSIC) que a gripe aviar vai causar estragos na Antárti...
Historias do Ébola [Historias de virus] 24.09.2024 26:23
O virólogo César Muñoz Fontela, investigador do Instituto de Medicina Tropical Berhand Noch de Hamburgo, cóntanos a historia do virus de Ébola e como acabou investigando esta doenza.l
"Adeus ao factor de impacto" con Isidro Aguillo [Versión estendida] 23.09.2024 48:20
[Versión estendida] A avaliación actual da investigación susténtase en que revistas científicas publican os seus resultados os investigadores, pero este modelo ten moitas eivas. Unha delas é irrelevancia de investigacións locais e a subestimación das humanidades. A cibermetría permite agora crear indicadores máis transparentes e diversos, como avoga a iniciativa europea COARA. Conversamos con Isid...
Efer 681 (12-9-24): A revolución de avaliar a ciencia con ciencia 13.09.2024 57:00
(2:46) O virólogo César Muñoz Fontela, investigador do Instituto de Medicina Tropical Berhand Noch de Hamburgo, cóntanos a historia do virus de Ébola (30:38) A avaliación actual da investigación susténtase en que revistas científicas publican os seus resultados os investigadores, pero este modelo ten moitas eivas. Unha delas é irrelevancia de investigacións locais e a subestimación das humanidades...
Efer 680 (5-9-24): O ensino da xeoloxía desde o Xeoparque Montañas do Courel 06.09.2024 56:35
Achegámonos ao Museo Etnográfico de Quiroga para coñecer o Xeoparque Montañas do Courel ao fío do XXII Simposio de Ensino da Xeoloxía organizado pola Asociación Española para o Ensino das Ciencias da Terra, AEPECT. (2:39) Conversamos co coordinador do equipo organizador do simposio, Eloy Cabarcos, coas profesoras de xeoloxía Ana Bueno e Natalia Fernández, e co presidente da AEPECT, o profesor da U...
Efer 679 (30-6-24): Arte, CERN e o IGFAE 19.07.2024 56:33
(2:02) A Igrexa da Universidade da USC acolle a exposición "Instrumentos de Visión" con fotografías de Armin Linke para conmemorar o seu 25 aniversario e os 70 anos do CERN. Conversamos sobre ciencia, arte e a historia da física de partículas en Galicia co director do IGFAE Carlos Salgado e Mónica Bello, comisaria da exposición e responsable de "Art at CERN". (36:00) Novo episodio de "Voces da Cie...
Efer 678 (29-6-24): Ciencia á Feira: micorrizas e microenxertos 15.07.2024 56:05
(1:57) Unha vez ao ano son os investigadores os que escollen vir onda nós a participar no obradoiro Comunicar Ciencia na Radio. Contamos con Tamara Pazos, Álvaro Silva Teira, Patricia Fernández Calvo, Pablo Otero Tranchero, Diego Cacheda e Pedro Peón. (25.25) Visitamos Pobra do Brollón nun día de feira para coñecer o proxecto de divulgación "Ciencia á Feira" promovido por XuvenCiencia. Conversamos...
Efer 677 (13-6-24): Cervexa, sonificacións e poesía na X Noite Efervescente desde Sobrado dos Monxes [Versión estendida] 11.07.2024 1:21:16
[Versión estendida] Celebramos a X Noite Efervescente en Sobrado dos Monxes, unha festa inclusiva para a observación do ceo. Acompáñannos Ángel Vidal para falar dos pementos de Padrón e os nosos estreleiros Javier Pérez Couto e Martin Pawley para contarnos a Guía do Ceo do verán. A música e a poesía virán da man da poeta Estíbaliz Espinosa e o pianista Juanjo Fernández. As sonificacións do investi...
Efer 676 (6-6-24): Aurora Grandal, pioneira no estudo da paleontoloxía en Galicia 23.06.2024 56:41
(2:26) O matemático do Bermés José Rodríguez é o noso gran primeiro científico. A Real Academia Galega das Ciencias dedícalle este ano 2023. Pero ao redor da súa figura se están a divulgar unha serie de mitos e esaxeracións. Carmen Villanueva vén de realizar a súa tese de doutoramento sobre José Rodríguez. (2:16) Eva Poveda preséntanos o cinefórum "Cine ConCiencia" organizado polo Instituto de Inv...
Mapas Lab: Dinosauros, mapas, ordenadores e evolución [Versión estendida] 16.06.2024 37:49
[Versión estendida] isitamos o "Mapas Lab" da Universidade deV Vigo para coñecer como simulan a evolución da biodiversidade no espazo e no tempo. Sara Varela gañou unha prestixiosa "Starting Grant" do ERC (Consello Europeo de Investigación) para estudar o comportamento da biodiversidade no planeta nos últimos 540 millóns de anos. Un caso concreto é aparición do sangue quentes nalgúns grupos de din...
Efer 675 (30-5-24): Os mapas da biodiversidade dos últimos 540 millóns de anos 16.06.2024 56:20
(1:57) O cheiro a piscina non é o que ti cres que é. Bibiana García Visos fálanos dos cheiros do verán. (13:37) Visitamos o "Mapas Lab" da Universidade de Vigo para coñecer como simulan a evolución da biodiversidade no espazo e no tempo. Sara Varela gañou unha prestixiosa "Starting Grant" do ERC (Consello Europeo de Investigación) para estudar o comportamento da biodiversidade no planeta nos últim...
Fernando Valladares e Valentina Raffio debaten sobre a "eco-esperaza" 02.06.2024 31:41
Conversamos sobre "eco-esperanza" frente "eco-ansiedad" y negacionismo con Fernando Valladares (Profesor de Investigación do CSIC no grupo de Ecoloxía e Cambio Global no MNCN) e Valentina Raffio (xornalista de ciencia e medio ambiente en "El Periódico") no Ciencia na Aldea.
Póker de raíñas: @ConchiLillo, @farmagemma e @tvaldessolis 02.06.2024 15:19
No Ciencia na Aldea conversamos con Gemma del Caño (farmacéutica, especialista en seguridade alimentaria), Teresa Valdés Solís (Investigadora del INCAR-CSIC) e Conchi Lillo (Neurobióloga da Universidade de Salamanca). As tres teñen en común a súa aposta persoal pola divulgació da ciencia.
Efer 674 (23-5-24): Ciencia na aldea (versión estendida) 02.06.2024 1:25:26
A aldea de Pena da Nogueira no Concello de Negueira de Muñiz pasou de ter catro habitantes a ser por tres días un epicentro da divulgación científica e ambiental coa celebración da terceira edición de "Ciencia na Aldea". Neste monográfico conversamos con Alberto Uría e Vanesa Paredes (Asociación Corripa), Fernando Valladares (Profesor de Investigación do CSIC no grupo de Ecoloxía e Cambio Global n...
Efer 673 (16-5-24): Mellor de madeira desde a Galiciencia 26.05.2024 55:00
"Mellor de madeira" é o lema da edición de 2024 da feira cientifíca Galiciencia organizada por Tecnópole en San Cibrao das Viñas. Irmandamos a Galiciencia co Día da Ciencia na Rúa en A Coruña da man da Asociación de Amigos da Casa das Ciencias e os Museos Científicos Coruñeses. (16:35) O botánico Bernabé Moya alerta sobre os problemas que sofren as árbores sobranceiras e denuncia a agresión ao tei...
Efer 672 (2-5-24): Deseño para a innovación 25.05.2024 59:51
Repasamos a historia do deseño galego (15:46) (35:42) ao tempo que asistimos ao VII Encontro de Deseño para a Innovación Empresarial. Conversamos con Carmen Bouza (1:48), Javier Cañada e Irene Bazo (17:52) e Uqui Permuy (37:39).
Efer 671 (25-4-24): Copenhague no CINVIGO 19.05.2024 1:01:25
Desde a Porta do Sol de Vigo realizamos o programa cara o público no festival científico CINVIGO. Contamos coa presenza de Miguel Ángel Correa, Margarita Vázquez González, Trinidad Vázquez, Aroa Álvarez e Noel Queipo. Co pianista Juanjo Fernández e os actores Estíbaliz Espinosa e Manuel Fernández representamos sonoramente fragmentos da obra de teatro Copenhague. Que pasou no encontro entre Heisenb...
Efer 670 (18-4-24): Xornadas de Tecnoloxía de Galicia 19.05.2024 57:36
(1:43) Coñecemos a resolución da 5ª convocatoria do programa "Fábrica Intelixente" de GAIN con Patricia Argerey e Gregorio González de FINSA. (16:48) Achegámonos ao Instituto da Illa de Arousa para coñecer de primeira man o desenvolvemento das XX Xornadas de Tecnoloxía organizadas por APETEGA. (37:23) Noel Queipo convídanos á segunda edición do festival CINVIGO. (39:06) Patricia Preito é comisaria...
Efer 669 (11-4-24): Viaxe arqueoastronómica ao Antigo Exipto 18.05.2024 55:10
(3:21) Lembramos a figura de Peter Higgs con José Edelstein (15:05) O investigador do Instituto Astrofísico de Canarias Juan Antonio Belmonte, ademais de dedicarse ao estudo de exoplanetas, é unha das máximas autoridades en arqueoastronomía, tamén coñecida coma astronomía cultural. En 2004 comezou a estudar a orientación astronómicas dos templos do Exipto Antigo na Misión Hispano-exipcia de arqueo...
Efer 668 (4-4-24): Desentrañar a electrónica orgánica 07.04.2024 54:44
(5:12) Estíbaliz Espinosa preséntanos o proxecto europeo Urban Travell Machines de poesía en planetarios creado por Philip Meersman. (14:17) Jaime Martín traballa en electrónica orgánica no campus industrial de Ferrol da UdC como investigador Oportunius da GAIN. A súa investigación é considerada de alto risco e impacto polo Consello Europeo de Investigación que lle concedeu un proxecto Consolidato...
Eclipse e cometa. Guía do ceo de primavera 24 con @astroxabi 07.04.2024 19:55
Guía do ceo de primavera co noso estreleiro @astroxabi, Xabier Pérez Couto onde incluímos información sobre a eclipse do 8 de abirl e o cometa 12P/Pons Brooks. Inclúe tamén a intro do programa cunha reflexión sobre a oportunidade que pode significar para Galicia a eclipse total do 2026.
Efer 667 (28-3-24): Glicosa 06.04.2024 54:50
Coñecemos a algúns dos gañadores dos premios á investigación científica 2023 da Real Academia Galega de Ciencias (4:47) María Jesús González Rellan (Mount Sinai, Canadá) polos seus traballos na gluconeoxénese hepática. (37:39) Marcos Ortega Hortas (UdC) polo uso de técnicas de intelixencia artificial en imaxe médica. (32.07) Ímonos de ruta de turismo científico por Ancares e Courel con Maite Vence...
Protonterapia con Yolanda Prezado [Versión estendida] 26.03.2024 28:30
[Versión estendida] Yolanda Prezado incorporase ao CIMUS USC como Oportunius Research Professor para desenvolver investigacións de vangarda en radioterapia. Foto orixinal: Alejandro González García. CiMUS
Mate-glifos [Versión estendida] 26.03.2024 36:25
[Versión estendida] No programa 666 de Efervesciencia non nos resistimos a analizar matematicamente esta cifra aparentemente diabólica. E aproveitamos para coñecer cal foi a orixe e evolución dos signos matemáticas que empregamos no día a día da man de Nicanor Alonso e Miguel Mirás. Os dous son profesores de matemáticas da Universidade de Vigo a autores do libro Mate-glifos. Foto orixinal da carát...
Efer 666 (21-3-24): O número 666 26.03.2024 55:30
(2:54) María José Mariño preséntanos o programa Oportunius da Axencia Galega de Innovación (GAIN). (7:55) Yolanda Prezado incorporase ao CIMUS USC como Oportunius Research Professor para desenvolver investigacións de vangarda en radioterapia. (29:06) No programa 666 de Efervesciencia non nos resistimos a analizar matematicamente esta cifra aparentemente diabólica. E aproveitamos para coñecer cal f...
Liknande poddar
Replaio är ingen poddutgivare; programnamn, omslag och ljud tillhör sina upphovspersoner och distribueras via offentliga RSS-flöden