Radio Municipal de Tui
Informativos
Os informativos da Radio Municipal de Tui recollen a actualidade máis cercana no ámbito local e comarcal. A información política, social, cultural, deportiva de Tui e da comarca do Baixo Miño está presente en Noticias 13.30 h cada día de luns a venres de 13.30 a 14.00 h.
Vizitează neapărat site-ul podcastului și susține-i creatorul: www.ivoox.com
Autor
Radio Municipal de Tui
Categorie
Site-ul podcastului
Cel mai nou episod
16 oct. 2026
Unde asculți?
Podcasturi în aplicație Replaio Radio În curândPodcasturile ajung în curând în aplicație. Instaleaz-o acum și fii primul care descoperă o abordare complet nouă a podcasturilor
Episoade
Ent. Manuel Pedrares, presidente do Kayak Tudense | 4º no Campionato de España con 24 medallas 03.08.2026 7:55
O Club Kaiak Tudense logrou 24 medallas no Campionato de España de Sprint das que 6 foron de ouro, 9 de prata e 9 de bronce. Logrou 1534 puntos, a so 14 do terceiro clasificado. , O presidente do Club Manuel Pedrares fixo balance desta cita nacional, referiuse tamén aos descensos popular e internacional que se van celebrar neste mes de agosto, e as citas internacionais que restan esta temporada.
Ent. Rodrigo Conde, remeiro do Remo do Miño | Subcampión de Europa en 2x con Caetano Hortas 03.08.2026 3:09
Rodrigo Conde, remeiro do Club Remo do Miño, proclamouse esta fin de semana subcampión de Europa en 2x xunto a Caetano Hortas en Varese, Italia. Na Radio Municipal de Tui amosou a súa satisfacción por volver ao podio e nun europeo nun campionato que cualificou de espectacular. A final de es pecharán a temporada buscando título no Campionato do Mundo.
Ent. Roberto Carrero, alcalde da Guarda - Festas do Monte 2026 03.08.2026 5:26
A Guarda vive dende hoxe e até o próximo luns día 10 a súa semana grande coas Festas do Monte da Guarda. Un programa que incorpora coma novidade a Milla Urbana que se disputa esta tarde, e que terá a apertura oficial coa lectura do pregón a cargo de Estela Doiro. Así nolo contou o alcalde da Guarda, Roberto Carrero, quen avanzaba o programa festivo que se poderá gozar ao longo da semana, e facía u...
Ent. Javier Alonso, director da Agrupación Musical do Rosal | 4ª no Mundial de Bandas en Kerkrade 03.08.2026 2:32
A Agrupación Musical do Rosal quedou clasificada no cuarto lugar no Mundial de Bandas celebrado esta fin de semana en Kerkrade. Logrou 95 sobre un total de 100 puntos. O director da banda, Javier Alonso, aínda emocionado explicaba que foi unha partipación moi especial que levou á banda ao lugar máis prestixioso do mundo para estas agrupacións, cun concerto vibrante, emocionante, ... Así nolo conto...
Noticias 13.30 h | Venres,31 de xullo de 2026 31.07.2026 29:28
Estas son as principais novas que hoxe venres,31 de xullo, recollemos en Noticias 13.30 h: - Aprobada a conta xeral do Concello de Tui de 2025 co voto de calidade do alcalde - Martes de Entroido e Luns de San Telmo serán os festivos locais en Tui en 2027 - Mañá comeza o XX Música no Claustro cun concerto moi especial - O Cineclub Tui proxecta hoxe ás 21 h na Casa Cultural de Randufe “Mirani, histo...
Noticias 13.30 h | Xoves, 30 de xullo de 2026 30.07.2026 28:24
Estas son as principais novas que hoxe, 30 de xullo, recollemos en Noticias 13.30 h: - Ás 20 h a corporación municipal de Tui celebra pleno ordinario - Máis de 200 persoas voluntarias participan en Ollos no Monte - A tudense Patricia González participa este sábado no concerto de apertura de Música no Claustro - O Cineclub Tui leva mañá venres a Randufe a proxección de Minari en colaboración coa as...
Noticias 13.30 h | Martes, 28 de xullo de 2026 28.07.2026 28:13
Estas son as principais novas que hoxe, martes, 28 de xullo, recollemos en Noticias 13.30 h: - A corporación municipal de Tui celebra pleno ordinario este xoves - A Xunta saca a licitación o proxecto do treito Po-350 á Ponte de Carregal en Tomiño da VAP Tui-A Guarda - Música no Claustro celebra dúas décadas de música, patrimonio e creación do 1 ao 7 de agosto - Ás 20,30 h Marta Cendón guía a visit...
Noticias 13.30 h | Luns, 27 de xullo de 2026 27.07.2026 28:48
Estas son as principais novas que hoxe luns, 27 de xullo, recollemos en Noticias 13.30 h - Música no Claustro reune na súa vixésima edición a parte dos artistas que participaron no festival nestas dúas décadas - Tui recibe 508.000 euros para a mellora do firme en distintas vías en Paramos, Guillarei, Rebordáns e Randufe - Tui reforza a súa importancia coma porta de entrada a Galicia do Camiño Port...
Noticias 13.30 h | Venres, 24 de xullo de 2026 27.07.2026 25:37
Estas son as novas que neste venres, 24 de xullo recollemos en Noticias 13.30 h
Noticias 13.30 h |Xoves, 23 de xullo de 2026 23.07.2026 24:39
Estas son as principais novas que recollemos en Noticias 1330 h neste xoves, 23 de xullo.
Noticias 13.30 h | Mércores, 22 de xullo de 2026 22.07.2026 27:44
Estas son as principais novas que hoxe recollemos en Noticias 13.30 h neste mércores 22 de xullo.
Ent. Juana Parada, xerente de ORPAGU | Festa do Peixe Espada 2026 22.07.2026 5:04
A Guarda vivirá esta fin de semana a Festa do Peixe Espada. Un evento gastronómico pero tamén de lecer organizado por ORPAGU, a Organización de Palangreiros Guardeses. A súa xerente, Juana Parada, lembraba os obxectivos da feira, explicaba a situación actual do peixe espada, e daba conta do programa previsto.
Noticias 13.30 h | Martes, 21 de xullo de 2026 21.07.2026 27:09
Estas son as principais novas que recollemos hoxe martes, 21 de xullo, en Noticias 13.30 h: - A conselleira de Economía, María Jesús Lorenza, visitou a empresa Valver no parque empresarial de Areas - Galicia Suroeste crea rutas ciclo turistas nos 14 concellos do seu territorio, entre eles Tui - Hoxe martes ás 20.30 h comeza na praza do Concello comezará a “Ruta polos lugares de memoria democrática...
Ent. Sandra González, alcaldesa de Tomiño - Exposición homenaxe a Mario Rodríguez 20.07.2026 3:47
Hoxe ás 20 h inaugúrase no Centro de Figueiró, en Tomiño, unha mostra homenaxe ao tomiñés Mario Rodríguez, referente da pintura galega no exilio. A mostra está organizada polo Concello en colaboración co Centro Recreativo e Cultural de Figueiró no marco da Semana Cultural das Festas de San Campio. No acto inaugural desta tarde participará a alcaldesa Sandra González e a historiadora da arte Sara Q...
Ent. Víctor García, comandante Naval do Miño | Operativo de busca dun desaparecido 20.07.2026 3:06
Esta mañá retomouse o operativo de busca do mozo desaparecido onte no río Miño na zona de Seixas. No mesmo están a participar efectivos tanto galegos coma portugueses logo de que onte pasadas as 14.30 h se dera a voz da alarma da desaparición deste mozo na zona de Morraceira. Así o explicaba o comandante Naval do Miño, Víctor García.
Noticias 13.30 h | Venres, 17 de xullo de 2026 17.07.2026 28:25
Estas son as principais novas que hoxe venres, 17 de xullo, recollemos en Noticias 13.30 h. - A Biblioteca Municipal de Tui incrementou no primeiro semestre do ano nun 21% o número de préstamos, tamén subiu en 191 as persoas usuarias e 493 os noso títulos do seu fondo - Concertos e Ponte Creativa e Enogastronómica na programación do IKFEM na fin de semana - Citas en Areas, Caldelas, Rebordáns, e P...
Noticias 13.30 h | Xoves, 16 de xullo de 2026 16.07.2026 26:56
Estas son as novas que hoxe xoves, 16 de xullo, recollemos en Noticias 13.30 h: - Balance positivo do curso formativo impartido polo Concello de Tui para formar persoal para o sector hostaleiro - Wöyza abre hoxe o IKFEM con Emmy Curl coma artistas convidada - Mañá Antonio Zambujo, con Uxía, ofrecerán o concerto do IKFEM nas Cortinas de San Francisco en Valença - Tui celebra á Virxe do Carmen coa t...
Noticias 13.30 h | Mércores, 15 de xullo de 2026 15.07.2026 28:01
Estas son as principais novas que hoxe recollemos en Noticias 13.30 h - Tui celebra mañá a festividade da Virxe do Carmen coa tradicional procesión fluvial - Ás 20.30 h comeza na Alameda de San Domingos á visita é escultura pública de Tui - Wöyza abre mañá o IKFEM cun concerto gratuíto na praza da Inmaculada - A soprano tudense Elsa Roldán actúa este domingo na Catedral xunto ao organista Joaquín...
Ent. Víctor García, comandante Naval do Miño - Festividade da Virxe do Carmen 15.07.2026 4:03
Mañá xoves, 16 de xullo, celébrase a festividade da Virxe do Carmen. En Tui celebrarase a tradicional procesión fluvial. Previamente ás 19 h celebrarase a misa solemne na Catedral, e o remate a procesión terreste até as instalacións da Comandancia, onde a imaxe da virxe embarcará no Cabo Fradera. O patrulleiro portugués Río Minho e numerosas embarcacións de pesca, deportivas e de recreo participar...
Noticias 13.30 h | Martes, 14 de xullo de 2026 14.07.2026 28:14
Estas son as principais novas que hoxe recollemos en Noticias 13.30 h - Estanse a executar obras de urbanización na rúa Ourense, e proximamente comezarán as de humanización na rúa Coruña, e outras actuacións nas parroquias como confirmaba o alcalde, Enrique Cabaleiro - Julia Laport, Sólodos e Daniel Rodríguez Cía actúan ás 20 h na praza de San Telmo no festival Danza no Camiño - As esculturas de S...
Ent. Diego Machado, arqueólogo| Fortalezas de Fronteira confirma a existencia dun segundo recinto fortificado en Taborda 14.07.2026 5:13
O equipo de Fortalezas da Fronteira documenta no complexo arqueolóxico de As Torres a existencia dun segundo recinto fortificado vinculado á guerra entre a coroa de Castela e Portugal do século XVII. O arqueólogo Diego Machado, investigador do Laboratório de Paisagens, Património e Território da Universidade do Minho, explicou na Radio Municipal de Tui as característica do recinto e a súa importan...
Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui | Obras rúa Ourense, rúa Coruña, parroquias, partido España-Francia e IKFEM 14.07.2026 7:00
Co alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, coñecimos hoxe o obxectivo das obras de urbanización que se están a executar na rúa Ourense, e tamén deu conta do próximo inicio das obras de humanización da rúa Coruña e de distintas actuacións nas parroquias tudenses. Amais referiuse á retransmisión na praza da Inmaculada do partido España-Francia e fixo un chamamento a respectar o patrimonio situado neste p...
Noticias 13.30 h | Luns, 13 de xullo de 2026 13.07.2026 26:01
Estas son as principais novas que hoxe recollemos en Noticias 13.30 h - O Camiño Portugués segue a medrar mesm a mes. Valora os datos de xuño a concelleira de Turismo, Ana Núñez - Este xoves comeza o IKFEM cun concerto gratuíto de Wöyza e Emmy Curl na praza da Inmaculada - Julia Laport, Sólodos e Daniel Rodríguez Cía. actúan mañá ás 20 h na praza da igrexa de San Telmo no festival "Danza no Camiño...
Ent. Ana Núñez, concelleira de Turismo de Tui - Datos do Camiño Portugués en Xuño 13.07.2026 7:28
O Camiño Portugués segue a medrar mes a mes. En xuño foi percorrido por 15.226 persoas, das que o 68% proviñan doutros países. Deste total 5.759 persoas iniciaron o seu Camiño en Tui. A concelleira de Turismo, Ana Núñez, valou estes datos na Radio Municipal de Tui.
Noticias 13.30 h | Venres, 10 de xullo de 2026 10.07.2026 25:11
Estas son as principais novas que hoxe recollemos en Noticias 13.30 h: - Unha pantalla de grandes dimensións está a ser instalada na praza da Inmaculada para ver o partido España-Bélxica - O IKFEM tende novas pontes culturais entre as dúas beiras do Miño do 16 ao 19 de xullo - Hoxe ás 22.30 h proxéctase "Rondallas" na praza de Frómista - Comeza o programa "Un río, dous países, dez experiencias" pr...
Podcasturi asemănătoare
Replaio nu este editorul podcasturilor; numele emisiunilor, coperțile și materialul audio aparțin autorilor lor și sunt distribuite prin fluxuri RSS publice