AGalegaAudio
Todos os podcast | Mundo raro
Espazo cultural e divertido coa retranca e tolemia habitual do escritor Pedro Feijoo
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Noli Moo, editor de mesa 25.04.2025 25:03
Nun especial Mundus Insolitus do #MundoRaroGxD, Pedro Feijoo presentounos a Noli Moo, extraordinario editor de mesa que respondeu a pregunta máis agardada: que é un editor de mesa?
Rarezas de Andrés Ramos 11.04.2025 20:19
Andrés Ramos Castro, afincado en Madrid, regresa con asiduidade a Galicia, e presenta na TVG o programa "Confidencias", con entrevistas e debates con coñecidas personalidades galegas
Elena Filgueira, libreira 04.04.2025 16:56
E tamén milleiros de méritos para formar parte do #MundoRaroGxD de Pedro Feijoo.
Félix Piñuela 28.03.2025 13:23
Félix Piñuela é unha das voces máis singulares do cine en España. E, agora tamén, no #MundoRaroGxD de Pedro Feijoo.
Lara López e as rarezas aéreas 21.03.2025 16:08
Hoxe, radio de altos voos, coa a azafata Lara López e o inefable Pedro Feijoo.
A vida rara dun negociador da Policía 28.02.2025 16:01
Nesta ocasión o damnificado foi David González, negociador xefe da Policía Nacional.
Rogelio Garrido tamén é raro 21.02.2025 19:16
Paren as rotativas! Temos nova noticia de portada! Tensión no Mundo Raro. Malestar, incomodidade e non descartemos unha posible demanda... No Raros somos todos un titán do xornalismo galego: o mesmísimo Rogelio Garrido, director do Faro de Vigo. Coa banda sonora de "Spotlight", de Howard Shore, que, ademais de ser unha peli boísima sobre xornalistas, comeza cunha tensión tremenda! Como o...
Corrupción en Montefero? 14.02.2025 16:31
Pedro Feijoo falou do proceso de documentación para escribir, coa inestimable axuda do alcalde do Concello de Nigrán. No #MundoRaroGxD.
O oficio de 'ambulancieiro' 07.02.2025 14:58
Aquí tamén hai #MundoRaroGxD. Con Pedro Feijoo… e Rubén Cid.
Segredos e rarezas de Fran Alonso 31.01.2025 17:52
Posiblemente este foi o derradeiro #MundoRaroGxD da historia, claro. Ou non... cousas máis raras veredes...
Manel Cráneo e as súas pantasmas 24.01.2025 15:52
Rara é tamén a similitude física do protagonista con Xavier Alcalá nos tempos da mili.
Clubs de lectura 17.01.2025 19:28
E no Espazo Lectura, con Diego Atanes, de Gondomar? E nos encontros con escritores coma Pedro Feijoo? Todas as respostas, neste podcast
Onda vitaaaaaal (ou as rarezas de Xulio Lorenzo) 10.01.2025 20:18
Onda vitaaaaaaaal. A voz de Songoku e mestre da dobraxe Xulio Lorenzo, protagonista do #MundoRaroGxD de Pedro Feijoo.
As rarezas dun médico, profesor e escritor 29.11.2024 16:23
Hoxe Pedro Feijoo fala con Manuel Esteban quen é médico, profesor e escritor.
As rarezas dun libreiro 22.11.2024 14:55
Hoxe Pedro Feijoo fala con Fernando Miranda, propietario de Librerías Miranda
A "provedora" Ana Sevilla 15.11.2024 17:31
Tamén ten un #MundoRaroGxD a “proveedora” Ana Sevilla, da papelería Panda Bohème. Con Pedro Feijoo.
O traballo de Fernando Serrulla 08.11.2024 16:13
No #MundoRaroGxD Pedro Feijoo presentounos o traballo do forense Fernando Serrulla.
Rarezas dun xornalista 01.11.2024 11:28
Segredos e misterios revelados por Pedro Feijoo sobre o xornalista do Faro de Vigo, Salva Rodríguez. Todos somos raros!
Cristina Rubal, unha “curranta” incansable 25.10.2024 15:10
Mundo Raro con Cristina Rubal, unha “curranta” incansable no mundo dos libros en Galicia, en palabras do mesmísimo Pedro Feijoo.
Un tipo que se inspira cun coitelo da man cortando cebola? 18.10.2024 16:23
Un tipo que se inspira cun coitelo da man cortando cebola? E dicía que non tiña teimas. Pedro Feijoo desvélanos o Mundo Raro de Diego Ameixeiras.
A riquiñez ten unha cara oculta 11.10.2024 17:45
O Mundo Raro de María Canosa que desvela Pedro Feijoo. A riquiñez ten unha cara oculta…
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.