AGalegaAudio
Todos os podcast | Ferrado e medio
Ferrado e medio está pegado á actualidade de todo o relacionado co agro e os seus cultivos, co campo e os seus animais, así coma as políticas e os tempos que o marcan e condicionan.
Vizitează neapărat site-ul podcastului și susține-i creatorul: agalegaaudio.gal
Autor
AGalegaAudio
Categorie
Site-ul podcastului
Cel mai nou episod
4 oct. 2026
Unde asculți?
Podcasturi în aplicație Replaio Radio În curândPodcasturile ajung în curând în aplicație. Instaleaz-o acum și fii primul care descoperă o abordare complet nouă a podcasturilor
Episoade
Ferrado e medio 29-03-2024 29.03.2024 49:58
Somos conscientes da necesidade dun cambio de modelo de desenvolvemento para revertir a crise do rural? Correspóndese esta crise cunha perspectiva pesimista? Afondamos en casos e modelos de éxito, na educación e no emprendemento, sobre todo en feminino, no rural.
Ferrado e medio 24-03-2024 24.03.2024 56:55
Falamos de varias festas que tiveron e van ter lugar por toda a nosa xeografía. É o caso da da XLIV Feira do Viño de Amandi, en Sober. Tamén da Feira do Queixo de Friol e Pan de Ousá ou a Feira de Maquinaria Agrícola e Produtos Ecolóxicos MAGRECO, en Boimorto. Conversaremos con Guillermo Budiño sobre a chegada do cuco e as anduriñas e con Manuel Dacal sobre o estudo das franxas de biomasa na Barba...
Ferrado e medio 17-03-2024 17.03.2024 56:55
Vitis Navarra é un viveiro líder en innovación no viñedo. Ten creado un banco de xermoplasma donde hai un reservorio xenético ante as plagas e o cambio climático. Chema Vázquez, da empresa Serpa, cóntanos como está a medrar a loita contra a velutina. Falamos tamén do novo Estatuto profesional de bombeiros e axentes forestais en Galicia, que pretende mellorar as condicións laborais destes colectivo...
Ferrado e medio 03-03-2024 03.03.2024 56:54
Coincidindo coa reunión europea de ministros de Agricultura en Bruxelas varios tractores desprazáronse para protestar contra as políticas agrarias. Tamén en Madrid, onde a Mesa do Congreso admitiu a trámite a Iniciativa Lexislativa Popular de SOS Rural para protexer ao sector primario. A Xunta completa a primeira ampliación da superficie pública do Parque Natural das Fragas do Eume. Ademais, imos...
Ferrado e medio 25-02-2024 25.02.2024 56:54
Facemos un repaso de todo o acontecido estes días coas mobilizacións das organizacións agrarias, que chegaron esta semana ata a Porta de Alcalá. Esta semana vaise producir unha reunión do Consello de Ministros de Agricultura da Unión Europea e está prevista unha mobilización de protesta en Madrid. Analizamos ademais a sentenza da Audiencia Nacional sobre o Cártel do Leite.
Ferrado e medio 18-02-2024 18.02.2024 55:55
Seguimos abordando as diferentes perspectivas arredor das mobilizacións no sector agrícola e gandeiro. Bruxelas tenta calmar os ánimos e flexibilizar as esixencias de reservas de terras en barbeito mentres o sector agrogandeiro xa está preparado para comezar as mobilizacións contra as políticas europeas. As I Xornadas Científico-Técnicas sobre Xestión Rexenerativa tratarán de avanzar no debate dun...
Ferrado e medio 11-02-2024 11.02.2024 55:55
Seguen as protestas no sector do agro español e abordamos esta situación dende varias persectivas. Natalia Corbalán, voceira de SOS Rural, explícanos como a nosa alimentación cada vez máis dependerá de Marrocos. Marcial Gende fálanos das claves do decálogo de reivindicacións das organizacións agrarias de cara ás mobilizacións en Galicia. Ademais, afondamos na recuperación de vinte variedades autóc...
Ferrado e medio 04-02-2024 04.02.2024 56:55
Abordamos a situación do campo, con labregos e gandeiros poñendo a voz de alarma en Europa. SOS Rural presentou no Congreso unha Iniciativa Lexislativa Popular para protexer por lei as actividades primordiais do sector primario. Falamos tamén dos X Premios CEPYME que recoñeceron o labor de Maquinaria Agrícola TMC Cancela e da empresa lucense Campomayor.
Ferrado e medio 28-01-2024 28.01.2024 55:57
As intensas chuvias do outono e as altas temperaturas reduciron a mínimos as colleitas de grelos en varios puntos de Galicia. Xa poden solicitarse as axudas para compensar as perdas ocasionadas por mor do lobo. Analizamos os datos sobre alimentación ecolóxica que amosan as últimas enquisas. Falamos tamén do impulso económico que vai recibir a modernización dos regadíos da Limia e a evolución que t...
Ferrado e medio 21-01-2024 21.01.2024 55:55
Abordamos a situación forestal na comunidade galega cuns prezos á baixa. Analizamos tamén as repercusións da baixada do IVE do aceite nos prezos e as protestas que empezaron en Alemaña por parte do sector primario. Ademais, falamos da promoción do viño fóra da UE, das axudas contra o lobo, da campaña de vacinación da lingua azul para o ovino e bovino ou da recuperación do potencial das variedades...
Ferrado e medio 14-01-2024 14.01.2024 55:58
A USC E e a Asociación Galega de Cooperativas Agrarias participan nun proxecto europeo que usa o pasto silvestre para reducir emisións. Afondamos na crise do sector avícola, golpeado polo aumento dos custos falando cun produtor de Silleda e outro de Rodeiro e coa vicepresidenta da asociación 'Defende a túa avicultura'. E con Proligal coñecemos o plan de investigación para potenciar a pro...
Ferrado e medio 24-12-2023 24.12.2023 55:55
No día de Noiteboa, repasamos os prezos da carne, do aceite de oliva, en máximos históricos, e o da manteiga. Viaxamos ata Baroña, no Porto do Son, que se está consolidando como potencia resineira en Galicia, falamos co Consello Regulador da D. O. Valdeorras sobre o sector dos viños espumosos, e coa Asociación Galega de Cooperativas Agrarias facemos balance anual sobre este ramo.
Ferrado e medio 17-12-2023 17.12.2023 55:57
Coñecemos as reclamacións da plataforma SOS Rural, que se presenta en Galicia. En Láncara, falamos cun dos gandeiros que ofreceu aloxamento para poder contratar traballadores. E conversamos sobre a transhumancia no século XXI co presidente da Cooperativa A Carqueixa dos Ancares, despois de que fose declarada Patrimonio Inmaterial da Humanidade pola Unesco.
Ferrado e medio 10-12-2023 10.12.2023 55:58
Consultamos cos presidentes de Carnideiros e da Federación Galega de Porcino sobre o prezo da carne no Nadal. Dende o Club de Raza Can de Palleiro analizamos o impacto da lei de Benestar Animal. Preguntamos pola colleita da D. O. Valdeorras e conectamos co investigador Carlos Spuch para avaliar as conscuencias do abuso de pesticidas e de herbicidas.
Ferrado e medio 03-12-2023 03.12.2023 55:54
Felicitamos a empresa de Alfoz que recibiu dous premios nunha cata de mel para logo analizarmos o impacto que a vespa velutina está a ter no sector apícola. No apartado do gando, conversamos co director da Asociación de Produtores de Porco Celta, que se queren organizar a nival estatal.
Ferrado e medio 26-11-2023 26.11.2023 55:55
O compañeiro Xosé Ramón Alvite, organizador da Semana Gandeira de Mazaricos, explícanos que as intensas choivas tamén afectaron ao gando. Conectamos con Santa Comba para festexar o medio século que cumpre a Cooperativa Xallas. E celebramos as boas perspectivas dos produtores de grelos, que esperan superar os 202.000 quilos vendidos o último ano.
Ferrado e medio 19-11-2023 19.11.2023 55:55
Tres protagonistas avalían os danos da chuvia prolongada nas colleitas. Agromuralla alértanos de que os prezos van facer que moitos alimentos sexan inasumibles para boa parte da xente. E ollamos para a campaña da castaña e para un libro sobre a cultura do mel na Costa da Morte.
Ferrado e medio 12-11-2023 12.11.2023 55:55
As chuvias danan centos de hectáreas de cultivo en Galicia, falamos co presidente dos avicultores da Galiña de Mos, a Xunta informa dos ataques dos lobos e reparamos en dous alimentos: os 'kiwiños' e o queixo premiado nos World Cheese Awards.
Ferrado e medio 05-11-2023 05.11.2023 56:55
O xerente dun viveiro de Ourense fai balance do sector das platas ornamentais. En Chantada, comparten as novidades na loita contra a vespa velutina. Sabemos algo máis da cosmética natural con mel e atendemos aos primeiros casos da EHE detectados no gando bovino.
Ferrado e medio 29-10-2023 29.10.2023 56:55
Tralo ataque mortal a unha muller en Zamora, preguntámoslle ao experto sobre os perigos dos cans de pastoreo. A Asociación de Mulleres San Bartolomeu de Ínsua lembra o traballo do liño e falamos de gando co Sindicato Labrego Galego e co propietario dunha explotación para carne de Samos.
Ferrado e medio 22-10-2023 22.10.2023 56:54
A recollida da castaña acumula anos de dificultades. Pola contra sorprendeu, para ben, o resultado da campaña do lúpulo. En Lugo, charlamos cun madeireiro das consecuencias dos lumes e rematamos ollando para os nosos museos do mundo rural.
Ferrado e medio 15-10-2023 15.10.2023 56:55
No día da Muller Rural, anímanos a facer deporte Sheyla Bardanca, técnica da Federación de Asociacións de Mulleres Rurais e futbolista no Dubra. Outra muller, a fundadora de Pazo de Vilane, fai balance da súa aposta: de 50 a 200.000 galiñas. E brindamos co xerente da adega de Castrelo de Miño premiada polo mellor viño de 2022.
Ferrado e medio 08-10-2023 08.10.2023 56:55
Principia a campaña da mazá, con boa froita pero prezos baixos, e xa rematou a do miillo, posiblemente unha das mellores de sempre, segundo nos din dende Chantada, Taboada ou Láncara. Contactamos con ASAJA para ter información sobre os seguros agrarios e fixámosnos en dúas novas: os casos da enfermidade hemorráxica coñecida como a 'covid' das vacas e a entrada en vigor da Lei de Benestar...
Ferrado e medio 01-10-2023 01.10.2023 56:54
Un exterminador e dous investigadores avalían unha década de loita contra a vespa velutina. Reunimos outros tres protagonistas para entender a nova Lei de Benestar Animal. Atendemos á situación do lobo ibérico en España e visitamos a Festa da Faba de Lourenzá cun labrego e co presidente do consello regulador.
Ferrado e medio 24-09-2023 24.09.2023 35:07
Os responsables de dous tecores avalían a declaración de emerxencia polo xabaril. Organizamos un debate sobre a suba do prezo do aceite. Chegan as campañas da pataca, a castaña e os cogomelos. A seca e a velutina ameazan a produción de mel. E os gandeiros estudan protestas para reclamar máis polo leite en orixe.
Replaio nu este editorul podcasturilor; numele emisiunilor, coperțile și materialul audio aparțin autorilor lor și sunt distribuite prin fluxuri RSS publice