Fóra de Mapa
Fóra de Mapa
O podcast que dá a coñecer as minorías menos visibles que existen en Europa.
Vizitează neapărat site-ul podcastului și susține-i creatorul: www.ivoox.com
Autor
Fóra de Mapa
Categorie
Site-ul podcastului
Cel mai nou episod
30 sept. 2026
Unde asculți?
Podcasturi în aplicație Replaio Radio În curândPodcasturile ajung în curând în aplicație. Instaleaz-o acum și fii primul care descoperă o abordare complet nouă a podcasturilor
Episoade
De leria con... Paula Jorge 30.09.2026 28:18
A nosa cuarta convidada é Paula Jorge, caboverdiana de Burela e por tanto galega. Con ela descrubrimos a realidade da diáspora de Cabo Verde e a súa integración na vila da Mariña, como se manteñen vivas as raíces desta comunidade e como xurden novas identidades que misturan elementos galegos e africanos. E tamén como ás veces non queda outra que explicar con retranca nas redes sociais que o galego...
#Petisco lixeiro. O picnic paneuropeo 15.09.2026 9:33
No verán de 1989 xa se albiscaba o cambio político no bloque oriental, pero o telón de aceiro seguía a dividir ós cidadáns do continente. Neste contexto uns opositores húngaros e o herdeiro da casa Habsburgo tiveron unha idea, unha romeria onda a fronteira que xuntase a austriacos e húngaros. O picnic paneuropeo comezou como unha festa de confraternización con música, cervexa, churrasco e goulash...
#Petisco lixeiro. A dinastía real albanesa 08.09.2026 18:32
A dinastía real albanesa parece saída dunha novela de humor: un rei autonomeado, décadas de exilio, golpes de Estado fallidos, intentos de restauración e, polo medio, un monarca que fumaba ata 200 cigarros ao día e sobreviviu a ducias de atentados. No centro de todo está Zog I, o peculiar ditador que en 1928 decidiu converterse en rei dos albaneses e gobernou un país pobre mentres tentaba rodearse...
#Petisco lixeiro. O sistema político belga 27.08.2026 15:37
Bélxica é un dos países politicamente máis complexos de Europa: tres linguas oficiais, tres comunidades lingüísticas, tres rexións e unha chea de institucións e niveis de goberno. No episodio explicamos como se construíu este sistema federal e por que as tensións entre Flandres, Valonia e Bruxelas marcaron a historia recente do país. Falamos tamén da peculiar relación dos belgas co seu propio Esta...
#Petisco lixeiro. Gagauzia 13.08.2026 19:38
Gagauzia é unha das pequenas anomalías de Europa: unha autonomía no sur de Moldavia habitada maioritariamente polos gagauzos, un pobo de orixe aínda discutida, cristián ortodoxo e falante dunha lingua túrquica emparentada co turco. Entre exclaves, viñedos, ovellas e unha historia marcada polo Imperio Ruso, a URSS e o colapso soviético, este recuncho do continente agocha unha historia moito máis co...
#50. Illas Canarias. Un arquipélago cunha forte identidade de seu alén das postais turísticas 31.07.2026 1:30:25
Alén de praias, sol e plátanos, as Illas Canarias son un arquipélago cunha historia e unha identidade propias, marcadas pola súa posición entre no Atlántico, a máis de 100km da costa africana. Neste episodio conversamos con Iván Vega, activista cultural da Fundación Tamaimos, sobre a cultura canaria, a herdanza guanche, e os debates arredor da identidade canaria, o colonialismo exercido sobre o ar...
#Petisco lixeiro. As illas Selvagens - Episodio exclusivo para mecenas 16.07.2026 11:56
Agradece a este podcast tantas horas de entretenimiento y disfruta de episodios exclusivos como éste. ¡Apóyale en iVoox! As Illas Selvagens son un arquipélago diminuto, deshabitado e perdido no Atlántico entre Madeira e Tenerife que, malia o seu tamaño, leva séculos en desputa entre España e Portugal. Nelas non hai poboación permanente, case non hai infraestrutura, pero a súa consideración como il...
De leria con... Christoph Schreinmoser, director do IGADI 13.06.2026 29:21
O noso terceiro convidado é Christoph Schreinmoser, doutor en Dereito Internacional Público e director do Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional. Con el reflexionamos sobre o papel de Galicia no escenario internacional, as posibilidades da súa acción exterior e os mecanismos para construír unha voz propia no mundo, cunha mirada bávara e tamén moi galega. Músicas: Happy to see yo...
#49. Malta e a lingua maltesa. Unha historia de “triglosia” e autodeterminación 22.05.2026 46:50
O maltés é hoxe a lingua nacional e oficial de Malta. Un idioma semítico con arredor de medio millón de falantes que ten que competir coa outra lingua oficial do país, o inglés. Por Malta pasaron unha chea de pobos, desde os romanos, pasando polos árabes até os británicos, que deixaron a súa pegada na identidade e lingua propia da illa. Durante séculos o maltés foi o idioma do pobo, mentres que as...
#Petisco lixeiro. A Soberana Orde Militar de Malta - Episodio exclusivo para mecenas 28.04.2026 11:32
Agradece a este podcast tantas horas de entretenimiento y disfruta de episodios exclusivos como éste. ¡Apóyale en iVoox! A Soberana Orde Militar de Malta é a herdeira dos antigos cabaleiros hospitalarios das Cruzadas, que chegaron a gobernar Rodas, e logo Malta até que Napoleón ocupou a illa en 1798. Desde entón, a orde instalouse en Roma e mantén unha situación moi peculiar: ten sede propia, cons...
De leria con... a viaxanta Cris Terceiro 24.04.2026 37:04
A nosa segunda convidada é Cristina Terceiro, xornalista e comunicadora de profesión, podcasteira (escoitai o seu fantástico podcast Viaxantas!) e boa coñecedora da diáspora galega, tanto en Bélxica como en Arxentina. Conversamos con ela sobre a vida en Bruxelas, as institucións europeas onde traballa, o activismo cultural na diáspora e máis a vitalidade e os preconceitos que temos da emigración g...
#Petisco lixeiro. Os gorales - Episodio exclusivo para mecenas 30.03.2026 14:25
Agradece a este podcast tantas horas de entretenimiento y disfruta de episodios exclusivos como éste. ¡Apóyale en iVoox! Os gorales son unha etnia que habita os Tatras, a serra dos Cárpatos que separan a Polonia de Eslovaquia, hoxe son arredor duns 100.000 entrambos lados da fronteira. A súa forma de vida sempre estivo moi ligada á paisaxe e ás montañas nas que habitan, e ó viviren de maneira isol...
#48. O wymysorys. Como a rapaciada motivada pode dinamizar unha microlingua 27.03.2026 39:39
O wymysorys é a lingua xermana máis pequena e máis ameazada de desaparición do mundo. Falada soamente no municipio da Silesia polaca de Wilamowice (ou en wymysorys Wymysoü) por algunhas ducias de persoas. Hai 30 anos veciños e sociolingüistas predicían a súa desaparición ó morreren @s derradeir@s falantes. O uso da lingua foi prohibido polas autoridades da Rep. Socialista de Polonia e iso creou un...
De leria con.. Mario Brión @olaxonmario 16.03.2026 32:35
Comezamos unha nova sección coa que queremos alargar o podcast, publicando entrevistas con persoas que por unha razón ou outra fan cousas interesantes e de certa maneira relacionadas coa temática do Fóra de mapa. O primeiro convidado é Mario Brión, @olaxonmario nas redes, influencer das traiñeiras, Mestre Mateo award nominated, probablemente o noso maior fans, e que habitualmente publica contidos...
#Petisco lixeiro. O idioma tabarkino - Episodio exclusivo para mecenas 26.02.2026 9:36
Agradece a este podcast tantas horas de entretenimiento y disfruta de episodios exclusivos como éste. ¡Apóyale en iVoox! Sardeña é un territorio cunha diversidade lingüística enorme, nel fálanse cinco idiomas diferentes, unha oficial, o italiano, 2 outras recoñecidas e protexidas pola lei nacional, o sardo e máis o catalán en L´Alguer, e 3 máis recoñecidas e protexidas pola lei rexional, o sassare...
#47. Os sardos. Seica poucos, tolos e mal unidos 23.02.2026 51:44
Sardeña é unha gran descoñecida a pesar de que cada verán millóns de turistas visitan a súa fermosa costa. Porén, a illa conta cunha cultura propia riquísima, unha diversidade lingüística enorme e un abundante patrimonio histórico. 5 linguas se falan en Sardeña, sardo, gallurese, sassarese, catalán, tabarchino e italiano, e esta diversidade, a pesar de estar ameazada por unha forte diglosia aínda...
Episodio especial. Diáspora e fútbol 26.01.2026 38:43
O fútbol é un espazo moi relevante pras diásporas, ademais de ocio tamén é pra moitos seguidores parte importante da súa identidade colectiva e individual Esta dimensión social fixo que ó longo da historia do deporte houbese moitos equipos que representaron e representan a colectivos de refuxiados e tamén de emigrados, equipos cos que estes grupos tentan aínda hoxe, manter a súa vinculación coa pa...
#Petisco lixeiro. A guerra civil albanesa - Episodio exclusivo para mecenas 19.01.2026 17:35
Agradece a este podcast tantas horas de entretenimiento y disfruta de episodios exclusivos como éste. ¡Apóyale en iVoox! En Albania, nos 90, a transición do comunismo á economía de mercado e democracia liberal (bastante imperfectas) estivo chea de problemas: inestabilidade política, unha privatización caótica, emigración masiva, inflación, crime organizado gañando moito poder e no 1997 unha guerra...
#46. Os Bektashis. A relixión "nacional" do pobo albanés 12.01.2026 57:19
Albania é sinónimo de convivencia e harmonía relixiosa. Os albaneses non teñen unha relixión común, a maioría son musulmáns sunnitas, porén hai unha importante porcentaxe de católicos e ortodoxos, por iso se di que a auténtica relixión do pobo albanés é o nacionalismo albanés, que se fundamenta na cultura e lingua de seu deste pobo balcánico. Con todo, existe unha outra minoría relixiosa, recoñeci...
#Petisco lixeiro. A lingua galó, o idioma romance propio da Bretaña - Episodio exclusivo para mecenas 18.12.2025 13:31
Agradece a este podcast tantas horas de entretenimiento y disfruta de episodios exclusivos como éste. ¡Apóyale en iVoox! En Bretaña fálanse 3 linguas, o francés, o bretón e máis o galó, un idioma romance, do grupo das linguas de oïl, e propio da Alta Bretaña que non é oficial e está bastante minorizado. Durante moitos séculos o galó foi visto mesmo polos seus falantes como un simple francés chapur...
#45. Bretaña. Moito máis que a nación celta do continente 17.12.2025 1:24:48
A Bretaña é un país cunha identidade de seu ben forte, a pesar de ter perdido boa parte da súa diversidade lingüística nas últimas décadas. Os bretóns teñen un importante apego á súa terra e logo de séculos de case que completa autonomía de Francia, seguen a reclamar hoxe un maior autogoberno e rexeitan o centralismo de París Isto non se manifesta tanto no uso das linguas do país, o galó, o idioma...
#Petisco lixeiro. A diáspora caucásica en Medio Oriente 28.10.2025 11:04
A conquista do norte do Cáucaso polo Imperio Ruso a mediados do séc. XIX forzou a unha chea de pobos da rexión a abandonar as súas terras e a reasentarse no Imperio Otomano. Centos de miles de chechenos, circasianos, ingushes... establecéronse por toda a xeografía do Imperio e convertéronse en leais servos de Constantinopla. Logo da fundación da República de Turquía e a independencia de Siria e Xo...
#44. Os chechenos. Unha nación forxada na guerra, represión e resistencia 21.10.2025 1:09:45
Os chechenos son unha das moitas nacións que habitan os vales e montañas do Cáucaso norte, e con certeza son os máis famosos destes pobos, aínda que sexa por levar desde hai décadas sufrindo guerras, deportacións, terrorismo e represión, porén, a nación chechena é moito máis que un pobo de afoutos e feros guerreiros. A sociedade chechena actual forxouse nunha sucesión de traumas, as catastróficas...
#Petisco lixeiro. A "venda" dos saxóns e xudeus de Romanía 07.10.2025 12:49
Os xudeus e os saxóns, ou alemáns, sempre foron comunidades moi importantes en Romanía e en Transilvania en concreto. A pesar das mortes acontecidas durante a 2ª guerra mundial, especialmente o holocausto, e máis as migracións e deportacións sucedidas logo desta, durante o período comunista do país tanto a comunidade hebrea como a alemá tiñan unha forte vitalidade e centos de miles de membros. Con...
#43. Transilvania. Un país miticamente diverso 01.10.2025 1:06:00
En Europa occidental Transilvania é sinónimo de vampiros, monstros, misterio... e tamén debería ser de diversidade étnica. Na rexión de Transilvania viviron durante moitos séculos varios pobos que lle deron a súa específica personalidade. Saxóns, xudeus, xitanos, húngaros, sículos, romaneses... formaron parte dun mosaico étnico no que certas etnias tiñan máis poder político e económico que outras....
Podcasturi asemănătoare
Replaio nu este editorul podcasturilor; numele emisiunilor, coperțile și materialul audio aparțin autorilor lor și sunt distribuite prin fluxuri RSS publice