Pury González

Podcast AROUSA SI RADIO

News GL ↓ 3733 episodes

Información Local e Comarcal de luns a venres en Arousa Pontevedra Día a Día, a actualidade dos nosos concellos e comarcas: Salnés, Barbanza, Ulla-Umia, Pontevedra...

Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.ivoox.com

Author

Pury González

Category

News

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Jul 27, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android almost 10M downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

FINALIZADA A SENDA PEONIL E CICLISTA ENTRE O POLIGONO DE RIBADUMIA E VILARIÑO 19.12.2018

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, xunto co delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, supervisou esta mañá o resultado das obras de construcción da senda peonil e ciclista na estrada PO-300, entre o Polígono do Salnés e Vilariño. Unha obra de preto de 300.000 euros que se enmarca no Plan de Sendas de...

SANXENXO ACOLLE O CAMPIONATO DE ESPAÑA DE SELECCIONS AUTONOMICAS 18.12.2018

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 Sanxenxo acollerá o 27, 28 e 29 de Decembro a primeira fase do Campionato de España de Seleccións Autonómicas. Os campos de futbol de Baltar e Vilalonga serán a sede dos encontros entre as seleccións de Galicia, Extremadura e Comunidade Valenciana, tal como explicaban esta mañá o Presidente da Federación de Fútbol, Rafael Louzán, e o alcalde de Sanxenxo, T...

O PP DE VILAGARCIA ESTUDIA DENUNCIAR AO PSOE POR DIFAMACIONS SOBRE A MARCHA DO AF7 18.12.2018

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O Partido Popular de Vilagarcía volveu a sair ao paso ante a polémica xerada pola decisión da organización do Arosa Fútbol-7 de marchar a outro concello por diferencias co goberno municipal. O presidente da formación, Alfonso González Gallego, amosou su "profundo malestar" polas declaracións do PSOE nas que sinala ao PP local como presunto mediador para qu...

A PRAZA DE FEFIÑANS SEGUIRA PECHADA MENTRES CONTINUEN AS OBRAS 17.12.2018

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O Concelleiro de Obras e Servizos de Cambados responde aos comerciantes e hosteleiros da Rúa Real críticos co peche da Praza de Fefiñáns. José Ramón Abal afirma que a situación manterase durante o tempo que continúen as obras previstas de soterramento do cableado de telecomunicacións. O Concello manterá unha xuntanza a vindeira semana con Telefónica para p...

CAMBADOS SUSTITUE MAIS DE 240 LUMINARIAS 17.12.2018

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O concello de Cambados inicia un novo proxecto para continuar aumentando o aforro enerxético na vila. Concretamente, a Concellería de obras e servizos ten previsto unha actuación de cambio de 242 luminarias por outras de tipo LED, nas estradas da avenida de Castrelo, en O Couto de Abaixo, na avenida de Madrid, na Praza do Concello, na variante do Salnés, n...

GALA SOLIDARIA DE NADAL EN CAMBADOS A PROL DE ESPERANZA SALNES 14.12.2018

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 Cambados continúa apostando por apoiar a Esperanza Salnés para sacar adiante a súa economía sempre precaria, neste caso cunha iniciativa solidaria de Nadal. Será unha Gala que terá lugar o venres 28 no Auditorio Municipal a partir das 21 horas, cuxa recadación na venda de entradas irán íntegra a Esperanza Salnés. As actuacións correrán a cargo do monologui...

FAMILIAS DESFAVORECIDAS DE CAMBADOS TERAN TAMEN XOGUETES NOVOS ESTE NADAL 14.12.2018

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O Concello de Cambados quere que os nenos e nenas das familias máis desfavorecidas do municipio teñan tamén xoguetes novos como agasallo de Nadal. Por eso, a maiores da tradicionalo recollida de xoguetes usados, o goberno local investirá preto de 3.000 euros para a merca de xoguetes novos, tal como nos contaba esta mañá o Concelleiro de Servizos Sociais, T...

O PSOE DEFENDE A SUA AUSENCIA NA MANCOMUNIDADE POLAS DECLARACIONS DE DURAN CONTRA CARMELA SILVA 14.12.2018

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 Alcaldes e concelleiros do PSOE da comarca do Salnés defenderon esta mañá a súa ausencia no pleno da Mancomunidade do Salnés que aprobou o orzamento para o 2019 de 4,3 millóns de euros, un 37 por cento máis que este ano. Tal como estaba anunciado, os socialistas non acudiron ao pleno para visibilizar o seu rexeitamento a raiz das polémicas declaracións de...

O PLAN REVITALIZA VISITA OS CENTROS EDUCATIVOS DA PROVINCIA PARA ACHEGAR AOS MÁIS PEQUENOS O MUNDO DA COMPOSTAXE 14.12.2018

Falamos con Manolo Domínguez, membro da consultora medioambiental Ventos que traballa co CEIDA para levar o Plan Revitaliza da Deputación de Pontevedra aos centros educativos da provincia. Comentounos o labor que levan a cabo para sensibilizar aos máis cativos sobre a importancia da compostaxe dun xeito lúdico e educativo en total sintonía e colaboración cos profesores co fin de que as ensinanzas...

VILAGARCIA ATRIBUE A MOTIVOS POLITICOS A MARCHA DO TORNEO AF7 13.12.2018

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O Concello de Vilagarcía defendeu esta mañá a súa posición sobre a posible marcha do Torneo Alevín Arousa Fútbol 7 que se ven celebrando na vila dende hai 23 anos. O goberno local lamenta a situación pero, en todo caso, agarda que os organizadores reconduzan a decisión e retomen as reunións coa Fundación de Deportes para conseguir que o AF7 quede en Vilaga...

O TRANSFORMADOR DE FENOSA DE VILAXOAN ESTARA SOTERRADO NUN BUNKER 13.12.2018

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela, responde as críticas de PP e EU pola reubicación baixo a futura escola infantil de Vilaxoán do transformador que actualmente se encontra ao carón do lavadoiro. Segundo o rexedor, ambas formacións están creando unha alarma social que responde a connotacións electoralistas, xa que o novo transformador estará soterrado...

CAMBADOS MOBILIZASE CONTRA O PECHE DO CENTRO DE SAUDE POLAS TARDES 13.12.2018

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Salnés visibilizou esta mañá o seu apoio á concentración convocada polo Concello de Cambados contra o peche do centro de saúde polas tardes dende o 10 de decembro ao 14 de xaneiro. A mobilización terá lugar este sábado ás 12 do mediodía cunha cadea humana que rodeará o ambulatorio. A esta acción súmase unha re...

UN NOVO PROXECTO MELLORARA A REDE DE SANEAMENTO NO RIO DA UCHA, EN CORVILLON 12.12.2018

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O Concello porá en marcha o vindeiro ano un proxecto de mellora da rede de saneamento (residuais e pluviais) no lugar do Río da Ucha, en Corvillón. A actuación está valorada en preto de 80.000 euros, que serán financiados a través do Plan Concellos 2019. O proxecto incluirá a instalación de novas canalizacións de fecais e pluviais ao longo dun tramo de 400...

CAMBADOS ESTREA UNHA GALA DE REIS E REEDITA O NADAL NAS PARROQUIAS 12.12.2018

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 Cambados completa a súa programación de Nadal con actividades nas parroquias. Talleres, xogos, animación, circo ou música son algunas das propostas que a Concellería de Cultura ten preparadas para as casas de cultura de Oubiña, Vilariño, Castrelo e Corvillón, os días 23 e 30 de decembro e 3 e 4 de xaneiro, todas elas ás 18 horas. Ademáis, como novidade est...

UNHA VECIÑA DO GROVE AMOSA EN VIDEO A SUA EXPERIENCIA CUN COMPOSTEIRO INDIVIDUAL 12.12.2018

Falamos con Tita Álvarez, veciña do Grove, para coñece-las súas experiencias a raíz da instalación na súa casa dun composteiro individual dentro do Plan Revitaliza da Deputación de Ponteveddra. Tita, que está afeita ao sector da comunicación, gravou un vídeo de como instalar un composteiro e vai dando consellos de como montalo e o cómodo que resulta para dar saída dun xeito sostible e en harmonía...

A ILLA ABRE O SABADO O NADAL COS MAIS PEQUES DA ESCOLA DE MUSICA 11.12.2018

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O Concello da Illa presentou esta mañá o programa de Nadal que comeza este sábado e ademáis pecha as actividades do X aniversario do Auditorio. Día de Demostración dos máis pequenos da Escola de Música, Papa Noel, a Apalpadora, cine para os máis cativos, Uxía en concerto e María Fumaça acompañarán a Papa Noel e os Reis Magos este ano. Así o explicaba a con...

A media maraton de zona aberta recada 2.514 euros para caritas 11.12.2018

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 A Media Maratón Solidaria do pasado novembro, organizada por Zona Aberta de Vilagarcía en favor de Cáritas, conseguiu unha recadación de 2.514 euros, 10 euros máis que o ano pasado. A asociación de comerciantes de Vilagarcía fixo entrega do cheque esta mañá á representante do Cáritas, Mar Viqueira, que agradecía a donación.

O ceip de nantes tera pista polideportiva cuberta a finais deste ano 10.12.2018

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O deputado provincial de Cooperación, Carlos López Font, e o alcalde de Sanxenxo, Telmo Martín, visitaron esta mañá as obras que se están executando para a construción dunha nova pista polideportiva cuberta no CEIP Nantes. Trátase dunha obra financiada a través do Plan Concellos 2017, cun investimento total da Deputación de 253.131,76 euros. Os traballos c...

NOVE ADEGAS PRESENTARAN SEUS VIÑOS ESPUMOSOS NA FESTA DO ALBARIÑO DE INVERNO 10.12.2018

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 Os viños espumosos de 9 adegas da D.O. Rías Baixas estarán presentes na I Festa do Albariño de Inverno de Cambados que se celebrará este sábado 15 de decembro e terá como pregoeira a Merchi Álvarez. Co mesmo formato que na tradicional Festa do Albariño, no evento poderanse degustar as variedades de viños espumosos das adegas Terra de Asorey, Novavila, Mart...

O GROVE, PUNTEIRO NO PLAN REVITALIZA DA DEPUTACION 10.12.2018

Falamos con Quique Pintos, mestre composteiro que realiza o seu traballo no Grove e é un perfecto coñecedor do Plan Revitaliza da Deputación de Pontevedra. Pintos falounos da importancia de poder recuperar o aporte dos orgánicos que producimos no noso fogar para poder devolvelo ao medio ambiente en forma de compost, dun xeito natural e en harmonía co medio ambiente. O Plan Revitaliza da Deputación...

UNS 400 DEPORTISTAS PARTICIPARAN ESTA FIN DE SEMANA NO SALNES NO TORNEO INTERNACIONAL DE BALONMAN 05.12.2018

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O Salnés acolle esta fin de semana o "VII Torneo Internacional Galicia-Salnés de Balonman" no que participarán equipos de Galicia, Asturias, Portugal, Holanda e Arxelia. O campionato terá 6 categorías, infantil, cadete e xuvenil, tanto masculino como femenino, cun total de 400 deportistas. No torneo xogaránse 60 partidos que se disputarán nos pavillóns mun...

A VIXIANCIA POLICIAL INCREMENTARASE EN VILAGARCIA NAS NOITES DA FIN DE SEMANA 04.12.2018

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 A Subdelegación do Goberno incrementará a vixiancia da policía nacional durante as noites das fins de semana en Vilagarcía para controlar aos seis autores habituais dos roubos con forza que están aumentando nas últimas semanas na localidade. Así se acordou na Xunta Local de Seguridade que se reuniu esta mañá con carácter extraordinario no Concello, trala p...

A SENTENZA POLO TALASO ABRE A VILANOVA A VIA PENAL 04.12.2018

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 A sentencia que da a razón a Deputación no recurso presentado polo Concello de Vilanova contra a institución provincial por negarlle a financiación para construir a piscina volve a xerar cruce de declaracións. O deputado provincial de Vilanova, Javier Dios, instou ao alcalde, Gonzalo Durán, a “pedir perdón” e a demitir” tras perder o recurso . Tamén a pres...

CAMBADOS TRANSFORMA O SALON PEÑA NUNHA ESTACION DE TREN NAVIDEÑA 04.12.2018

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 Cambados prende mañá o alumeado de Nadal, as 19.30 horas, nun acto ao carón da árbore instalada na Praza do Concello e ao que está convidada toda a veciñanza. Ademáis, este ano, baixo o titulo de “Próxima Parada: o Nadal”, o Salón Peña convertese nunha Estación de Tren Temática Polar Express, na que do 22 ao 31, desenvolveranse unha chea de obradoiros, inc...

A VIXIANCIA POLICIAL INCREMENTARASE EN VILAGARCIA NAS NOITES DA FIN DE SEMANA 04.12.2018

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 A Subdelegación do Goberno incrementará a vixiancia da policía nacional durante as noites das fins de semana en Vilagarcía para controlar aos seis autores habituais dos roubos con forza que están aumentando nas últimas semanas na localidade. Así se acordou na Xunta Local de Seguridade que se reuniu esta mañá con carácter extraordinario no Concello, trala p...

Listen to the Podcast AROUSA SI RADIO podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.