Radio Cerna

Podcast Radio Cerna

Radio CERNA é o primeiro espazo radiofónico especializado na temática medioambiental e ecoloxista en Galiza. Está realizado pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) para difundir a través da rede e das emisoras locais galegas toda a información relativa á situación medioambiental do país. O espazo dura uns 10 minutos e actualízase todos os días de luns a venres.

Não deixe de visitar o site do podcast e apoiar quem o produz: www.ivoox.com

Autor

Radio Cerna

Categoria

Science

Site do podcast

www.ivoox.com

Último episódio

9 de jul de 2026

Onde ouvir?

Podcasts no app Replaio Radio Em breve

Os podcasts estão chegando ao app. Instale agora e seja o primeiro a descobrir um jeito totalmente novo de curtir podcasts

Baixe no Google Play Instale grátis Android 5 mi+ downloads · nota 4,8 iOS em breve

Episódios

ADEGA sobre a incineradora do Irixo 19.12.2011

A Xunta xa se atreveu a desvelar publicamente o lugar escollido para albergar unha nova incineradora de residuos de Galiza, durante máis de 25 anos. Será, segundo as previsións do goberno popular, no concello de O Irixo, de Ourense. As primeiras reaccións foros mostradas por veciños e grupos ecoloxistas. Hoxe escoitamos a opinión de ADEGA. Mañá no mesmo espazo, falarán os veciños.

Boletín informativo ambiental 16/12/11 16.12.2011

Coñece o máis destacado da actualidade ambiental de Galiza neste espazo CERNA.

Ser lingüísticamente sustentables, por Carmen Junyent 15.12.2011

Participou tamén nas xornadas de Lingua e Ecoloxía organizadas pola Universidade da Coruña. Esta experta en lingüística e na diversidade de linguas no mundo explicou o que significa "ser lingüísticamente sustentables" e Radio Cerna tamén o recolleu.

Ecofeminismo no rural 14.12.2011

"Ecofeminismo: unha nova ollada á realidade rural desde o imaxinario literario galego" é como se titulou a ponencia de Isabel Vilalaba Seivane nas VIII Xornadas de Lingua e Usos organizada pola Universidade da Coruña, que este ano dedicou á lingua e á ecoloxía. Hoxe falamos con Isabel Vilalba para mirar cara ao rural a través da súa ollada ecofeminista.

Estado ecolóxico das rías da Mariña 13.12.2011

O Centro Oceanográfico da Coruña vén de facer un estudo básico sobre o estado ecolóxico das rías de Viveiro, O Barqueiro e Ortigueira a través dun método innovador. Antonio Bode, o director do estudo, falaranos dos resultados neste espazo.

Efectos do "Prestige" no ADEGA nove anos despois 12.12.2011

Un equipo de investigadoras da UDC recuperan un estudo sobre os efectos na saúde das persoas que recolleron o fuel para coñecer a evolución desta afectación no ADN, nove anos despois. A doutora Laffon danos conta dos resultados orixinais e das súas posibles evolucións.

Boletín informativo ambiental 09/12/11 12.12.2011

Repaso das novas máis actuais no eido medioambiental galego.

O negocio eólico en Galiza (1995-2010) 07.12.2011

É como se titula o libro de Rosa María Regueiro que trata da evolución do negocio eólico nos últimos 15 anos en Galiza. Neste espazo a autora analiza o crecemento do negocio eólico en terras galegas e os réditos que ao longo dos anos foi deixando en canto a emprego, impacto ambiental, beneficio para os propietarios dos terreos e riqueza en xeral.

Marisco tóxico en Rede Natura 05.12.2011

A Xunta vén de dar luz verde ao proxecto de instalación de dúas bateas depuradoras para marisco procedente de zonas C, non apto para a comercialización directa, en áreas de Rede Natura, en concreto na ría de Ferrol e na Enseada de Aldán (Cangas). ADEGA critica que a Xunta mudase a localización das bateas cara áreas protexidas, sen un estudo do impacto ambiental e debido ao rexeitamento de Pescanov...

Boletín informativo ambiental 02/12/11 02.12.2011

Escoita este espazo para enterarte do que aconteceu nesta semana no eido medioambiental do país.

Lexislación ambiental: xurisprudencia sobre transxénicos 01.12.2011

Unha sentenza do Tribunal Europeo determina que o polen derivado de cultivos transxénicos que apareza en produtos non modificados, obriga a que estes últimos deban pasar o control e a supervisión para a comercialización dun organismo modificado.

O garrano: único no mundo 30.11.2011

O zoólogo Felipe Bárcena describe as características propias do garrano como especie única no mundo e que merece de maior recoñecemento e protección do que actualmente ten. Tamén dá a súa opinión sobre a obrigatoriedade de identificar con microchip os garranos ou de reconvertilos a explotacións en extensivo.

Os cabalos salvaxes e o microchip 29.11.2011

O novo decreto sobre identificación dos cabalos salvaxes e regulación de usos dos pastos comúns entre os propietarios dos garranos e os comuneiros ou propietarios das terras crea enfrontamentos entre ambas partes. Neste espazo escoitarás ás dúas partes afectadas.

A maior central hidroeléctrica do Sil está por vir. 28.11.2011

Trátase do aproveitamento de Gas Natural-Unión Fenosa "Edrada-Santo Estevo" na bacía do río Sil. Cunha concesión de 1951 preténdese construír unha central de ciclo reversible cunha potencia de máis de 760 Mw e cuxo impacto na zona pode ser determinante para a estabilidade das especies e o desenvolvemento turístico do LIC Canón do Sil.

Boletín informativo ambiental 25/11/11 25.11.2011

Coñece as novas máis sobresaíntes dos últimos días en materia de medio ambiente e ecoloxía en Galiza.

"Consuma Naturalidade", a marca dos espazos protexidos? 24.11.2011

A Fundación Félix Rodríguez de la Fuente está en pleno lanzamento dunha campaña que pretende promocionar a marca da sostibilidade "Consuma Naturalidad" que pretende ser a marchamo dos produtos procedentes de espazos de Rede Natura.

Nace a Plataforma Anticanteiras de Cotobade 23.11.2011

Asociacións de veciños, comunidades de montes e grupos sociais e ambientalistas de Cotobade xúntanse nunha plataforma para defender os usos tradicionais do Val do Lérez e do Almofrei fronte dúas canteiras de pedra que están en trámitación para ubicarse na zona.

Os recortes da Xunta nas cláusulas de control ambiental 22.11.2011

ADEGA denuncia por segundo ano consecutivo os recortes que fai a Xunta na lexislación ambiental a través da Lei de Acompañamento dos Orzamentos. Desta volta, a Xunta elimina a Avaliación ambiental estratéxica para os proxectos sectoriais (piscifactorías, parques eólicos, etc.), a avaliación de efectos ambientais e toda a lexislación galega contra o ruído.

Ti que farías para reducir residuos? 21.11.2011

É o título dun concurso de ideas que promove ADEGA dentro da Semana Europea da Prevención de Residuos que se celebra estes días. A idea gañadora será premiada cun kit de compostaxe.

Boletín informativo ambiental 18/11/11 18.11.2011

CERNA aborda neste espazo de medio ambiente e ecoloxía as novas da semana que sobresaíron no panorama galego ambiental.

Proxectos galegos de custodia do territorio (2ª parte) 17.11.2011

Nesta segunda parte do programa dedicada a dar a coñecer os proxectos de custodia do territorio que se están a desenvolver en Galiza e que participaron no I Encontro Galego de Custodia Territorial, abordaremos as experiencias da Asociación Galega de Custodia, Numenius, Drosera e ANABAM.

Proxectos galegos de custodia do territorio (1ª parte) 16.11.2011

Neste espazo tratamos algúns dos proxectos de custodia do territorio que se están a desenvolver en Galiza por entidades de custodia entre as que están ADEGA, Fundación Comarcal Ulla-Deza, Monte Cabalar e Asociación Fontaíña. Todas elas participaron no I Econtro Galego de Custodia organizado por ADEGA, coa colaboración da Asociación Galega de Custodia.

Custodia agraria en Menorca. Ecoloxistas e palleses da man. 15.11.2011

Neste espazo coñeceremos unha das experiencias máis interesantes que se están a desenvolver no Estado de custodia agraria. O proxecto "Cultivando sinerxias" intenta recuperar un espazo urbano para o desenvolvemento agrario da illa e da biodiversidade.

Custodia do territorio. Plataforma estatal e información básica. 14.11.2011

O I Encontro galego de custodia do territorio contou coa presenza da voceira da Plataforma estatal de custodia, Amaya Sánchez. Ela explica os conceptos básicos da custodia e a situación desta figura social de conservación natural no Estado español.

Boletín informativo ambiental 11/11/11 11.11.2011

Entérate das novas máis actuais sobre o medio natural que che rodea. En CERNA repasamos a actualidade informativa da semana.

Ouça o podcast Podcast Radio Cerna no Replaio

Rádio e podcasts em um só app - grátis e sem cadastro. Instale hoje e não perca o lançamento

Baixe no Google Play

O Replaio não é o publicador dos podcasts; os nomes dos programas, as capas e o áudio pertencem aos seus autores e são distribuídos por feeds RSS públicos