Praza.gal

Fálase

News GL ↓ 66 episódios

Ao fío do décimo aniversario de Praza.gal nace o primeiro podcast informativo producido polo xornal. Botando man do nome dunha das nosas seccións máis visitadas, Fálase nace coa vontade de explicar, contextualizar, darlle un novo percorrido ou resumir algunhas das informacións nas que está a traballar a redacción cada semana. Conducido por David Lombao e coa participación de todo o equipo de Praza.gal e VINTE

Não deixe de visitar o site do podcast e apoiar quem o produz: www.ivoox.com

Autor

Praza.gal

Categoria

News

Site do podcast

www.ivoox.com

Último episódio

1 de fev de 2026

Onde ouvir?

Podcasts no app Replaio Radio Em breve

Os podcasts estão chegando ao app. Instale agora e seja o primeiro a descobrir um jeito totalmente novo de curtir podcasts

Baixe no Google Play Instale grátis Android 5 mi+ downloads · nota 4,8 iOS em breve

Episódios

Fálase 16 - Todos os nomes do presidente e unha reportaxe de premio 26.05.2022

No novo episodio do Fálase, o podcast informativo de Praza.gal conducido por David Lombao, repasamos os nomes e perfís do novo círculo de nomes do presidente da Xunta, esas persoas que adoitan estar lonxe dos focos pero sen as que é imposible comprender como se organiza e exerce o poder político en Galicia. Tamén sobre a reportaxe de Ana G. Liste na que abordamos o impacto da tensión familiar pola...

Fálase 15 - Agro sen terra e afacerse á festa 19.05.2022

Tras a perda de 100.000 hectáreas de superficie agraria útil en apenas vinte anos, no podcast informativo de Praza.gal, conducido por David Lombao, buscamos entender por que amplas superficies do campo galego deixaron de utilizarse para producir alimentos. Con VINTE, escoitamos músicas dende o Día das Letras a Eurovisión pasando polo FaCeLa Fest de Lugo ou un concerto de Ortiga en Santiago, observ...

Fálase 14 - Sen marisco na ría e con Rueda na Xunta 12.05.2022

No novo episodio do podcast informativo de Praza.gal, conducido por David Lombao, achegámonos ás causas da profunda crise no marisqueo da ría de Arousa, con caídas de ata un 70%, e repasamos o máis destacado do discurso de investidura de Alfonso Rueda como candidato á presidencia da Xunta e das reaccións de BNG e PSdeG

Fálase 13 - De onde vén Rueda e a celebración da intimidade 05.05.2022

No novo episodio do podcast informativo de Praza.gal, conducido por David Lombao, achegámonos ao perfil do vindeiro presidente da Xunta dende as súas ligazóns familiares coa política e os seus cargos nos tempos de Fraga ata a actualidade, pasando polo seu papel nas campañas de Feijóo. Con VINTE achegámonos a unha manchea de novidades artísticas e a moita música, do novo de Blanco Palamera ao hit d...

Fálase 12 - Xustiza en Angrois 28.04.2022

Tras coñecerse a data na que comezará o xuízo polo accidente de Angrois, no Fálase, o podcast informativo de Praza.gal conducido por David Lombao, refrescamos o contexto do sucedido, escoitamos as voces dos dous acusados e falamos con Jesús Domínguez, presidente da asociación de vítimas Alvia 04155

Fálase 11 - Entrevista con Pontón e un roteiro polo Porto 21.04.2022

No undécimo episodio do podcast informativo de Praza.gal, conducido por David Lombao repasamos o máis destacado da entrevista coa portavoz nacional do BNG e, con VINTE, paseamos polo Porto e imos ao concerto das Tanxugueiras en Vigo

Fálase 10 - Entrevista con Formoso e dez anos do incendio nas fragas 07.04.2022

No décimo episodio do podcast informativo de Praza.gal, conducido por David Lombao, escoitamos o máis destacado da entrevista que nos concedeu o secretario xeral do PSdeG e regresamos ás fragas do Eume dez anos despois do incendio para escoitar as voces da veciñanza e dos movementos ecoloxistas e analizar carencias que aínda persisten nel, a comezar pola ausencia do plan reitor ao que obriga a lei

Fálase 9 - A sanidade de Feijóo e bombas de chocolate 31.03.2022

No novo episodio do podcast informativo de Praza, conducido por David Lombao, facemos balance da política sanitario nos 13 anos da presidencia de Feijóo e escoitamos como o ven Manuel Martín, voceiro de SOS Sanidade Pública, e Aurora Magán, das Enfermeiras Eventuais en Loita. Ademais, achegámonos ao que se fala en VINTE cun "non á guerra" en forma de conto infantil

Fálase 8 - Emerxencia no campo e o que quedou da Pokémon 24.03.2022

No novo episodio do podcast informativo de Praza.gal, conducido por David Lombao, achegámonos á crise que abafa o sector agrogandeiro por mor da pronunciada suba dos custos de produción e, ao fío do arquivo da última causa xudicial que atinxía o ex-alcalde lucense López Orozco, lembramos o que foi a operación Pokémon e o que queda dela máis dunha década despois

Fálase 7 - Regreso ao futuro de Feijóo e melodías distópicas 17.03.2022

No novo episodio do podcast informativo de Praza.gal, conducido por David Lombao, analizamos a sorpresa que causa nalgúns eidos o ton de Feijóo como candidato ao liderado do PP e tiramos fíos que nos levan á primeira campaña electoral na que optou á presidencia da Xunta, no ano 2009. Ademais, achegámonos ao que se fala en VINTE, dende o Festival da Canção a unha manchea de novidades musicais e ás...

Fálase 6 - Mulleres do mar e da memoria do 10 de marzo de Ferrol 10.03.2022

No novo episodio do podcast informativo de Praza, conducido por David Lombao, escoitamos as historias de mulleres do mar que fican en terra mentres os seus maridos están embarcados e tamén a voz de Sari Alabau, unha das impulsoras da loita obreira e antifranquista nos sucesos de Ferrol en 1972, mobilización pola que a ditadura a encarcerou

Fálase 5 - A marcha de Feijóo e xuntos, máis fortes 03.03.2022

No novo episodio do Fálase, o podcast informativo de Praza.gal, estivemos no acto en que Feijóo ratificou que vai ser o sucesor de Pablo Casado no PP e explicamos como se vai converter no primeiro presidente na historia da Xunta que renuncia ao cargo, para o que repasamos como deixaron o Goberno os seus predecesores: Albor, Laxe, Fraga e Touriño. Con María Yáñez achegámonos ao que se fala en VINTE...

Fálase 4 - Trinta anos en Terranova e Feijóo a Madrid 24.02.2022

No novo episodio do podcast informativo de Praza.gal damos contexto ao tráxico naufraxio do Villa de Pitanxo coa axuda dun mariñeiro veterano de Terranova e analizamos o impacto en Galicia da crise interna do PP, comezando polas diferenzas coa renuncia de Feijóo en 2018 a liderar o partido e seguindo polo mapa político que se abrirá en Galicia se o actual presidente renuncia de vez. Conducido por...

Fálase 3 - Os abusos na Igrexa e investigalo "todo" 17.02.2022

No novo episodio do podcast informativo de Praza.gal analizamos o contraste entre o discurso do arcebispado de Santiago sobre a investigación de abusos sexuais na Igrexa e as retesías que amosa ao respecto o Goberno galego, botando man da hemeroteca e tamén das posturas máis recentes dos principais grupos políticos do país. Tamén nos achegamos a VINTE, con "Ana come pan" e moita música. Conducido...

Fálase 2 - Bancos pechados e o exemplo vital de Rafael Pillado 10.02.2022

O segundo episodio de Fálase céntrase nos datos que acreditan que Galicia bate récords de cartos depositados nos bancos mentres o número de sucursais é o menor dende 1974 e repasa as orixes de parte do problema, coa fusión das desaparecidas grandes caixas galegas. Tamén escoitamos as reflexións de Rafael Pillado, veterano traballador e sindicalista do naval ferrolán que vén de revelar que padece u...

Fálase 1 - Un podcast do que se fala en Praza.gal 03.02.2022

Nace o primeiro podcast informativo producido por Praza.gal coa vontade de explicar, contextualizar ou resumir algunhas das informacións nas que traballamos. Neste primeiro episodio abordamos a suba dos prezos da vivenda de alugueiro e o escaso balance do primeiro ano do teléfono 'antiocupacións' da Xunta. Tamén nos achegamos a VINTE coa súa directora, María Yáñez, onde se fala da enorme vaga expa...

Ouça o podcast Fálase no Replaio

Rádio e podcasts em um só app - grátis e sem cadastro. Instale hoje e não perca o lançamento

Baixe no Google Play

O Replaio não é o publicador dos podcasts; os nomes dos programas, as capas e o áudio pertencem aos seus autores e são distribuídos por feeds RSS públicos