RADIO NOVA

RADIO NOVA

News GL ↓ 2072 episodes

A nova radio do Verdugo-Oitavén. Sintonízanos no 107.2 FM

Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.ivoox.com

Author

RADIO NOVA

Category

News

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Aug 14, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android almost 10M downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

ANGEL RODRIGUEZ LALE, OS CORIBANTES 28.11.2016

Entrevistamos a Ángel Rodríguez Lale, responsable da Banda de Gaitas e Baile Os Coribantes, un dos organizadores do Concerto Kilo Solidario celebrado este sábado no pavillón de deportes de Ponte Caldelas e ao que asistiron máis de 500 persoas. Os alimentos recadados durante a actuación e nos supermercados Froiz e Día, uns 3.500 quilos, serán entregados a Cáritas Interparroquial para a súa convinte...

PEDRO RODRIGUEZ, PRESIDENTE DA S.C.D. PONTECALDELAS++ 25.11.2016

Alberto Rodríguez comentou con Pedro Rodríguez, presidente da S.C.D. Pontecaldelas o partido que disputou o Celta fronte ao Lieja, en Balaídos que rematou con empate 1.1. Analizaron as posibilidades do equipo celeste para seguir na Europa League despois deste resultado onde xa non depende de si mesmo para seguir na competición.

ENTREVISTA A GALIZA AGUETE, RESPONSABLE DO CIM DA LAMA, FORNELOS E CERDEDO-COTOBADE 25.11.2016

Ana Iglesias entrevistou no programa EN FEMININO a Galiza Aguete, responsable do Centro de Información á Muller (CIM) da Lama, Fornelos de Montes e Cerdedo-Cotobade, quen analizou o problema da violencia de xénero desde a visión dunha persoa que traballa diariamente con este fenómeno e que asesora ás mulleres sobre cales deben ser os pasos a seguir para superar esta situación. Tamén falou dos medi...

ENREDAD@S EN RADIO NOVA 25.11.2016

Participación de Milagros Domínguez, Mary López e Elvira Crespo na presentación e desenrolo da sección ENREDAD@S do programa EN FEMININO, que se emitirá tódolos venres de 12 a 13 horas en RADIO NOVA. Neste apartado recóllense opinións, suxestións e ideas aportadas polo público xeral expresadas a través das redes socias que son comentadas nunha tertulia polas tres conductoras do programa. Nesta oca...

LECTURA MANIFESTO INICIAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO NO PROGRAMA EN FEMININO DE RADIO NOVA 25.11.2016

O inicio do programa EN FEMININO, que se emitirá tódolos venres de 12 a 13 horas en RADIO NOVA, comezou cunha emotiva lectura dun manifesto recordatorio de data a conmemorar: 25 de Novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, que leu para tódolos oíntes Mary López.

ENTREVISTA CON MARIA, VITIMA DE VIOLENCIA DE XÉNERO 25.11.2016

Milagros Domínguez, Mary López e Elvira Crespo entrevistan no programa inaugural de EN FEMININO en RADIO NOVA a unha muller vítima da violencia de xénero que nos comenta a súa experiencia e sufrimento e expresa as súas opinións para mellorar non só a situación das mulleres agredidas senón que tamén arroxa luz sobre un futuro esperanzador. É unha historia humana e de superación valente que fala da...

EN FEMININO PROGRAMA COMPLETO DE RADIO NOVA 25.11.2016

RADIO NOVA amplía a súa oferta informativa e divulgativa coa incorporación do programa semanal EN FEMININO, coordinado por Milagros Domínguez, Mary López e Elvira Crespo e que tódolos luns entre as 12 e as 13 horas abrirán unha xanela ao mundo da muller, lexislación, dereitos, experiencias vitais, tertulias, debates, etc.

LECTURA MANIFESTO CONTRA VIOLENCIA, JORGE CUBELA 25.11.2016

Lectura do Manifesto contra a violencia de xénero feito polo presidente da xestora do Concello Cerdedo-Cotobade e entrevista posterior sobre este problema que puxo punto e final ao programa especial emitido en directo desde as 10:30 ata as 14 horas por RADIO NOVA por mor do 25 de Novembro.

RAQUEL TOURIÑO COA AXENDA CERDEDO-COTOBADE 25.11.2016

Raquel Touriño achegounos a axenda de actividades que terán lugar esta fin de semana no concello de Cerdedo-Cotobade na que destacan varias actividades promovidas polo Concello como unha xornada de defensa persoal para mulleres e unha conferencia sobre violencia de xénero. Tamén haberá actividades de La Semilla e o domingo a Comisión de Festas de Valongo celebra un cocido para recadar fondos para...

ENTREVISTA YOLANDA LOIS RODRÍGUEZ, BLACK FRIDAY 25.11.2016

Falamos con Yolanda Lois Rodríguez, propietaria de Zapatería Yoly de Ponte Caldelas e socia de COEMPO que participa, xunto a outros oito establecementos desta asociación de comerciantes e empresarios no BLACK FRIDAY con ofertas que chegan ata o 50% de desconto.

ENTREVISTA SUSANA LÓPEZ ABELLA, SECRETARIA XERAL IGUALDADE 25.11.2016

No programa especial que ao longo desta mañá se emitiu en RADIO NOVA por mor da conmemoración do 25 de Novembro como Día Internacional contra a Violencia de Xénero, Raquel Touriño entrevistou a Susana López Abella, secretaria xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, que acaba de ser confirmada neste cargo polo presidente Feijóo, quen nos falou sobre os medios que pon a Xunta a disposición das vítim...

ENTREVISTA MARIAN GARCIA MÍGUEZ, PRESIDENTA MULLERES EN IGUALDADE DE VIGO 25.11.2016

Raquel Touriño entrevistou a Marián García Míguez, presidenta da Asociación de Mulleres en Igualdade de Vigo, unha das institucións máis activa e que levan a cabo un traballo de defensa e protección da muller vítima da violencia de xénero.

ENTREVISTA FRANCISCO JAVIER MARQUEZ, COMANDANTE XEFE DA GARDIA CIVIL EN PONTE CALDELAS 25.11.2016

Falamos con Francisco Javier Márquez, sarxento comandante xefe do Cuartel da Garda Civil en Ponte Caldelas, para afrontar o problema da violencia de xénero desde a perspectiva das forzas da orde pública. Márquez protagonizou o pasado luns unha conferencia no instituto de Ponte Caldelas dentro dun proxecto desenvolvido polo CIM de Ponte Caldelas sobre a prevención da violencia de xénero, as novas t...

ENTREVISTA CORES TOURIS-JORGE CANDA 24.11.2016

O delegado da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitou na compaña do alcalde da Lama, Jorge Canda, as instalacións de RADIO NOVA e conversou no Día Internacional contra a Violencia de Xénero, sobre esta lacra do século XXI e tamén sobre diversos investimentosde interese para os veciños de Ponte Caldelas e A Lama

ENTREVISTA ADRIÁN SABAJANES, PONTECALDELAS FUTBOL SALA 24.11.2016

Alberto Rodríguez entrevistou no seu programa MUNDO DEPORTIVO DO VERDUGO-OITAVÉN a Adrián Sabajanes un dos membros do Pontecaldelas de Fútbol Sala que vai cuarto na clasificación da súa liga. Como anécdota Sabajanes contou que un dos goleadores do seu equipo é o porteiro que leva transformados varios penaltis e algún que outro contraataque.

ENTREVISTA ANDRES CAL MALLEIRO, CIDADANS A LAMA 24.11.2016

Entrevistamos a Andrés Cal Malleiro, concelleiro de Cidadáns na Corporación Municipal da Lama, quen nos comentou os pasos que vai dando o seu proxecto de crear un circuito de Autocross no Monte do Ceo. Expuso xa esta proposta aos comuneiros que apoiaron inicialmente esta proposta que se canalizará a través dun acordo plenario do Concello coa intención de que o circuito sexa municipal.

OTERO PREBENZXAMINS 23.11.2016

OTERO OTERO PREBENXAMINS MUNDO DEPORTIVO RADIO NOVA

Entrevista a Miguel Dios (Miguelón) en MUNDO DEPORTIVO 23.11.2016

Entrevista a Miguel Dios (Miguelón) en MUNDO DEPORTIVO

Entrevista a Miguel Doallo sobre o curso de técnica de relaxación e estrés 23.11.2016

Entrevista a Miguel Doallo sobre o curso de técnica de relaxación e estrés

Entrevista a Ricardo Castro Martínez voceiro do PP de Ponte Caldelas 23.11.2016

Entrevista a Ricardo Castro Martínez voceiro do PP de Ponte Caldelas

Programa "Reboada de Sons" III 23/11/2016 23.11.2016

Entrevista a Toni Carreiro no programa REBOADA DE SONS

Programa "Reboada de Sons" II 23/11/2016 23.11.2016

Entrevista a Lolo Portela no programa REBOADA DE SONS

Programa "Reboada de Sons" I 23/11/2016 23.11.2016

Entrevista a Cándido de Laranxada de Limón no programa REBOADA DE SONS

Entrevista a Vera Bande do SCD Ponte Caldelas Feminino en MUNDO DEPORTIVO 22.11.2016

Entrevista a Vera Bande do SCD Ponte Caldelas Feminino en MUNDO DEPORTIVO

Entrevista a Paula Casal, avogada e directora do CIM de Ponte Caldelas 22.11.2016

Entrevista a Paula Casal, avogada e directora do CIM de Ponte Caldelas

Listen to the RADIO NOVA podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.