Corcovadomusica

Podcast de Corcovadomusica

Music GL ↓ 579 episodes

Canal do programa de radio especializado O Recanto do Corcovado (Radio Crónica Mérida, Cuac FM A Coruña, Radio Municipal de Redondela).

Author

Corcovadomusica

Category

Music

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Jun 27, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android 5M+ downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Programa1225 22.03.2020

Edición número 1225 de O Recanto do Corcovado, emitida o venres 20 de marzo por Radio Crónica Folk Musical e o sábado 21 por Cuac FM A Coruña e a Radio Municipal de Redondela. Estreamos "Lesmas secas", primeiro adianto do novo disco de Caxade. Entran tamén os novos traballos de Timo Lassy coa sección de ventos da Ricky-Tick Big Band e do trío Taracea. Completamos o programa con pezas de Xabier Día...

Programa1224 15.03.2020

Edición número 1224 de O Recanto do Corcovado, emitida o venres día 13 de marzo por Radio Crónica Folk Musical e o sábado 14 por Cuac FM A Coruña e a Radio Municipal de Redondela. Estreamos os últimos discos de Xabier Díaz e as Adufeiras de Salitre, ademais de adiantar pezas dos novos discos de Mulatu Astatke & Black Jesus Experience e Natalie Greffel. Entran tamén pezas do Son Trío, Fernando Barr...

Programa1223 08.03.2020

Edición número 1223 de O Recanto do Corcovado, emitida o venres 6 de marzo por Radio Crónica Folk Musical e o sábado 7 a través de Cuac FM A Coruña e a Radio Municipal de Redondela. Estreamos os novos discos do Son Trío, Fernando Barroso e Areni Agbabian. Soan tamén pezas dende os últimos traballos de Iris Azquinezer e Sés.

Programa1222 29.02.2020

Edición número 1222 de O Recanto do Corcovado, emitida o venres 28 de febreiro por Radio Crónica Folk Musical e o sábado 29 pola Radio Municipal de Redondela e Cuac FM A Coruña. Estreamos os novos discos de Sés e Amir John Haddad "El Amir". Adiantamos tamén varios cortes do novo traballo de Fernando Barroso e completamos con Xabier Díaz e as Adufeiras de Salitre e Marco Mezquida a dúo con Chicuelo...

Programa1221 23.02.2020

Edición número 1221 de O Recanto do Corcovado, emitida o venres 21 de febreiro por Radio Crónica Folk Musical e o sábado 22 por Cuac FM A Coruña e a Radio Municipal de Redondela. Estreamos os novos discos de Vassvik, Ballaké Sissoko & Baba Sissoko, Black String, Peter Eldh e Joe Lovano & Tapestry. Completamos con temas extraídos do último disco dos alemáns Masaa.

Programa1220 16.02.2020

Edición número 1220 de O Recanto do Corcovado, emitida o venres 14 de febreiro por Radio Crónica Folk Musical e o sábado 15 a través de Cuac FM A Coruña e a Radio Municipal de Redondela. Estreamos un adianto de "As catedrais silenciadas", o novo disco de Xabier Díaz e as Adufeiras de Salitre, ademais dos novos traballos das Juurakko e do Duo Selina. Completamos con Rodrigo Cuevas, Xico de Carinho,...

Programa1219 09.02.2020

Edición número 1219 de O Recanto do Corcovado. Puidéstela escoitar o venres 7 de febreiro a través de Radio Crónica Folk Musical e o sábado 8 por Cuac FM A Coruña e a Radio Municipal de Redondela. Estreamos oficialmente os novos discos de Niemi, Tallari e Xico de Carinho. Soan tamén pezas da Piirainen/Blom/Company, Sés e Faia.

Programa1218 02.02.2020

Edición número 1218 de O Recanto do Corcovado, emitida o venres 31 de xaneiro por Radio Crónica Folk Musical e o sábado 1 de febreiro por Cuac FM A Coruña e a Radio Municipal de Redondela. Estreamos o novo disco dos Oreka TX e un adianto do novo de Sés. Soan tamén Tanxugueiras, Rodrigo Cuevas e o último traballo para ECM do trío formado por David Torn, Tim Berne e Ches Smith.

Programa1217 26.01.2020

Edición número 1217 de O Recanto do Corcovado, emitida o venres 24 de xaneiro por Radio Crónica Folk Musical e o sábado 25 a través de Cuac FM A Coruña e a Radio Municipal de Redondela. Estreamos en primicia o novo disco dos alemáns Masaa, ademais dun adianto do novo da Piirainen/Blom/Company. Soan tamén os últimos traballos de Niemi, Tautumeitas, Terry Riley & Kronos Quartet e Larry Grenadier.

Programa1216 19.01.2020

Edición número 1216 de O Recanto do Corcovado, emitida o venres 17 por RCFM e o sábado 18 a través de Cuac FM A Coruña e a Radio Municipal de Redondela. Faia e Rodrigo Cuevas asinan os discos destacados da semana. Escoitamos tamén pezas de Teija Niku, Niemi, Tero Hyväluoma & Matias Tyni e Reto Bieri & Meta4.

Programa1215 12.01.2020

Edición número 1215 de O Recanto do Corcovado, emitida o venres 10 de xaneiro por Radio Crónica Folk Musical e o sábado 11 por Cuac FM e a Radio Municipal de Redondela. Segundo programa adicado aos mellores discos do 2019. Repasamos do posto 5 ao 1. Soan, por orde descendente: 5. Marco Mezquida & Chicuelo: "No hay dos sin tres". Autoedición. 4. Xosé Miguélez: "Ontology". Origin Records. 3. Caoimhí...

Programa1214 05.01.2020

Edición número 1214 de O Recanto do Corcovado, emitida o venres 3 de xaneiro por Radio Crónica Folk Musical e o sábado 4 por Cuac FM A Coruña e a Radio Municipal de Redondela. Repaso aos mellores 15 discos do 2019. Descubrimos do posto 15 ao 6. Soan por orde descendente: 15. Pauanne 14. Miquel Gil 13. Su Garrido Pombo 12. Salvador Sobral 11. The Gloaming 10. Antti Paalanen 9. Vildá 8. Marcelo DoBo...

Programa1213 28.12.2019

Edición número 1213 de O Recanto do Corcovado, emitida o venres 27 de decembro a través de RCFM Radio Crónica Folk Musical e o sábado 28 a través da Radio Municipal de Redondela e de Cuac FM. Centrámonos nos últimos discos de Max Richter ("Voyager") e de Ludovico Einaudi ("Seven Days Walking"), autores contemporéneos con certo percorrido popular.

Programa1212 22.12.2019

Edición número 1212 de O Recanto do Corcovado, emitida o venres 20 de decembro por Radio Crónica Folk Musical e o sábado 21 a través de Cuac FM A Coruña e a Radio Municipal de Redondela. Xavier de Bétera e as Tanxugueiras asinan os dous discos destacados da semana. Completamos con temas de Miquel Gil, Javier Paxariño e Marco Mezquida & Chicuelo.

Programa1211 14.12.2019

Edición número 1211 de O Recanto do Corcovado, emitida o venres 13 de decembro por Radio Crónica Folk Musical e o sábado 14 por Cuac FM e a Radio Municipal de Redondela. Adicamos o programa na súa totalidade á música do pianista de Maó Marco Mezquida. Centrámonos nos seus últimos discos, "No hay dos sin tres" e "Conexión", a dúo con Chicuelo. Soan tamén temas de "Ravel's Dreams" e "Òrrius Concert"...

Programa1210 07.12.2019

Edición número 1210 de O Recanto do Corcovado, emitida o venres 6 de decembro por Radio Crónica Folk Musical e o sábado 7 por Cuac FM A Coruña e a Radio Municipal de Redondela. Adicamos o programa a estreas peninsulares: presentámosvos os novos discos e Javier Paxariño, Miquel Gil e Iriz Azquinezer.

Programa1209 30.11.2019

Edición número 1209 de O Recanto do Corcovado, emitida o venres 29 de novembro por Radio Crónica Folk Musical e o sábado 30 por Cuac FM A Coruña e a Radio Municipal de Redondela. Escoitamos os novos discos de Iiro Rantala, Kalle Kalima & Knut Reiersrud e Dominic Miller. Soa tamén un adianto do novo traballo de Rodrigo Cuevas. Completamos con Marcelo DoBode e as Tanxugueiras.

Programa1208 23.11.2019

Edición número 1208 de O Recanto do Corcovado, emitida o venres 22 de novembro por Radio Crónica Folk Musical e o sábado 23 a través da Radio Municipal de Redondela e máis Cuac FM A Coruña. Estreamos os novos discos de Tanxugueiras, Aida Saco Beiroa, Marcelo DoBode e do Aka Trío. Completamos con Caoimhín Ó Raghallaigh & Thomas Bartlett.

Programa1207 17.11.2019

Edición número 1207 de O Recanto do Corcovado. Foi emitida o venres 15 de novembro por Radio Crónica Folk Musical e o sábado 16 por Cuac FM A Coruña e a Radio Municipal de Redondela. Estreamos os novos discos de Devendra Banhart e Santana & Buika. Falamos da xira de presentación de Immersión, o novo de Guadi Galego, e completamos dende Finlandia con Palomylly e dende Estonia cos Puuluup.

Programa1206 10.11.2019

Edición número 1206 de O Recanto do Corcovado, emitida o venres 8 de novembro do 2019 por Radio Crónica Folk Musical e o sábado 9 a través de Cuac FM A Coruña e a Radio Municipal de Redondela. Adicamos a hora a distintos discos publicados polo selo alemán ECM ao longo dos últimos meses. Soan pois os últimos traballos de Joe Lovano & Enrico Rava, Yonathan Avishai, Vijay Iyer & Craigh Taborn e Miche...

Programa1205 02.11.2019

Edición número 1205 de O Recanto do Corcovado, emitida o venres 1 de novembro por Radio Crónica Folk Musical e o sábado 2 por Cuac FM A Coruña e a Radio Municipal de Redondela. Estreamos os novos discos de Palomylly e Rhiannon Giddens, desta volta a dúo con Francesco Turrisi. Entra tamén "Desposorio", primeiro adianto do novo traballo das Tanxugueiras. Completamos con pezas de Guadi Galego e Caoim...

Programa1204 27.10.2019

Edición número 1204 de O Recanto do Corcovado, emitida o venres 25 de outubro por Radio Crónica Folk Musical e o sábado 26 a través de Cuac FM A Coruña e a Radio Municipal de Redondela. Guadi Galego preséntanos "Immersión", o noso disco destacado da semana. Estreamos tamén os novos discos da Jarmo Saari Republic e do dúo formado por Bill Frisell e Thomas Morgan. Completamos con temas do Gaizca Pro...

Programa1203 20.10.2019

Edición número 1203 de O Recanto do Corcovado, emitida o venres 18 de outubro por Radio Crónica Folk Musical (Mérida) e o sábado 19 pola Radio Municipal de Redondela e Cuac FM A Coruña. Estreamos o novo disco de Faarao Pirttikangas cos Nubialaiset e tamén o disco conxunto "Kalevala elävänä tai kuolleena". Soan temas de Pekko Käppi & K:H:H:L, Suistamon Sähkö e do propio Faarao Pirttikangas. Complet...

Programa1202 13.10.2019

Edición número 1202 de O Recanto do Corcovado, emitida o venres 11 de outubro por Radio Crónica Folk Musical e o sábado 12 pola Radio Municipal de Redondela e Cuac FM A Coruña. Estreamos os novos discos dos estonios Puuluup e do proxecto peninsular Gaizca Project. Completamos co sobresaliente disco instrumental de Caoimhín Ó Raghallaigh & Thomas Bartlett.

Programa1201 05.10.2019

Edición número 1201 de O Recanto do Corcovado, emitida o venres 4 de outubro por Radio Crónica Folk Música e o sábado 5 por Cuac FM A Coruña e a Radio Municipal de Redondela. Estreamos os últimos discos de Brad Mehldau, Avishai Cohen e a Espoo Big Band. Completamos coa música do Ilmiliekki Quartet.

Listen to the Podcast de Corcovadomusica podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.