Félix Jorquera Caselas

Voces de Lugo e A Mariña. RadioVoz

News GL ↓ 326 episodes

Actualidade provincial de luns a venres de 10 a 12 en todas as emisoras de RadioVoz na provincia de Lugo: Viveiro, Ribadeo, Vilalba, Lugo, Sarria, Monforte e Chantada.

Author

Félix Jorquera Caselas

Category

News

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Jan 3, 2024

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android almost 10M downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Tertulia 12/6/23 13.06.2023

Na tertulia desta semana falamos dos pactos post electorais nos concellos e das candidaturas ás xerais. Fixémolo con Suso Villalba, Pepa Vega e Manuel Valín.

A Voz do autónomo 6/6/23 08.06.2023

Esta semana abordamos un asunto delicado, mais de plena actualidade: a situación dos axentes dixitalizadores, afogados polo kit dixital

Entrevista a Lara Méndez 08.06.2023

Tras reter o bastón de mando, a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, pasou este martes polo noso programa.

Tertulia 5/6/23 06.06.2023

Este luns foi día de análise, dos resultados das eleccións municipais e do adianto das xerais do 23 de xullo. Contamos con Fernando Blanco, Mercedes Rodríguez Moreda e Ismael Rego.

A Voz do autónomo 01.06.2023

Esta semana abordamos un tema de especial interese para a pequena empresa: A taxa de execución e o pronóstico de vendas

Entrevista con Efigenia Maseda 31.05.2023

A cabeza de lista de VIA Alfoz estivo este mércores en Voces de Lugo e A Mariña de RadioVoz. Os independentes acadaron o pasado domingo 3 concelleiros, os mesmos que socialistas e populares.

Tertulia 29/5/23 30.05.2023

Este luns tocou análise dos resultados das eleccións municipais. Contamos con Manuel Valín, Dores Fernández e Santiago Fernández Rocha.

Entrevista con Daniel Vega 29.05.2023

O PP de Ribadeo de Daniel Vega conquistou un tradicional feudo do BNG. Con 7 concelleiros foi a forza máis votada e gobernará con maioría absoluta. Con el falabamos o domingo pola noite tras confirmarse os datos do escrutinio.

Tertulia 22/5/23 25.05.2023

Este luns falamos da campaña do 28M e da situación do galego. Fixémolo con Branca Rdez Pazos, Suso Villalba e Regina Polín.

A Voz do autónomo 16/5/23 19.05.2023

No programa deste luns falamos de tendencias en vendes no 2023

Tertulia 15/5/23 17.05.2023

Este luns analizamos o comezo da campaña do 28M. Falamos tamén da situación do galego e da renuncia dos médios MIR a zonas rurais. Fixémolo con Carlos Dafonte, Mercedes Rodríguez Moreda e Orlando González.

A Voz do autónomo 9/5/23 11.05.2023

No episodio desta semana falamos da importancia da eficiencia operativa nas Pemes.

Tertulia 8/5/23 09.05.2023

Este luns falamos da visita do rei a Lugo e da monarquía. Palpamos o termómetro preelectoral e fixámonos en Ourense nos casos de Baltar e Jácome. Fixémolo con Enrique Rozas, Pepa Vega e Juan Carlos Piñeiro.

A Voz do autónomo 2/5/23 03.05.2023

Esta semana tratamos un tema tan delicado como necesario: resolver conflitos con clientes.

A Voz do autónomo 25/4/23 27.04.2023

No programa deste martes analizamos os hipotéticos consellos que lle daría a un pequeno empresario Robert Kiyosaky (coautor de 'Pai rico, pai pobre')

tertulia 24/4/23 26.04.2023

Este luns estiveron con nós: Ismael Rego, Azucena González e Santiago Fdez Rocha. Falamos do Garañón, da enquisa do CIS, e palpamos a temperatura previa ás eleccións municipais.

A Voz do autónomo 18/4/23 20.04.2023

Este luns explicamos 20 diferencias entre empregado e emprendedor.

Tertulia 17/4/23 19.04.2023

A lista do PP de Lugo para as eleccións municipais, A visita do Rei Emérito a Galicia, a lei de vivenda e a venda de Pescanova, foron os temas que tratamos esta semana con Mercedes Rodríguez Moreda, Fernando Blanco e Regina Polín.

A Voz do autónomo 11/4/23 13.04.2023

A xestión de persoas en pequenas empresas, este foi o tema escollido nesta edición de A Voz do Autónomo.

Tertulia 10/4/23 12.04.2023

Este luns estiveron con nos: Enrique Rozas, Dores Fernández e Suso Villalba. Falamos da fichaxe de Elena Candia do ex edil socialista, Miguel Couto e do nomeamento de JR Gómez Besteiro como novo delegado do goberno

A Voz do autónomo 4/4/23 11.04.2023

Esta semana o tema central do noso programa foi a estafa piramidal.

Tertulia 3/4/23 10.04.2023

As acusacións dos socialistas sobre os supostos anónimos de Elena Candia inculpando a Besteiro, e o proxecto Sumar de Yolanda Díaz, centraron a tertulia deste luns con Carlos Dafonte, Pepa Vega e Ismael Rego.

A Voz do autónomo 28/3/23 29.03.2023

Esta semana abordamos un tema difícil: como saber se debo pechar a empresa e como evitalo.

Tertulia 27/3/23 28.03.2023

O troco horario, o proxecto de Sumar de Yolanda Díaz e a Rolda leste de Lugo. Estes foron os temas que abordamos con Enrique Rozas, Regina Polín e Enrique Rozas.

A Voz do autónomo 21/3/23 22.03.2023

Como podemos definir o punto de equilibrio e cal é a importancia para unha empresa?, este foi o tema central desta semana

Listen to the Voces de Lugo e A Mariña. RadioVoz podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.