Radio Municipal de Tui
Informativos
Os informativos da Radio Municipal de Tui recollen a actualidade máis cercana no ámbito local e comarcal. A información política, social, cultural, deportiva de Tui e da comarca do Baixo Miño está presente en Noticias 13.30 h cada día de luns a venres de 13.30 a 14.00 h.
Vizitează neapărat site-ul podcastului și susține-i creatorul: www.ivoox.com
Autor
Radio Municipal de Tui
Categorie
Site-ul podcastului
Cel mai nou episod
23 oct. 2026
Unde asculți?
Podcasturi în aplicație Replaio Radio În curândPodcasturile ajung în curând în aplicație. Instaleaz-o acum și fii primul care descoperă o abordare complet nouă a podcasturilor
Episoade
Noticias 13.30 h | Xoves, 26 de decembro de 2024 26.12.2024 23:48
Estas son parte das novas que recollemos en Noticias 13.30 h: - Aprobada en pleno a Ordenanza fiscal reguladora da taxa pola prestación do servizo de recollida e tratamento de residuos sólidos do Concello de Tui - Tomiño leva hoxe a pleno os orzamentos de 2025 por importe de 10,5 millóns de euros - Concerto de Nadal da Banda de Música Popular de Tui mañá venres e das corais tudenses o sábado no Te...
Noticias 13.30 h | Luns, 23 de decembro de 2024 23.12.2024 24:18
Estes son os principais titulares de hoxe en Noticias 13.30 h - Pleno extraordinario e urxente hoxe ás 19 h en Tui para resolver as alegacións e aprobar definitivamente a ordenanza fiscal do servizo de recollida do lixo - Ingresan en prisión ás catro persoas detidas o pasado xoves en Tui coma presuntos autores de roubos en vivendas nas provincias de Pontevedra e Ourense - Papá Noel, Mercado de Nad...
Noticias 13.30 h | Venres, 20 de decembro de 2024 20.12.2024 27:12
Na fin de semana previa ao Nadal en Noticias 13.30 h recollemos as diversas iniciativas que teñen lugar esta fin de semana vinculadas ás festas, á solidariedade e tamén ao deporte. Así o recollemos no tempo de información deste venres, 20 de decembro, contando coas voces dos protagonistas. Tamén falamos do sorteo da Lotería de Nadal deste domingo.
Noticias 13.30 h | Xoves, 19 de decembro de 2024 19.12.2024 26:08
Estes son os principais titulares de hoxe en Noticias 13.30 h: - Visita ao Mercado de San Antonio da directora territorrial de Comercio e do alcalde de Tui - A San Silvestre Solidaria Tudense agarda bater récord de participación - A Garda Civil de Tui investiga a un veciño de Oia por un presunto delito de cultivo ou elaboración de droga - Hoxe ás 18.30 h derradeiro concerto, no Espazo da rúa Camil...
Noticias 13.30 h | Mércores, 18 de decembro de 2024 18.12.2024 24:43
Estes son os principais titulares de hoxe en Noticias 13.30 h: - Sometido a información pública o documento técnico e o estudo de impacto ambiental do proxecto de trazado do futuro tramo da autovía A-52 para conectar O Porriño e Vigo. - Hoxe, 18 de decembro, é o Día Internacional do Migrante - Repasamos as iniciativas solidarias do Nadal en Tui - Música e literatura esta tarde en Tui Recollemos am...
Ent. Javier Niño, coordinador deportivo do CB Tui - Torneo solidario de baloncesto 17.12.2024 2:05
O CB Tui celebra este xoves, dende ás 16.30 h, no pavillón municipal o seu XIV Torneo Solidario de Baloncesto, no que recollerán alimentos non perecedeoiros. Participarán preto de 80 nenos e nenas das distintas categorías nunha tarde cun marcado carácter festivo e solidario. Así o explicaba Javier Niño, coordinador deportivo do CB Tui.
Noticias 13.30 h | Martes, 17 de decembro de 2024 17.12.2024 23:43
Estes son os principais titulares de hoxe en Noticias 13.30 h - O Concello de Tui reforza a aposta pola recollida selectiva coa adquisición de novos contedores que incrementarán en case 90 mil litros a capacidade de recollida - Máis de 9 mil quilos de alimentos sumáronse no Baixo Miño aos 325 mil da Gran Recollida de Alimentos - Hoxe comezan os concertos do alumnado do Conservatorio e da Escola de...
Noticias 13.30 h | Luns, 16 de decembro de 2024 16.12.2024 26:13
Estes son os principais titulares de hoxe en Noticias 13.30 h: - O novo espazo socio cultural da rúa Camilo José Cela acollerá esta semana as primeiras actuacións tras ser inaugurado o pasado sábado - ORPAGU fai un balance positivo de 2024, ano no que triplicou o seu persoal e reforzou a distribución - As voces dos coros infantís dos centros educativos encheron hoxe o Teatro Municipal As citas da...
Noticias 13.30 h | Venres, 13 de decembro de 2024 13.12.2024 28:03
Estes son os principais titulares de hoxe en Noticias 13.30 h: - Mañá inaugúrase o edificio municipal da rúa Camilo José Cela tras as obras de rehabilitación realizadas con fondos PIREP - Comezou a demolición parcial do edificio en ruinas situado no número 7 da rúa Colón - Galicia Suroeste da os primeiros pasos para crear un Club de produto turístico centrado nas potencialidades da comarca - A sor...
Noticias 13.30 h | Xoves, 12 de decembro de 2024 12.12.2024 28:30
Estes son os principais titulares de hoxe en Noticias 13.30 h: - Catro proxectos tudenses recibiron financiamento europeo a través da Medida Leader de Galicia Suroeste - O Rosal leva hoxe a pleno os orzamentos para 2025 - A música protagoniza o Nadal en Tui coa actuación da Rondalla Santa Eulalia de Atios este domingo e o luns cos coros infantís dos centros educativos - Mañá celébrase o Torneo de...
Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui | Proxectos executados ao abeiro da medida Leader de Galicia Suroeste 11.12.2024 2:45
Catro proxectos executados en Tui recibiron financiamento de fondos europeos a través da Medida Leader de Galicia Suroeste. Forman parte dos 14 proxectos impulsados neste territorio en 2023 e 2024 cun investimento de 1,5 millóns de € dos que 746.000€ foron financiados a través destes fondos europeos. Hoxe o alcalde, Enrique Cabaleiro, a concelleira de Turismo, Ana Núñez, e a presidenta de Galicia...
Noticias 13.30 h | Mércores, 11 de decembro de 2024 11.12.2024 27:06
Estes son os principais titulares de hoxe en Noticias 13.30 h: - Galicia Suroeste avanza cara ao futuro co impulso de 14 novos proxectos con fondos Leader, tres deles en Tui - Hoxe ás 20 h o Teatro Municipal acolle o concerto solidario de Nadal do Conservatorio - O Mercado Solidario de Libros abriu xa as súas portas na Sala Municipal de Exposicións - Outras citas
Noticias 13.30 h | Martes, 10 de decembro de 2024 10.12.2024 27:03
Estes son os principais titulares de hoxe en Noticias 13.30 h: - Co alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, pechamos a rolda de conversas tras o pleno ordinario de novembro - O Concello de Tui recepcionou onte as obras da Travesía de San Domingos - O Conservatorio e a Escola de Música ofrecerán este Nadal 5 horas de música nun total de 4 concertos - Hoxe proxéctase “Dhogs” no Cineclub Tui
Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui | Rolda pleno novembro 10.12.2024 33:47
Co alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, pechamos a rolda de conversas tras o pleno ordinario do pasado mes de novembro.
Noticias 13.30 h | Luns, 9 de decembro de 2024 09.12.2024 27:29
Estes son os principais titulares de hoxe en Noticias 13.30 h: - A Garda Civil investiga o roubo de varias pezas na Catedral de Tui - Este mediodía clausurouse o obradoiro de emprego Senda do río Miño Areeiros-Penedo - Recollemos as palabras de Nico Montes, voceiro do PP, sobre o pleno ordinario de novembro - O BNG de Tui renuncia a calquera tipo de negociación co grupo municipal do PSOE
Ent. Nicolás Lorenzo Montes, voceiro do PP | Rolda pleno novembro 09.12.2024 17:22
Continuamos coa rolda de conversas cos grupos da corporación tras o pleno ordinario do pasado mes de novembro. Hoxe foi a quenda de Nicolás Lorenzo Montes, voceiro do PP.
Noticias 13.30 h | Xoves, 5 de decembro de 2024 05.12.2024 32:32
Estes son os principais titulares de hoxe en Noticias 13.30 h: - Increméntase o turismo en Tui nun 78% en novembro - O BNG reclamará no Congreso a conexión ferroviaria transfronteiriza - A CHMS invirte máis de 76.000€ na eliminación de especies invasoras no río Furnia ao seu paso por Tui - Citas do Nadal nesta ponte festiva - Hípica, camiñada, San Silvestre e encontros deportivos da fin de semana
Noticias 13.30 h | Mércores, 4 de decembro de 2024 04.12.2024 30:04
Estes son os principais titulares de hoxe en Noticias 13.30 h: - Tui aposta pola eficiencia enerxética cambiado a led as luminarias dos accesos á cidade - Rematada a rehabilitación das vivendas de Caldelas que se destinarán a alugueiro social - Seguimos con Carmen Núñez do BNG a rolda de conversas tras o pleno ordinario de novembro - Hoxe ás 16.30 h na Sala Félix Rodríguez comezan as xornadas Alzh...
Ent. Carmen Núñez, voceira do BNG | Rolda Pleno Ordinario Novembro 04.12.2024 25:18
Con Carmen Núñez, a voceira do BNG, continuamos hoxe a rolda de conversas cos grupos da corporación municipal tras o pleno ordinario do pasado xoves.
Noticias 13.30 h | Martes, 3 de decembro de 2024 03.12.2024 26:17
Estes son os principais titulares que recollemos hoxe martes en Noticias 13.30 h: - O Consello da Xunta aproba o convenio co Concello de Tui para a creación do centro que xestionará a área Rexurbe - Abrimos con Jose Palacín de C21 a rolda de conversas tras o pleno ordinario celebrado o pasado xoves. - O xefe territorial de Educación precisa que o IES San Paio non ten danos estruturais - Vontade am...
Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui | Convenio de colaboración coa Xunta 03.12.2024 5:23
O Consello da Xunta autorizou onte o convenio co concello de Tui para o desenvolvemento dun centro que xestionará a área Rexurbe. Este será un instrumento instrumento clave na recuperación do patrimonio tudense e tamén na dinamización económica e social, segundo explicaba na RMT o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro. O convenio debe ser agora aprobado tamén no Concello de Tui.
Ent. José Palacín, voceiro de Converxencia 21 | Rolda pleno ordinario de novembro 03.12.2024 24:33
Abrimos a rolda de conversas cos grupos da corporación municipal de Tui tras o pleno ordinario do pasado xoves, con José Palacín, o voceiro de C21. Con el abordamos os distintos puntos tratados na sesión plenaria.
Noticias 13.30 h | Luns, 2 de decembro de 2024 02.12.2024 26:20
Estes son os principais titulares que recollemos hoxe en Noticias 13.30 h: - O Parque Natural Monte Aloia, recibirá parte dos 3 millóns de € que a Xunta destinará en 2025 a espazos protexidos - Reclaman o arranxo das deficiencias que sofre o IES San Paio - A catedral celebra o seu 799 aniversario - Tui acendeu o seu Nadal - O deporte tudense celebrou o venres a súa festa
Noticias 13.30 h | Venres, 29 de novembro de 2024 29.11.2024 29:34
Comezamos Noticias 13.30 h repasando os asuntos tratados onte pola corporación municipal de Tui en pleno. Facémonos eco da reclamación do IES San Paio para que se realice unha actuación urxente e integral que solucione deficiencias, que presenta o centro. O inicio do Nadal en Tui, as citas da fin de semana e a celebración hoxe da Gala do Deporte Tudense completan este tempo de información.
Noticias 13.30 h | Xoves, 28 de novembro de 2024 28.11.2024 26:24
Hoxe ás 20 h a corporación municipal de Tui celebra pleno ordinario. Así o contamos en Noticias 13.30 h onde damos conta do inicio da programación de Nadal este sábado en Tui co acendido da iluminación de Nadal, a apertura do Taller Máxico de Papa Noel e do Mercado de Nadal. Recollemos as citas do día e as que chegarán na fin de semana, parte delas vinculadas tamén ao Nadal. No deporte damos conta...
Podcasturi asemănătoare
Replaio nu este editorul podcasturilor; numele emisiunilor, coperțile și materialul audio aparțin autorilor lor și sunt distribuite prin fluxuri RSS publice