RADIO NOVA
RADIO NOVA
A nova radio do Verdugo-Oitavén. Sintonízanos no 107.2 FM
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
ENTREVISTA CHITO, XOGADOR DO A LAMA, S.D. 17.10.2016 4:36
Alberto Rodríguez entrevistou no programa MUNDO DEPORTIVO DO VERDUGO-OITAVÉN a Chito, xogador do A Lama, S.D. que resultou lesionado nun abductor no partido xogado ante o Cruceiro de Hío este pasado domingo e que perdeu o conxunto lamense por 2-1 no derradeiro minuto do partido.
ELENA PÉREZ PIÑÓN, PROPIETARIA PANADERIA PECAS PONTE CALDELAS 17.10.2016 8:24
Ana Iglesias entrevistou a Elena Pérez Piñón, unha das propietarias da Panadería Pecas de Ponte Caldelas, para falar da importancia do pan na nosa alimentación así como coñecer un dos establecementos asociados a COEMPO. Pecas, ademais de cafetería e panadería, ten perfectamente acondicionado o seu local para celebrar cumpreanos co seu parque de bolas que está tamén a disposición gratuíta dos nenos...
ANDREA RIBADULLA DASILVA, PANADERIA ACUÑA EN PONTE CALDELAS 17.10.2016 11:02
Ana Iglesias entrevistou a Andrea Ribadulla Dasilva, da Panadería Acuña de Ponte Caldelas, por mor do Día Internacional do Pan. Conversaron sobre as bondades deste alimento de primeira necesidade, as súas variedades así como os distintos produtos que oferta entre os que salientas as pizzas que se poden mercar desde tan so un euro as pequenas.
ENTREVISTA FRANCISCO COUSELO, FEDERACION GALEGA DE CAZA EN PONTEVEDRA 17.10.2016 12:52
Recibimos a visita do presidente da Federación Galega de Caza en Pontevedra, Francisco Couselo, con quen abordamos a primeira xornada da tempada de caza que tivo lugar onte e que foi cualificada de moi positiva polo noso convidado. Couselo insistiu na necesidade de tomar precaucións cando se sae ao monte e avogou pola utilización dun calzado axeitado para evitar resbalóns e accidentes indesexados.
ENTREVISTA A LOLI PEREIRA, CAMPIONA ECUESTRE CON PILLO 2º 14.10.2016 8:25
Alberto Rodríguez entrevistou no programa MUNDO DEPORTIVO DO VERDUGO-OITAVÉN a Loli Pereira, de Hípica Amazonas de A Insua (Ponte Caldelas) que acaba de regresar de México tras triunfar e lograr a medalla de ouro nun concurso morfolóxico cabalar co seu cabalo Pillo 2º. Falaron da dificultade deste tipo de concursos e de que está a preparar xa a súa participación no Campionato do Mundo que terá lug...
Entrevista a Pedro Rodríguez sobre conferencia 75 aniversario pontevedra 14.10.2016 19:12
O presidente da S.C.D. Pontecaldelas asistiu á mesa redonda protagonizada por Vicente del Bosque, Santi Segurola e o doutor Cota no Teatro Principal con ocasión dos actos de celebración do 75 aniversario do Pontevedra C.F. Os contertulios intercambiaron pareceres e anécdotas do fútbol de antes e o de agora.
BENJAMIN SOBRAL, DELEGADO EQUIPO DE VETERANOS SERRA DO SUIDO 14.10.2016 12:48
Alberto Rodríguez entrevistou a Benjamín Sobral, delegado do equipo de veteranos Serra do Suido, que leva tan so dúas temporadas en competición. Falaron dos distintos xogadores que compoñen a plantilla, do método de financiación e de varios aspectos que rodean o fútbol veterano.
Raquel Touriño entrevista a Conchi Fraguas en 'Fogóns de Cotobade' 14.10.2016 16:07
Raquel Touriño entrevista a Conchi Fraguas en "Fogóns de Cotobade"
Entrevista a Pablo Caballero, técnico da Consellería do Medio Ambiente 14.10.2016 12:23
Entrevista a Pablo Caballero, técnico da Consellería do Medio Ambiente
Entrevista a Rosa López, Presidenta da Asociación de Mulleres Rurais do Verdugo (Ponte Caldelas) 14.10.2016 10:11
Entrevista a Rosa López, Presidenta da Asociación de Mulleres Rurais do Verdugo (Ponte Caldelas)
Entrevista a Buenaventura Aparicio, doutor en Historia. 14.10.2016 8:27
Entrevista a Buenaventura Aparicio, doutor en Historia.
GONZALO PORTO BECERRA, EX SECRETARIO-INTERVENTOR A LAMA 13.10.2016 22:54
Entrevistamos a Gonzalo Porto Becerra, ex secretario-interventor do Concello da Lama que se atopa en situación de xubilación, e repasamos os seus 23 anos de adicación a este municipio no que destaca o seu papel protagonista no proceso de modernización levado a cabo na administración local e a incorporación da administración electrónica da que o Concello da Lama foi pioneiro na bisbarra na súa apli...
ENTREVISTA MIGUEL MARTINEZ, CAPITAL A LAMA, S.D. 13.10.2016 15:19
Alberto Rodríguez entrevistou no programa que presente e dirixe, MUNDO DEPORTIVO DO VERDUGO-OITAVÉN, ao capitán do A Lama, S.D., Miguel Martínez, o xogador máis destacado do partido disputado onte en Racelo entre o equipo local e o San Adrián que venceu A Lama por 1-0. Martínez repasou as fases do partido e os seus 14 anos no clube así como as aspiracións que ten o equipo para a presente temporada...
ENTREVISTA MARIA PICHEL, CONCELLEIRA DE TURISMO E PROMOCION ECONÓMICA DE COTOBADE 13.10.2016 8:05
Raquel Touriño entrevistou no programa matinal de RADIO NOVA a María Pichel, concelleira de Turismo e Promoción Económica de Cotobade e falaron da importancia que está a coller o mercadillo que se celebra en Carballedo os segundos venres de cada mes. Hai máis dunha vintena de postos que axudan a dinamizar, coa súa actividade, a economía local ao tempo que fan un servizo aos cidadáns. Tamén hai bo...
COMISION DE FESTAS DE SANTA TERESA DE CHAIN (PONTE CALDELAS) 13.10.2016 10:21
Recibimos nos nosos estudios centrais a visita de José Antonio Custodio e Manuel Vaqueiro, da Asociación de Veciños de Chaín, e a José Manuel Cal, presidente da Asociación de Veciños O Carballo da Capela, para falar das Festas na honra de Santa Teresa que terán lugar en Chaín os días 15 e 16 de outubro. Custodio e Vaqueiro son da comisión de festas actual, do 2016, e Pepe Cal da do vindeiro ano. C...
ENTREVISTA A ROBERTO LOUZAN, GANDEIRO DE VIASCÓN 13.10.2016 11:47
Entrevistamos Roberto Louzán Alonso, propietario dunha explotación gandeira de Viascón que foi atacada por unha manda de lobos que actúa pola zona de Corredoira, Caroi e Viascón e que xa lle leva matado unha trintena de reses no que vai de ano. Louzán quéixase de que a Xunta tarda máis de dous nos en pagarlle as reses mortas polo lobos e a un prezo moi inferior ao de mercado, mentras que el ten qu...
CUSPEDRIÑOS 10 13.10.2016 8:05
Raquel Touriño comentounos das distintas actividades para esta fin de semana en Cotobade entre as que destacan unha conferencia de Xosé Fortes Bouzán sobre a historia do municipio, que terá lugar este venres ás 20 horas no Consistorio, e un roteiro histórico que se celebrará o sábado, a partir das 10, e que terá como obxectivo coñecer os feitos que protagonizaron os veciños de Cotobade, Terra do C...
A lama-san adrian (1-0) gol de fran 12.10.2016 1:41
A Lama, S.D. impúxose ao San Adrián por 1-0 nun emocionante partido xogado en Racelo onde o equipo local, despois de sufrir un acoso por parte do ata o momento líder da categoría, recuperou o seu bo xogo na segunda parte e apabullou por compleo ao San Adrián e venceu o partido grazas a un gol de Fran. Na narración do partido, por erro atribuímoslle o gol erróneamente a David en lugar de Fran, polo...
ENTREVISTA A MIGUEL ANGEL SANTIAGO, PRESIDENTE DO CLUBE CICLISTA DE FORNELOS 11.10.2016 13:20
Miguel Ángel Santiago, presidente do Clube Ciclista de Fornelos de Montes, formado entre outros deportistas pola campiona de España de Enduro, Desirée Duarte Castro, conversou con Alberto Rodríguez sobre as actividades que organiza o clube entre as que destacan a participación en probas de BTT así como en circuitos deportivos que preparan para os seus socios.
DESIREE DUARTE CASTRO, CAMPIONA DE ESPAÑA DE ENDURO 11.10.2016 11:12
Alberto Rodríguez entrevistou no programa MUNDO DEPORTIVO DO VERDUGO-OITAVÉN a Desiree Duarte Castro, unha xoven ciclista que acaba de proclamarse esta fin de semana campiona de España de Enduro. Desiree foi felicitada e comentou que o seu seguinte obxectivo era facer un bo papel nos campionatos de ciclocross que están a piques de comezar.
SHEILA DARRIBA, ORGANIZADORA V RUTA CABALAR DE AUGASANTAS (COTOBADE) 11.10.2016 7:33
Raquel Touriño entrevista a Sheila Darriba, unha das organizadoras da V Ruta Cabalar de Augasantas (Cotobade) que vai ter lugar mañá mércores e que percorrerá, ademais desta parroquia cotobadense, tamén as de Valongo e Loureiro. Con esta iniciativa pretenden poñer en valor os distintos enclaves paisaxísticos do municipio ao tempo que cultivan a súa afeción ao mundo do cabalo.
ENTREVISTA A FRANCISCO JAVIER MARQUEZ, SARXENTO PRIMEIRO XEFE DO POSTO DA GARDA CIVIL DE PONTE CALDELAS 11.10.2016 12:45
Entrevistamos esta mañá nos estudios de RADIO NOVA a Francisco Javier Márquez, sarxento primeiro xefe do posto da Garda Civil en Ponte Caldelas, que falou dos actos conmemorativos da patrona da Benemérita, a Virxe do Pilar, que terán lugar mañá cunha misa na igrexa do Sagrado Corazón de Ponte Caldelas e un ágape na churrasquería A Fonte. Tamén tratamos o baixo nivel de delincuencia na bisbarra e d...
ENTREVISTA GONZALO OGANDO, DELEGADO DO MONTE PORREIRO 10.10.2016 11:31
Alberto Rodríguez entrevistou a Gonzalo Ogando, delegado do Monte Porreiro Xuvenil, e pai do xogador David Ogando que sufriu un percance durante o partido xogado o sábado en Chan da Barcia frente ao Pontecaldelas xa que nunha disputa dun balón aéreo ante Miguel Mouriño Sestelo, caiu mal e déuselle a volta a lingua ocluído as vías respiratorias que provocaron que convulsionara ante a alarma entre o...
Entrevista teresa perez, comision de festas parada (ponte caldelas) 10.10.2016 1:40
Coñecimos o programa de festas na honra da Virxe do Pilar que celebrarán os días 11, 12 e 16 de outubro no lugar de Parada (Ponte Caldelas) a través dunha conversa mantida con Teresa Pérez, unha das membros da comisión de festas. O martes haberá unha verbena amenizada polas orquestras Palladium e Miramar, o mércores 12, que é o día grande, terá lugar un pasarrúas a cargo de Nós Tamén Imos, misa so...
ENTREVISTA MANUEL MARTINEZ, PRESIDENTE CORAL VALDARROSA (PONTE CALDELAS) 10.10.2016 5:24
Falamos con Manuel Martínez, presidente da Coral Valdarrosa de Ponte Caldelas que se atopa de excursión un grupo de veciños deste municipio por terras valencianas. No momento de manter a conversa estaban tomando un vermouth nunha terraza de Benicasim e o que máis lle gustou da viaxe, polo momento, é o pobo de Peñíscola. Esta tarde contan con percorrer unha das moitas praias que hai na Comunidade V...
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.