PontevedraViva Radio
Conversas na Ferrería
En el podcast 'Conversas na Ferrería' la protagonista es la tertulia, un espacio para conversar. Son tertulias sobre lo que sucede, sobre lo que preocupa, sobre lo que suscita curiosidad o simplemente de aquello de lo que apetece charlar un rato. Porque para conversar, nos sobran los motivos. Con Marisa Ciordia
Autor
PontevedraViva Radio
Categoria
Site do podcast
Último episódio
30 de jun de 2026
Onde ouvir?
Podcasts no app Replaio Radio Em breveOs podcasts estão chegando ao app. Instale agora e seja o primeiro a descobrir um jeito totalmente novo de curtir podcasts
Episódios
Conversas na Ferrería #80 XII Lexislatura e 39 aniversario da Constitución 07.12.2017 55:59
Este seis de decembro a Constitución Española cumpría 39 anos de vixencia. Charlamos sobre o seu presente, o seu futuro e sobre esta XII Lexislatura, cando menos, especial e diferente. Acompáñannos a senadora por En Marea, Vanesa Angustia e os deputados Tomás Fole polo Grupo Popular e Guillermo Meijón polo Grupo Socialista.
Conversas na Ferrería #79 Bádminton Ravachol Pontevedra 30.11.2017 23:10
Dous veinteañeros leáronse " a manta á cabeza" ante o baleiro que atoparon unha vez que se trasladou da Estrada o Centro de Tecnificación Deportiva a Pontevedra. Eles son Jesús Pereiro, presidente do Club de Bádminton Ravachol Pontevedra -que xoga desde fai quince anos- ; e Manuel Brea, o seu adestrador, que leva enganchado a este deporte desde fai once anos.
Conversas na Ferrería #78 Contra os micromachismos 23.11.2017 50:50
Catro mulleres son as invitadas a estas Conversas na Ferrería. Todas deron a súa patada ao teito de cristal que segue discriminando a presenza da muller en determinados ámbitos profesionais. Falamos de "teitos de cristal", conciliacións, "cultura de mando", "roles que exercemos as mulleres para conseguir os nosos obxectivos" en ámbitos de prevalencia masculina e de comportamentos machistas ou acos...
Conversas na Ferrería #77: Quince anos do Prestige 16.11.2017 1:03:37
Anxos Riveiro que en aquel momento fue una de las personas que coordinó la oficina de voluntario que puso en marcha el Concello de Pontevedra; a José Antonio Gómez presidente de la Federación Provincial de Cofradías y patrón mayor de Portonovo; y a Xosé Manuel Abraldes, hoy alcalde de Barro y entonces el portavoz de la Plataforma Nunca Máis en Pontevedra.
Conversas na Ferrería #76: 'Vivir sin permiso' 09.11.2017 1:09:31
Falamos cos actores principais de "Vivir sin permiso", a serie que Telecinco grava nas Rías Baixas. Con eles, PontevedraViva compartiu dous días de rodaxe. Recollemos as impresións de José Coroado, Álex González, Pilar Castro, Álex Monner, Claudia Traisac e Giulia Charm.
Conversas na Ferrería #75 Universitarios despois dos 55 02.11.2017 53:28
Di o refraneiro que o saber non ocupa lugar; e idade tampouco. Acompañámonos nestas Conversas de tres estudantes universitarios: José María Fernández, Conchi Mumary e Miguel Angel Yebra. Con eles, Ana Acuña, coordinadora do Programa para Maiores da Universidade de Vigo.
Conversas na Ferrería #74 CEIP Carballal de Marín 26.10.2017 22:28
O CEIP O Carballal de Marín leva un 2017 de subidón. Os premios e seleccións naqueles concursos e certames aos que se presentan, acumúlanse. Tras o que vimos e escoitamos nas Conversas na Ferrería non é de estrañar.
Conversas na Ferrería #73: Queiman Galicia 19.10.2017 1:18:47
Juan Picos é director da Escola de Inxeniería Forestal de Pontevedra, doutor en Inxeniería de Montes e autor de varios libros sobre xestión ambiental. Juan Carlos Barragán é inxeniero superior de Montes, diplomado en Medio Ambiente, Máster en Gestión Medioambiental e técnico superior en Prevención de Risgos Laborais; no exercicio da súa profesión foi adxunto á dirección do Parque Nacional de Doña...
Conversas na Ferrería #72 Dez anos sen botellón 11.10.2017 39:16
Guillerme Vázquez, ex concelleiro de Seguridade Cidadá en Pontevedra; Daniel Macenlle, xefe intendente da Policía Local de Pontevedra e Pilar Señoráns, presidenta da Asociación de Veciños Santa María participan nestas Conversas na Ferrería para lembrar como foi e como se desenvolveu fai dez anos a normativa para liquidar o problema de convivencia que se producía no Centro Histórico co denominado "...
Conversas na Ferrería #71: Día Mundial da Parálise Cerebral 05.10.2017 26:53
Rosa Meis e Esteban López son usuarios de Amencer - Aspace, asociación que fundaron familiares de persoas afectadas por parálise cerebral. Rosana Sánchez, é a coordinadora dos centros de día de Amencer; Rosa Domínguez, encargada do programa de talleres e David Villaverde, director do centro situado en Campolongo. Con todos eles charlamos sobre esta lesión, o seu día a día e os seus obxectivos.
Conversas na Ferrería #70: Aprendamos sobre adopción 28.09.2017 57:54
Tras o segundo Congreso Galego de Adopción celebrado este mes de setembro en Pontevedra, abordamos a cuestión con Antón Mouriz "pai adoptado", coordinador de proxectos de Manaia e do Programa de Preparación de Apoio e Acompañamento ás Familias Adoptivas conveniado coa Xunta; Magdalena Otero Martínez, psicóloga, especialista en adopción, teraupeta familiar e codirectora de Paradoxo; Agueda Ruibal,...
Conversas na Ferrería #69 Pretempada no Clube Galaico Sincro 21.09.2017 20:30
Belén Álvarez, presidenta do Clube Galaico Sinco xunto ás adestradoras Diana Fernández e Sonia Paramá, cóntannos como arrinca a tempada 2017-18.
Conversas na Ferrería #68 Campaña Antártica 2017-18 14.09.2017 31:13
Illa Decepción forma parte do arquipélago das Shetland do Sur, a cen quilómetros da Antártida. Cara alí partirán en novembro os militares e investigadores que conforman a 31 Campaña Antártica Española. A operación exterior máis antiga do Exército de Terra. Durante unha semana estiveron preparándose no Grove e compartiron un intre de charla o comandante Valentín Beneitez, jefe da Campaña Antártica;...
Conversas na Ferrería #67 FICBueu 07.09.2017 42:23
Entre o 9 e o 16 de setembro desenvólvese o FICBueu que este ano chega á súa décima edición. Un proxecto que naceu con pretensións modestas e ao que este 2017 espérase que acudan unhas sete mil persoas. Charlamos nas Conversas na Ferrería co seu director e o seu programador.
Conversas na Ferrería #66 90 aniversario da Gimnástica 31.08.2017 52:34
Ramón Touza, presidente da Sociedade Ximnástica de Pontevedra nos últimos 22 anos e Santiago Ferrer Moreira, adestrador da mesma; charlan sobre a entidade deportiva que este 2 de setembro cumpre 90 anos.
Conversas na Ferrería #65 A 'Ponte' de Babel 24.08.2017 40:29
O incremento de turistas durante este verán na capital, é evidente e diferentes sectores confírmano nestas Conversas na Ferrería. Raquel Abollo é técnica de Turismo, Raúl Facciola, vogal de Hoempo (Hostaleiros Empresarios de Pontevedra) e xerente do restaurante A Crepería e Miguel Lago, é presidente do Centro Comercial Urbano Zona Monumental.
Conversas na Ferrería #64 Feria taurina da Peregrina 2017 ( e 3) 17.08.2017 49:30
Concluída a Feira Taurina da Peregrina, as Conversas na Ferrería fan balance do último festexo e da propia Feira. O empresario do coso pontevedrés, Eduardo Lozano, súmase neste caso ao programa. Como nas anteriores charlas, contamos con Pepé Maquieira, webmaster de Taurophilos; Gonzalo Lorenzo, Alejandro Pedras e Juan Riveiro, presidente da Coordinadora de Peñas Taurinas de Pontevedra.
Conversas na Ferrería #63 Feria taurina da Peregrina 2017 (2) 10.08.2017 48:18
Para gustos hai cores e para afeccionados taurinos os que nos acompañan nas Conversas na Ferrería. Por causas alleas á súa vontade, escusamos a ausencia de Gonzalo Lorenzo; e fan o paseíllo Pepé Maquieira, webmaster de Taurophilos; Alejandro Pedras e Juan Riveiro, presidente da Coordinadora de Peñas Taurinas de Pontevedra.
Conversas na Ferrería #62 Feria taurina da Peregrina 2017 (1) 03.08.2017 44:27
Este primeiro fin de semana de agosto arrinca a Feira Taurina da Peregrina. Por segundo ano consecutivo PontevedraViva Radio abónase ás charlas taurinas. Acompáñannos Pepé Maquieira, webmaster de Taurophilos; Gonzalo Lorenzo, Alejandro Pedras e Juan Riveiro, presidente da Coordinadora de Penas Taurinas de Pontevedra.
Conversas na Ferrería #61: Vacacións en paz 27.07.2017 29:55
Nestas Conversas na Ferrería acompáñannos Rosana Rey, delegada en Pontevedra e Salnés de Solidariedade Galega con Pobo Saharauí, ademais de nai acolledora. A súa filla saharauí Umlajut. Keny Rosa Tejada con Jadana e Yovana Miñán con Enguía; nais acolledoras de Pontevedra e Ponte Sampaio, respectivamente, coas súas nenas saharauís.
Conversas na Ferrería #60: SOS Avespas velutinas 20.07.2017 39:49
Ano 2004. Porto de Burdeos. Nun colector procedente de Asia sobreviven unha raíña e doce machos dun insecto depredador chamado avespa velutina. Así comezou unha invasión que se estendeu por Europa e contra a que traballan desde hai unha semana voluntarios e concello pontevedrés.
Conversas na Ferrería #59 XXV Festival Internacional de Jazz e Blues 13.07.2017 44:44
O vindeiro 21 de xullo comeza a vixésimo quinta edición do Festival Internacional de Jazz e Blues de Pontevedra. Unha edición "redonda" cuxa cifra non escapou á súa organización á hora de configurar os eventos e concertos da presente edición. Charlamos con Alberto Lastres e Luís Carballo e escoitamos a algúns dos artistas que actuarán nesta capital.
Conversas na Ferrería #58: Que é a hiperpaternidade? 29.06.2017 50:53
Os expertos advirten sobre o fenómeno da hiperpaternidade. Son pais que optan por sobreprotexer os nenos, unha conduta que lles impide ser autonómos e fai que sexan máis fráxiles, xerando a longo prazo adolescentes e adultos con máis medos e inseguridades. Protexemos en exceso aos nosos fillos? Onde está o límite? Estamos a frear o seu desenvolvemento ou isto non é máis que unha preocupación lexít...
Conversas na Ferrería #57: Benefactores sociais si, non, ou con condicións? 22.06.2017 44:01
Sentamos na mesa de PontevedraViva Radio a Pepa Vázquez do colectivo Boa Vida; José Luis Doval da Delegación en Pontevedra da Fundación Provincial Banco de Alimentos; José Manuel Fontenla, presidente de AFAPO, a Asociación de Familiares de enfermos de Alzheimer de Pontevedra; e David Seoane do despacho Batlle e Seoane avogados.
Conversas na Ferrería #56 Pontevedra Rugby Club 15.06.2017 25:50
O Pontevedra Rugby Club acaba de conseguir que en Italia haxa partidos mixtos en equipos sub 14. Alberto Fernández é o seu adestrador, e as tres mulleres do equipo: Alejandra Vitoria, Eva Lago e Uxía Martínez.
Podcasts parecidos
O Replaio não é o publicador dos podcasts; os nomes dos programas, as capas e o áudio pertencem aos seus autores e são distribuídos por feeds RSS públicos