AGalegaAudio

Todos os podcast | A lista negra

Music GL ↓ 36 episodes

A Lista Negra é o espazo reservado ao blues en Radio Galega Música e Radio Galega. O blues é a máis negra de todas as músicas. Nel mestúranse os cantos de traballo afroamericanos, a propia tradición do continente de orixe dos que chegaron a América como escravos e compoñentes do gospel, a música espiritual que xermolou nos Estados Unidos. Cada programa da Lista Negra está dedicado a un dos grandes deste xénero, desde Howlin’ Wolf a John Lee Hooker, desde Robert Johnson a John Mayall, que nos axudarán a ir coñecendo os distintos subxéneros desta música honesta como ningunha outra: o blues do De...

Be sure to visit the podcast's website and support the creator: agalegaaudio.gal

Author

AGalegaAudio

Category

Music

Podcast website

agalegaaudio.gal

Latest episode

Jun 18, 2024

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android almost 10M downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

A lista negra 10-12-2023 10.12.2023

Curtido en bandas como os Yardbirds ou os Bluesbreakers de John Mayall antes de formar os míticos Cream para despois triunfar tamén como solista, Clapton segue en activo aos seus case 80 anos. É un dos grandes nomes da historia do rock británico, pero a diferenza doutros compatriotas de renome, o seu sustrato artístico sempre foi o blues. Ademais de repasar a súa relación coi xénero que nos ocupa,...

A lista negra 03-12-2023 03.12.2023

Foi o primeiro intérprete masculino do xénero que acadou o éxito comercial masivo, nunha época, a década dos anos 20 do século pasado, en que as que máis discos vendían eran mulleres como Bessie Smith, Ma Rainey ou Ida Cox. A diferencia delas, Jefferson compuxo boa parte dos temas cos que triunfou. No programa de hoxe tamén escoitaremos un interesante cantante e acordeonista vigués de espírito err...

A lista negra 26-11-2023 26.11.2023

Slim Harpo é seguramente o maior expoñente do que deu chamarse swamp blues ou blues do pantano, o que agromou nalgunhas das zonas máis inhóspitas de Louisiana. Devoto de Jimmy Reed e da súa economía de medios en busca dunha maior efectividade, Harpo soubo incorporar elementos do zydeco ou do cajun entre outros estilos. A súa é unha proposta repousada, elegante e de escoita doada, que tivo un notab...

A lista negra 19-11-2023 19.11.2023

Lead Belly foi un tipo duro que pasou moitos anos no cárcere antes de ser descuberto como artista. Pero non é menos certo que era tamén un cantante e guitarrista talentoso, que sabía de memoria centos de cancións. Lead Belly pode considerarse un bluesman metido a folksinger ou á inversa. El é o protagonista nunha nova entrega da Lista Negra en que tamén soan os coruñeses Doctor Snob...

A lista negra 12-11-2023 12.11.2023

Repasamos a intensa traxectoria dun dos mellores guitarristas de todos os tempos, o irrepetible Stevie Ray Vaughan. Responsable do rexurdimento do Texas blues, Stevie viviu ao límite, morreu novo e deixou un oco que ninguén poderá encher xamais. Como sempre, escoitaremos tamén o achegamento á música máis honesta que existe dun grupo galego, desta volta os pontevedreses Gold & Colt.

A lista negra 05-11-2023 05.11.2023

William Mae 'Big Mama' Thornton acadou un éxito masivo con Hound Dog antes de que Elvis borrase calquera pegada previa coa súa propia versión do tema escrito polo binomio Leiber/Stoller. Cantante, compositoria e harmonicista á que a sorte lle foi sempre bastante esquiva, Thornton escribiu Ball & Chain, peza coa que Janis Joplin tamén triunfou. Neste capítulo da Lista Negra o blues ga...

A lista negra 29-10-2023 29.10.2023

Washboard Sam foi un dos bluesmen máis populares de Chicago nos anos inmediatamente posteriores á Segunda Guerra Mundial. Protegido de Big Bill Broonzy, con quen estaba emparentado, Sam triunfou como vocalista e grazas tamén a que cantaba mentres tocaba a táboa de lavar, un instrumento de percusión de reminiscencias africanas, que o blues soubo incorporar á súa propia tradición. Os santiagueses Ba...

A lista negra 22-10-2023 22.10.2023

The Rolling Stones son a banda máis grande da historia do rock and roll. Con máis de 60 anos de carreira ás costas e un elepé quentiño do forno no mercado, os Stones sempre reivindicaron a súa ascendencia no blues. E ese é o sustrato que repasamos neste episodio, a conexión de Jagger, Richards e compañía coa música máis honesta que existe. E para rematar, blues galego da man de Lonnegan.

A lista negra 08-10-2023 18.10.2023

John Mayall está considerado o gran impulsor do blues rock británico desde mediados dos anos 60 do século pasado ata a actualidade, xa que segue activo aos seus case 90 anos. Á fronte dos Bluesbreakers, a súa banda, Mayall foi o mentor de guitarristas excepcionais como Eric Clapton, Peter Green, fundador de Fleetwood Mac, ou o ex Rolling Stone Mick Taylor. Unha banda galega histórica, Siniestro To...

A lista negra 15-10-2023 15.10.2023

Blind Willie Johnson considerábase un predicador antes que un músico ou un artista. Non é casualidade que este guitarrista extraordinario quizais sexa o maior referente do gospel blues, o subxénero que emparenta a música que nos ocupa coa que se inspira nas Sagradas Escrituras. John son é o progonista dunha nova entrega da Lista Negra en que tamén escoitaremos un coruñés que marchou facer as Améri...

2023-09-17 A LISTA NEGRA 2X01 (42).mp3 17.09.2023

Joseph Vernon Turner Jr. pasou á historia co seu nome artístico, Big Joe Turner. Curtido nos garitos de Kansas City desde os anos 20 do século pasado, Turner destacou como intérprete de boogie-woogie e jump blues na época da lei seca, antes de se converter nun dos pioneiros do rock and roll. A Lista Negra estrea a súa segunda temporada da man de Big Joe Turner, nun programa en que tamén lembraremo...

Listen to the Todos os podcast | A lista negra podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.