Pury González

Podcast AROUSA SI RADIO

News GL ↓ 3733 episodes

Información Local e Comarcal de luns a venres en Arousa Pontevedra Día a Día, a actualidade dos nosos concellos e comarcas: Salnés, Barbanza, Ulla-Umia, Pontevedra...

Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.ivoox.com

Author

Pury González

Category

News

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Jul 27, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android almost 10M downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

INICIAN UNHA CAMPAÑA PARA FREAR A EMIGRACION GALEGA 12.12.2019

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 A plataforma nacionalista Vía Galega, integrada por máis de 60 organizacións presentou esta mañá en Vilagarcía unha nova campaña baixo o lema "Non emigramos, expúlsannos" con concentracións en 46 concellos de Galicia, entre eles Vilagarcía e Pontevedra. Esta plataforma esixe á Xunta de Galicia que asuma a emigración galega como unha emerxencia social e nac...

COMO PASAR O NADAL APRENDENDO A XOGAR AO FUTBOL EN RIBADUMIA 11.12.2019

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 Ribadumia acollerá do 23 ao 3 de xaneiro un programa de Tecnificación destinado a nenos e nenas de entre 6 e 13 anos. A intención da iniciativa é que os participantes poidan disfrutar do ocio do Nadal recibindo, ao tempo, adestramento específico de fútbol. As inscripcións oscilan entre os 50 euros dunha semana a 90 euros se é o período completo. Os detalle...

Cambados solicita a portos unha prorroga da concesion do salon peÑa ata a modificacion da deup 11.12.2019

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O goberno municipal de Cambados solicitou a Portos de Galicia unha nova concesión do Salón Peña ata que se modifique a vixente Delimitación de Usos Portuarios e non desbotan recurrir á vía contenciosa si non se soluciona a situación. Sin embargo, Portos de Galicia enviou un escrito por rexistro ao Concello no que indica que se poderá utilizar o Salón Peña...

A ILLA PROGRAMA UNHA CHEA DE ACTIVIDADES NO SEU NADAL EN ACCION 10.12.2019

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 A Illa de Arousa ten xa preparada a programación do seu Nadal en Acción. As actividades comezarán este venres día 13 co Encontro de Corais, un concerto de panxoliñas que terá lugar dende ás 20:30 horas no auditorio municipal. O mércores 18 a Escola Municipal de Música realizará un DemoDay ás 19 horas no auditorio. Tamén haberá importantes visitas. A Apalpa...

DURAN CALIFICA DE MANU MILITARI A DECISION DA SECRETARIA DA MANCOMUNIDADE 10.12.2019

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 Primeira resposta do Presidente en funcións da Mancomunidade do Salnés ante a decisión adoptada pola secretaria da entidade de convocar o pleno constitutivo para o vindeiro luns. Gonzalo Durán, que onte propoñía unha presidencia rotatoria, asegura estar sorprendido de que a secretaria non lle anunciara a convocatoria do pleno e asegura que non se pronuncia...

DURAN PROPON UNHA PRESIDENCIA ROTATORIA NA MANCOMUNIDADE DO SALNES 09.12.2019

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O Presidente en funcións da Mancomunidade do Salnés e alcalde de Vilanova, Gonzalo Durán, propón unha presidencia rotatoria para a entidade comarcal, tal como se ven facendo en Arousa Norte. A idea necesitaría un acordo entre os alcaldes e podería poñerse en marcha a principios do vindeiro ano. Así o explicaba esta mañá Gonzalo Durán, matizando que é unha...

VILANOVA REPRANTARA O TERRON CON VARIEDADES AUTOCTONAS 09.12.2019

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 Os alumnos do Obradoiro de Emprego de Vista Real, que se acaba de iniciar en Vilanova, reprantarán a zona de O Terrón e rematarán a instalación de fibra óptica no municipio. Os 20 participantes na iniciativa comezaron hoxe a súa formación de 9 meses nos módulos de Xardinería e Instalación de redes. Por unha banda, os alumnos de xardinería encargaránse do m...

VILAGARCIA INICIA O OBRADOIRO FORME 19 09.12.2019

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O Concello de Vilagarcía puso en marcha esta mañá o Obradoiro Dual de Emprego Forme 19. A iniciativa permitirá formar a 20 desempregados nas especialidades de Atención Sociosanitaria a Domicilio e Pintura Decorativa en Construcción. O obradoiro durará nove meses e, tras superalo, os participantes obterán un certificado de profesionalidade de nivel 2. No pr...

O CONCELLO COLABORA COA PARROQUIA DE VILANOVA CON 2.800 EUROS 03.12.2019

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O Concello de Vilanova asina un convenio de colaboración coa Asociación Cultural Parroquial de San Cipriano de Vilanova co fin de colaborar no financiamento das actividades da parroquia. Serán 2.800 euros que se sufragarán con cargo ao orzamento deste ano. Durante a sinatura do convenio o alcalde, Gonzalo Durán, sinalaba a importancia do traballo que dirix...

RIBADUMIA PROMOVE A IGUALDADE CARA AS PERSOAS CON DISCAPACIDADE 03.12.2019

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O Concello de Ribadumia acolleu esta mañá unha xornada informativa da campaña “Diferentemente Iguais” enmarcada no Día Internacional das Persoas con Discapacidade. O obxectivo da iniciativa foi involucrar á veciñanza para visibilizar a igualdade de todas as persoas en canto a oportunidades e dereitos mediante experiencias compartidas con usuarios das Asoci...

O PP CALIFICA DE ANTI PROVINCIA E ANTI CONCELLOS OS ORZAMENTOS DA DEPUTACION 03.12.2019

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O Partido Popular provincial considera que os orzamentos elaborados polo goberno da Deputación para 2020 son "anti provincia e anti concellos". Segundo os populares "evidencian o abandono do rural e dos concellos pequenos e medianos". Decíao esta mañá na sede do PP de Vilagarcía o portavoz do grupo popular, Jorge Cubela, acompañado do deputado Javier Tourí...

A FROTA DE CAMBADOS INICIA TRES XORNADAS DE RECOLLIDA DE LIXO MARIÑO 02.12.2019

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 Os barcos da Confraría de Cambados simultanean esta semana a captura da vieira coa limpeza dos fondos mariños. A iniciativa, coordinada dende o Centro Tecnolóxico do Mar, enmárcase no proxecto europeo CleanAtlantic que pretende estudar os mellores métodos para a eliminación do lixo mariño. A principios de mes, a flota da volandeira conseguiu retirar 3.000...

AS COMUNIDADES DE MONTES DE VILAGARCIA ACTUAN EN 55 HECTAREAS PARA PREVIR INCENDIOS 02.12.2019

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 As nove comunidades de montes de Vilagarcía, -Rubiáns, Trabanca Sardiñeira, Trabanca Badiña, Cea, Guillán, Sobrán, Loenzo, Bamio e Fontecarmoa- realizaron os traballos de prevención de incendios proxectados a través das liñas de axudas municipais por un importe de preto de 83.500 euros. As actuacións consistiron na poda, desbroce e limpeza dos terreos así...

O CONCELLO NON COMPRENDE A NEGATIVA DE PORTOS SOBRE A CONCESION DO SALON PEÑA 29.11.2019

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O Concello de Cambados non comprende a decisión de Portos de Galicia de non renovar a concesión de uso do Salón de Exposicións de J.Peña, unha vez rematado este luns o período de 15 anos inicial. Os técnicos do ente autonómico interpretan que os usos que se viñan realizando no Salón de Exposicións non se adaptan nin a concesión nin a actual Lei de Portos d...

VILANOVA PROPON A EDUCACIÓN MELLORAS NOS COLEXIOS CARA O VINDEIRO ANO 29.11.2019

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 Representantes do Concello de Vilanova e da dirección do Colexio de Tremoedo reuníronse esta mañá co delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, co fin de analizar as obras de mellora para este centro e os demáis colexios do municipio. Na reunión tamén estivo presente o xefe territorial de Educación en Pontevedra, César Pérez Are...

O BLACK FRIDAY ADIANTA AS COMPRAS DE NADAL 29.11.2019

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 Hoxe é o día central da campaña do Black Friday. Son moitas as persoas que acuden ás tendas para aproveitar os descontos ainda que hai opinións para todo. Así o puido comprobar a nosa compañeira Alba Piñeiro nas ruas de Vilagarcia.

O FEXTURRON REGRESA ESTE SABADO AO NADAL DE VILAGARCIA 28.11.2019

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 Fexdega estase preparando para o inicio do Fexturrón, que regresa esta fin de semana a Vilagarcía. O programa de actividades lúdico recreativas para público familiar organizado polo Concello de Vilagarcía para as vacacións de Nadal abrirá as súas portas este sábado 30 e novembro ás 17:00 horas. Como ven sendo habitual no Nadal vilagarcián, volverá a haber...

A ONCE DISPON DUNHA NOVA OFICINA DE ORIENTACION LABORAL EN VILAGARCIA 28.11.2019

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 A Fundación ONCE dispón dende agora dunha nova Oficina de Orientación Laboral en Vilagarcía para desenvolver con maior facilidade o seu programa Inserta. As novas dependencias, habilitadas mediante a colaboración do Concello, están ubicadas no recinto de Fexdega e estarán abertas os xoves de 9 a 14 horas para asesorar a persoas discapacitadas na busca de e...

O BNG PRESENTA ENMENDAS PARA O SALNES POR 30 MILLONS DE EUROS 27.11.2019

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O grupo parlamentario do BNG presenta enmendas aos orzamentos da Xunta para o ano que ven por un importe global de 30 millóns de euros destinados á comarca de O Salnés. A deputada Montse Prado presentaba esta mañá en Vilagarcía as propostas nacionalistas sinalando que se tratan das demandas que pide a sociedade. Entre as máis de 40 propostas presentadas, o...

CAMBADOS HABILITA UNHA NOVA BOLSA DE APARCAMENTO NA RUA NOVA 27.11.2019

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O Concello de Cambados habilitará unha nova bolsa de estacionamento para uns 50 vehículos na Rúa Nova. A previsión do goberno local é que está nova zona de aparcamento esté dispoñible xa para o Nadal polo que as obras de acondicionamento comezan estes días. O terreo de 1.157 metros cadrados, propiedade da familia de Celestino Gómez, será alugado por un imp...

VILANOVA PAVIMENTA OS CAMPOS DA FESTA DE BAION E CALEIRO 26.11.2019

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O Concello de Vilanova está a executar a pavimentación dos campos da festa de Baión e Caleiro. As actuacións supoñen un investimento de 50.000 euros e as máquinas xa comezaron os traballos, tal como nos conta o alcalde, Gonzalo Durán.

AMIGOS DE GALICIA E ALCAMPO AGARDAN RECOLLER UN CENTO DE XOGUETES PARA O NADAL 26.11.2019

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 A Fundación Amigos de Galicia e Alcampo iniciaron unha campaña de recollida de xoguetes para que ningún neno quede sen agasallo polo Nadal. Como en anos anteriores, Amigos de Galicia faise cargo nestas datas da entrega de agasallos para os fillos e fillas dos usuarios atendidos pola Fundación no Salnés. Alcampo Vilagarcía únese a esta misión colaborando a...

DURAN PROPÓN UNHA SMART RURAL MANCOMUNADA PARA O SALNES 22.11.2019

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O presidente en funcións da Mancomunidade do Salnés compareceu esta mañá para valorar as conclusións da asistencia de representantes da Comarca ao Congreso “Smartcity Expo World” celebrado en Barcelona esta semana. De ali Durán trae a idea de crear un “Smart Rural”, un servizo mancomunado de aplicación das novas tecnoloxías no rural con centros periféricos...

DURAN PIDE ASESORAMENTO AO CONSELLO CONSULTIVO SOBRE COMO ACTUAR NA MANCOMUNIDADE 22.11.2019

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O Presidente en funcións da Mancomunidade do Salnés, Gonzalo Durán, pide asesoramento ao Consello Consultivo de Galicia sobre cómo debe actuar ante a situación creada na entidade comarcal mentres non se resolva o recurso xudicial presentado por Meaño Independente. Nun escrito dirixido ao organo autonómico, Durán remite tamén dous informes da secretaria da...

UN AUTOBUS CO LEMA SO SI E SI PERCORRE DENDE HOXE VILAGARCIA 22.11.2019

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 Vilagarcía vólcase nas iniciativas do 25 N contra a violencia de xénero. A maiores da habitual campaña en negro con cartelería en comercios, hostelería e empresas, este ano un autobús co lema “Só sí é sí” comeza a circular hoxe polas rúas da vila. Ademáis, os centros educativos volven ser os destinatarios das actuacións contra a violencia machista. Un tota...

Listen to the Podcast AROUSA SI RADIO podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.