Radio Municipal de Tui

Informativos

News GL ↓ 3667 episódios

Os informativos da Radio Municipal de Tui recollen a actualidade máis cercana no ámbito local e comarcal. A información política, social, cultural, deportiva de Tui e da comarca do Baixo Miño está presente en Noticias 13.30 h cada día de luns a venres de 13.30 a 14.00 h.

Não deixe de visitar o site do podcast e apoiar quem o produz: www.ivoox.com

Autor

Radio Municipal de Tui

Categoria

News

Site do podcast

www.ivoox.com

Último episódio

30 de out de 2026

Onde ouvir?

Podcasts no app Replaio Radio Em breve

Os podcasts estão chegando ao app. Instale agora e seja o primeiro a descobrir um jeito totalmente novo de curtir podcasts

Baixe no Google Play Instale grátis Android 5 mi+ downloads · nota 4,8 iOS em breve

Episódios

Ent. Ana Núñez, concelleira de Turismo e Patrimonio - Datos Camiño Portugués 2025 09.01.2026

Máis de 100 mil peregrinos e peregrinas realizaron en 2025 o Camiño Portugués a Santiago, e deste total 41 mil saíron dende Tui, segundo os datos da Oficina de Atención ao Peregrino da Catedral de Santiago. A concelleira de Turismo e Patrimonio de Tui, Ana Núñez, valorou estes datos, e se referiu aos obxectivos para 2026, tanto no que respecta ao Camiño Portugués coma ao turismo.

Noticias 13.30 h |Venres, 9 de xaneiro de 2026 09.01.2026

Estas son as principais novas que recollemos hoxe en Noticias 13.30 h - O Camiño Portugués superou os 100 mil peregrinos en 2025. Máis de 41 mil saíron dende Tui - A concelleira de Turismo, Ana Núñez, valora os datos do Camiño Portugés e avanza as liñas a seguir en 2026 - A Biblioteca Municipal entrega mañá os diplomas aos seus lectores e lectoras de honra - A Rondalla O Mosteiro de Pexegueiro ser...

Noticias 13.30 h | Xoves, 8 de xaneiro de 2026 08.01.2026

Estas son as principais novas deste xoves, 8 de xaneiro de 2026 que recollemos en Noticias 13.30 h: - Tui avanza no traballo para ser recoñecida por UNICEF coma Cidade Amiga da Infancia - Máis de 200 libros en préstamo levou o lector infantil máis asiduo á Biblioteca Municipal de Tui en 2025, e máis de 100 a persoa adulta que máis libros retirou. Este sábado recibirán os seus diplomas - A XI Mostr...

Noticias 13.30 h | Mércores, 7 de xaneiro de 2026 07.01.2026

Estas son as prinicipais novas deste mércores, 7 de xaneiro de 2026, que recollemos en Noticias 13.30 h: - Tui é candidata a Cidade Amiga da Infancia de UNICEF - A Biblioteca Municipal tudense entrega este sábado os diplomas aos lectores de honra de 2025 - Miles de persoas recibiron aos Reis Magos na Eurocidade Tui-Valença - A próxima semana comezan novos cursos na Aula da UNED de Tui - Repasamos...

Noticias 13.30 h | Luns, 5 de xaneiro de 2026 05.01.2026

Estas son as prinicipais novas que hoxe recollemos en Noticias 13.30 h: - O Baixo Miño pechou 2025 con 2.675 desempregados, 63 máis que en novembro - 41.646 peregrinos e peregrinas saíron de Tui percorrendo o Camiño Portugués a Santiago - Os Reis Magos reciben xa pola mañá aos nenos e nenas no Teatro Municipal de Tui - Ás 17 h ES Sairá de Valença a Cabalgata Internacional de Reis da Eurocidade Tui...

Noticias 13.30 h | Venres, 2 de xaneiro de 2026 02.01.2026

Estas son as principais novas da actualidade deste venres, 2 de xaneiro, de 2026: - A Policía Local de Tui incrementou a súa actividade policial para garantir a seguridade vial e a convivencia veciñal durante as festas - 100.835 peregrinos e peregrinas realizaron o Camiño Portugués en 2025. 41.646 saíron dende de Tui - Todo preparado na Eurocidade Tui-Valença para a Cabalgata Internacional de Reis...

Noticias 13.30 h |Martes, 30 de decembro de 2025 30.12.2025

Estas son as principais novas que recollemos en Noticias 13.30 h -

Noticias 13.30 h | Luns, 29 de decembro de 2025 29.12.2025

Estas son as novas que recollemos en Noticias 13.30 h - A A55 entre Vigo e Tui até a fronteirza portuguesa e a N-551 na contorna de Tui son dúas das vías nas que o Ministerio de Transportes e Mobilidade Sustentable vai executar obras de conservación e mellora - Marta Cendón abordará mañá nunha conferencia como era a Catedral en 1225 - A Árbore dos Desexos fixo realidade os soños de 82 nenos e nena...

Noticias 13.30 h | Venres, 26 de decembro de 2025 26.12.2025

Estas son as principais novas que recollemos en Noticias 13.30 h - A música gran protagonista de programación de Nadal en Tui - A Banda de Música Popular de Tui e o grupo Píscore ofrecen hoxe ás 20.30 h no Teatro Municipal de Tui o Concerto de Fin de Ano - O Concerto de Nadal da orquestra Claxxon chega mañá sábado ao Espazo Sociocultural - Inscricións para a IV San Silvestre Solidaria de Tui, pech...

Noticias 13.30 h | Martes, 23 de decembro de 2025 23.12.2025

Estas son as principais novas que recollemos en Noticias 13.30 h - A música gran protagonista de programación de Nadal en Tui - Papa Noel visita hoxe e mañá o Mercado de San Antonio - As pandereteiras do Centro Sociocomunitario actúan ás 19 h na Corredoira - A Banda de Música Popular de Tui e o grupo Píscore ofrecen o venres ás 20.30 h no Teatro Municipal de Tui o Concerto de Fin de Ano - O Concer...

Noticias 13.30 h | Luns, 22 de decembro de 2025 22.12.2025

Estas son as principais novas deste luns, 22 de decembro: - Repasamos o números premiados no sorteo Extraordinario de Nadal - O SEPRONA da Garda Civil de Tui e a GNR Portuguesa interviñeron 1.400 kgs de bivalvos na A3 en Valença - A instalación dun novo sistema de flotación no pantalán da rúa Olímpicos Tudenses entre as melloras de instalacións que o Concello de Tui realiza con fondos propios - A...

Noticias 13.30 h | Venres, 19 de decembro de 2025 19.12.2025

Estas son as principais novas deste venres, 19 de decembro de 2025: - O Concello de Tui destina 82 mil euros de fondos propios á mellora das instalacións deportivas municipais - Nove deportistas tudenses reciben a beca municipal pola súa participación en competicións internacionais neste 2025 - Prosegue o Camiño do Nadal en Tui co Mercado de Nadal, Carrusel Infantil, A Fada do Aloia e Papa Noel no...

Noticias 13.30 h | Xoves, 18 de decembro de 2025 18.12.2025

Estas son as prinicipais novas deste xoves, 18 de decembro 2025 - O proxecto de restauración do baluarte “Ángulo dos Demos” e o programa Unicidade 2023 son dous proxectos tudenses que onte coñeceu en Tui Comité de Seguimento Interreg España-Portugal POCTEP 2021-2027 - O Conservatorio e a Escola de Música de Tui ofrecen mañá ás 20 h no Teatro a Sinfonía de Nadal - O luns inaugúrase a exposición de...

Noticias 13.30 h | Mércores, 17 de decembro de 2025 17.12.2025

Estas son as principais novas que hoxe recollemos en Noticias 13.30 h - A policía local investiga unha pelexa rexistrada na madrugada do sábado ao domingo na Porta da Pía na que un mozo perdeu unha parte da orella e tivo que ser trasladado a un centro hospitalario - Tui acolle a reunión anual de seguemento dos programas POCTEP - Case o 42% dos 100 mil peregrinos que realizaron este ano o Camiño Po...

Ent. Ana Núñez, concelleira de Turismo - O Camiño Portugués supera os 100 mil peregrinos 16.12.2025

O Camiño Portugués, do que Tui é a porta de entrada a Galicia, vén de superar os 100 mil peregrinos e peregrinas no que levamos deste ano 2025, segundo as estatísticas da Oficina do Peregrinos da Catedral de Santiago. A concelleira de Turismo, Ana Núnez, destaca que esta é unha extraordinaria noticia, destaca o papel estratéxico de Tui nesta vía xacobea, sendo o primeiro punto de partida deste Cam...

Noticias 13.30 h | Martes, 16 de decembro de 2025 16.12.2025

Estas son as prinicipais novas que hoxe recollemos en Noticias 13.30 h: - Unha escopeta do calibre 12, dous rifles, compoñentes de armas e cartuchería foron localizados pola Garda Civil no domicilio do detido tras o tento de atraco na gasolineira de Tui - Rematada a senda do Caselas cun percorrido de 1,3 kms e a restauración dos muíños do Medio e da Seña. - Tui acolle hoxe mañá a reunión do 5º Com...

Noticias 13.30 h | Luns, 15 de decembro de 2025 15.12.2025

Estas son as principais novas que recollemos hoxe luns en Noticias 13.30 h: - Reanudouse esta mañá a operación de busca dos tres tripulantes desaparecidos onte na zona da Insúa, na desembocadura do Miño, ao envorcar o pesqueiro portugués no que ían - Completamos con Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui, a rolda de conversas tras o pleno de novembro - O alcalde e o presidente da CHMS visitaron este me...

Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui | Rolda pleno ordinario novembro 15.12.2025

Co alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, pechamos hoxe a rolda de conversas cos grupos políticos da corporación municipal tras o pleno ordinario de novembro.

Noticias 13.30 h | Venres, 12 de novembro de 2025 12.12.2025

Estas son parte das novas que hoxe recollemos en Noticias 13.30 h: - A xuíza ordenou o ingreso en prisión do presunto autor da tentativa de atraco á estación de servizo en Guillarei - AECT do Río Minho aproba os orzamentos de 2026 por importe de 713 mil euros - Voluntarios de Protección Civil de Tui recibirán mañá unha placa pola súa participación no dispositivo galego tras a DINA en Valencia - Pa...

Ent. Javi Niño, coordinador do CB Tui - Partido contra Porriño 12.12.2025

O equipo senior do CB Tui enfróntase mañá sábado ás 20 h ao Porriño no último encontro do ano na casa. Haberá sorteos e máis sorpresas nun día cheo de baloncesto con cinco partidos no pavillón municipal. Coñecemos os detalles con Javi Niño, coordinador deportivo do CB Tui.

Ent. José Manuel Carpinteira, director AECT Río Miño e presidente Cámara de Valença - Orzamentos 2026 e Nadal 12.12.2025

A AECT do Río Minho vén de aprobar o Plano de Actividades e o Orzamento para 2026. O orzamento ascende a 713.500€, e no plano de actividades figuran distintos proxectos como a conclusión das Axendas Urbanas Transfronteirizas, o reforzo do Observatorio do Territorio e a necesidade de colocar temas como o 112 Transfronteirizo e a gobernación conxunta do río Miño na axenda dos dous Estados. Ao nivel...

Roberto Carrero, alcalde da Guarda - Peonalización rúa Rosalía de Castro e Nadal 12.12.2025

O Concello da Guarda vai acometer a peonalización da rúa Rosalía de Castro, na contorna da Alameda en 2026. Suporá un investimento de 375 mil euros. O alcalde da Guarda, Roberto Carrero, explicaba as características desta obra e tamén daba conta de como está A Guarda este Nadal.

Noticias 13.30 h | Xoves, 11 de decembro de 2025 11.12.2025

Estas son parte das novas que hoxe recollemos en Noticias 13.30 h - Esta mañá pasou a disposición xudicial o veciño de Tui detido tras tentar presuntamente atracar unha estación de servizo en Guillarei o pasado martes - A AECT do Río Minho aproba os orzamentos de 2026 por importe de 713 mil euros - Recollemos a valoración do pleno ordinario de novembro con Nico Montes, voceiro do grupo municpal do...

Ent. Nico Montes, voceiro do Partido Popular | Rolda pleno novembro 11.12.2025

Hoxe continuamos a rolda de entrevistas tras o pleno ordinario celebrado pola corporación municipal de Tui no mes de novembro con Nico Montes o voceiro do Partido Popular.

Ent. Diana Gonçalves - Presentación de "Resonancias" en SGAE en Corto en Madrid 10.12.2025

A curta documental “Resonancias” da tudense Diana Gonçalves está a participar en SGAE en Corto na Sala Berlanga en Madrid. Forma parte da coidada selección de 20 curtas que se están a proxectar estes días. Diana Gonçalves contounos como está a ser a acollida, lembrou que o retrato audiovisual que realiza en Resonancias e por onde continuará o percorrido do seu traballo.

Ouça o podcast Informativos no Replaio

Rádio e podcasts em um só app - grátis e sem cadastro. Instale hoje e não perca o lançamento

Baixe no Google Play

O Replaio não é o publicador dos podcasts; os nomes dos programas, as capas e o áudio pertencem aos seus autores e são distribuídos por feeds RSS públicos