AGalegaAudio
Todos os podcast | Mar de ardora
Mar de ardora expón toda a actualidade relacionada co mar e a pesca dende un punto de vista divulgativo e informativo.
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Mar de ardora 03-02-2024 03.02.2024 56:37
Neste episodio de Mar de Ardora analizamos o informe pericial do Villa de Pitanxo. O informe corrobora a versión de Samuel, un dos tres superviventes. Entrevistamos a María José de Pazo, voceira dos familiares das vítimas. Neste podcast tamén analizamos o borrador das cotas do abadexo para os próximos tres anos e descubrimos as claves da problemática do cerco.
Mar de ardora 27-01-2024 27.01.2024 55:58
Malestar nas confrarías de pescadores polo uso político da crise dos granulados nas costas galegas. Dende o sector do mar piden tranquilidade e confianza nos produtos galegos. Denuncian que a crise dos granulados agravou a caída do consumo e vendas na campaña de peixe e marisco. Na sección 'Mar de Fóra', máxima alerta para a pesca galega en Arxentina. A chegada de Javier Milei á presiden...
Mar de ardora 20-01-2024 20.01.2024 55:58
Mar de ardora volve centrarse na vertedura de granulados, os chamados pellets, que salpican a costa galega. Contactamos coa empresa contratada polo Toconao para recoller boliñas nas praias. Ademais, repararemos noutros exemplos da loita contra os microplásticos no mar: o de Sufrider España e o da ONG Good Karma Projets de Cataluña. Tamén conversaremos con Xosé Manuel Barros, o mariñeiro que expón...
Mar de ardora 13-01-2024 13.01.2024 55:57
Analizamos dende diferentes puntos de vista a vertedura de 26 toneladas de granulado plástico procedentes do mercante Toconao. Dan a súa opinión Basilio Otero, presidente da Federacion Nacional de Confrarías de Pescadores; Juan Garrido, catedrático experto na xestión dos residuos do Prestige; Juan Bellas, do Instituto Español de Oceanografía de Vigo; Javier García Galdo, especialista en pesca sost...
Mar de ardora 23-12-2023 23.12.2023 55:58
Revisamos como están os prezos do peixe e do marisco na véspera de Noiteboa e buscamos datos cos patróns maiores das confrarías de Cangas e de Aguiño e co responsable dunha peixeria. No Mar de Fóra ollamos á crise de Oriente Medio e conversamos con José Manuel 'Piticas' , que navegou durante moitos anos polo Mar Vermello.
Mar de ardora 16-12-2023 16.12.2023 55:58
Avaliamos os resultados do consello de pesca da UE co presidente da Federación Nacional de Confrarías, Basilio Otero, e co da Plataforma Europea de Pesca con Artes de Fondo, Iván López. E, a uns días de que cheguen as celebracións do Nadal, ollamos para o inicio das campañas da vieira en Arousa e do percebe en Muxía.
Mar de ardora 09-12-2023 09.12.2023 55:58
O presidente da Federación Nacional de Confrarías, Basilio Otero, expón as perspectivas do sector na véspera de asistir á reunión do consello de ministros de pesca da Unión Europea. No marisqueo coñecemos as propostas da Plataforma en Defensa da Rría de Arousa. E conversamos co historiador naval Patricio García sobre o Maré de Invernía que organiza en Camelle a Asociación Cultural Naufraxios Galeg...
Mar de ardora 02-12-2023 02.12.2023 55:55
O patrón maior da Illa de Arousa confírmanos que a Federación Provincial de Confrarías de Pontevedra solicitou a declaración de zona catastrófica pola morte do marisco causada pola baixada de salinidade que provocaron as choivas do outuno. Ademais, analizamos co presidente da Asociación Galega de Depuradoras de Moluscos a entrada masiva de bivalvo do estranxeiro.
Mar de ardora 25-11-2023 25.11.2023 55:58
Esta semana avaliamos os resultados do cumio da ICATT que en xeral pode ser positivos para a pesca galega. Pola contra, a frota que anda ao badexo "levou un pau" na UE polo peche do caladoiro no Cantábrico, como nos di Fran Varela, da confraría de Malpica. Ademais, destacamos ao homenaxe que lle preparan en Boiro ao pai Joseba Beobide.
Mar de ardora 18-11-2023 18.11.2023 55:57
A patroa maior de Lourizán confirma que a campaña de marisqueo na ría de Pontevedra empezou con moi malos resultados. Falamos tamén do preocupante descenso na venda de peixe e, con Orpagu, do cumio do ICCAT sobre o atún, o bonito, o peixe espada e a quenlla. E é día de aniversario: a confraría de Burela fai hoxe cen anos.
Mar de ardora 11-11-2023 11.11.2023 55:55
Ollamos para os prezos da centola no inicio da nova campaña, tamén para os da ameixa ou da voandeira. Na ría de Arousa, os temporais deixaron praias alfombradas de moluscos. E na Mariña imos a Celeiro a celebrar os cen anos da súa confraría.
Mar de ardora 04-11-2023 04.11.2023 55:55
O programa vai a Outes, na ría de Muros e Noia, para charlar co director do festival de cine documental 'Mares da fin do mundo', Marcos Gallego, e coa mariscadora convertida a figura do TikTok, Mercedes Silva, 'Tokateki': "Tivemos a peor campaña de marisqueo que se lembra", asegura.
Mar de ardora 28-10-2023 28.10.2023 55:55
O patrón maior de Barallobre comenta a apertura da campaña da vieira. Imos a Burela para falar cos palangreiros. O noso biológo imparte outra lección sobre as algas verdes e estudamos os problemas que vive o marisqueo na ría de Arousa.
Mar de ardora 21-10-2023 21.10.2023 55:55
O quecemento global afecta á pesca e trae especies tropicais. En Noia, as primeiras poxas confirman as malas perspectivas da campaña do marisqueo. E imos a Celeiro para preparar a festa do centenario da súa confraría.
Mar de ardora 14-10-2023 14.10.2023 55:55
O programa desta semana está enfocado na lexislación: avaliamos con pescadores e armadores o ano transcorrido trala aprobación de vedas en 87 áreas de pesca e consultamos con Anfaco a novas taxas da UE para a conserva. E no tempo do biólogo, sabemos algo máis da cherna ou mero.
Mar de ardora 07-10-2023 07.10.2023 55:55
Abordamos os resultados de Conxemar 2023 dende o punto de vista dos empresarios e tamén o dos hostaleiros. Valoramos a apertura do marisqueo libre dende Rianxo e a Illa de Arousa. Vaticinamos o tempo dende Fisterra e aprendemos máis cousas sobre o prago.
Mar de ardora 30-09-2023 30.09.2023 55:55
A especialista Irene Estévez comenta o plan da UE para que as confrarías se convertan en organizacións de produtores, o que, como nos contan en Noia, xa están facendo alí. A crise de Hiperxel chega aos xulgados. E en Cee celebran hoxe a súa homenaxe ás baleas, co libre 'Ser cetáceo' e a poesía e a escultura do mariñeiro Xosé Iglesias.
Mar de ardora 23-09-2023 23.09.2023 55:58
O presidente da Cooperativa de Armadores de Vigo repasa os resultados da reunión da NAFO. E o secretario xeral de Anfaco expón as alternativas que buscan as conserveiras ante os altos custos do aceite. En Burela alertan de que o prezo do bonito cae un 21% e recollemos as queixas contra o plan da eólica mariña.
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.