RADIO NOVA

RADIO NOVA

News GL ↓ 2067 episodes

A nova radio do Verdugo-Oitavén. Sintonízanos no 107.2 FM

Author

RADIO NOVA

Category

News

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Jul 8, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android 5M+ downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

ANA MARIA VILLAVERDE LOPEZ, RESPONSABLE LUDOTECA PONTE CALDELAS 31.10.2016

Falamos con Ana María Villaverde López, responsable da Ludoteca de Ponte Caldelas, que organizan para estar tarde, por mor do Samaín, a partir das 19:30 horas unha saída polo centro da vila para nenos e adultos para facer truco ou trato. Os caramelos recollidos nos establecementos comerciais da vila serán repartidos entre os participantes. Os participantes terán que ir disfrazados para dar medo ao...

ADRIAN FRANCISCO SUÁREZ, FLORISTERÍA CARMEN DE PONTE CALDELAS 31.10.2016

Adrián Francisco Suárez, de Floristería Carmen de Ponte Caldelas, falou con Ana Iglesias sobre a venda nestes días de flores para colocar nos nichos e tumbas dos cemiterios da comarca. A forte demanda que hai nestes días fai que o prezo das flores suba considerablemente, pero lembrou que o resto do ano son un excelente agasallo para calquera e a un moi bo prezo.

CRISTINA QUINTEIRO, VOCEIRA PLATAFORMA PO-234 31.10.2016

Entrevistamos a Cristina Quinteiro, voceira da Plataforma de Afectados pola PO-234 que está a organizar para o vindeiro sábado 13 de novembro unha caravana de coches que percorrerá a estrada PO-234 entre Ponte Caldelas, Laxoso e Augasantas (Cerdedo-Cotobade). Esta medida de protesta prodúcese pola falla de resposta da Xunta despois da manifestación celebrada polos veciños hai unhas semanas.

JOSE MANUEL BEIROA, CASTAÑEIRO COEMPO 31.10.2016

Ana Iglesias entrevistou en Ponte Caldelas a José Manuel Beiroa, propietario do carriño das castañas que ao longo do día de hoxe estará repartindo castañas asadas polo centro da vila dentro dunha iniciativa posta en marcha por COEMPO e coñecida como o MAGOSTO COMERCIAL.

Entrevista a Fabián Esperón, encargado de organizar a Subida Escusa 29.10.2016

Entrevista a Fabián Esperón, encargado de organizar a Subida Escusa

Entrevista a José Fernandez, Josiño, xogador do Caroi Veteranos en MUNDO DEPORTIVO 28.10.2016

José Fernandez, Josiño, xogador do Caroi Veteranos en MUNDO DEPORTIVO

EQUIPO PREBENXAMIN PONTECALDELAS 28.10.2016

Alberto Rodríguez desprazouse ata Chan da Barcia para entrevistar aos membros do equipo Pre-Benxamín de Pontecaldelas que van líderes na súa categoría. Os cativos disfrutaron dun momento de protagonismo en RADIO NOVA.

ANGELES PAZOS, VOCEIRA AXENCIA DE DOAZÓN DE ÓRGANOS E SANGUE DE GALICIA 28.10.2016

Entrevistamos a Ángeles Pazos, voceira da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue de Galicia, organismo que substitúe ao antigo Centro de Transfusión de Galicia con motivo dunha nova campaña de doazón de sangue que tivo a unha Unidad Móbil de recollida de sangue na Alameda de Ponte Caldelas. Con ela falamos de quen pode doar, que tipo de sangue é a máis demandada, etc.

MANUEL ANXO BUGALLO, ARQUITECTO DE XESTA (A LAMA) PROXECTO O SUIDO 28.10.2016

Manuel Anxo Bugallo, arquitecto de Xesta (A Lama) e un dos impulsores do proxecto O SUIDO falou sobre a importancia de poñer en valor o patrimonio etnográfico, arquitectónico, cultural material e inmaterial da Serra do Suído e convidou aos oíntes a participar nesta iniciativa que pretende ser compartida co maior número posible de persoas. Pódese seguir este proxecto en internet www.osuido.org

ARTURO VAQUEIRO, GANDEIRO E PRESIDENTE DA COMUNIDADE DE MONTES DE XENDE (A LAMA) 28.10.2016

Arturo Vaqueiro é un gandeiro e presidente da Comunidade de Montes de Xende (A Lama) quen avogou por esta actividade económica como xeito de gañarse a vida e fixar poboación no rural. Vaqueiro ten unha explotación con máis de 80 vacas, ovellas, cinco mastíns para axudalo a xuntar o gando e protexelo dos lobos e falou tamén das axudas da Xunta para que os mozos e mozas podan establecer a súa explot...

OBRADOIROS E XOGOS COS NENOS CO COLEXIO DA LAMA 28.10.2016

RADIO NOVA colaborou con esta iniciativa educativa cun programa en directo desde as 12 ata as 13:45 horas cun amplio despliegue técnico e humano. Durante a emisión entrevistamos a diversos rapaces e mestres que facían obradoiros na Alameda e incluso aproveitamos para facer un concurso cos máis pequenos para ver si recoñecían, polo son, a moitos dos animais que poboan os nosos montes.

Paco Couselo no programa "ESPECIES EN EQUILIBRIO" 28.10.2016

Paco Couselo no programa "ESPECIES EN EQUILIBRIO" na Alameda

Mercedes Fernández no programa "ESPECIES EN EQUILIBRIO" 28.10.2016

Mercedes Fernández no programa "ESPECIES EN EQUILIBRIO"

MIGUEL GARCIA, AXENTE MEDIOAMBIENTAL DA XUNTA 28.10.2016

Recibimos a visita de Miguel García, axente medioambiental da Xunta de Galicia, que fai o seu labor nos montes da contorna e comentounos que vixían para evitar a aparición de furtivos que maten animais salvaxes indiscriminadamente. Tamén o seu papel está ligado ao coidado dos ríos e á prevención e loita contra os incendios. García díxolle aos rapaces que era moi importante conservar o medio natura...

ESTHER CARREIRO DIZ, BISAVOA DO COLEXIO DA LAMA 28.10.2016

Entre o público asistente ao noso programa en directo desde a Alameda da Lama estaba a bisavoa dunha nena do colexio, Esther Carreiro Diz, quen lembrou os tempos da fame e o diferente que era para os cativos do seu tempo acceder á educación. Dona Esther recomendoulle aos rapaces que estudiaran e felicitou aos mestres por esta iniciativa que “nos meus tempos non se facía nin nada parecido”.

Rafael Sánchez Agustino no Programa "ESPECIES EN EQUILIBRIO" en colaboración co colexio da Lama. 28.10.2016

Rafael Sánchez Agustino no Programa "ESPECIES EN EQUILIBRIO" en colaboración co colexio da Lama.

ESQUELA ROSALIA VILANOVA VIDAL 27.10.2016

ESQUELA ROSALIA VILANOVA VIDAL ESQUELA ROSALIA VILANOVA VIDAL ESQUELA ROSALIA VILANOVA VIDAL ESQUELA ROSALIA VILANOVA VIDAL ESQUELA ROSALIA VILANOVA VIDAL ESQUELA ROSALIA VILANOVA VIDAL ESQUELA ROSALIA VILANOVA VIDAL ESQUELA ROSALIA VILANOVA VIDAL ESQUELA ROSALIA VILANOVA VIDAL ESQUELA ROSALIA VILANOVA VIDAL

DAVID VIDAL LOPEZ, XOGADOR DA S.C.D. PONTECALDELAS 27.10.2016

David Vidal López, nova fichaxe da S.C.D. Pontecaldelas analizou con Alberto Rodríguez no programa MUNDO DEPORTIVO DO VERDUGO-OITAVÉN a actualidade do equipo e o último partido disputado contra o Campañó onde este xogador resultou expulsado. Agardan seguir coa racha de bos resultados este domingo no Chan da Barcia na visita que fará o Bueu.

BORJA MEJUTO, PORTEIRO DO CAROI DE FUTBOL 27.10.2016

Alberto Rodríguez entrevistou a Borja Mejuto no programa MUNDO DEPORTIVO DO VERDUGO-OITAVÉN e conversaron sobre a composición do equipo, as dificultades de ter que adestrar un día a semana no campo municipal das Estremas (Cotobade) e da progresión e o bo nivel que está acando a plantilla na procura de resultados positivos para este equipo histórico da comarca que está a piques de cumprir 40 anos d...

ENTREVISTA JESUS PELETEIRO, PRESIDENTE COEMPO 27.10.2016

O presidente de COEMPO, Jesús Peleteiro, falou do MAGOSTO COMERCIAL que terá lugar os días 29 e 31 de outubro en Ponte Caldelas a través do cal un carriño repartirá polas rúas da vila castañas asadas para dinamiza-lo comercio local e servir de atractivo para que estes días o público en xeral se achegue ata Ponte Caldelas para dar un paseo, tomar un café o un refresco e tamén, por que non, facer as...

ENTREVISTA SUSANA BARREIRO SANTORO, SAMAÍN LUDOTECA PONTE CALDELAS 27.10.2016

Entrevistamos a Susana Barreiro Santoro, unha das monitoras da Ludoteca Municipal de Ponte Caldelas que organiza polo Samaín unha saída polos establecementos comerciais da vila reclamando truco ou trato. Esta actividade terá lugar o vindeiro luns 31 de outubro, a partir das 19:30 horas, e poderán participar nenos e nenas, estean matriculados ou non na Ludoteca, e persoas maiores que queiran desfru...

ENTREVISTA YOLANDA PEREIRA, CLUB TREBOADA XIMNASIA RITMICA 26.10.2016

Alberto Rodríguez entrevistou no seu programa, MUNDO DEPORTIVO DO VERDUGO-OITAVÉN, a Yolanda Pereira, dirixente do Club Treboada de ximnasia rítmica encargada de levar esta disciplina deportiva en Ponte Caldelas dentro das escolas municipais. Falaron sobre a práctica deste deporte que ten na ximnasia acrobática e no trampolín dúas das súas variantes.

ENTREVISTA LINO FORTES, ASOCIACION DE VECIÑOS DE CAROI 26.10.2016

Raquel Touriño entrevistou no programa matinal de RADIO NOVA a Lino Fortes, da Asociación de Veciños Santiago de Caroi (Cerdedo-Cotobade) que están a organizar un magosto para o venres días 28 de outubro. Ademáis de castañas asadas os asistentes poderán degustar tortilla, chourizos asados e filloas. Os nenos poderán participar nun concurso da cabaza máis terrorífica posto que tamén conmemorarán o...

ESQUELA ANGELA TRONCOSO MOSQUERA 26.10.2016

ESQUELA ANGELA TRONCOSO MOSQUERAESQUELA ANGELA TRONCOSO MOSQUERAESQUELA ANGELA TRONCOSO MOSQUERAESQUELA ANGELA TRONCOSO MOSQUERAESQUELA ANGELA TRONCOSO MOSQUERAESQUELA ANGELA TRONCOSO MOSQUERAESQUELA ANGELA TRONCOSO MOSQUERA

ENTREVISTA A NADINE AMORÍN E DAMIÁN SUÁREZ (MALAS FORMAS) 26.10.2016

Nadine Amorín e Damián Suárez, membros do grupo MALAS FORMAS, foron entrevistados por Ángel Rodríguez Lale no programa REBOADA DE SONS que emite tódolos mércores a partir das 12 horas RADIO NOVA. Durante a conversa abordaron temas relacionados coa mocidade, as súas inquedanzas pola música e as posibilidades que ten a xuventude para poder ensaiar as súas cancións.

Listen to the RADIO NOVA podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.