AGalegaAudio
Todos os podcast | Ferrado e medio
Ferrado e medio está pegado á actualidade de todo o relacionado co agro e os seus cultivos, co campo e os seus animais, así coma as políticas e os tempos que o marcan e condicionan.
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Ferrado e medio 30-06-2024 30.06.2024 56:55
Programa especializado no mundo do agro
Ferrado e medio 23-06-2024 23.06.2024 56:55
A avespa velutina chegou a Galicia hai 12 anos e non deixou de multiplicarse; calcúlase que hai máis de 22.000 niños deste insecto. A mellor estratexia contra esta praga é matar ás raíñas e disto falamos co sarxento do parque de bombeiros de Celanova, José Luís Rodriguez. Examen das perspectivas da colleita de aceite e dos prezos deste produto con Juan Luís Ávila, aceiteiro andaluz e membro de COA...
Ferrado e medio 16-06-2024 16.06.2024 56:55
130 candidaturas presentáronse ós premios Galicia Alimentación 2024, un 30 por cento máis que na anterior edición. Falamos sobre o momento da industria galega co presidente do Clúster de Alimentación de Galicia, Andrés Rodríguez. Analizamos o éxito dos seus proxectos con 3 dos premiados: Benigno Pereira, de Queizuar-Queixería Bama; Caros Barral, de Queixería Barral; e Cristina Fernández, da empres...
Ferrado e medio 09-06-2024 09.06.2024 56:55
O programa analiza os prezos do leite en Galicia ante os rumores dunha nova rebaixa por parte da industria en conversa con Roberto López, voceiro da asociación de gandeiros Agromuralla, e coas opinións doutros axentes do sector e das administracións. O coordinador dos servizos xurídicos de Unións Agrarias, Feliz Porto, fálanos da campaña que realizan frente ós “cobros indebidos da Seguridade Socia...
Ferrado e medio 02-06-2024 02.06.2024 56:55
Amplíase ata o 15 de xuño o prazo para que agricultores e gandeiros presenten as súas solicitudes de axuda da Política Agraria Común. Ana Rodríguez, do Sindicato Labrego Galego, coméntanos as dificultades burocráticas derivadas dos cambios na PAC. A Xunta prohibiu xa as queimas forestais e agrícolas ante o risco de incendios e por iso achegámonos a experiencia dun axente forestal. Analizamos os pr...
Ferrado e medio 26-05-2024 26.05.2024 56:55
Coñecer experiencias, proxectos e avances encamiñados á conservación da fauna e a unha cría responsable é o obxetivo do congreso organizado por FAUNA. Luís Olmedo, membro desta asociación achéganos ó seu labor. Descubrimos o potencial da produción do chopo en Galicia co biólogo Roque Rodríguez Soalleiro. O técnico da cooperativa Ullama avánzanos como será a próxima edición da Feira da Sidra da Est...
Ferrado e medio 19-05-2024 19.05.2024 56:55
Seguimos afondando na defensa do rural con Toño Rodríguez Corbal, mestre xubilado e voluntario do Centro de Desenrolo Rural do Viso. Descubrimos as claves do plan estratéxico de promoción do mel galego e o bo momento do sector do queixo en Galicia. Coñecemos un estudo sobre os roubos fde animais e material do campo e Pedro Gomariz explícanos por que España tira 400.000 toneladas de limóns.
Ferrado e medio 12-05-2024 12.05.2024 56:55
Falamos con diversas voces autorizadas sobre as repercursións das chuvias sobre a colleita da cereixa, a pataca e o mel. Temos retraso no ensilado do millo en Galicia? Descubrímolo con Román Santalla e Adrián Cundíns. Ademais, afondamos no estado das propostas das plataformas "Galicia Baleira" cinco anos despois do seu nacemento.
Ferrado e medio 05-05-2024 05.05.2024 56:54
Falamos dos Maios, unha tradición que canta ao tempo e á primavera, con composicións florais, vexetais e de coplas. A Misión Biolóxica de Galicia busca o recoñecemento á oliveira galega a través dunha D.O. para o aceite galego. Con Félix Porto e Manuel Piedra afondamos na estratexia para valorizar o amorodo de Huelva. Continuamos incidindo no recoñecemento aos queixos galegos con Daniel Pérez. Fal...
Ferrado e medio 28-04-2024 29.04.2024 56:55
Facemos un breve repaso dos incendios producidos nos últimos días. Preparámonos para a décima edición dos Premios Galicia de Alimentación da man do director do Clúster Alimentario de Galicia e dous dos gañadores da pasada edición: CienPorCel e Bico de Xeado. Falamos con Manuel Calvo, presidente de ATIGA, sobre o rexistro dos galiñeiros para autoconsumo e dos ataques do lobo. Ademais, poñemos o foc...
Ferrado e medio 21-04-2024 21.04.2024 56:55
Afondamos no lume iniciado en Crecente e na problemática dos incendios, un dos principais retos da Xunta e da Consellaría de Medio Rural. Con Carmen Fernández, voceira de AECA-ITV en Galicia, incidimos na necesidade de manter os tractores e demais vehículos agrarios para evitar accidentes. Imos ata Quiroga para coñecer como está a desenvolverse a Mostra do Aceite, aproveitando tamén para saber mái...
Ferrado e medio 14-04-2024 14.04.2024 56:55
Galicia é a comunidade con máis viticultores de España e son 150 concellos (un 43% do total) nos que está presente este sector. Son datos que se extraen do estudo "A importancia económica e social do sector vitivinícola en Galicia", elaborado por Analistas Financieiros Internacionais (AFI) para a Interprofesional do Viño de España (OIVE). Falamos destes datos coa súa directora, Susana Ga...
Ferrado e medio 07-04-2024 07.04.2024 56:55
Con Servando Álvarez, técnico do Inorde, afondamos na forma en que as chuvias de abril están a afectar ás colleitas. Coñecemos as novas medidas contra a velutina da man da investigadora Marián Ferreira, que participou nun estudo sobre o impacto económico da velutina. Un repaso tamén polas reaccións ante as modificacións da Política Agraria Común (PAC). Ademais, imos ata a Muimenta, onde ten lugar...
Ferrado e medio 31-03-2024 31.03.2024 56:55
Afondamos con Luis Paadín, sumiller, profesor e autor da Guía dos Viños de Galicia, sobre a situación do sector vitivinícola.
Ferrado e medio 29-03-2024 29.03.2024 49:58
Somos conscientes da necesidade dun cambio de modelo de desenvolvemento para revertir a crise do rural? Correspóndese esta crise cunha perspectiva pesimista? Afondamos en casos e modelos de éxito, na educación e no emprendemento, sobre todo en feminino, no rural.
Ferrado e medio 24-03-2024 24.03.2024 56:55
Falamos de varias festas que tiveron e van ter lugar por toda a nosa xeografía. É o caso da da XLIV Feira do Viño de Amandi, en Sober. Tamén da Feira do Queixo de Friol e Pan de Ousá ou a Feira de Maquinaria Agrícola e Produtos Ecolóxicos MAGRECO, en Boimorto. Conversaremos con Guillermo Budiño sobre a chegada do cuco e as anduriñas e con Manuel Dacal sobre o estudo das franxas de biomasa na Barba...
Ferrado e medio 17-03-2024 17.03.2024 56:55
Vitis Navarra é un viveiro líder en innovación no viñedo. Ten creado un banco de xermoplasma donde hai un reservorio xenético ante as plagas e o cambio climático. Chema Vázquez, da empresa Serpa, cóntanos como está a medrar a loita contra a velutina. Falamos tamén do novo Estatuto profesional de bombeiros e axentes forestais en Galicia, que pretende mellorar as condicións laborais destes colectivo...
Ferrado e medio 03-03-2024 03.03.2024 56:54
Coincidindo coa reunión europea de ministros de Agricultura en Bruxelas varios tractores desprazáronse para protestar contra as políticas agrarias. Tamén en Madrid, onde a Mesa do Congreso admitiu a trámite a Iniciativa Lexislativa Popular de SOS Rural para protexer ao sector primario. A Xunta completa a primeira ampliación da superficie pública do Parque Natural das Fragas do Eume. Ademais, imos...
Ferrado e medio 25-02-2024 25.02.2024 56:54
Facemos un repaso de todo o acontecido estes días coas mobilizacións das organizacións agrarias, que chegaron esta semana ata a Porta de Alcalá. Esta semana vaise producir unha reunión do Consello de Ministros de Agricultura da Unión Europea e está prevista unha mobilización de protesta en Madrid. Analizamos ademais a sentenza da Audiencia Nacional sobre o Cártel do Leite.
Ferrado e medio 18-02-2024 18.02.2024 55:55
Seguimos abordando as diferentes perspectivas arredor das mobilizacións no sector agrícola e gandeiro. Bruxelas tenta calmar os ánimos e flexibilizar as esixencias de reservas de terras en barbeito mentres o sector agrogandeiro xa está preparado para comezar as mobilizacións contra as políticas europeas. As I Xornadas Científico-Técnicas sobre Xestión Rexenerativa tratarán de avanzar no debate dun...
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.