Pury González

Podcast AROUSA SI RADIO

News GL ↓ 3733 episodes

Información Local e Comarcal de luns a venres en Arousa Pontevedra Día a Día, a actualidade dos nosos concellos e comarcas: Salnés, Barbanza, Ulla-Umia, Pontevedra...

Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.ivoox.com

Author

Pury González

Category

News

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Jul 27, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android almost 10M downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

DURAN ASEGURA ESTAR ENCANTADO COA CITACION XUDICIAL 16.05.2019

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O alcalde de Vilanova e candidato á reelección, Gonzalo Durán, declarará como investigado no Xulgado de Instrucción número 3 de Pontevedra a raiz da denuncia presentada pola Deputación de Pontevedra por chamar “chacha para todo” a Carmela Silva. Inicialmente, a xuiza citou ao alcalde de Vilanova en calidade de testemuño pero a petición do propio rexedor a...

AS XORNADAS DA OSTRA VENDERON EN DOUS DIAS MAIS DE 3.000 UNIDADES 15.05.2019

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a14.30 Máis de 3.000 unidades de ostra vendéronse esta fin de semana nas Xornadas adicadas a este bivalvo organizadas en Cambados, que, ademáis, tiñan a finalidade de recadar fondos para o Juventud O Concello amósase moi satisfeito co resultado e xa avanza próximas citas en breve que irán destinadas a outros colectivos do municipio. Nolo contaban o Concelleiro d...

A ANDAINA DO TINTO SERA SOLIDARIA PARA ESPERANZA SALNES 15.05.2019

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a14.30 A IV Andaina da Festa do Tinto en Ribadumia volverá a ter fins solidarios, desta volta con Esperanza Salnés. Será o día 2 de xuño con saída ás 10.30 horas da rotonda de Os Castaños e chegada aos stands da festa tras un percorrido de 12 kms. A inscripción será á vontade de cada participante e todo o recadado destinarase á Asociación de axuda a discapacitad...

VARELA INSTA AO PP A DESVELAR AS PARCELAS PARA O NOVO CENTRO DE SAUDE 15.05.2019

#municipais26m Alberto Varela desbota as propostas do PP de Vilagarcía sobre o centro de saúde. Para o candidato socialista, a opción popular de ampliar o actual centro de saúde de San Roque cara o cuartel da Garda Civil, toda vez que éste se trasladaría aos terreos de Fontecarmoa, non é viable debido á falta de accesibilidade do entorno. Polo tanto, Varela anima aos populares a que desvelen cales...

O PP DE VILAGARCIA PROPON UN GRAN CENTRO DE EMPRENDEMENTO E FORMACION NA COMANDANCIA 14.05.2019

#elecciónsmunicipais26m O PP de Vilagarcía presentou esta mañá o seu programa de Emprego e Emprendemento co que pretende implantar o que denomina HUB Vilagarcía no edificio da Comandancia. Sería un concentrador de servizos para empresas con espazos gratis para o emprendemento e a formación. Así o avanzaba esta mañá o candidato do PP á alcaldía de Vilagarcía, Alfonso Gallego.

O CLAS CALS BOTA A ANDAR CON 10 CONCERTOS GRATUITOS E 4 DE PAGO 14.05.2019

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O Festival Internacional de Música Clásica “Clas Clas” de Vilagarcía bota a andar a súa segunda edición tralo gran éxito de público e crítica do ano pasado. Do 27 de xuño ao 6 de xullo a música clásica soará por diferentes espazos públicos de Vilagarcía mediante 14 concertos. De todos eles, só catro son de pago: os que se celebrarán no Pazo de Rubiáns e no...

O AUDITORIO DE O ESTEIRO ESTARA REMATADO NO MES DE XULLO 10.05.2019

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 As obras de transformación da Casa de Cultura de O Esteiro nun Auditorio estarán rematadas para o mes de xullo. É o prazo dado pola nova empresa adxudicataria, Prace, que se fixo cargo dos traballos despóis de que hai tres meses a anterior firma, Ediserpo, renunciase á execución tras entrar en concurso de acreedores. En todo caso, o alcalde, Gonzalo Durán,...

As obras da via verde comezaran nun par de semanas 10.05.2019

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 As obras da Vía Verde que transcorrerá sobre a antiga vía do ferrocarril entre os Concellos de Vilagarcía, Portas e Caldas darán comezo en dúas ou tres semanas. Así o confirmaban esta mañá os alcaldes de Vilagarcía e Caldas, Alberto Varela e Juan Manuel Rey, que se amosaban enormemente satisfeitos porque “se cumple un soño”. Pero ademáis, ambos rexedores l...

VILAGARCIA RENOVA ESTE DOMINGO A SUA CITA CO TRIATLON 10.05.2019

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 Uns 500 deportistas competirán este domingo más diferentes modalidades da décima edición do Tríatlon Concello de Vilagarcía. A competición será este domingo 12 de maio e dará comezo ás 10 horas coa saída a nado dos deportistas de categoría escolar dende o Porto de Vilagarcía. Ademáis, por terceiro ano consecutivo, tamén terá lugar a proba do Campionato Gal...

O PSOE DE CAMBADOS PRESENTA O SEU PROGRAMA ELECTORAL 10.05.2019

#elecciónsmunicipais26maio O PSOE de Cambados presentou esta mañá as liñas básicas do seu programa electoral que ten como obxectivo que a vila continúe “sempre cara adiante”, tal como expresa o seu lema de campaña. Proxectos para todas as parroquias, a redacción dun novo PXOM, a creación dunha senda en Castrelo coa mellora da praia de Saíñas, ademáis dun Plan de accesibilidade turística de elimina...

PEREZ RUMBAO ABRE UN NOVO CONCESIONARIO DE SEAT EN VILAGARCIA 09.05.2019

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 A empresa Pérez Rumbao conta dende hoxe cun concesionario de Seat en Vilagarcía que dará cobertura á demanda da comarca de O Salnés e o Barbanza. Está situado na Avenida de Pontevedra e é o terceiro da firma na provincia, tralos de Pontevedra e Vigo. Segundo sinalou durante o acto de apertura o Director Xeral de Turismos de Pérez Rumbao, Ramón Seijas, o no...

O PSOE DE A ILLA ORGULLOSO DOS INVESTIMENTOS DA DEPUTACION 09.05.2019

#elecciónsmunicipais26m O Partido Socialista de A Illa de Arousa amósase orgulloso dos investimentos da Deputación de Pontevedra no municipio nesta lexislatura e así o reflexa no seu programa electoral. O alcalde e candidato á alcaldía, Carlos Iglesias, fixo balance esta mañá das achegas provinciais dos últimos catro anos comparándoas co investimento realizado na última lexislatura do PP. Segundo...

O COLEXIO DE TREMOEDO CELEBRA OS 50 ANOS CUNHA XORNADA DE CONVIVENCIA 09.05.2019

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O Colexio San Bartolomé de Tremoedo, en Vilanova, celebra o seu 50 aniversario cunha xornada de convivencia. Esta festa de reencontro de antigos alumnos será o vindeiro sábado 25 de maio a partir das 13:00 horas e ademáis dun xantar, haberá animación musical e inchables. Unha xornada que servirá para recordar anécdotas e a historia do colexio e ver a súa e...

RIBADUMIA CELEBRA A SUA PRIMEIRA ROMARIA DA MUSICA 08.05.2019

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 Ribadumia celebra este domingo a I Romaría da Música, un encontro organizado pola Banda Municipal e que mistura estilos de música dispares con actividades lúdicas e de animación para pequenos e maiores. A Romaria dará inicio ás 12 do mediodía coa apertura das postos de comida e as actividades lúdicas e musicais. Previamente, haberá unha xuntanza de motos e...

O PP DE CAMBADOS PROXECTA DUAS ACTUACIONS PARA O CEMITERIO E O CAMPO DA FESTA DE VILARIÑO 08.05.2019

#elecciónsmunicipais26m O PP de Cambados presentou esta mañá dous proxectos para a parroquia de Vilariño que atenden a demandas veciñais e, segundo o seu candidato á alcaldía, Luis Aragunde, son realizables e miran cara o futuro. Por unha banda, os populares propoñen a ampliación do cemiterio cara o terreo municipal anexo. Esta iniciativa conleva a creación dun novo aparcamento de 100 prazas nunha...

O PSOE DE VILAGARCIA PROXECTA SEGUIR DESENVOLVENDO O SEU MODELO DE CIDADE 08.05.2019

#elecciónsmunicipais26m O Partido Socialista de Vilagarcía presentou esta mañá a segunda parte do seu programa electoral no que quere seguir desenvolvendo o proxecto de cidade iniciado hai catro anos. A estación intermodal con paradas do AVE, o centro de saúde na comandancia, o novo centro de día, a remodelación da casa de Cultura coa insonorización do Salón García, a tan demandada ampliación bibl...

OS MAIORES DE CAMBADOS FAMILIARIZANSE COAS NOVAS TECNOLOXIAS 07.05.2019

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 Uns quince veciños e veciñas de Cambados, maiores de 60 anos, comezaron a familiarizarse coa informática e co uso dos teléfonos intelixentes. Fanno a través dun curso organizado pola Concellería de Servizos Sociais e Terceira Idade que se impartirá ata o 24 de maio no Centro de A Merced. Ademáis, poderán coñecer o uso das redes sociais, cómo solicitar unha...

ABAL LAMENTA O REXEITAMENTO EN PLENO DA MOCION DOS CUPOS DE ALBARIÑA 07.05.2019

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 Cambados Pode lamenta o rexeitamento en pleno da súa moción reclamando ao Consello Regulador da D.O Rías Baixas o aumento dos cupos da colleita de uva albariña nos anos de excedentes e boa calidade. O portavoz da formación e candidato á alcaldía, José Ramón Abal, non entende a posición contraria manifestada no pleno por Somos Cambados e BNG e a abstención...

O PRINCESA LETIZIA CELEBRA O SEU FESTIVAL SOLIDARIO CUN TALENT SHOW 06.05.2019

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O centro Princesa Letizia celebra este sábado a séptima edición do seu festival solidario e faino nesta ocasión cun “talent show”. Baixo o nome "Ten Moito Mérito" os usuarios da escola e do centro de día amosarán as súas aptitudes musicais e estarán acompañados dos alumnos de baile da Asociación Cultural Nydia. Ademáis, contarán coa colaboración dos alumno...

OS TECNICOS DE AMBULANCIAS DEFRAUDADOS POLO CONCURSO DA AMBULANCIA MEDICALIZADA PARA O SALNES 06.05.2019

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 Os técnicos de ambulancias e o sindicato CIG amósanse defraudados co concurso de transporte resolto pola Xunta que dota ao Salnés da tan demandada ambulancia de soporte vital avanzado. I é que aseguran que esta incorporación leva un técnico menos que o habitual e faise a cambio da retirada da ambulancia básica de 12 horas de Vilagarcía. Segundo os seus dat...

O ENOBUS REGRESA A CAMBADOS DENDE XULLO CON GOGUE E 20 ADEGAS 03.05.2019

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 As caricaturas de Gogue e 20 adegas formarán parte da terceira edición do Enobús que o Concello de Cambados porá en marcha nos meses de xullo e agosto, en 30 xornadas de luns a venres e con varias novidades. A primeira, a incorporación de visitas guiadas polo casco histórico de Cambados, en sustitución da Fundación Manolo Paz. A segunda, a realización de s...

VILANOVA SOLICITA A XUNTA A CASA DO MAIOR PARA AS PARROQUIAS 03.05.2019

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O Sergas executará a reforma do Centro de Saúde de Vilanova mediante un convenio de colaboración asinado entre o alcalde, Gonzalo Durán, e o Conselleiro de Sanidade, Vázque Almuiña. A inversión asciende a 40.382 euros que serán financiados a partes iguais por ambas administracións. A actuación incluirá a sustitución do ascensor e do acumulador, reparación...

CHEGA A FESTA DO TINTO DO SALNES 03.05.2019

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O concello de Ribadumia presentou esta mañá a 57 edición da Festa do Viño Tinto do Salnés e as súas variedades autóctonas, que terá lugar do 30 de maio ao 2 de xuño. Este ano o evento ten para o goberno local unha especial importancia xa que por primeira vez está en marcha o expediente de legalización da uva de folla redonda. Asi o sinalaba o alcalde, Davi...

SEIS ASOCIACIONS DA COMARCA SERAN AS BENEFICIARIAS DAS CATAS CLANDESTINAS 02.05.2019

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 As Catas Clandestinas, organizadas dende Cambados e O Grove por Catorce Electrodomésticos e o Restaurante Villa Rolendis, comezan esta noite coa degustación de viños de Martín Codax. A cita será a partir das 21 horas no establecemento de Cambados. Como vos vimos contando, nesta edición, os organizadores das catas donarán os 10 euros de cada unha das entrad...

AHITUVI INICIA MAÑA UNHA RUTA DE COMBINADOS DE XENEBRA E RON 02.05.2019

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 Os hosteleiros de Vilagarcía poñen en marcha unha nova iniciativa de dinamización. Desta volta, trátase dunha ruta de combinados de xenebra e ron que, baixo o nome de “Combina Vilagarcía”, desenvolverase dende mañá ata o domingo 12 de maio. Os detalles nolos explicaba esta mañá o presidente de Ahituvi, Richard Santamaría.

Listen to the Podcast AROUSA SI RADIO podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.