AGalegaAudio
Todos os podcast | Mundo raro
Espazo cultural e divertido coa retranca e tolemia habitual do escritor Pedro Feijoo
Não deixe de visitar o site do podcast e apoiar quem o produz: agalegaaudio.gal
Autor
AGalegaAudio
Categoria
Site do podcast
Último episódio
26 de jun de 2026
Onde ouvir?
Podcasts no app Replaio Radio Em breveOs podcasts estão chegando ao app. Instale agora e seja o primeiro a descobrir um jeito totalmente novo de curtir podcasts
Episódios
Suso de Toro non deixa de ser raro tamén 04.10.2024 14:07
Significámolas no #MundoRaroGxD nunha nova entrega no Galicia por Diante
Berta Noy e Dan Brown 27.09.2024 16:16
Que pregunta non lle podes facer a unha editora? Contóunolo Pedro Feijoo.
A rara desta volta foi Arantza Portabales 20.09.2024 19:40
Co firme obxectivo de afundir o prestixio da culturetada, Pedro Feijoo destapounos o #MundoRaroGxD de Arantza Portabales.
Como é o Mundo Raro de Rober Cagiao? 13.09.2024 13:22
Como é o #MundoRaroGxD do escritor Rober Cagiao. Todos somos Rober Cagiao!
O Mundo Raro comeza aínda máis raro! 06.09.2024 15:36
Regresa o #MundoRaroGxD de Pedro Feijoo máis raro ca nunca, se isto é posible, claro...
Cancións "incorrectas" 21.06.2024 18:43
📀 #MundoRaroGxD Herdeiros da Crus, Familia Caamagno, Los Nikis, Punsetes e outros grupos con temas políticamente incorrectos. Razón (ou sen ela): Pedro Feijoo.
De mapas, compases, antenas e… WTF?! 14.06.2024 19:16
Nesta entrega: Strange World Public Service Edition! A ver, por partes. A sopapos en Vilagarcía: mapas, compases... E ti de quen vés sendo, rapás? A orixe da cuestión: de Javier Marías, que non tiña máis que facer, a George RR Martin, que non tiña máis que sementar... “No medio da cea alguén preguntou se eramos escritores de mapa ou compás”.
Cantantes poetas, second blood 07.06.2024 10:57
Cantantes poetas, segunda parte, pero con máis bombo. No #MundoRaroGxD de Pedro Feijoo.
Cantantes poetas, first blood 31.05.2024 16:31
Poesía e música. Música e poesía. Quen emociona a Pedro Feijoo? O que contou sorprenderavos. Ou non...
Finais perralleiros de libros e películas 24.05.2024 16:55
Finais perralleiros de libros e pelis: o recurso do Deus Ex Machina. Con Pedro Feijoo no #MundoRaroGxD.
Aquí non enganamos a ninguén 10.05.2024 14:07
A nosa contribución ao Día das Letras? Nula, claro, pero e o ben que o pasamos… Con Pedro Feijóo no Mundo Raro.
Nais raras 03.05.2024 18:19
Sobre nais raras, nais para darlles de comer aparte. Con Pedro Feijoo no MundoRaroGxD.
Clásicos que igual non eran necesarios 26.04.2024 17:21
Libros sobrevalorados: clásicos da literatura que igual non eran necesarios. Con Pedro Feijoo no seu Mundo Raro.
A Ría de Vigo, escenario para futuras películas 19.04.2024 14:31
Escenarios e localizacións da Ría de Vigo para futuras películas. Con Pedro Feijoo no #MundoRaroGxD.
Especial Eduardo Mendoza 12.04.2024 17:04
Gurb, Savolta, Mauricio, Pomponio Flato… Especial Eduardo Mendoza hoxe, no #MundoRaroGxD con Pedro Feijóo.
Dia da literatura infantil e xuvenil: recomendacións. 05.04.2024 22:19
No #MundoRaroGxD celebramos o día da Literatura Infantil e Xuvenil como se merece: libros que non soportamos e outros que deberiamos recomendar. Con Pedro Feijoo, desde a Biblioteca de Verín.
Libros e pelis para unha semana de paixón 22.03.2024 18:34
Libros e pelis para unha semana de paixón. Que soa ben? A nós tamén nos soaba. Con Pedro Feijoo no #MundoRaroGxD.
Musicais raros 15.03.2024 15:16
Cando o musical se come o libro. Con Pedro Feijoo no #MundoRaroGxD.
O 8M e os seus grandes "homes" imprescindibles 08.03.2024 18:10
No 8M Pedro Feijoo presentounos unha listaxe de destacadísimos nomes de home da literatura internacional.
Execucións raras 01.03.2024 16:55
Hoxe imos pasar do Día Mundial do Cumprido... á morte por garrote vil. E todo así, nun plis plas! Ao fío de O derradeiro verdugo, adiante co garrote vil. Mañá, hai cincuenta anos... Unha pouca de historia dun... invento español? A ver, aseghún... O seu funcionamento, e outros desastres. A "bondade" de Fernando VII. E todo isto... podendo escoller outros métodos? Meh, a guillotina é para...
O Celta 23.02.2024 12:54
Hoxe é o Día Mundial do Compromiso Internacional para o Control do Mercurio, o cuadraxésimo terceiro aniversario do famoso golpe de estado de Tejero, e... outras cousas, de xeito que... Pedro Feijóo falou do Celta! Libros: 1.- "1.100 anos de Historia do Celta", de Eduardo Rolland, 2.- "Como siempre, lo de siempre", de Lucía Taboada. e 3.100 anos de afouteza e corazón, de... un...
O Día Mundial dos Amores Imposibles 16.02.2024 18:49
Celebramos o Día Mundial dos Amores Imposibles. Na ficción esta temática dá moito xogo así que Pedro aproveitou para recomendar literatura, pelis e música de amores con pouco futuro.
O xogo das pelis 09.02.2024 16:52
"Ensíname os cartos!" "Estás falándome a min?" "Imos precisar un barco máis grande..." Saberías dicir a que películas corresponden estas famosísimas frases? Francamente, queridos, a Pedro Feijóo si que lle importa.
O Padriño 02.02.2024 18:18
A historia de Mario Puzo e o Padriño dá para unha serie. Cóntacho Pedro Feijoo. E cántacho tamén.
Especial Semana Negra de Verín 26.01.2024 18:13
Especial #MundoRaroGxD con Pedro Feijoo dende a Semana da Novela Negra da Biblioteca de Verin. Con Fernando Rueda como 'guess star'
O Replaio não é o publicador dos podcasts; os nomes dos programas, as capas e o áudio pertencem aos seus autores e são distribuídos por feeds RSS públicos