AGalegaAudio
Todos os podcast | A crónica deportiva
A última hora da información deportiva de cada día, con seguemento diario aos deportistas e aos equipos galegos nas distintas modalidades
Não deixe de visitar o site do podcast e apoiar quem o produz: agalegaaudio.gal
Autor
AGalegaAudio
Categoria
Site do podcast
Último episódio
10 de jul de 2026
Onde ouvir?
Podcasts no app Replaio Radio Em breveOs podcasts estão chegando ao app. Instale agora e seja o primeiro a descobrir um jeito totalmente novo de curtir podcasts
Episódios
A crónica deportiva 31-07-2024 31.07.2024 29:58
Caetano Horta buscará o venres acadar diploma olímpico. Loreto Costa entrevistou ao deportista que finalizou cuarto e no disputará a final do doble scull lixeiro.
A crónica deportiva 29-07-2024 29.07.2024 29:58
O Basquet Coruña comeza a temporada recibindo o Real Madrid. David Mella acada o Europeo sub-19 tras derrotar a Francia por 2-0.
A crónica deportiva 19-07-2024 19.07.2024 29:58
Borja Iglesias regresa ó RC Celta, cedido polo Real Betis. O Racing Club Ferrol presenta a campaña de abonados cunha suba do vinte por cento. O CD Lugo presenta a Raúl Hernández, procedente do Fuenlabrada, e a Jon Ceberio, do Intercity. O Pontevedra CF arrinca o curso coa presentación do secretario técnico Jacobo Maestre.
A crónica deportiva 12-07-2024 12.07.2024 29:58
Claudio Giráldez lamenta non poder fichar a Iker Losada e avala a Borja Iglesias. O RC Celta só fará dúas fichaxes este verán. No RC Deportivo escoitamos a Iván Barbero e no Racing Club Ferrol presentados o dianteiro "Chiki" Borrego e o porteiro Jesús Ruíz. Na selección, Dani Olmo comparece ante os medios de comunicación a dous días da final da Eurocopa con Inglaterra.
A crónica deportiva 11-07-2024 11.07.2024 30:00
Dani Vivian fala de Lamín Yamal na selección. O RC Celta xogará o venres 23 de agosto en Balaídos co Valencia e o luns 26 en Vilarreal. O RC Deportivo - Racing Club Ferrol da 3ª xornada na 2ª será o domingo 1 de setembro ás 17:00h en Riazor. Diego Vitra deixa o fútbol, con 29 anos, despóis de 3 temporadas no CD Arenteiro.
A Crónica Deportiva 10-07-2024 10.07.2024 29:58
Juan Carlos Escotet asegura que Abanca ten vocación de permanencia no Dépor
A crónica deportiva 09-07-2024 09.07.2024 29:58
Juan Carlos Escotet presidirá o RC Deportivo. Na previa da semifinal da Eurocopa, España - Francia, estamos en Munich co seareiro galego Jorge Paz. Fala Marc Vidal, novo porteiro co Celta Fortuna. Yoel presentado como porteiro do Racing Club Ferrol.
A crónica deportiva 08-07-2024 08.07.2024 29:57
Falamos con Miguel Alonso, director de metodoloxía do Olimpic de Marsella, sobre o Francia-España de semifinais da Eurocopa. Resumimos a emotiva presentación de Iker Losada no Betis. O Noia FS trae de volta a Galicia a Rubén Lemos "Rubi".
A crónica deportiva 05-07-2024 05.07.2024 29:58
O partido con maiúsculas, España- Alemaña, nos cuartos da Eurocopa. Iker Losada levanta expectación na súa chegada a Sevilla para fichar polo Betis. Falamos con Javier Pardo, o mellor galego na saída (4º), do 57º Ralli Rías Baixas, e o asturiano Alejandro Cachón, que foi o primeiro.
A crónica deportiva 04-07-2024 04.07.2024 29:58
Jessica Bouzas gaña na 2ª rolda de Wimbledon 7-6 e 6-3. Analizamos a saída de Raúl Blanco do RCCelta co seu adestrador na Madroa, Jorge Cuesta, actual técnico do Bergantiños. O CD Lugo ficha a Erik Ruíz, central de 29 anos do Unionistas de Salamanca. O galego Miki Villar ficha co campión da Liga Polaca.
A crónica deportiva 03-07-2024 03.07.2024 29:58
O dianteiro de Silleda Joselu fala da súa saída do Real Madrid e do partido vindeiro da Selección fronte Alemaña. O canteirán do RC Celta José Fontán marcha traspasado ao Arouca portugués. O presidente do CD Lugo fala de orzamentos (4,6 millóns de euros), débeda e posibles traspasos. Tino Saqués non contempla en vender a totalidade das suas accións. Sete atletas de Galicia serán os que estean nos...
A crónica deportiva 02-07-2024 _to_mp3 02.07.2024 29:58
Mikel Oyarzabal fala da confianza que hai na selección de cara ó partido de cuartos con Alemaña. O canterián do Celta Lautaro de León firma no Andorra. O CD Lugo ficha a Raúl Hernández, extremo madrileño de 30 anos que procede do Fuenlabrada. O Basquet Coruña presenta a campaña de abonados "Coliseum ano I".
A crónica deportiva 01-07-2024 01.07.2024 29:58
Carlos Torrado regresa ao Arousa 6 anos despois.. Imos ata Alemaña para saudar a Jorge Paz, o noso celtista viaxeiro na Eurocopa. Javi Rey presentado coma novo adestrador da SD Ponferradina.
A crónica deportiva 28-06-2024 28.06.2024 30:00
Falamos con Diego Diz, futbolista galego que xogou en Xeorxia, rival de España en oitavos. Ander Cantero está a pasar o recoñecemento médico co RC Deportivo. Miguel Loureiro, ex do Racing Club ferrol, CD Lugo e Pontevedra CF, homenaxeado hoxe polo Concello de Cerceda.
A crónica deportiva 27-06-2024 27.06.2024 29:58
O mellor pádel do mundo está en Pontevedra. Falamos con Fabrice Pastor, organizador do cerame. O RC Celta xogará o venres 16 de agosto, día de San Roque, o 1º partido da Liga co Dep. Alavés. Ás 19:00h en Balaídos. Nacho Fdez explica a súa decisión de deixar o Real Madrid e marchar á liga saudita.
A crónica deportiva 26-06-2024 26.06.2024 30:00
Álvaro García Diéguez dixa a presidencia do RC Deportivo. A galega Támara Echegoyen será abandeirada de España nos XX.OO. de París. O BM Cangas é o club da Liga ASOBAL con máis seareiros de media no seu pavillón. Con exactamente 2.127, supera ao Ademar de León.
A crónica deportiva 25-06-2024 25.06.2024 29:58
Rubén Albés chega ao Sporting de Xixón. O adestrador lucense de Folgoso do Courel, Manolo González, logra o éxito do ascenso do RCD Español. O técnico zaragozano Raúl Jardiel dirixirá ao CD Arenteiro. Ilusión no Burela FSF na previa do partido polo título co Futsi.
A crónica deportiva 21-06-2024 21.06.2024 29:58
O España 1 - Italia 0 é a transmisión televisiva máis vista do ano. Supera os oito millóns e medio de espectadores Falamos conRoberto González, de Ordes, que estivo no España 1 - Italia 0. O Racing Club Ferrol está moi preto de asinar cun dianteiro centro e a un extremo. O CD Lugo ficha como coordinador da base a David Páez.
A crónica deportiva 20-06-2024 20.06.2024 29:58
A Selección española xoga contra Italia.
A crónica deportiva 19-06-2024 19.06.2024 29:58
O Uni Ferrol competirá en Europa e presenta a Blanca Millan. O ourensán Javi Rey, ex do CD Arenteiro, é o novo adestrador da SD Ponferradina. O hinmo do centenario "Oliveira dos Cen Anos", de C .Tangana, gaña tres premios no Festival Internacional de Creatividade de Cannes.
A crónica deportiva 18-06-2024 18.06.2024 29:58
O porteiro polaco Michal Kaluza renova no Burela FS.Xa hai calendario completo da 1ª División. O RC Celta comeza co Alavés e co Valencia en Balaídos. Sergio Ramos di que xa cumpríu cos seus obxetivos no Sevilla e por iso marcha. Fredy Álvarez renova dúas temporadas no Celta Fortuna. Borja Fdez segue na UD Ourense.
A crónica deportiva 17-06-2024 17.06.2024 29:58
O RC Celta valora a fichaxe de Borja Iglesias. Entraría na operación de Manu Sánchez, pretendido polo Betis. O Racing Club Ferrol traballa na fichaxe de Unai Vencedor, do Athletic, este ano cedido no Eibar. Escoitamos a Unai Simón coa selección de fútbol e a María Araújo, en Vigo, coa selección feminina de baloncesto.
A crónica deportiva 14-06-2024 14.06.2024 30:00
O RC Celta avanza nas previsibles saídas de Gonçalo Paciencia e Manu Sánchez. Presentada Vicky Vázquez como adestradora das Celtas. Iago Iglesias segue como adestrador do Pontevedra CF. O CD Lugo cesa ao director deportivo David Peláez. Estamos con Jose Antonio "Cohete" Suárez no 57 Ralli de Ourense.
A crónica deportiva 13-06-2024 13.06.2024 29:58
Destacamos con Víctor López as novidades e límites da campaña de abonados do RC Celta. Javi Rey deixa o CD Arenteiro e é candidato a adestrar á SD Ponferradina. Escoitamos na Selección Española a Dani Olmo.
A crónica deportiva 12-06-2024 12.06.2024 29:58
Analizamos a comparecencia de Máximo Benassi e Fernado Soriano no RC Deportivo. Falamos con Míchel Salgado ao remate da presentación do seu Campus MS2 CUP na sede do RC Celta . O Burela feminino xogará o primeiro partido da final polo título co Futsi este sábado en Vistalegre ás 10:00h por imperativo televisivo.
Podcasts parecidos
O Replaio não é o publicador dos podcasts; os nomes dos programas, as capas e o áudio pertencem aos seus autores e são distribuídos por feeds RSS públicos