Pury González

Podcast AROUSA SI RADIO

News GL ↓ 3733 episodes

Información Local e Comarcal de luns a venres en Arousa Pontevedra Día a Día, a actualidade dos nosos concellos e comarcas: Salnés, Barbanza, Ulla-Umia, Pontevedra...

Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.ivoox.com

Author

Pury González

Category

News

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Jul 27, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android almost 10M downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

O CENTRO DE A MERCED EN CAMBADOS ESTREA AULA DE INFORMATICA 06.03.2019

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O Centro de A Merced en Cambados estrea Aula de Informática, con equipos actualizados e velocidade de navegación de 300 megas. A actuación, promovida polo Concello, foi realizada polos alumnos do Obradoiro Emprende Xoven, que tamén executaron outras melloras nos diferentes centros culturais das distintas parroquias, así como na Biblioteca Luis Rey. A nova...

VILAGARCIA CALIFICA DE LESIVO O PLAN DE TRANSPORTE DA XUNTA 01.03.2019

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O Concello de Vilagarcía súmase a outros concellos e entidades da comarca e tamén presenta alegacións ao Plan de Transporte da Xunta que entrará en vigor o vindeiro ano. O alcalde Alberto Varela e a Concelleira de Urbanismo, Paola María, argumentaban esta mañá os motivos das súas reclamacións a un proxecto que califican de decepcionante para Vilagarcía e p...

O BNG EXIXE NON SEGUIR POÑENDO EN RISCO A VIDA DOS VECIÑOS DO SALNES 01.03.2019

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O Grupo Parlamentario do BNG presentou na Cámara Galega unha Proposición non de lei instando á Xunta a que convoque un novo concurso para o Servizo de Transporte Sanitario Urxente Terrestre que a Fundación Pública que dote á comarca do Salnés dunha ambulancia de soporte vital avanzado de xeito permanente. A formación nacionalista considera imprescindible n...

O COMERCIO DE CAMBADOS ORGANIZA DESMARKET PARA SER REFERENTE DO SECTOR NA COMARCA 01.03.2019

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O comercio de Cambados fai unha nova aposta para tentar ser un referente do sector na comarca mediante unha iniciativa novidosa baixo a denominación de “Desmarket”. Está promovida pola Asociación Zona Centro e o Concello e celebrarase do 29 ao 31 de marzo no Salón Peña e trata de “desmarcarse” do tradicional, de ahí o seu nome. Trátase dun multiespazo de d...

AS PRAZAS DAN O SALTO A INTERNET CUNHA WEB ON LINE CONXUNTA 28.02.2019

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 As prazas de abastos de Sanxenxo, Vilanova e O Grove dan o salto a internet a través dunha páxina web de venda on line de todos os productos que se encontran nos mercados. Trátase dunha iniciativa conxunta entre catorce prazas de toda Galicia a través dun convenio entre a Federación Galega de Prazas de Abastos e a Xunta de Galicia, no que se investiron 150...

A PLATAFORMA PRESENTA ALEGACIONS AO DECRETO DAS AREAS SANITARIAS 28.02.2019

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de O Salnés presentará esta tarde alegacións a totalidade do borrador do Decreto da Xunta que regula as novas Áreas Sanitarias. Tras analizar o documento, a Plataforma atopou algunhas modificacións que non entenden, como é o caso das diferencias entre os organigramas directivos nas diferentes áreas. Ademáis, cons...

A CARREIRA LADESOL VOLVE A FOMENTAR A SOLIDARIDADE POR ANGOLA 27.02.2019

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 Xa está en marcha a V Carreira Solidaria Ladesol, que organiza cada ano o colexio San Francisco co fin de fomentar o deporte pero tamen os valores solidarios e a sensibilidade da cidadanía. A proba será o domingo 24 marzo con saída da Avenida da Mariña ás 10 horas. Toda a familia pode participar nos diferentes percorridos: entre 100 metros e 10 kms da Carr...

COMEZAN AS OBRAS DE MELLORA DE BEIRARRUAS NA AVENIDA VILARIÑO DE CAMBADOS 26.02.2019

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O Concello de Cambados xa ten en marcha as obras de mellora estética e seguridade das beirarrúas da Avenida Vilariño en ambos marxes. O proxecto conta cun orzamento de 30.000 euros, que se financian co Plan Concellos 2017. As obras, que está a executar a empresa Coto de Uz, exténdense nun tramo de 280 metros e estarán rematadas nun mes. Ademáis de realizar...

ZONA CENTRO PREPARA UN MES DE MARZO MOI ACTIVO 26.02.2019

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O comercio de Cambados celebra o Día do Pai repartindo 600 euros en premios, que se distribuirán nun vale compra de 200 euros, dous de 100 euros e catro de 50 euros. Ademáis, a asociación Zona Centro tamén sorteará unha estancia familiar dunha fin de semana para catro persoas a Asturias. Asimesmo, tralo éxito da campaña dos Namorados, Concello e Zona Centr...

MAR INICIA OS PANTALANS DE CUARTA LISTA EN O XUFRE 25.02.2019

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 A Consellería do Mar acomete unha nova fase de ampliación dos pantaláns do peirao de O Xufre, en A Illa de Arousa. Desta volta trátase da construción dos atraques de cuarta lista que beneficiarán a unhas 120 embarcacións do sector mexilloeiro. A actuación, que supón un investimento de 3,8 millóns de euros, estará rematada cara o mes de setembro, tal como n...

A XUNTA INSTALA SEMAFOROS EN VILARIÑO 25.02.2019

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 A Xunta atende a demanda da Asociación O Batuqueiro de Cambados e instalará catro semáforos na estrada de Vilariño, no cruce que enlaza con Barrantes. A maiores tamén se vai a arranxar a pasarela ubicada sobre a Vía do Salnés e instalarase unha marquesina en Sameiro. O orzamento total das actuacións, que estarán rematadas antes do verán, ascende a uns 70.0...

OS PAZOS DE BAION E VISTA REAL, EXEMPLOS DA INCAUTACION AO NARCOTRAFICO 22.02.2019

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 A presencia en Arousa da Delegada do Goberno para o Plan Nacional Sobre Drogas recalou esta mañá en dúas das propiedades máis representativas da incautación de patrimonios ao narcotráfico: os Pazos de Baión e Vista Real. Son, segundo Azucena Martí, dous exemplos especialmente relevantes do retorno á sociedade das fortunas xurdidas da droga. Así o decía a d...

VILANOVA E O CONCELLO DA PROVINCIA QUE MAIS REDUCIU OS RESIDUOS A SOGAMA 22.02.2019

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O PP da Deputación escolleu o concello arousán de Vilanova para reclamar ao goberno provincial que paralize o Plan Revitaliza, xa que ao seu entender non funciona e é un saco sen fondo cun gasto de máis de 10 millóns de euros. Segundo os datos do grupo popular, o Concello de Vilanova, sen estar adherido ao Plan de Composteiros, é o municipio da provincia q...

CAMBADOS INNOVA AS ACTIVIDADES DE IGUALDADE 21.02.2019

O Concello de Cambados innova as actividades de Igualdade con dúas iniciativas novedosas que se desenvolverán ao longo deste mes de febreiro. A primeira é un Programa de Empoderamento a través das redes sociais baixo o hastag #101cambadesas. A segunda un cumio de alcaldesas que se celebrará o 27 de febreiro no Auditorio da Xuventude. Os detalles nolos explicaban esta mañá a alcaldesa de Cambados,...

O PP DUBIDA DO INFORME SOBRE O PLENO 21.02.2019

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 A negativa de convocar o pleno extraordinario recibía esta mañá a inmediata resposta do portavoz do PP. Aragunde afirma que o informe non está asinado polo secretario da Deputación senon por un “contratado ad hoc” pola Presidenta Provincial Carmela Silva e pensa que a alcaldesa ten algo que agochar.

A ALCALDESA DE CAMBADOS NON CONVOCARA O PLENO SOLICITADO POLO PP 21.02.2019

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 Finalmente a corporación municipal de Cambados non celebrará o pleno extraordinario solicitado polo PP para que a alcaldesa Fátima Abal explicara as supostas vinculacións do seu home cunha empresa relacionada presuntamente co contrabando. Así o decidiu a rexedora tras analizar as conclusións dun informe elaborado polo Presidente de secretarios e intervento...

VILANOVA INSTALA ILUMINACION LED NAS PARROQUIAS 18.02.2019

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O Concello de Vilanova comeza a mellora da iluminación pública nas parroquias coa instalación de bombillas Led en cincuenta puntos lumínicos, cun investimento de 15.000 euros. A medida suporá un aforro enerxético dun 40% e prevese que quede completada en dous anos, tal como nos explicaba esta mañá o alcalde, Gonzalo Durán.

O CLUB DE XUBILADOS DE VILANOVA CONVERTERASE EN CENTRO INTERXENERACIONAL 15.02.2019

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O Club de Xubilados converterase nun Centro Social Interxeneracional cando dentro de mes e medio estean rematadas as obras de reforma que se están realizando nas instalacións. Un proxecto de conciliación entre os maiores e os máis novos que o Concello pretende extender ás parroquias. Así o avanzaban esta mañá o alcalde, Gonzalo Durán, e o Xerente do Consor...

ARAGUNDE PROPON RECUPERAR OS GRANDES CONCERTOS DO ALBARIÑO 15.02.2019

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O Partido Popular de Cambados lanza unha proposta para recuperar os grandes concertos do Albariño contratando artistas de importante relevancia no eido musical. O portavoz da formación, Luis Aragunde, presentou esta mañá unha selección de dez grupos como Gente de Zona, Morat, Juanes, Carlos Baute, Bustamante, Chenoa ou The Pretenders con cuxos representant...

CAMBADOS SAE PERXUDICADO NO PLAN DE TRANSPORTE DA XUNTA, SEGUNDO SOMOS 14.02.2019

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O Grupo Municipal de Somos Cambados presentará alegacións ao anteproxecto do Plan de Transporte de Viaxeiros por Estrada, elaborado pola Xunta de Galicia e que actualmente está en exposición pública. Ademáis tamén trasladará as súas reclamacións ao grupo de En Marea no Parlamento de Galicia. Somos Cambados considera que a vila do albariño queda desamparada...

PORTOS REALIZA TAREFAS DE MANTEMENTO EN PORTOS DO SALNES 13.02.2019

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 Portos de Galicia está a realizar diferentes actuacións de mantemento nos peiraos de Tragove, O Xufre, Vilaxoán e Vilanova. Trátase de renovacións da madeira dos pantaláns, das barandas de seguridade e escaleiras e reparacións eléctricas e de elementos de amarre. A intervención de maior calado será a que a partir do luns se inicie nos pantaláns de terceira...

PROXECTAN UN NOVO PECHE EXTERIOR NO COLEXIO DE CORVILLON 13.02.2019

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O goberno local proxecta unha nova actuación no colexio de Corvillón para executar un peche exterior. Nolo anunciaba esta mañá o Concelleiro de Servizos Sociais, Tino Cordal, ao tempo que lembraba as obras feitas polo cuatripartito neste centro educativo ao longo da lexislatura: o parque infantil, vallados, aillamento da porta do ximnasio ou a eliminación...

OS ESCOLARES DE CAMBADOS APRENDEN BOS HABITOS ALIMENTARIOS 13.02.2019

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 Os escolares de Cambados participan nas Xornadas de Alimentación Saudable “Come Ben Medra Mellor” que organiza o Obradoiro de Emprego de Garantía Xuvenil do Concello para inculcar aos máis pequenos bos hábitos a través de xogos. A iniciativa xa tivo lugar no colexio de San Tomé, hoxe tocoulle a quenda ao de Corvillón e extenderase polos demáis centros educ...

MELLORA DA SEGURIDADE CON AMPLIACION DE CAMIÑOS EN VILARIÑO E CASTRELO 13.02.2019

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O Concello de Cambados está a mellorar a seguridade viaria en tres camiños das parroquias de Vilariño e Castrelo, concretamente en Samieiro, Sartaxes e o Facho. A actuación, executada a través do Plan Concellos por importe de 35.000 euros, permite a ampliación dos camiños ata conseguir un máximo de oito metros grazas ás cesións veciñais. Ademáis, en Samiei...

CAMBADOS NAMORA POR SAN VALENTIN 12.02.2019

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 A celebración de San Valentín chega a Cambados cunha iniciativa novidosa, organizada por Zona Centro e o Concello. A campaña dos namorados trata este ano de incentivar o comercio local durante o mes de febreiro a través das redes sociais e concertos de grupos locais. Os participantes deberán fotografarse coa súa parella nos tres photocalls, elaborados polo...

Listen to the Podcast AROUSA SI RADIO podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.