Radio Cerna

Podcast Radio Cerna

Radio CERNA é o primeiro espazo radiofónico especializado na temática medioambiental e ecoloxista en Galiza. Está realizado pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) para difundir a través da rede e das emisoras locais galegas toda a información relativa á situación medioambiental do país. O espazo dura uns 10 minutos e actualízase todos os días de luns a venres.

Não deixe de visitar o site do podcast e apoiar quem o produz: www.ivoox.com

Autor

Radio Cerna

Categoria

Science

Site do podcast

www.ivoox.com

Último episódio

9 de jul de 2026

Onde ouvir?

Podcasts no app Replaio Radio Em breve

Os podcasts estão chegando ao app. Instale agora e seja o primeiro a descobrir um jeito totalmente novo de curtir podcasts

Baixe no Google Play Instale grátis Android 5 mi+ downloads · nota 4,8 iOS em breve

Episódios

Porriño e Mos, sen plan para descontaminar os seus solos de lindan 22.01.2018

O lindano é un pesticida contaminante e canceríxeno. Tras 40 anos desde que esta substancia fose prohibida para uso agrícola, permanece acumulado nunha importante superficie dos concellos de Mos e Porriño, nalgunhas zonas debaixo de vivendas, parques infantís ou residencias de maiores. Malia que a finais dos anos 90 houbo un intento de descontaminación nunha área concreta do Porriño, o problema no...

Boletín informativo ambiental 19/01/18 19.01.2018

Escoita e coñece a actualidade galega no eido ambiental e ecoloxista!

ADEGA recibe a insignia de ouro de Ferrol 17.01.2018

A cidade de Ferrol vén de outorgar a súa insignia de ouro a ADEGA pola súa traxectoria na defensa ecolóxica de Galiza durante máis de 40 anos. Achegámonos neste espazo ao traballo que desenvolveu e que aínda está a desenvolver o colectivo ecoloxista ADEGA na comarca de Ferrolterra-Trasancos.

O whisky irlandés ten sabor a carballo galego 15.01.2018

O carballo galego é o máis cobizado polas destilarías irlandesas para almacenar o seu whisky. Proba disto é o convenio que nos últimos anos manteñen Irish Destillers co grupo de investigación Biomodem, do Campus Terra de Lugo, para procurar carballeiras galegas con certificación forestal e aptas para o uso toneleiro. Radio Cerna dá conta desta experiencia, que está a desmontar varios mitos sobre o...

Boletín informativo ambiental 12/01/18 12.01.2018

Neste espazo recollemos as novas ambientais máis sobresaíntes da última semana en Galiza. Escoita o resumo informativo ambiental de Radio Cerna!

Stop Velutina: A loita non é pola convivencia, é pola supervivencia 10.01.2018

A plataforma Stop Velutina, a través de todos os grupos parlamentarios da oposición, presentou unha proposición non de lei para instar a Xunta a tomar medidas máis efectivas contra a avespa velutina. Porén, a proposta non saiu adiante polos votos en contra do PP, partido maioritario na Cámara. Stop Velutina advirte que da eficacia das medidas a tomar depende a supervivencia do sector apícola en Ga...

Pladever: O transvase do río Verdugo incumpriría o caudal ecolóxico 08.01.2018

Pladever, a plataforma na defensa do Río Verdugo, rexorde para reivindicar un cambio de modelo de xestión de auga e unha planficación de cara á eficiencia e ao aforro de auga na comarca de Vigo. Nunha recente mobilización que acabou no encoro de Eiras, centos de persoas reclamaron de novo a retirada do proxecto de transvasamento do río Verdugo ao encoro que abastece de auga á poboación da comarca...

Boletín informativo ambiental 05/01/2018 05.01.2018

Coñece con Radio Cerna as novas máis destacadas desta semana na actualidade sobre o medio ambiente e a ecoloxía galega.

O medio ambiente en Galiza durante 2017 03.01.2018

Neste espazo resaltamos os temas ambientais e do eido ecoloxista que máis resalte tiveron durante todo o ano pasado 2017 e que ademais foron tratados por Radio Cerna. Non o perdas!

Boletín informativo ambiental 29/12/17 29.12.2017

Compartimos contigo o derradeiro boletín informativo ambiental do ano 2017, convidándote a continuar escoitándonos durante 2018. Feliz Aninovo!

ADEGA: Improsivar ante a seca non é a solución 27.12.2017

Enxería sen Fronteiras organizou a pasada semana unhas xornadas sobre a seca para avaliar a problemática desde o punto de vista técnico e definir as mellores solucións. No Econtro, ADEGA deu conta da improvisación coa que están a actuar as distintas administracións e a falta dunha previa dunha planificación que axudase a aforrar auga ou a consumila con maior eficiencia, tanto polos concellos, como...

Boletín informativo ambiental 22/12/17 22.12.2017

Repasa con nós a actualidade ambiental de Galiza. Preme e escoita!

Eucaliptización e lumes en Portugal 20.12.2017

No I Encontro galego-portugués fronte eucaliptización e lumes forestais participaron Miguel Reis, representante da asociación ecoloxista Quercus, e Aníbal Quinta, presidente da Associação de moradores de Casal de São Simão (Figueiró dos Vinhos). Ambos os dous explicaron en que estado está a floresta de Portugal, especialmente, do Norte e cal debería ser a estratexia para enfrontarse dunha vez por...

Por que o NON á expansión do eucalipto? 18.12.2017

A comezos de mes tiveron lugar en Salceda de Caselas as I Xornadas galego-portuguesas fronte a eucaliptización e os lumes forestais, organizadas polos colectivos Treze-Catorze, ADEGA e a rede Cousa de Raíces. No encontro, o biólogo Cosme Damián Romay Cousido deu conta da capacidade de expansión do xénero Eucalyptus en Galiza e norte de Portugal, pero tamén nos puntos quentes de biodiversidade do P...

Boletín informativo ambiental 15/12/17 15.12.2017

Neste espazo de Radio Cerna informámosche da actualidade ambiental de Galiza. Quérela coñecer?

X. Ramón Vidal-Romaní: "O pai dos nosos ríos é o Sil, non o Miño" 13.12.2017

A Univerdidade da Coruña nomeou recentemente como profesor emérito ao xeólogo Xoán Ramón Vidal-Romaní, tamén director do Instituto Universitario de Xeoloxía "Isidro Parga Pondal". Na súa lección derradeira, Vidal-Romaní fixo un repaso a máis de 1.000 millóns de anos da historia de Galiza. A súa traxectoria académica achegou, sobre todo, un maior coñecemento sobre o noso territorio na Era Cuaternar...

O campo de golf de Baiona: do proxecto á realidade? 13.12.2017

O concello de Baiona impulsa o complexo turístico e deportivo "As Costeiras" co gallo de reclamar turismo fóra da época estival. Entre as actuacións, prevese a creación dun campo de golf de 18 buratos en 70 ha da Serra da Groba. Desde o verán, o proxecto colleitou unha grande oposición social e veciñal pola potencial afectación do complexo aos recursos hídricos da zona, ao monte comunal e ao patri...

Miguel de MEL sae do cárcere e conta a súa experiencia en primeira persoa 13.12.2017

O pasado mércores, Miguel Martínez, o primeiro detido e encarcerado pola vaga de incendios de outubro e membro fundador do Movemento Ecoloxista da Limia, saíu da cárcere de Pereiro de Aguiar. Durante as 5 semanas que estivo en prisión incondicional, a súa familia, amizades e máis de 20 colectivos ecoloxistas denunciaron publicamente o trato desproporcionado que estaba a recibir Miguel , tratado co...

Boletín informativo ambiental 01/12/17 13.12.2017

Se queres coñecer a actualidade ambiental de Galiza, escoita este espazo. Só tardarás en coñecela 10 minutos!

Viaxe a Bruxelas para denunciar a destrución do patrimonio pola industria do eucalipto 29.11.2017

Uns 18 colectivos galegos viaxarán a vindeira semana a Bruxelas para denunciar ante o Parlamento europeo a destrución do patrimonio arqueolóxico por mor da industria do eucalipto. A delegación galega está convidada pola europarlamentaria Lidia Senra aproveitando que o vindeiro ano 2018 se pretende declarar pola UE como Ano do Patrimonio Cultural. Un dos colectivos convidados é Mariña Patrimonio, q...

A "Grande Aceleración", segundo Jorge Riechmann 27.11.2017

"O Antropoceno e a Grande Aceleración" titulouse unha xornada de reflexión convocada polo Consello da Cultura Galega o pasado xoves para debater sobre o momento no que nos atopamos a nivel ecolóxico e sobre os retos de futuro aos que nos enfrontamos. Un dos convidados a esta xornada foi o filósofo e sociólogo Jorge Riechmann, autor de varios libros dedicados á limitación dos recursos naturais, os...

Boletín informativo ambiental 24/11/17 24.11.2017

No espazo de hoxe repasamos a actualidade ambiental da última semana en Galiza. Anímate a coñecela.

A reapertura da mina de San Fins baixo lupa nos xulgados 22.11.2017

Unha das antigas minas que se pretenden reabrir en Galiza é a de San Finx en Lousame. Para poder explotar de novo, Sacyr debe conquerir o permiso de Augas de Galicia para poder verter ao rego San Fins preto de 1 millón de m3 de augas mineiras que se concentran nas vellas balsas. Pero agora a Fiscalía de Medio Ambiente traslada dilixencias ao xulgado para que este investigue se houbo un posible del...

A mina de Touro-O Pino atópase de fronte co rexeitamento veciñal 20.11.2017

Veciños e veciñas de Touro e O Pino mobilízanse en contra do proxecto de reapertura e ampliación da mina de cobre de San Rafael S.L., que ocuparía preto de 700 Ha entre estes dous concellos. O anuncio do proxecto caeu como unha xarra de auga fría entre a vecindade que xa está a recabar numerosos apoios sociais en contra da explotación mineira. Consideran que o impacto é totalmente inasumible a niv...

Boletín informativo ambiental 17/11/17 17.11.2017

Coñece con nós a actualidade ambiental galega da última semana, marcada polo XV aniversario da catástrofe do Prestige, os incendios ou a seca.

Ouça o podcast Podcast Radio Cerna no Replaio

Rádio e podcasts em um só app - grátis e sem cadastro. Instale hoje e não perca o lançamento

Baixe no Google Play

O Replaio não é o publicador dos podcasts; os nomes dos programas, as capas e o áudio pertencem aos seus autores e são distribuídos por feeds RSS públicos