Radio Cerna
Podcast Radio Cerna
Radio CERNA é o primeiro espazo radiofónico especializado na temática medioambiental e ecoloxista en Galiza. Está realizado pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) para difundir a través da rede e das emisoras locais galegas toda a información relativa á situación medioambiental do país. O espazo dura uns 10 minutos e actualízase todos os días de luns a venres.
Não deixe de visitar o site do podcast e apoiar quem o produz: www.ivoox.com
Onde ouvir?
Podcasts no app Replaio Radio Em breveOs podcasts estão chegando ao app. Instale agora e seja o primeiro a descobrir um jeito totalmente novo de curtir podcasts
Episódios
Hidroeléctricas e piscifactorías a xuizo. Denuncia Ríos con Vida. 20.09.2010 10:08
A sobreexplotación dos ríos e caudais galegos está a chegar aos tribunais. Ríos con Vida iniciou unha xeira de denuncias ante a fiscalía dos supostos responsábeis de manter treitos de río secos.
Boletin informativo ambiental17/09/10 17.09.2010 10:01
Resumo das novas ambientais da semana acontecidas en Galiza.
Flora (borraxa) e o espazo das mil músicas (Andrea Staier) 16.09.2010 10:07
Descubre unha especie vexetal máis da nosa flora e mergúllate na música da man de Andrea Staier.
A incineración..., en cifras. 15.09.2010 10:08
Non é novo o rexeitamento do movemento ecoloxista á incineración de residuos, mesmo tampouco é a opción máis recomendada pola UE. Coñecemos os seus efectos ambientais, pero... sabemos algo das consecuencias económicas da incineración? Greenpeace presenta nun dos seus estudos a incineración en cifras.
O despropósito das autoestradas 14.09.2010 10:07
Organizacións ecoloxistas poñen en tea de xuizo a necesidade de tal cantidade de autoestradas proxectadas e que están en execución en Galiza e no resto do Estado. Para iso baséanse nos criterio da Unión Europea e nos impactos que estas crean nos espazos protexidos.
Monte Pindo, parque natural? 13.09.2010 10:09
Uns 30 profesores de universidade, investigadores e colectivos ecoloxistas como ADEGA e a SGHN, veñen de propoñer a declaración do Monte Pindo como Parque Natural.
Boletin informativo ambiental10/09/10 10.09.2010 10:07
Todos os venres, Radio Cerna fai un repaso da actualidade da semana no eido ambiental e patrimonial. Coñece cal é o estado do noso contorno en dez minutos.
Flora (artemisa) e o Espazo das mil músicas (Pergolesi) 09.09.2010 10:00
Alén de describir unha planta autóctona máis da nosa terra, presentamos en ivoox outra sección dentro do programa Cerna, trátase do Espazo das mil músicas dirixido por Fernán Mourenza, no que se apela ao deleite dos ouvidos.
08setembro2010: Flora (xabroneira) e Patrimonio (infancia) 08.09.2010 10:07
A sección de Flora de Marga Miguens describe desta volta as cualidades da xabroneira, e na sección de Patrimonio, o noso colaborador Fernán Mourenza suxire as lembranzas da infancia como parte de nós mesmos.
07setembro2010: Quen contamina, cobra? (Política Agraria Común) 07.09.2010 10:08
Os colectivos ecoloxistas do Estado demostran que as axudas da PAC benefician aos agricultores que máis contaminan, sobre aqueles con manexos máis sustentábeis.
06setembro2010: Destrución a toda costa...En Galiza. 06.09.2010 10:01
Neste espazo, Cerna presenta os contidos do apartado do litoral galego no informe "Destrucción a toda costa" de Greenpeace.
02setembro2010: Flora (malva) e o Espazo das mil músicas (Sade) 06.09.2010 10:08
No espazo de flora atoparás unha nova sección de coñcemento sobre as plantas que habitan no país galego. No espazo das mil músicas comandado por Fernán Mourenza, descríbense pezas musicais inspiradas na natureza.
01 setembro de 2010: Fauna (reiseñor) e Flora (alfabaca). 03.09.2010 10:02
Fauna e flora son dúas das seccións que acompañan o espazo Cerna. Con eles coñecerás algo máis a biodiversidade do país galego.
Podcasts parecidos
O Replaio não é o publicador dos podcasts; os nomes dos programas, as capas e o áudio pertencem aos seus autores e são distribuídos por feeds RSS públicos