Radio Municipal de Tui
Informativos
Os informativos da Radio Municipal de Tui recollen a actualidade máis cercana no ámbito local e comarcal. A información política, social, cultural, deportiva de Tui e da comarca do Baixo Miño está presente en Noticias 13.30 h cada día de luns a venres de 13.30 a 14.00 h.
Não deixe de visitar o site do podcast e apoiar quem o produz: www.ivoox.com
Autor
Radio Municipal de Tui
Categoria
Site do podcast
Último episódio
28 de out de 2026
Onde ouvir?
Podcasts no app Replaio Radio Em breveOs podcasts estão chegando ao app. Instale agora e seja o primeiro a descobrir um jeito totalmente novo de curtir podcasts
Episódios
Noticias 13.30 h | Mércores, 28 de outubro de 2026 28.10.2026 17:28
Estas son as novas que hoxe, 28 de outubro, recollemos en Noticias 13.30 h
Noticias 13.30 h | Martes, 27 de outubro de 2026 27.10.2026 24:38
A actualidade deste martes, 27 de outubro de 2026, en Noticias 13.30 h
Ent. Loli Castiñeira, alcaldesa de Salceda - Cesión 2 parcelas para construción de vivenda 26.10.2026 3:30
Loli Castiñeira, alcaldesa de Salceda - Cesión 2 parcelas para construción de vivenda
Noticias 13.30 h | Luns, 26 de outubro de 2026 26.10.2026 27:21
En Noticias 13.30 h recollemos a actualidade deste luns, 26 de outubro de 2026.
Ent. Daniel Goberna, prefecto de música da Catedral - O órgano catedralicio incorpora 4 novos rexistros 23.10.2026 2:59
Este domingo ás 17 h na Catedral terá lugar a presentación dos catro novos rexistros do órgano barroco que suman 266 tubos co que completa o instrumento deseñado nos 90' por Gerhard Grenzing e dota de novas sonoridades ao instrumento. Así nolo contou Daniel Goberna, prefecto de música da Catedral, que o domingo xunto ao coengo organista, Joaquín Estévez, realizará a presentación. Está previsto ama...
Noticias 13.30 h | Venres, 23 de outubro de 2026 23.10.2026 33:29
En Noticias 13.30 h recollemos a actualidade informativa deste venres 23 de outubro.
Noticias 13.30 h | Xoves, 22 de outubro de 2026 22.10.2026 27:57
A actualidade informativa deste xoves, 22 de outubro, recollémola en Noticias 13.30 h
Ent. Marina Cruces - A Emoción dos Viños 2026 e primeira actividade 22.10.2026 3:31
A Emoción dos Viños regresa a Tui o sábado 7 e o domingo 8 de novembro. Como actividades previas hoxe terá lugar o evento "Cata e Armonoías cos viños das Anónimas". Celebrarase ás 20.30 h no Restaurante El Molino, e aínda quedan prazas vacantes. Hoxe Marina Cruces, organizadora do evento, avanzou esta actividade e a cita que teremos na cidade o próximo mes de novembro.
Ent. Nico Montes, voceiro do Partido Popular - O PP estuda novas vías xurídicas contra a ordenanza da zona azul 22.10.2026 4:11
O Partido Popular de Tui estuda nova vías xurídicas para impugnar a ordenanza de control da zona azul mediante cámaras tras rexeitar o TSXG o recurso que presentaran. Así o explicou o voceiro popular Nico Montes, sinalando que consideran o actual modelo inxustificado e perxudicial.
Noticias 13.30 h | Mércores, 21 de outubro de 2026 21.10.2026 27:01
Estas son as novas que recollemos en Noticias 13.30 h neste mércores, 21 de outubro.
Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui | CEIP de Pazos de Reis e 20.10.2026 7:07
O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, referiuse hoxe na nosa sintonía á situación do CEIP de Pazos de Reis, e a reclamación dunha reforma integral. Repasou as vicisitudes do colexio nos últimos anos. Por outra parte Enrique Cabaleiro amosou a súa satifacción polo arquivo defintiivo por parte da Audiencia Provincial da denuncia por suposto acoso sexual.
Noticias 13.30 h | Martes, 20 de outubro de 2026 20.10.2026 25:35
Estas son as novas que hoxe recollemos en Noticias 13.30 h
Ent. Benito Vila, arqueólogo | Excavacacións no castro do Pico da Bandeira no monte Torroso na Guarda 20.10.2026 5:57
Arestora está a executarse unha nova intervención arqueolóxica no castro do Pico da Bandeira, no Monte Torroso na Guarda, que da continuidade á levada a cabo o ano pasado na que se atoparan tres estruturas. A actuación é promovida pola Comunidade de Montes de Salcidos. Benito Vilas, arqueólogo de Árbore Arqueoloxía, está ao fronte desta excavación na que teñen atopado un trisquel moi ben conservad...
Noticias 13.30 h | Luns, 19 de outubro de 2026 20.10.2026 29:29
Estas son as novas que recollemos hoxe luns, 19 de outubro, en Noticias 13.30 h
Noticias 13.30 h | Venres, 16 de outubro de 2026 16.10.2026 29:33
Estas son as novas que recollemos en Noticias 13.30 h neste venres, 16 de outubro de 2026
Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui | Convenio coa Deputación Plan Extra e inadmisión recurso PP ordenanza zona azul 16.10.2026 5:30
O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e o presidente da Deputación, Luís López, asinaron onte un convenio para o financiamento, a través do Plan Extra, da segunda fase do Paseo da Corredoira, dende a rúa Agusto González Besada até o cruzamento coa rúa Maristas. Así o explicaba o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro. O investimento previsto é de 736 mil euros, dos que o 75% serán financiados pola Deput...
Noticias 13.30 h | Xoves, 15 de outubro de 2026 15.10.2026 26:03
Estas son as novas deste xoves, 15 de outubro, que hoxe recollemos en Noticias 13.30 h
Ent. Sonsoles Vicente, concelleira de Cultura, Ensino e Mocidade | Situación do CEIP de Pazos de Reis 15.10.2026 16:35
Sonsoles Vicente, concelleira de Cultura, Ensino e Mocidade | Situación do CEIP de Pazos de Reis
Noticias 13.30 h | Mércores, 14 de outubro de 2026 14.10.2026 31:25
Estas son as novas deste mércores, 14 de outubro, que recollemos en Noticias 13.30 h
Ent. Ana Núñez, concelleira de Comercio | Aviso por posible estafa 14.10.2026 2:51
Dende o Concello de Tui alerta dun posible tento de estafa a través de chamadas telefónicas a establecementos comerciais de Tui supostamente en nome de persoal municipal ou vinculado ao concello para a renovación da licenza ou outros trámites. A concelleira de Comercio, Ana Núñez, explica que foron xa varios os establecementos que recibiron estas chamadas, que nada teñen que ver co concello de Tui...
Ent. Cristina Álvarez e Bea Pazo da ANPA do CEIP de Pazos de Reis - Demanda reforma integral do centro 14.10.2026 9:42
A ANPA do CEIP de Pazos de Reis reclama prazos concretos e por escrito á Consellería de Educación para que leve a cabo a reforma integral deste centro educativo. Así o explicaron Cristina Álvarez, presidenda da ANPA, e Eva Pazo, vogal e expresidenta da ANPA. Hai máis de dúas decadas que reclaman unha actuación no centro e tras non obter reposta no prazo que daban, que rematou onte martes, anuncian...
Noticias 13.30 h | Martes, 13 de outubro de 2026 13.10.2026 28:28
En Noticias 13.30 h recollemos a actualidade deste martes 13 de outubro de 2026.
Noticias 13.30 h | Venres, 9 de outubro de 2026 09.10.2026 33:33
En Noticias 13.30 h recollemos a actualidade informativa deste venres, 9 de outubro de 2026.
Ent. Eva Pazo da ANPA do CEIP de Pazos de Reis - Reclamación dunha reforma integral do centro educativo 09.10.2026 5:30
Unha reforma integral do centro que dea resposta ás solicitudes que veñen presentando dende hai máis de 20 anos é a reclamación que realiza a ANPA do CEIP de Pazos de Reis á xefatura territorial de Educación. Eva Pazo, vogal da ANPA, explica que até o martes non obteñen unha resposta estudarán mobilizarse para que sexan acometidas as obras no centro. Deu conta das nececisades máis imporantes que t...
Noticias 13.30 h | Xoves, 8 de outubro de 2026 08.10.2026 29:54
Estas son as novas deste xoves, 8 de outubro, que hoxe recollemos en Noticias 13.30 h
Podcasts parecidos
O Replaio não é o publicador dos podcasts; os nomes dos programas, as capas e o áudio pertencem aos seus autores e são distribuídos por feeds RSS públicos