AGalegaAudio
Todos os podcast | A crónica deportiva
A última hora da información deportiva de cada día, con seguemento diario aos deportistas e aos equipos galegos nas distintas modalidades
Não deixe de visitar o site do podcast e apoiar quem o produz: agalegaaudio.gal
Autor
AGalegaAudio
Categoria
Site do podcast
Último episódio
10 de jul de 2026
Onde ouvir?
Podcasts no app Replaio Radio Em breveOs podcasts estão chegando ao app. Instale agora e seja o primeiro a descobrir um jeito totalmente novo de curtir podcasts
Episódios
A crónica deportiva 01-11-2023 01.11.2023 29:58
Arrincamos no Vero Boquete coas primeiras valoracións trala eliminación da SD Compostela diante do Tenerife. Logo, a previa dos partidos da tarde do Celta, o Racing, o Dépor, o Lugo, o Arenteiro e o Boiro, ademais da Copa balonmán, coa derrota do Guardés, e a de FS coa histórica clasificación de O Castro para a final a 8
A crónica deportiva 31-10-2023 31.10.2023 29:58
Última hora dos sete equipos galegos que o mércores disputan a primeira eliminatoria da Copa do Rei de fútbol: Celta, Racing, CD Lugo, Deportivo, Arenteiro, Compostela, Arosa e Boiro
A crónica deportiva 30-10-2023 30.10.2023 28:07
O Celta celebra reunión da xunta directiva sen que se cuestione, de momento, a continuidade de Rafa Benítez. No fútbol, destacamos tamén a vitoria do Racing no Sardinero e os triunfos do Deportivo e do CD Lugo
A crónica deportiva 27-10-2023 27.10.2023 28:04
Mentres o Celta viaxa para xogar en Xirona, o club intenta a fichaxe do portugués Xeka, un mediocentro que hai tempo que seguen dende Vigo. Ademais, escoitamos a Jon García no Racing e os adestradores dos catro equipos galegos da 1ª RFEF e a pontevedresa Teresa Abelleira antes de xogar coa selección feminina
A crónica deportiva 26-10-2023 26.10.2023 14:58
Rafa Benítez asegura que os datos do Celta son bos e di que están "por diante no Manchester City nos tiros a porta". No Deportivo, Retuerta recoñece que foi duro non xogar e analizamos a fichaxe do ex NBA Justin Anderson no Breogán
A crónica deportiva 25-10-2023 25.10.2023 29:52
Falamos co pai de Brais Méndez despois de que o ex do Celta volvese asinar outra gran noite na Liga de Campións; no Racing, Moi Delgado ampara a Fran Manzanara e, no baloncesto, Toni Nakic avanza na súa recuperación no Breogán
A crónica deportiva 24-10-2023 24.10.2023 29:07
A previa do Braga - Real Madrid, ao que asisten afeccionados galegos. Falamos co presidente do Turégano do partido de Copa contra o Celta e cun xogador do Covadonga antes da eliminatoria co Deportivo. Tamén conversamos co Julio Delgado, o adestrador do Burela, elixido mellor técnico de fútbol sala feminino
A crónica deportiva 23-10-2023 23.10.2023 29:57
Mentres La Liga celebra asemblea, o Celta láiase pola expulsión de Iván Villar. No Racing, un erro de Fran Manzanara facilitou o empate do Eldense. E o repaso, tamén, á xornada na 1ª RFEF
A crónica deportiva 20-10-2023 20.10.2023 13:58
Rafa Benítez confirma tres baixas para o Celta-Atlético de Madrid; escoitamos a Héber Pena no Racing e unha completa ollada á xornada da 1ª RFEF coas voces do Dépor, Lugo, Arenteiro e Celta Fortuna. Ademais, Cilene fala do 'clásico' Burela-Futsi e as previas da fin de semana do baloncesto e do balonmán
A crónica deportiva 19-10-2023 19.10.2023 15:01
Escoitamos a Josep Señé no Racing de Ferrol e, na 1ª RFEF, ao galego Hugo Rama no Dépor e a Antoñín no CD Lugo. Ademais, repaso á vitoria do Breogán na Liga de Campións e as palabras da viguesa Marta Domínguez tras saber que o squash será olímpico en 2028
A crónica deportiva 18-10-2023 18.10.2023 15:04
A última hora do CB Breogán horas antes de que o equipo de Lugo volva xogar competición europea, 38 anos despois. No fútbol escoitamos a Manu Sánchez no Celta e a José Ángel no Deportivo. Ademais falamos dos Mundiais de ximnasia acrobática nos que competirá a viguesa Melania Rodríguez
A crónica deportiva 17-10-2023 17.10.2023 14:13
Tralas emocións polo sorteo da primeira rolda da Copa do Rei de fútbol chegan as valoracións das eliminatorias con presenza galega: Boiro-Mallorca, Arosa-Granada, Turégano-Celta, Marbella-Racing, Covadonga-Deportivo, Avilés–Arenteiro, Antoniano-Lugo e Compostela-Tenerife
A cronica deportiva 16-10-2023 16.10.2023 14:12
A última hora do Racing de Ferrol antes de xogar en Valencia. Na 1ª RFEF, o Dépor volve perder e volve queixarse das decisións arbitrais e, na Primeira, alarma no Celta pola lesión de Aidoo con Ghana
A crónica deportiva 13-10-2023 13.10.2023 14:45
Carlos Vicente fala do seu futuro despois de ser elixido o mellor do Racing de Ferrol no primeiro mes en Segunda. A 1ª RFEF ábrese cun duelo na parte alta, Celta Fortuna-Real Unión, e as previas da fin de semana de baloncesto
A crónica deportiva 12-10-2023 12.10.2023 14:52
O Cangas clasifícase para a seguinte rolda da Copa do Rei de balonmán; no fútbol sala, xogan varios equipos galegos na Copa da Raíña e o CD Boiro disputa en Santander a previa do torneo no fútbol
A crónica deportiva 11-10-2023 11.10.2023 13:13
Serbia informa de que o lateral do Celta Ristic chegou lesionado á convocatoria da selección. No balonmán, o Atlético Novás volve eliminar na Copa un equipo de Asobal e no fútbol sala as xogadoras do Castro viaxan con ilusión a Zaragoza
A crónica deportiva 10-10-2023 10.10.2023 14:49
A RFEV confirma que a ourensá Támara Echegoyen competirá nos Xogos de 2024. No fútbol, dúbidas e críticas no Deportivo logo de caer en Riazor co filial do Celta. E tamén balonmán coas lembranzas do autor do gol da vitoria do Cangas
A crónica deportiva 09-10-2023 09.10.2023 13:01
As valoracións e as voces dos protagonistas da última xornada de fútbol, co empate insuficiente do Celta, o gol gañador de Vadillo na Malata e o triunfo dos rapaces do Celta Fortuna en Riazor, que deixa en shock ao deportivismo
A crónica deportiva 06-10-2023 06.10.2023 14:51
O madridista Joselu volve ser o único futbolista galego na convocatoria de España. Na Malata, o Racing puido co Amorebieta con outro gol de Carlos Vicente e comeza unha nova temporada na LEB Ouro co Basquet Coruña e o COB
A crónica deportiva 05-10-2023 05.10.2023 14:46
O alcalde de Vigo asegura que Balaídos mantén todas as opcións de acoller partidos no Mundial de 2030, ao que tamén aspira Riazor. O Racing recibe o Amorebieta na casa, o Obradoiro perde en 68 segundos e Ale de Paz resume a ledicia polo Mundial feminino de fútbol sala
A crónica deportiva 04-10-2023 04.10.2023 14:24
O Obradoiro volve á liga trala eliminación na competición europea; no fútbol, Cristóbal fala na previa do Amorebieta; no fútbol sala Emily Marcondes volve a Burela como campioa de América e, no atletismo, dous novos títulos europeos para o coruñés con máis 'marcha'
A crónica deportiva 03-10-2023 03.10.2023 13:24
Escoitamos as reaccións tralas derrotas do luns do Celta e do Racing. Os vigueses perderon en Gran Canaria un partido que tiñan na man e os ferroláns caeron 3-0 en Cornellá nun encontro marcado por unha expulsión moi discutible
A crónica deportiva 02-10-2023 02.10.2023 14:01
Última hora do Las Palmas-Celta e o Espanyol-Racing que se xogan o luns, na 1ª RFEF o Fuenlabrada remóntalle ao Dépor no engadido, no baloncesto o Ensino supera o Uni Ferrol e no surf Esperanza Barreras suma dous ouros máis nos mundiais de stand up paddle
A crónica deportiva 29-09-2023 29.09.2023 14:58
O Celta salva un punto na casa, 1-1, nun partido no que non chegou a tirar a porta. No fútbol, é día de previas da 2ª e da 1ª RFEF. No baloncesto, xóganse as semis da Copa Galicia feminina. E comeza a temporada de voleibol de novo con presenza galega nas dúas superligas.
A crónica deportiva 27-09-2023 27.09.2023 14:58
Benítez designa a Starfeld un dos novos capitáns no Celta; escoitamos a Paris Adot no Deportivo; Sisko pide deixar o Breogán por motivos persoais; Jéssica Bouzas sobre ao posto 129 da WTA; e Pablo Dapena anuncia a súa retirada do tríatlon.
Podcasts parecidos
O Replaio não é o publicador dos podcasts; os nomes dos programas, as capas e o áudio pertencem aos seus autores e são distribuídos por feeds RSS públicos