Radio Municipal de Tui

Informativos

News GL ↓ 3668 episódios

Os informativos da Radio Municipal de Tui recollen a actualidade máis cercana no ámbito local e comarcal. A información política, social, cultural, deportiva de Tui e da comarca do Baixo Miño está presente en Noticias 13.30 h cada día de luns a venres de 13.30 a 14.00 h.

Não deixe de visitar o site do podcast e apoiar quem o produz: www.ivoox.com

Autor

Radio Municipal de Tui

Categoria

News

Site do podcast

www.ivoox.com

Último episódio

3 de nov de 2026

Onde ouvir?

Podcasts no app Replaio Radio Em breve

Os podcasts estão chegando ao app. Instale agora e seja o primeiro a descobrir um jeito totalmente novo de curtir podcasts

Baixe no Google Play Instale grátis Android 5 mi+ downloads · nota 4,8 iOS em breve

Episódios

Noticias 13.30 h | Venres, 22 de agosto de 2025 22.08.2025

Estas son as principais novas que hoxe recollemos en Noticias 13.30 h: - A alcaldesa de Oia, Cristina Correa deu conta da situación no municipio tralo incendio forestal que se produciu onte - A Gardia Civil de Pontevedra interpuso varias denuncias tralo control medioambiental realizado na autovía A55 - Este domingo remata o prazo de inscrición para o Mercado Creativo do Festival Boas Vibes - A Uni...

Ent. Cristina Correa, alcaldesa de Oia - Situación incendio forestal en Mougás 22.08.2025

Ás 5.40 h quedou estabilizado o incendio forestal que comezou onte á tarde en Oia, e ás 7 h reestableceuse a circulación na estrada que une A Guarda e Baiona, tal e coma explicaba a alcaldesa Cristina Correa. Onte pola proximidade ás casas declarouse o Nivel 2, e tivo que ser desaloxado o camping situado nesta parroquia. As persoas que estaban alí aloxadas puideron volver de madrugada. Cristina Co...

Noticias 13.30 h | Xoves, 21 de agosto de 2025 21.08.2025

Estas son as principais novas que hoxe recollemos en Noticias 13.30 h: - Catro incendios forestais producíronse nas últimas horas na comarca do Baixo Miño - O director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez, visitou este mediodía as obras do novo treito da vía de altas prestacións Tui-A Guarda entre o enlace de Areas e a PO-350 - Até o sábado está en Tui a Unidade Móbil de Doazón...

Noticias 13.30 h | Mércores, 20 de agosto de 2025 20.08.2025

Estas son as principais novas que hoxe recollemos en Noticias 13.30 h: - Continúa cortado o tramo do Paseo da Corredoira dende o Cantón de Diomedes até a rúa Augusto González Besada, debido á continuación das obras na praza da Inmaculada - A Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Tui trasladará mañá ás zonas afectadas o material de autoprotección recollido esta semana - Esta mañá a famil...

Noticias 13.30 h | Martes, 19 de agosto de 2025 19.08.2025

Estas son as principais novas que hoxe recollemos en Noticias 13.30 h: - A Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Tui recolle material de autoprotección para enviar as zonas afectadas polo lumes en Ourense - O historiador da arte José Ramón Fernández guiará esta tarde a visita guiada á Igrexa de San Telmo - Este noite na ribeira de Caldelas actúa o grupo infantil XeraciónM dentro da Sema...

Ent. Juan González, presidente de Protección Civil de Tui |Recollida de material de autoprotección 19.08.2025

A Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Tui está recollendo material de autoprotección para enviar as zonas afectadas polo lumes en Ourense. Recollen batelumes, gafas, mascarillas FFP2 e luvas. As persoas que desexen colaborar con material poden contactar con Protección Civil de Tui no 619 45 59 36. Así nolo contou hoxe Juan González, presidente de Protección Civil de Tui.

Noticias 13.30 h | Luns, 18 de agosto de 2025 18.08.2025

Estas son as principais novas que hoxe recollemos en Noticias 13.30 h: - O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, repasa as obras que se están a acometer nas rúas tudenses - O Seprona da Gardia Civil de Tui detivo o pasado venres a un varón de 46 años, veciño de Goián, como presunto autor de un incendio forestal - Este xoves, venres e sábado estará en Tui a Unidade Móbil de Doazón de Sangue - O histor...

Noticias 13.30 h | Xoves, 14 de agosto de 2025 14.08.2025

Estas son as principais novas que hoxe recollemos en Noticias 13.30 h: - Tui acolle este sábado o XIV Descenso Popular e LIV Descenso Internacional do Miño e a XIII Festa Gastronómica do Miño - A AECT Río Minho inicia o proceso de creación do Pacto do Río Miño - Varios tramos da N-5551 no entorno de Tui, e da Autovía A-55 entre Vigo e a fronteira portuguesa someteranse a labores de mantemento e co...

Noticias 13.30 h | Mércores, 13 de agosto de 2025 13.08.2025

Estas son as principais novas que hoxe recollemos en Noticias 13.30 h: - Debido ao avance das obras da rúa Ourense hai restriccións no tramo da avenida da Concordia dende o cruzamento coa rúa Maristas até o cruzamento coa rúa Mártires de Sobredo - Preto de mil piragüistas encherán o Miño este sábado 16 no XIV Descenso Popular e LIV Descenso Internacional do Miño - O sábado celébrase na rúa Compost...

Noticias 13.30 h | Martes, 12 de agosto de 2025 12.08.2025

Estas son as principais novas que hoxe recollemos en Noticias 13.30 h: - Completamos a rolda de entrevistas tras o pleno ordinario de xullo co alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro - Mil persoas participan este sábado no Descenso Popular e no Descenso Internacional do Miño - Onte entregáronse en Tui os premios da Campaña Merca no Teu Comercio - Marta Cendón guia esta tarde a visita pola escultura romá...

Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui e voceiro do PSOE | Rolda pleno xullo 12.08.2025

Con Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui e voceiro do PSOE, pechamos hoxe a rolda de conversas cos representantes da corporación municipal de Tui tras o pleno celebrado a pasada semana.

Noticias 13.30 h | Luns, 11 de agosto de 2025 11.08.2025

Estas son as principais novas que hoxe recollemos en Noticias 13.30 h: - O Concello de Tui inicou os traballos para a recuperación e posta en valor do “Ángulo dos Demos” - Hoxe se entregaron no Paseo da Corredoira os premios da campaña Merca no Teu Comercio - O PP de Tui reclama que se realice un plan municipal de dinamización e revitalización do comercio local - Tui celebrará o festival Boas Vibe...

Noticias 13.30 h | Venres, 8 de agosto de 2025 08.08.2025

Estas son as principais novas que hoxe venres, 8 de agosto, recollemos en Noticias 13.30 h: O Concello de Tui inicou os traballos para a recuperación e posta en valor do “Ángulo dos Demos” Nico Montes, voceiro do PP, valora o pleno ordinario da semana pasada en Tui Aplausos para 7 días de concertos en Música no Claustro Cinema hoxe ás 22.15 h na praza do Pracer en Tui As parroquias tudenses de Par...

Ent. Nico Montes, voceiro do PP | Rolda pleno xullo 08.08.2025

Hoxe continuamos a rolda de conversas cos representantes dos grupos políticos da corporación municipal tras o pleno ordinario de xullo co voceiro do Partido Popular, Nico Montes.

Noticias 13.30 h | Xoves, 7 de agosto de 2025 07.08.2025

Hoxe en Noticias 13.30 h recollemos as seguintes novas: - Última hora do incendio na Picoña, en Concello de Salceda de Caselas, coa súa alcaldesa, Loli Casteiñeira - Carmen Núñez, voceira do BNG, valora o pleno ordinario da semana pasada en Tui - O Concello de Tui pon en marcha unha nova edición do programa Feminino Plural - Mon Puo pecha hoxe cun concerto de violonchello o festival Música no Clau...

Ent. Roberto Carrero, alcalde da Guarda | Festas do Monte 07.08.2025

A Guarda vive esta semana as Festas do Monte, intensas xornadas que contan coa participación de 20.000 persoas da comarca e doutros puntos de Galicia, Portugal e España. O alcalde guardés, Roberto Carrero, convidou hoxe no programa Día a Día a desfrutar das festas e do Monte Santa Trega.

Ent. Carmen Núñez, voceira do BNG | Rolda pleno xullo 07.08.2025

Abrimos hoxe con Carmen Núñez, voceira do BNG, a rolda de conversas posterior ao pleno ordinario celebrado o pasado xoves pola corporación municipal de Tui.

Noticias 13.30 h | Mércores, 6 de agosto de 2025 06.08.2025

Estas son as principais novas que hoxe mércores, 6 de agosto, recollemos en #Noticias1330h: - O Campamento de Verán Igual É + celebra a súa terceira quenda - O V Foro Resonancias e o concerto de Clara Peya protagonistas hoxe en Música no Claustro - Valença celebra festas na honra a Nossa Senhora do Faro - O piloto tudense Saúl Vaz participou no Campionato de España X-30 Sénior ...

Noticias 13.30 h | Martes, 5 de agosto de 2025 05.08.2025

Estas son as prinicipais novas deste martes, 5 de agosto, que recollemos en Noticias 13.30 h: - O paro subiu no Baixo Miño en 38 persoas en xullo até os 2.362 desempregados - Con José Palacín, concelleiro non adscrito abrimos hoxe a rolda de conversas tras o pleno ordinario do pasado xoves - O próximo luns entregaranse en Tui os premios da campaña Merca no teu comercio - A violinista tudense Raque...

Ent. José Palacín, concelleiro non adscrito | Rolda pleno xullo 05.08.2025

Abrimos hoxe con José Palacín, concelleiro non adscrito, a rolda de conversas posterior ao pleno ordinario celebrado o pasado xoves pola corporación municipal de Tui.

Noticias 13.30 h | Luns, 4 de agosto de 2025 04.08.2025

Neste luns, 4 de agosto, estas son parte das novas que recollemos en Noticias 13.30 h: - Alerta por altas temperaturas no sur da provincia de Pontevedra - Unhas 50 comunidades de montes do Baixo Mñ¡iño, Val Miños e Vigo e máis de 300 veciños/as do Distrito Forestal XVIII coordínanse en labores de vixilancia ante o alto risco de incendios - Tui será un dos municipios beneficiarios do programa Conce...

Noticias 13.30 h | Venres, 1 de agosto de 2025 01.08.2025

Estas son as novas que hoxe recollemos en Noticias 13.30 h: - Onte a corporación municipal celebrou pleno ordinario - Última hora con respecto aos incendios forestais - Ás 21 h Mário Lúcio actúa no festival Música no Claustro. A entrada é libre - Mañá sábado a Eurocidade Tui-Valença acolle IV Encontro Ibérico AUDI 2025 - Esta fin de semana celébrase a Romaría de San Fins en Rebordáns e a festa de...

Noticias 13.30 h | Xoves, 31 de xullo de 2025 31.07.2025

Estas son as novas que hoxe recollemos en Noticias 13.30 h - Última hora con respecto aos incendios forestais - Ás 20 h comeza o pleno ordinario no Concello de Tui con 13 puntos na orde do día - Cristina Bordas, catedrática de Musicoloxía da Complutense de Madrid, abrirá o Foro Resonancias no marco de Música no Claustro - Ás 22 h o CineClub Tui proxecta “La prima cosa bella” - Esta fin de semana c...

Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui | Incendio forestal en Rebordáns 30.07.2025

Este mediodía orixinouse un incendio na parroquia tudense de Rebordáns, En Noticias 13.30 h o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, explicaba que o foco afecta a unha zona moi sensible pola proximidade a unha urbanización, á A55 e ao Parque Natural Monte Aloia. Cos medios aéreos e terrestres que estaban nese momento a traballar na zona afectada a situación estaba controlada. O rexedor tudense facía u...

Noticias 13.30 h |Mércores, 30 de xullo de 2025 30.07.2025

Estas son as principais novas que hoxe recollemos en noticias 13.30 h - Rexistrado un incendio forestal na parroquia de Rebordáns. - Enrique Cabaleiro, Alcalde de Tui, da conta da situación no incendio forestal rexistrado este mediodía - Este mediodía gardouse un minuto de silencio na praza do concello en sinal de do pola traballadora do SAF do Porriño asasinada onte no Concello do Porriño - A cor...

Ouça o podcast Informativos no Replaio

Rádio e podcasts em um só app - grátis e sem cadastro. Instale hoje e não perca o lançamento

Baixe no Google Play

O Replaio não é o publicador dos podcasts; os nomes dos programas, as capas e o áudio pertencem aos seus autores e são distribuídos por feeds RSS públicos