Pury González
Podcast AROUSA SI RADIO
Información Local e Comarcal de luns a venres en Arousa Pontevedra Día a Día, a actualidade dos nosos concellos e comarcas: Salnés, Barbanza, Ulla-Umia, Pontevedra...
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
AROUSA NOTICIAS 24 10 23 24.10.2023 16:40
Actualidade local e comarcal deste martes 24 de outubro.. Xornada de temporal con alerta laranxa decretada para todo o litoral atlántico por fortes ventos e chuvias nunha nova cadena de borrascas que, segundo as previsións de Meteogalicia, deixarannos precipitacións durante toda a semana. As temperaturas mantéñense sen cambios oscilando entre os 19 graos de máxima e os 12 de mínima.
AROUSA NOTICIAS 23 10 23 23.10.2023 19:03
Actualidade local e comarcal deste luns 23 de outubro.. Empezamos a semana coa previsión dunha nova cadena de borrascas que, segundo os mapas de Meteogalicia, deixarannos precipitacións todos os días. Hoxe os ceos permanecen entre nubles e claros con intervalos cubertos e temperaturas mínimas que baixan aos 12 graos mentres que as máximas quedan nos 19. Xa cara mañá anúnciase a alerta laranxa por...
AROUSA NOTICIAS 20 10 23 20.10.2023 18:37
Actualidade local e comarcal deste venres 20 de outubro.. O temporal da borrasca Aline vai desplazándose cara o leste ainda que todavía quedaremos nunha xornada de ventos fortes e chuvascos intermitentes con temperaturas sen cambios entre os 19 de máxima e 13 de mínima. Segundo as previsións de Meteogalicia, cara a fin de semana seguiremos baixo a influencia das baixas presións e temperaturas á ba...
AROUSA NOTICIAS 19 10 23 19.10.2023 16:24
Actualidade local e comarcal deste xoves 19 de outubro.. Seguimos en alerta laranxa no litoral e amarela en terra nunha nova xornada de chuvias persistentes que van amainando co paso das horas As temperaturas baixan a máximas de 19 e mínimas de 13. De cumprirse as previsións, os temporais empezarán a remitir cara mañá ainda que seguiremos baixo a influencia das baixas presións.
AROUSA NOTICIAS 18 10 23 18.10.2023 14:41
Actualidade local e comarcal deste mércores 18 de outubro.. Continuamos baixo os efectos da borrasca Babet con chuvias que, ao longo da tarde, poderán acumular ata 40 litros por metro cadrado en 12 horas e rachas de vento de ata 80 kms hora. Pola noite chegará unha nova fronte, reactivando as precipitacións que poderán ser treboentas. En canto as temperaturas, baixan lixeiramente ata máximas de 20...
AROUSA NOTICIAS 17 10 23 17.10.2023 18:55
Actualidade local e comarcal deste martes 17 de outubro.. Para hoxe está decretada a alerta laranxa por temporal costeiro no litoral e a alerta amarela por chuvias e vento, coa precipitacións de 40 litros por metro cadrado nas Rías Baixas e no interior da provincia de Pontevedra. Os refachos de vento poden superar os 80 quilómetros por hora. En canto ás temperaturas, mantéñense en valores suaves o...
AROUSA NOTICIAS 16 10 23 16.10.2023 15:37
Actualidade local e comarcal deste luns 16 de outubro.. Empezamos unha semana de tempo xa propio do outono coa entrada de borrascas que, segundo as previsións de Meteogalicia, nos deixarán chuvias todos os días, ainda que as temperaturas seguirán en valores moi suaves. Hoxe os ceos permanecerán cubertos e as precipitacións, de carácter feble pola mañá, cobrarán intensidade ao longo da tarde. En ca...
AROUSA NOTICIAS 10 10 23 10.10.2023 20:34
Actualidade local e comarcal deste martes 10 de outubro.. Seguimos con tempo de verán nunha nova xornada de ceos despexados e temperaturas que se manteñen en máximas de 31 graos e mínimas de 14. As previsións continúan sen variacións ata o venres, que será cando as altas presións se vaian retirando permitindo o achegamento das frontes asociadas ás borrascas atlánticas. Deste xeito, cara a fin de s...
AROUSA NOTICIAS 09 10 23 09.10.2023 14:04
Actualidade local e comarcal deste luns 9 de outubro.. Seguimos neste outono de verán nunha nova xornada de ceos despexados e temperaturas que se manteñen en máximas de 32 graos e mínimas de 14. As previsións non apuntan un cambio de tempo ata o venres, que será cando as altas presións se vaian retirando permitindo o achegamento das frontes asociadas ás borrascas atlánticas. Deste xeito, cara a fi...
AROUSA NOTICIAS 06 10 23 06.10.2023 14:35
Actualidade local e comarcal deste venres 6 de outubro.. Seguimos baixo a influencia anticiclónica nunha xornada de ceos despexados e temperaturas en ascenso que chegarán a máximas de 31 graos. Segundo as previsións de meteogalicia, as altas presións manteranse durante a fin de semana e inicios da vindeira con valores térmicos que ainda subirán ata os 33 graos na xornada de mañá sábado. Eso sí, é...
AROUSA NOTICIAS 05 10 23 05.10.2023 17:39
Actualidade local e comarcal deste xoves 5 de outubro.. As brétemas da mañá van tornando en nubes de evolución de xeito que quedamos nunha xornada entre nubes e claros e temperaturas que baixan levemente a máximas de 25 graos e minimas de 14. Segundo as previsións de meteogalicia, as altas presións manteranse cara a fin de semana con valores térmicos que subirán ainda máis ata mesmo superar os 31...
AROUSA NOTICIAS 04 10 23 04.10.2023 18:56
Actualidade local e comarcal deste mércores 4 de outubro.. Continuamos neste inusual outono de verán nunha nova xornada de ceos despexados e temperaturas elevadas que hoxe chegarán a máximas de 28 e mínimas de 15. Segundo as previsións de meteogalicia, as altas presións manteranse ao longo da semana con valores térmicos que subirán ainda máis ata mesmo superar os 31 graos a partir do venres.
AROUSA NOTICIAS 03 10 23 03.10.2023 17:43
Actualidade local e comarcal deste martes 3 de outubro.. Mañá de ceos parcialmente nubrados que van abrindo a claros conforme avanzan as horas e temperaturas sen moitos cambios que hoxe chegarán a máximas de 26 graos e mínimas de 17. Segundo as previsións de meteogalicia, a influencia anticiclónica irase reforzando ao longo da semana con valores térmicos que seguirán sendo altos para a época do an...
AROUSA NOTICIAS 02 10 23 02.10.2023 15:57
Actualidade local e comarcal deste luns 2 de outubro.. Xornada de ceos parcialmente nubrados e temperaturas todavía altas que chegarán ata máximas de 27 graos e mínimas de 15. Segundo as previsións de meteogalicia, o anticiclón irase reforzando ao longo da semana con valores térmicos que seguirán sendo altos para a época do ano.
AROUSA NOTICIAS 29 09 23 29.09.2023 15:37
Actualidade local e comarcal deste venres 29 de setembro.. Recupérase o anticiclón nunha xornada de ceos despexados e temperaturas de verán que chegarán a máximas de 31 graos e mínimas de 18. Segundo as previsións de Meteogalicia, o tempo seco, soleado e caluroso continuará durante a fin de semana e estenderase ata inicios da vindeira semana.
AROUSA NOTICIAS 28 09 23 28.09.2023 15:53
Actualidade local e comarcal deste xoves 28 de setembro.. Xornada de ceos parcialmente nubrados con probabilidade de chuvias febles e illadas que, segundo Meteogalicia, serán máis frecuentes durante a noite. De cumprirse as previsións, a influencia anticiclónica recuperarase a partir de mañá deixándonos de novo tempo seco e soleado na fin de semana con temperaturas en ascenso que superarán os 30 g...
AROUSA NOTICIAS 27 09 23 27.09.2023 18:14
Actualidade local e comarcal deste mércores 27 de setembro.. Mantémonos baixo a influencia anticiclónica nunha xornada de ceos entre nubes e claros con temperaturas máximas que chegarán aos 26 graos mentres que as mínimas non baixan dos 15. Segundo as previsións de Meteogalicia, as altas presións continuarán durante toda a semana con valores térmicos en ascenso que mesmo superarán os 30 graos cara...
AROUSA NOTICIAS 26 09 23 26.09.2023 17:34
Actualidade local e comarcal deste martes 26 de setembro.. Mantémonos baixo a influencia anticiclónica nunha xornada de brétemas matinais que van dando paso a ceos despexados conforme avanza o día. As temperaturas siguen sendo de verán, con máximas que hoxe chegarán aos 27 graos e mínimas de 16. Segundo as previsións de Meteogalicia, as altas presións continuarán durante toda a semana con valores...
AROUSA NOTICIAS 25 09 23 25.09.2023 20:09
Actualidade local e comarcal deste luns 25 de setembro.. Empezamos unha semana que, segundo os mapas de Meteogalicia, estará marcada pola influencia anticiclónica con tempo seco e soleado en xeral e temperaturas ainda de verán. Hoxe os termómetros marcarán máximas de 26 graos e mínimas de 15.
AROUSA NOTICIAS 22 09 23 22.09.2023 16:30
Actualidade local e comarcal deste venres 22 de setembro.. Mantense a inestabilidade nunha xornada de temperaturas sen cambios e chubascos intermitentes que, segundo as previsións, irán remitindo conforme avance a tarde. Cara a fin de semana, recuperarase a influencia das altas presións con valores térmicos que volverán a situarse en máximas de 26 graos ainda que as mínimas baixarán lixeiramente
AROUSA NOTICIAS 21 09 23 21.09.2023 21:10
Actualidade local e comarcal deste xoves 21 de setembro.. Mantense a inestabilidade nunha xornada de ceos entre nubes e claros e coa previsión de que as chuvias volvan a aparecer esta tarde noite e se prolonguen ata a mañá do venres. As temperaturas mantéñense sen cambios en máximas de 23 graos e mínimas de 14.
AROUSA NOTICIAS 20 09 23 20.09.2023 16:15
Actualidade local e comarcal deste mércores 20 de setembro.. Regresa a inestabilidade nunha xornada de transición entre as altas e as baixas presións e con chuvias que se agardan para esta tarde noite. Segundo os mapas de Meteogalicia, as precipitacións prolongaranse ata o venres á maña e virán acompañadas dun descenso das temperaturas que hoxe marcan máximas de 23 graos e mínimas de 15.
AROUSA NOTICIAS 19 09 23 19.09.2023 19:49
Actualidade local e comarcal deste martes 19 de setembro.. A pesar das brétemas matinais que xa van dando paso a ceos despexados, a influencia anticiclónica reaparece ainda que interrumpirase entre mañá mércores e o xoves co regreso das chuvias. As temperaturas mantéñense arredor dos 25 graos de máxima mentres que as mínimas baixan aos 13.
AROUSA NOTICIAS 18 09 23 18.09.2023 19:13
Actualidade local e comarcal deste luns 18 de setembro.. Seguimos baixo tempo inestable nunha xornada de transición entre as altas e as baixas presións con ceos entre nubes e claros e temperaturas máximas de 24 graos mentres que as mínimas quedan nos 14. Segundo as previsións de Meteogalicia, o anticiclón irá cobrando forza ata que a mediados de semana, a partir do mércores, regresen as chuvias e...
AROUSA NOTICIAS 15 09 23 15.09.2023 18:21
Actualidade local e comarcal deste venres 15 de setembro.. Perdemos a influencia das altas presións nunha xornada de ceos entre nubes e claros e temperaturas máximas que baixan aos 26 graos mentres que as mínimas quedan nos 17. Cara a fin de semana regresa a inestabilidade cun novo descenso dos valores térmicos e o regreso das chuvias, que se agardan tanto para o sábado como para o domingo.
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.