Pury González

Podcast AROUSA SI RADIO

News GL ↓ 3733 episodes

Información Local e Comarcal de luns a venres en Arousa Pontevedra Día a Día, a actualidade dos nosos concellos e comarcas: Salnés, Barbanza, Ulla-Umia, Pontevedra...

Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.ivoox.com

Author

Pury González

Category

News

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Jul 27, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android almost 10M downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

PONSE EN MARCHA SALNES CLICK, A NOVA PLATAFORMA DE VENDA DIXITAL DA COMARCA 16.09.2020

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O comercio do Salnés disporá en breve dunha Plataforma de Venda Dixital para a comercialización dos seus productos. Baixo a denominación de Salnés Clik, os establecementos adheridos poderán ofrecer os seus servizos e productos, que os clientes poderán poderán buscar e seleccionar a través dunha aplicación en TokApp. A iniciativa parte dun acordo asinado en...

O GRUPO VINOVA MERCA COINBA SALVANDO TODOS OS POSTOS DE TRABALLO 15.09.2020

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 #hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 A empresa Coinba manterá a súa actividade en Vilaxoán. O grupo Vinova, que se instalará próximamente no polígono industrial de Baión, en Vilanova chegou a un acordo co administrador concursal para a compra da firma vilagarciá co mantemento de todos os postos de traballo. Unha boa nova que nos confirmaba esta mañá a...

CAMBADOS PROXECTA O TRANSPORTE A DEMANDA E ITINERARIOS ESCOLARES NO SEU PLAN DE MOBILIDADE 10.09.2020

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O Concello de Cambados avanza no Plan de Mobilidade Urbanístico Sostible, (PMUS), que deseña estratexias para conseguir espazos máis seguros para os peóns, e o uso de métodos de transporte alternativos aos vehículos O obxectivo é facer un Cambados máis accesible e peonil onde teña cada vez máis cabida a bicicleta e menos o coche. Os concelleiros de Mobilid...

O XACOBEO 2021 A TRAVES DAS RUTAS DE PEREGRINAXE DO SALNES 10.09.2020

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 A Mancomunidade do Salnés mantén todas as esperanzas en que o Xacobeo 2021 encha de peregrinos as tres rutas de peregrinaxe que percorren a comarca: a Variante Espiritual, a Ruta do Padre Sarmiento e a peregrinaxe por mar a vela Navegando o Camiño. Por elo, consciente da importancia do Salnés dentro do Camiño de Santiago, a entidade comarcal está realizand...

A MANCOMUNIDADE PROMOCIONA A VARIANTE ESPIRITUAL COAS EXPERIENCIAS DUN ESPECIALISTA EN MARKETING 08.09.2020

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 A Mancomunidade do Salnés deseñou unha nova iniciativa de promoción da Variante Espiritual, Nesta ocasión, será a través dun percorrido que realizará a partir do xoves un especialista en márketing dende o inicio da Variante en Ponte da Lima. Felipe realizará as sete etapas da ruta realizando reparto de folletos, tanto en albergues públicos como privados, e...

Cambados restaura o cruceiro de terra santa 07.08.2020

#hoxeenArousa O Concello de Cambados incia a restauración integral do Cruceiro de Terra Santa, deteriorado polo paso de tempo e pola acción do vento. As obras supoñen un investimento de 12.000 euros, financiados nun 80% pola Deputación de Pontevedra, segundo explicaba esta mañá o Concelleiro de Obras e Servizos, Samuel Lago. A previsión do goberno local é que os traballos queden rematados no prazo...

A MANCOMUNIDADE IMPLANTA A ENERXIA SOLAR NA ETAP DO SALNES 07.08.2020

#hoxeenArousa Máis de 250 módulos fotovoltaicos de última xeración aportarán enerxía solar á ETAP do Salnés mediante un unha actuación valorada en 120.000 euros, que foi presentada esta mañá pola presidenta da Mancomunidade, Marta Giráldez, acompañada de alcaldes da comarca. O proxecto está en fase de licitación e a previsión é que a planta solar entre en funcionamento no mes de outubro. A actuaci...

AS FESTAS DE SAN ROQUE TERAN CITA PREVIA, EN CINCO ESPAZOS E CON AFORO LIMITADO 06.08.2020

#hoxeenArousa “Que corra o aire”, o lema das Festas de San Roque 2020 de Vilagarcía reflexa a declaración de intencións do goberno local para a celebración duns eventos que estarán marcados pola crise sanitaria. O alcalde, Alberto Varela, e a concelleira de Cultura, Sonia Outón presentaron esta mañá o programa das festas patronais no que o prioritario será a seguridade contra o covid. O goberno lo...

O CAMPAMENTO DE VOLUNTARIADO DE AS SINAS MERMADO POLA PANDEMIA 29.07.2020

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O Campamento Internacional de Voluntariado que cada ano promove a Xunta de Galicia dende o albergue de As Sinas tamén se veu afectado pola pandemia, cunha menor presencia de participantes, que nesta ocasión son todos de Galicia. Pese a todo, mantense o programa previsto, tal como nos explica o coordinador do campamento Julián Montoto.

AS LUDOTECAS DE VERAN DE CAMBADOS INVOLUCRANSE NA COMPOSTAXE 29.07.2020

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 Os nenos e nenas de Cambados que participan nas Escolas de Verán e Ludotecas involúcranse na #compostaxe a través dos obradoiros promovidos polo Plan Revitaliza da Deputación de Pontevedra, a través do CEIDA (Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia). No seu inicio, estaban deseñadas para realizarse en horario lectivo pero, por...

O CAPITULO SERENISIMO DISTINGUE AOS SANITARIOS E AS FORZAS DA ORDE 27.07.2020

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O Capítulo Serenísimo do Albariño presentou esta mañá os actos previstos para esta edición que tamén estará marcada polas circunstancias da pandemia. Non só porque estará #adaptada ás restriccións de aforo e medidas de seguridade contra o covid senon tamén porque os nomeamentos serán este ano moitos menos, -non haberá Damas, nin Xóvenes Albariñenses nin Fo...

O COMERCIO DA ILLA DISTRIBUE 4.800 EUROS EN VALES ATA DECEMBRO 24.07.2020

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 A recén creada Asociación de Empresarios da Illa de Arousa puxo en marcha unha campaña de fidelización do comercio e a hostelería local, en colaboración co Concello. Dende este mes de xullo e ata decembro, os comercios asociados distribuirán un total 4.800 euros en vales compra, 800 euros por mes, nunha campaña que leva a imaxe dunha das persoaxes do recoñ...

O PLAN DE EMPREGO DO SALNES FORMA A 12 ALUMNOS NO SECTOR VITIVINICOLA 24.07.2020

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 A Mancomunidade do Salnés pon en marcha unha nova acción formativa dentro do Programa Integrado de Emprego. Desta volta, trátase do primeiro curso de elaboración de viños, no que se forman 12 alumnos na adega Pazo Baión. De todo elo falamos coa presidenta da Mancomunidade, Marta Giráldez.

CONCELLO E CONSELLO REGULADOR ASINAN O CONVENIO DO ALBARIÑO 2020 23.07.2020

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 A alcaldesa de Cambados, Fátima Abal, e o presidente do Consello Regulador Rías Baixas, Juan Gil de Araujo, asinaron esta mañá o convenio do Albariño 2020. Un evento do que este ano ambas entidades decidiron eliminar a denominación de “Festa” para evitar que sexa un reclamo a actos multitudinarios que esta edición non vai ter. I é que, o Albariño 2020 limi...

CAMBADOS RECOMENDA NON FACER FESTAS PRIVADAS DURANTE O ALBARIÑO 21.07.2020

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 Ante o temor de que as celebracións canceladas da Festa do Albariño se sustituan por actos privados, o Concello emitiu un bando da Alcaldía para reducir ao máximo posible os riscos de contaxios por coronavirus. O goberno municipal recomenda á poboación en xeral e aos propietarios de fincas e locais particulares que se evite a organización de festas privada...

OS CONCERTOS DE A RODA E BUDIÑO COMPLETAN AS SONATAS DE VERAN DE VILANOVA 17.07.2020

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O Concello de Vilanova deseñou un amplo programa de actividades dentro das Sonatas de Verán, que debido á pandemia, tamén se adapta as circunstancias. A Festa da Conserva e a Festa do Mexillón, cos concertos de Budiño e A Roda, respectivamente será máis destacado dunha programación na que este ano se contará sobre todo con actuacións de grupos locais. En t...

A SINGULARIDADE DE MANOLO PAZ ABRE AS EXPOSICIONS DE VERAN EN CAMBADOS 17.07.2020

O Concello de Cambados inagurou hoxe as primeiras exposicións do programa de actividades culturais de verán, adaptadas á nova normalidade. A Praza de Fefiñáns é o escenario, ata o 16 de agosto, dunha mostra singular de Manolo Paz na que se alonxa das súas esculturas e da forma aos “Mares do Mundo” a través de pezas creadas con redes. Paralelamente, o Pazo de Torrado acolle dende hoxe ata setembro...

O PLAN DE EMPREGO DO SALNES INSERTA CINCO ALUMNOS NO SECTOR DA CONSTRUCCION 16.07.2020

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 A Mancomunidade do Salnés continúa insertando alumnos do Plan de Emprego nas empresas da comarca. Se primeiro foi o sector eólico, agora a entidade comarcal asinou esta mañá un convenio de colaboración coa empresa CCS, Construcciones y Canalizaciones Salnés, S.L. Ao igual que ocorreu coa empresa eólica Galventus, a idea é que cinco alumnos, catro homes e u...

A AMBULANCIA MEDICALIZADA DO SALNES ESTA DENDE HOXE EN SANXENXO 15.07.2020

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 A ambulancia medicalizada que comezou a funcionar o pasado outubro con base no Hospital do Salnés opera dende hoxe dende o centro de saúde de Baltar, en Sanxenxo. Unha decisión da Xunta que causou sorpresa na comarca e sobre a que falabamos esta mañá con César Rajoy, delegado de persoal do servizo da ambulancia medicalizada, que nos conta cómo foron as pri...

CAMBADOS CONSENSUA UN ACORDO CO SECTOR PARA A MODIFICACION DA LEI DO CAMBIO CLIMATICO 14.07.2020

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O goberno do Concello de Cambados, co apoio do BNG, levará a pleno un acordo consensuado co sector da industria do mar para que se modifique o artigo 18.4 do anteproxecto da #Lei_do_Cambio_Climático. Conserveiras, confrarías, depuradoras, cocedeiros e bateeiros consideran con preocupación que a redacción do artigo xera #ambigüedade sobre as concesións da o...

O persoal do hospital do salnes denuncia a mala xestion da xerencia da area 09.07.2020

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 A Xunta de Persoal do Hospital do Salnés denunciou esta mañá o que considera “mala xestión” da Xerencia da área sanitaria. Culpana de total carencia de negociacion cos traballadores, falta de transparencia e de información e discriminación con respecto a Pontevedra. Asimesmo, os traballadores do Hospital do Salnés aseguran que levan moito tempo con contrat...

MOBILIZACION DO CEIP MAGARIÑOS CONTRA A SUPRESION DE AULAS 08.07.2020

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 As ANPAS do colexio Magariños e da Escola Infantil da Pastora de Cambados mobilízanse “ante o anuncio da Consellería de Educación de que ambos centros van perder varias liñas de formación" en primaria no vindeiro curso. Os proxenitores realizarán unha concentración, inicialmente prevista para hoxe pero que se apraza para mañá xoves, ás 20 horas diante do c...

MOBILIZACION EN MEIS POLA APERTURA DO CONSULTORIO DE PARADELA 06.07.2020

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 A Plataforma Sos sanidade Pública prepara unha concentración para este mércores en Meis en demanda da apertura do consultorio de Paradela. A mobilización, que terá lugar ás 20.30 horas na Praza de España do Mosteiro, reivindica tamén o servizo de pediatría no municipio e un centro médico do século XXI. Delo falabamos esta mañá coa alcaldesa de Meis, Marta...

CAMBADOS RENDE HOMENAXE AO ESCULTOR NARCISO PEREZ NO 90 ANIVERSARIO DO SEU FALECEMENTO 30.06.2020

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O Concello de Cambados renderá homenaxe este venres ao escultor cambadés Narciso Pérez en conmemoración do 90 aniversario do seu prematuro falecemento. A vida do escultor quedou truncada aos 25 anos un 3 de xullo de 1930 tras un accidente de tráfico cando regresaba de Madrid, onde estudaba cunha beca concedida pola Deputación de Pontevedra. Agora o Concell...

O BNG COMPROMETESE COAS REIVINDICACIONS DOS TECNICOS DE EMERXENCIAS 26.06.2020

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 A candidata nº 2 de lista do #BNG por Pontevedra, Montse Prado, mantivo esta mañá na sede nacionalista de Vilagarcía un encontro cos técnicos de emerxencias sanitarias para analizar a situación actual do servizo. A formación nacionalista #comprométese a facer súas as reivindicacións do persoal de emerxencias.

Listen to the Podcast AROUSA SI RADIO podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.