Radio Cerna
Podcast Radio Cerna
Radio CERNA é o primeiro espazo radiofónico especializado na temática medioambiental e ecoloxista en Galiza. Está realizado pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) para difundir a través da rede e das emisoras locais galegas toda a información relativa á situación medioambiental do país. O espazo dura uns 10 minutos e actualízase todos os días de luns a venres.
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Boletín informativo ambiental 04/10/19 04.10.2019 10:01
Escoita o boletín informativo ambiental da semana no que facemos repaso ás novas dos últimos días máis relevantes do medio ambiente galego.
Boletín informativo ambiental 27/09/19 27.09.2019 10:01
Hoxe terá lugar a gran mobilización polo Clima convocada polo movemento xuvenil internacional Fridays for Future. Milleiros de persoas sairán á rúa no día de hoxe para reclamar un futuro para as novas xeracións. Aquí en Galiza, responde ao chamado o Movemento Galego polo Clima que xa apoian máis de 70 entidades de todo o país. Se queres saber máis deste evento e dos demais acontecementos relevante...
Boletín informativo ambiental 20/09/19 20.09.2019 10:00
A folga climática mundial e a súa pegada en Galiza, a transición ecolóxica, o impacto dos eólicos ou a política de incendios forestais da Xunta son algúns dos temas ambientais que nos deixa esta semana.
Boletín informativo ambiental 06/09/19 06.09.2019 10:00
Saúdos! Desde ADEGA recuperamos a difusión de contidos da actualidade ambiental galega en Radio Cerna. Como novidade nesta nova etapa, podes consultar todas as noticias do eido ambiental aparecidas nos diarios de Galiza na páxina web de Radio Cerna (http://adega.gal/radiocerna). Atopará a clasificación das novas no apartado "Dosier ambiental". Consúltao e entérate ao día do que acontece co noso te...
Boletín informativo ambiental 19/07/19 19.07.2019 10:02
Descobre con Radio Cerna e ADEGA cales son os feitos máis destacados da actualidade ambiental galega da semana. Con este espazo despedímonos ata a vindeira tempada de contidos. Que teñas un feliz verán! Radio Cerna volve en setembro!
Boletín informativo ambiental 12/07/19 12.07.2019 10:00
Queres coñecer cales foron as novas en Galiza máis destacadas dos últimos días no terreo medioambiental e ecoloxista? Escóitanos!
Boletín informativo ambiental 05/07/19 05.07.2019 10:01
sa en poucos minutos o máis importante da actualidade ambiental galega. Aquí, en Radio Cerna!
Boletín informativo ambiental 28/06/19 28.06.2019 10:00
Coñece as novas medioambientais máis sobresaíntes dos últimos días na túa terra. Escoita Radio Cerna!
Boletión informativo ambiental 21/06/19 21.06.2019 10:02
A paralización das obras do Iribio, a autorización mineira de Erimsa en Mesía, a marcha contra as celulosas ou a nova lei do patrimonio natural..., temas da actualidade ambiental galega dos que te informará neste espazo Radio Cerna.
Boletín informativo ambiental 14/06/19 14.06.2019 10:01
Como todos os venres, repasamos a actualidade medioambiental e ecoloxista de Galiza. En Radio Cerna escoitarás as novas ambientais máis destacadas da última semana. Síguenos!
Boletín informativo ambiental 07/06/19 07.06.2019 10:03
Radio Cerna ofréceche o boletín informativo ambiental da última semana, coas novas máis frescas sobre o medio ambiente e o ecoloxismo de Galiza. Escoita!
Boletín informativo ambiental 31/05/19 31.05.2019 10:01
Ás portas da semana mundial do Medio Ambiente, repasamos a actualidade ambiental que nos deparou a última semana aquí en Galiza. Coñece a actualidade ambiental galega con Radio Cerna!
Boletín informativo ambiental 24/05/19 24.05.2019 10:02
Neste espazo de radio descubre cales foron as novas ambientais máis sobresaíntes da semana en Galiza. Con ADEGA e Radio CERNA
O primeiro xeoparque galego: O Courel! 10.05.2019 10:00
A Serra do Courel xa é un dos 140 xeoparques que hai en todo o mundo. O GDR Ribeira Sacra-Courel impulsou esta iniciativa co gallo de dar a coñecer mundialmente o valor xeolóxico da montaña courelá, crear un novo recurso turístico e unha nova oportunidade de desenvolvemento socioeconómico para a poboación local.
Boletín informativo ambiental 26/04/19 26.04.2019 10:03
Recuperamos a emisión de Radio Cerna logo dunha semana de pausa. Hoxe volvemos a abordar a actualidade ambiental galega, e a partir de agora todos os venres. Tamén na túa emisora local! Escoita Radio Cerna!
Boletín informativo ambiental 12/04/19 12.04.2019 10:01
Escoita o programa de radio no que facemos repaso da actualidade ambiental e ecoloxista de Galiza. Desde hoxe ata o vindeiro 26 de abril non emitiremos espazos con contidos actualizados debido á reestruturación da nosa programación. Agardámoste daquela!
Adela Figueroa Panisse, premio Osíxeno de Honra de ADEGA 10.04.2019 10:00
A catedrática en bioloxía, escritora e expresidenta de ADEGA, Adela Figueroa Panisse, vén de recibir o premio Osíxeno de Honra que outorga a asociación ecoloxista ADEGA a persoas cunha comprometida traxectoria vital co medio ambiente galego. Hoxe falamos coa galardoada, coa que repasaremos algúns dos fitos da súa vivencia no ecoloxismo galego.
ADEGA outorga os premios osíxeno e dioxina de 2018 08.04.2019 10:03
Os premios de ADEGA ás mellores e peores actitudes ambientais do ano 2018 foron entregados o pasado 31 de marzo en Bueu no marco da 43 Asemblea Xeral do colectivo ecoloxista galego. Os galardóns osíxeno recaeron en movementos ecoloxistas que defenden os ríos e os montes. Os dioxina foron parar a persoas e colectivos que priman os intereses da industria mineira sobre os sociais e ambientais. Se que...
Boletín informativo ambiental 22/03/19 05.04.2019 10:02
Se queres coñecer en pouco tempo as novidades ambientais da semana aquí en Galiza, este é o teu espazo! Preme e escoita!
Boletín informativo ambiental 05/04/19 05.04.2019 10:02
Coñece a actualidade ambiental galega con Radio Cerna. Só 10 minutos de escoitas para estar ao día!
O Río Gafos declarado como Espazo Natural de Interese Local 03.04.2019 10:05
Tras 8 anos de incertidume, por fin a Xunta declara o Río Gafos de Pontevedra como Espazo Natural de Interese Local (ENIL). Esta figura de protección ambiental implicará un plan de investimentos por parte do Concello de Pontevedra para favorecer a conservación do espazo e a recuperación dos seus valores naturais. A Asociación Vaipolorío foi unha das impulsoras desta iniciativa que agora vén de aca...
O Estado achanta e cuestiona a legalidade da prórroga de ENCE na Ría de Pontevedra 01.04.2019 10:01
ENCE vén de recibir un "mazazo" do goberno do Estado, o cal considera que a prórroga outorgada polo goberno en funcións de Mariano Rajoy non é conforme a dereito. Así o explicita un informe do avogado do Estado e unha resolución xudicial que se suman aos argumentos contra a prórroga de APDR, o Concello de Pontevedra e Greenpeace. Este cambio de rumbo do goberno estatal é acollido con satisfacción...
A recente vaga de lumes centraliza a actualidade ambiental galega da última semana, que repasamos no Boletín informativo 29.03.2019 10:01
Neste espazo facemos repaso da actualidade ambiental de Galiza na que, lamentablemente, os lumes forestais volven ser o epicentro informativo. Preme para escoitar.
Centos de miles de eucaliptos eliminados na I Deseucaliptización simultánea de Galiza 27.03.2019 9:59
A pasada semana, Galiza viviu a súa primeira deseucaliptización simultánea promovida por Cousa de Raíces, a plataforma a prol do bosque galego. Con motivo do Día Mundial dos Bosques animou a sociedade galega a participar de forma colectiva e simultánea no arrincado de pés de eucalipto e doutras especies exóticas que invaden os montes galegos. Os resultados alentan a realización de novas xeiras des...
Centos de miles de eucaliptos eliminados na I Deseucaliptización simultánea de Galiza 27.03.2019 9:59
A pasada semana, Galiza viviu a súa primeira deseucaliptización simultánea promovida por Cousa de Raíces, a plataforma a prol do bosque galego. Con motivo do Día Mundial dos Bosques animou a sociedade galega a participar de forma colectiva e simultánea no arrincado de pés de eucalipto e doutras especies exóticas que invaden os montes galegos. Os resultados alentan a realización de novas xeiras des...
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.