Pury González
Podcast AROUSA SI RADIO
Información Local e Comarcal de luns a venres en Arousa Pontevedra Día a Día, a actualidade dos nosos concellos e comarcas: Salnés, Barbanza, Ulla-Umia, Pontevedra...
Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.ivoox.com
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
OS TAXISTAS DE CAMBADOS ESPERARAN A QUE O USUARIO ENTRE NO DESTINO 12.04.2019 1:12
#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 Os taxistas de Cambados e o Concello colaboran nunha iniciativa para velar pola seguridade dos usuarios deste transporte público. No servizo que así llo indique o cliente, o taxista manterá un tempo de espera ata que o usuario se introduza no seu punto de destino, evitando que teña que quedar só na rúa, sobre todo en zonas peonís ou alonxadas da vía públic...
MAREA DA VILA LAMENTA A OPORTUNIDADE PERDIDA CO PLAN DE TRANSPORTE DA XUNTA 11.04.2019 0:50
#elecciónsmunicipais26m Marea da Vila lamenta que a Xunta de Galicia faga do novo Plan de Transporte unha oportunidade perdida para a vertebración da comarca ao non ter en conta a moción aprobada no pleno da corporación de Vilagarcía. A candidata de Marea da Vila, María de la O Fernández, considera que “a suba de prezos formulada pola Xunta non se corresponde coa realidade social e co feito de que...
O BNG DEMANDARA O TREN DE PROXIMIDADE EN GALICIA 11.04.2019 0:55
#elecciónsxerais28a O BNG reivindicará dende o Congreso unha liña de tren de proximidade en Galicia. Unha proposta que anunciaba esta mañá na estación de ferrocaril de Vilagarcía a cabeza de lista do BNG pola provincia de Pontevedra, Carme da Silva, acompañada da deputada galega Montse Prado, e da candidata á alcaldía de Vilagarcía, Lucía César Veloso.
A CIG IMPULSA UNHA ILP PARA A XESTION PUBLICA DOS RECURSOS HIDROELECTRICOS DE GALICIA 11.04.2019 1:03
#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O sindicato CIG promove unha Iniciativa Lexislativa Popular para a xestión pública dos aproveitamentos hidroeléctricos de Galicia. Para elo, a central nacionalista inicia unha recollida de sinaturas, que se levará a cabo durante este mes de abril, co fin de conseguir as 10.000 rúbricas que permitan a presentación da Iniciativa no Parlamento de Galicia. O o...
Apaixonate esta semana santa con catas comentadas no museo do viÑo 11.04.2019 1:06
#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O Concello de Cambados prepara para esta Semana Santa un ciclo de catas comentadas do 16 ao 21 de abril, co fin de poñer en valor e dinamizar o Museo do Viño. Baixo o nome de “Apaixónate”, nun guiño á Semana Santa, un total de 8 adegas, Martín Codax, Terras de Asorey, Don Olegario, Paco&Lola, Lagar de Costa, El Secreto de Candela, Just B Wines e Anónimas V...
A IGREXA DE A PASTORIZA LISTA PARA ACOLLER AS PRIMEIRAS ACTIVIDADES 10.04.2019 0:54
#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 A rehabilitada Igrexa da Pastoriza xa está a punto para acoller as primeiras actividades programadas dentro das Sonatas de Primavera organizadas polo Concello. Só faltan uns últimos detalles de iluminación para que poida ser o escenario do Concerto dos Amigos do Acordeón Rías Baixas, que terá lugar este sábado 13 de abril ás 20 horas e dunha representación...
RIBADUMIA VOLCASE DE NOVO CO BAILE DEPORTIVO 10.04.2019 1:20
#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O pavillón municipal de Ribadumia acolle este domingo o “VI trofeo de baile deportivo Ribadumia” clasificatorio para o ranking da Federación Española e para o Campionato Galego de Ritmos Caribeños. A proba desenvolverase ao longo de toda a xornada, dende as 9 da mañá ás 9 da noite. Os detalles nolos contaba esta mañá o director deportivo do club de baile B...
O MEMORIAL DE BALONCESTO TRAERA A VILAGARCIA MAIS DE 3.500 PERSOAS ESTA FIN DE SEMANA 10.04.2019 1:02
#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 Un total de vintedous equipos de baloncesto de diferentes partes do país, participarán no XVI Memorial Miguel Ángel Estévez que se celebra esta fin de semana en Fexdega. O evento deportivo contará coa presencia de máis de 300 deportistas de categoría infantil masculina e feminina con rapaces e rapazas de 12 e 13 anos. A novidade de este ano e un dos grande...
CAMIÑATAS PARA COÑECER A RUTA DO PADRE SARMIENTO 09.04.2019 1:41
#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 A Mancomunidade do Salnés e o Concello de Sanxenxo queren dar a coñecer entre os veciños da comarca a Ruta do Padre Sarmiento, unha oferta que se consolida a nivel turístico pero que todavía segue estando pouco descuberta por parte da veciñanza. Para elo, a Concellería de Servizos Sociais, a través do Taller da Memoria, organiza “Os Venres de Camiñata”, de...
O NOVO VIAL DO CAMIÑO FRANCES EN BAIO ESTARA REMATADO ESTE ANO 08.04.2019 1:20
#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 A conversión do Camiño Francés que cruza Baión, en Vilanova, nunha estrada de seis metros de ancho estará rematada este ano. Así o prevé o alcalde de Vilanova, Gonzalo Durán, tras reunirse hoxe en Santiago co responsable da concentración parcelaria, Miguel Dubois, para coñecer o avance das obras. Esta nova vía, de case cinco kilómetros de longo, partirá de...
A FESTA DA RAIA DE PORTONOVO SERA O 4 E O 5 DE MAIO 05.04.2019 1:00
#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 A Lonxa de Portonovo volverá a acoller un ano máis a Festa da Raia que este ano se celebrará o 4 e o 5 de maio. O evento, que nesta ocasión conta cun incremento dun 30% do orzamento municipal, incluirá un amplo programa de actividades deportivas, musicais e gastronómicas. Ademáis irá precedido por unha nova edición da “Ruta Gastronómica Pincho e Raia” que...
PROXECTASE A REFORMA DO CAMPO DE FUTBOL DE CASTRELO CON 282.000 EUROS DE INVERSION 05.04.2019 0:59
#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 A Concellería de Obras de Cambados pretende realizar a reforma integral do campo de fútbol de Castrelo cunha inversión de 282.000 euros que se executaría no 2020 a través do Plan Concellos. Un proxecto que anunciaba esta mañá o edil responsable do departamento, José Ramón Abal, que aseguraba será realidade mesmo tendo en conta a cita electoral do vindeiro...
SILVIA FERNANDEZ PEREZ SERA A NUMERO TRES DA CANDIDATURA DO PP DE CAMBADOS 04.04.2019 1:18
#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O PP de Cambados presentou esta mañá a que será a número tres na candidatura popular ás eleccións municipais de maio. Será a veciña de Vilariño e Vicepresidenta da Asociación O Batuqueiro, Silvia Fernández Pérez, que, asegura, se suma ao proxecto do PP coa intención de traballar polo desenvolvemento das parroquias. A mellora das Casas de Cultura e a promoc...
CONCELLO E COMERCIANTES DE CAMBADOS APOSTAN POR REPETIR O DESMARKET 03.04.2019 1:02
#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O Concello de Cambados, as organizadoras do Desmarket e os comercios participantes pensan xa nunha próxima edición deste innovador evento que se celebrou a pasada fin de semana cun gran éxito de público. Unhas cinco mil persoas, segundo o balance municipal, achegáronse ao Salón Peña para ver as novas tendencias de moda, facer as súas compras, participar no...
DOUS PROXECTOS DE 700.000 EUROS OPTIMIZARAN A PLANTA DE AUGA DE TREVISCOSO 03.04.2019 0:42
#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 A Mancomunidade do Salnés conseguiu, por fin, a financiación para poñer en marcha a finais de ano dous proxectos de mellora e eficacia da Estación de Tratamento de Auga Potable da comarca, ubicada en Treviscoso. Son dúas importantes actuacións de alta innovación que asceden a case 700.000 euros subvencionados nun 80% polo IDAE, Instituto para a Diversifica...
A CAMBADESA Mª JOSE CACABELOS NUMERO 6 DO BNG AO CONGRESO 02.04.2019 0:44
#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O BNG elixiu esta mañá o entorno de San Sadurniño en Cambados para presentar a candidatura nacionalista ao Congreso pola provincia de Pontevedra. A proposta encabezada pola pontevedresa Carme da Silva integra unha diversa representación da comarca do Salnés, coa actual concelleira nacionalista de Cambados Mª José Cacabelos no posto número seis. Ademáis, in...
VILANOVA INTERESASE ANTE MAR POLAS CESIONS DAS ZONAS PORTUARIAS 02.04.2019 1:14
#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O alcalde de Vilanova, Gonzalo Durán, mantivo esta mañá unha xuntanza en Santiago coa Conselleira do Mar, Rosa Quintana, para coñecer en qué estado se atopan os expedientes de cesión ao Concello de todas as zonas que non son de uso portuario, como é o caso dos parques e a pasarela do Terrón. O Concello xa se está facendo cargo do mantenemento de estas zona...
CAMBADOS PODE PROMOVE O AUMENTO DOS CUPOS DO ALBARIÑO ATA OS 15.000 KGS 02.04.2019 1:17
#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O Grupo Municipal de Cambados Pode promove unha iniciativa para que o Consello Regulador incremente os cupos máximos de producción de uva albariña ata os 15.000 kg por hectárea, en base ás estimacións de colleita, aos stocks das adegas e á calidade da uva de cada tempada. Como primeiro paso, a formación municipal presenta a moción ante o pleno da corporaci...
SOMOS CAMBADOS CONXUGA EXPERIENCIA E RENOVACION PARA LIDERAR O GOBERNO MUNICIPAL 02.04.2019 1:11
#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 Somos Cambados presenta ás eleccións municipais unha candidatura que conxuga experiencia e renovación e coa que pretende liderar o goberno municipal despóis do 26 de maio. A formación de esquerdas proponse "consolidar o cambio nos próximos catro anos con persoas moi formadas e representativas de todas as parroquias e de todos os sectores productivos”. O ca...
O CARREIRON 10K DE A ILLA DE AROUSA XA ESTA EN MARCHA 29.03.2019 1:07
#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 A Illa de Arousa pon en marcha a V edición do Carreirón 10k que terá lugar o domingo 5 de maio, coincidindo co Día da Nai. O obxetivo principal desta Carreira Popular, organizada pola Fundación Deportiva municipal, é misturar deporte, familia e a natureza do entorno de A Illa de Arousa. A carrerira absoluta ten un percorrido de 10 km que transcorrerán por...
O DESMARKET DE CAMBADOS SERA RETRANSMITIDO POR STREAMING 28.03.2019 1:01
#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O Concello de Cambados e a Asociación Zona Centro están ultimando as actividades que se desenvolverán esta fin de semana no “Desmarket”, unha iniciativa novidosa que dende mañá venres misturara no Salón José Peña comercio, moda e deseño con obradoiros, música en directo e un espazo gastronómico. O evento será retransmitido en streaming a través da web muni...
ARAGUNDE DI SI AO PECHE DA PRAZA PERO DE FORMA GRADUAL E CON PLAN DE ACCION 28.03.2019 0:58
#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O portavoz do PP de Cambados, Luis Aragunde, tamén se refería esta mañá ao peche definitivo do tráfico no entorno de Fefiñáns anunciado onte polo Concelleiro de Obras e Servizos. Aragunde aposta polo peche pero cun plan de acción estratéxico, consenso con veciños, hosteleiros e comerciantes e de forma gradual e programada.
O PP DE CAMBADOS RENOVA A SUA CANDIDATURA CON SABELA FOLE DE NUMERO DOUS 28.03.2019 1:22
#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O PP de Cambados está preparando unha renovada candidatura para as eleccións municipais con gran presencia feminina e integrantes implicados na sociedade cambadesa. Un novo proxecto co que os populares pretenden recuperar a maioría absoluta e volver a gobernar Cambados. Así o avanzaba esta mañá o candidato á alcaldía Luis Aragunde, que presentou a que será...
CAMBADOS APOSTA POLA CORRESPONSABILIDADE NO FOGAR 28.03.2019 1:18
#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O Concello de Cambados segue apostando pola igualdade e nesta ocasión faino a través de Obradoiros de Corresponsabilidade no Fogar que se desenvolverán do 9 ao 12 de abril, co fin de modificar os estereotipos dos roles que deben desempeñar homes e mulleres. Son catro cursos gratuitos de catro horas cada un destinados a mulleres e homes sobre nocións básica...
NOVA RECOLLIDA DE SINATURAS CONTRA O PECHE DE TARDE DO CENTRO DE SAUDE DE CAMBADOS 27.03.2019 1:29
#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O grupo municipal de Somos Cambados comezou esta mañá unha nova recollida de sinaturas en contra do novo peche do centro de saúde polas tardes durante Semana Santa. Ademáis, con esta nova campaña reclaman ao Sergas a mellora dos servizos que se prestan no ambulatorio cambadés. I é que, segundo explica o Concelleiro de Servizos Sociais, Tino Cordal, o servi...
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.