Pury González

Podcast AROUSA SI RADIO

News GL ↓ 3733 episodes

Información Local e Comarcal de luns a venres en Arousa Pontevedra Día a Día, a actualidade dos nosos concellos e comarcas: Salnés, Barbanza, Ulla-Umia, Pontevedra...

Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.ivoox.com

Author

Pury González

Category

News

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Jul 27, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android almost 10M downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

UNHA RUTA CABALAR E UNHA ROMARIA PROPOSTAS DE VILANOVA PARA ESTA FIN DE SEMANA 25.04.2014

O concello de Vilanova acolle este domingo a primeira edición da Ruta Cabalar organizada pola asociación Os Cabaleiros de San Roque, de San Miguel de Deiro. Esta previsto que uns 80 xinetes cos seus cabalos acudan dende toda Galicia a esta ruta que partirá ás 10:30 da mañá dende a praia de As Patiñas, e recorrerá un tramo de costa e camiños forestais ata chegar ó monte Lobeira onde farán unha para...

OS GRUPOS DA OPOSICION DE RIBEIRA UNENSE CONTRA A DESAPARICION DOS PARTIDOS XUDICIAIS 23.04.2014

Os grupos da oposición no Concello de Ribeira, BNG, PSOE e Independentes, solicitan a convocatoria dun pleno extraordinario para abordar de forma monográfica a supresión dos partidos xudiciais de Ribeira, Muros e Noia, que se prevé na reforma da Lei do Poder Xudicial. Se os alcaldes do Barbanza decidían presentar mocións nos concellos en contra do anteproxecto que prepara o Ministerio de Xusticia,...

VILAGARCIA DELIMITA O PIÑEIRAL DE A CONCHA E O ENTORNO DE O CASTRIÑO PARA O ESPARCEMENTO DE CANS 23.04.2014

Finalmente, a ordenanza de uso, seguridade e conservación das praias, que o pleno de Vilagarcía debaterá o luns, establece a creación de duas zonas nos areais do municipio de zonas de libre paseo para as mascotas. Serán un tramo delimitado por baixo de o Piñeiral da Concha e a liña do mar e outra no entorno de O Castriño. Tras escoitar ao colectivo de propietarios de cans e ao grupo socialista, o...

AS EX-TRABALLADORAS DE VALLE INCLAN CONTINUARAN AS MOBILIZACIONS TRALA REUNION CON TRABALLO. 22.04.2014

As trabajadoras despedidas da residencia Valle Inclán e os seus representantes sindicais sairon decepcionados do encontro mantido en Santiago co director xeral de Traballo, Odilo Martiñá. O responsable do departamento de Beatriz Mato na área de Traballo comprometeuse a remitir á inspección de traballo todas as sentencias judiciais que obrigan a Nurtime e a Viaxes Silgar a readmitilas. A finalidade...

UNHA DELEGACIÓN DE POLÍTICOS DE FILIPINAS COÑECEN CAMBADOS E COMO SE RIXEN AS ADMINISTRACIÓNS PÜBLICAS EN ESPAÑA 22.04.2014

Unha delegación composta por 24 membros, todos eles políticos, concretamente senadores e deputados de Filipinas visitaron esta maña o concello de Cambados, onde ademáis de coñecer un pouco máis como se rixen as adminitracións locais, aproveitaron tamén para coñecer de primeira man os sectores do mar e o viño, entre outros, facendo unha ruta de visitas polas distintas empresas da localidade. O obxe...

ZONA ABERTA SORTEA 300 EUROS EN VALES DE COMPRA NA SÚA CAMPAÑA DO DÍA DA NAI. 21.04.2014

A Asociación de Comerciantes de Vilagarcía, Zona Aberta, presentou esta mañá a súa nova campaña do Día da Nai. Unha campaña coa que quere incentivar as compras no pequeno comercio da localidade e premiar a fidelidade dos seus clientes. Como xa é habitual, os comercios adheridos a Zona Aberta entregarán ós seus clientes polas súas compras, unhas papeletas coas que entrarán a paticipar nun sorteo qu...

O alcalde de meis realza a proposta turistica do municipio coas celebracions de paradela e armenteira. 16.04.2014

O concello de Meis vive un ano máis o fervor da Semana Santa, concentrada nos actos relixiosos vivintes que se celebran na parroquia de Paradela.. Un evento declarado de interés turístico seguido por numerosos fieis que cada ano reviven as recreacións dos diferentes momentos da Pasión de Cristo. Este ano Marcos Roma asume o papel de Xesús, collendo o relevo de Enrique Barros, e Bruno Moraña e José...

AS EX TRABALLADORAS DE VALLE INCLAN CONSIGUEN POR FIN UNHA REUNION COA CONSELLERIA DE TRABALLO 16.04.2014

Finalmente as ex-traballadoras da residencia Valle Inclán de Vilanova serán recibidas este luns na Consellería de Traballo. Non será coa conselleira Beatriz Mato, como pedían, pero sí polo director xeral do departamento. Á cita acudirán os representantes do comité de empresa e dos sindicatos. A demandada reunión chega despois de que as ex-traballadoras e os seus representantes sindicais realizasen...

A FORMACION RECIBIDA NO OBRADOIRO PROMOVE UN NOVO PROXECTO EMPRESARIAL EN CAMBADOS 15.04.2014

Estes obradoiros facilitan os alumnos unha formación que os capacita para ingresar no mercado laboral, e de feito, unha alumna do obradoiro, Carmen Costa, vai emprender un novo negocio, neste caso, aproveitando o aprendido en xardinería, ten previsto poñer en marcha unha tenda de productos agrícolas en Castrelo. Así nolo contaba Carmen Costa en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA tras recibir o seu diplom...

O OBRADOIRO CAMBADOS TURISMO SOSTIBLE II REMATA CON MELLORAS ESTÉTICAS NO CONCELLO E CON NOVOS EMPRENDEDORES. 15.04.2014

Durante os últimos 6 meses, os 20 alumnos - operarios do obradoiro de emprego Cambados Turismo Sostible II, todos eles desempregados de longa duración, formáronse en traballos de canteiría e xardinería forestal e encargáronse de restaurar elementos do patrimonio cambadés mellorando así a estetica da cidade e a oferta turística do municipio. Entre os traballos desenvoltos polos 20 alumnos, baixo a...

A MANCOMUNIDADE DO SALNÉS APOSTA POLA PESCA DO CERCO CUNHAS XORNADAS GASTRONÓMICAS E UNHA RUTA DE TAPAS. 14.04.2014

A Mancomunidade do Salnés adicará o vindeiro mes de maio á promoción da pesca do cerco e os seus productos. Para elo, dende o ente comarcal estanse a organizar as xornadas gastronómicas "Acercando" onde a través de obradoiros de cociña e chefs estudios, tentaráse amosar a tódolos públicos os beneficios saudables de peixes como a xarda, a sardiña ou o xurel. Cada luns do mes de maio, a partir das 1...

LUIS ARAGUNDE ELEXIDO PRESIDENTE DO PP DE CAMBADOS 14.04.2014

Sen sorpresas e arroupado polos máximos responsables do PP de Galicia, Luis Aragunde, foi elexido esta fin de semana presidente do Partido Popular de Cambados por aclamación nun acto no que se deron cita máis de 400 persoas. Entre elas, amosáronlle o seu respaldo tácito o presidente do PP de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, o secretario xeral, Alfonso Rueda e o presidente provincial, Rafael Louzán....

NACE VISIT AROUSA, COMO UNHA FORMA SINGULAR DE VENDER O SALNES 11.04.2014

Unha decena de empresas do sector turístico do Salnés integran a Plataforma turística "Visit Arousa", que se presentou hoxe no Pazo de Rubiáns. A súa finalidade é “vender” a comarca do Salnés como unha referencia de destino turístico de calidade. Os integrantes da plataforma son Pazo de Rubiáns, Adega Eidos, Adegas Mar de Frades, Quinta de San Amaro, Grande Hotel La Toja, Piragüilla Turismo Activo...

CRUCE DE ACUSACIONS POLO CONFLICTO DA RESIDENCIA VALLE INCLAN 11.04.2014

O que parecía que ía ser unha certa colaboración entre o Concello de Vilanova e a CIG, a pesar das súas diferencias, no conflicto da residencia Valle Inclán truncouse esta mañá. As ex traballadoras do xeriátrico decidiron abandonar o peche que mantiñan dende onte no salón de plenos do concello, despois de que o alcalde Gonzalo Durán non admitira a presencia das afectadas na rolda de prensa habitua...

AS EX TRABALLADORAS DE VALLE INCLAN VOLVEN OCUPAR O CONCELLO DE VILANOVA AGORA CUN PECHE INDEFINIDO 10.04.2014

As 39 extrabajadoras da residencia xeriátrica Valle-Inclán retomaron este mediodía o peche no salón de plenos do concello de Vilanova, pero desta volta de xeito indefinido. As afectadas e os seus representantes sindicais manterán a medida ata conseguir a demandada entrevista coa conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, ou coñecer a adxudicación definitiva das 110 prazas concertadas coa Xu...

VILANOVA CELEBRA O UMBRIO SOUND O 12 DE ABRIL CON 04.04.2014

O concello de Vilanova xa ten ultimados vos detalles da festa dance que este ano toma o relevo da Batea Party celebrada o pasado setembro sobre a batea da que partiu a Volta Ciclista a España. Este ano, baixo o nome de "Umbrío Sound-Electronic Night" o sábado 12 de abril a partir das 23:00 horas o parque de Vilanova acollera un festival de dj's, coincidindo cos días previos á Semana Santa. A carpa...

DURAN AMOSA A SUA PREOCUPACION POLO FUTURO DA RESIDENCIA VALLE INCLAN DO QUE CULPA TANTO A EMPRESA COMO A CIG 04.04.2014

O alcalde de Vilanova, Gonzalo Durán, asegura sentirse moi preocupado pola situación de incerteza sobre o futuro da Residencia Valle Inclán. Unha situación que o rexedor vilanovés califica de dramática e na que defende a actuación das administracións públicas e recrimina a do sindicato CIG. Así o decía esta mañá Gonzalo Durán en rolda de prensa que recollíamos en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA.

O CONCELLO DE VILAGARCIA RECLAMA A XUNTA MAIOR AXILIDADE NA XESTION DA RISGA 04.04.2014

O concello de Vilagarcía reclama a Consellería de Benestar da Xunta que axilice os trámites de xestión das solicitudes da RISGA. O goberno local decidiu enviar esta petición á Xunta a través dun comunicado, a raiz do caso da veciña do municipio, María Carrera, que onte comezou unha folga de fame nas dependencias municipais. Así o anunciaban en rolda de prensa esta mañá o alcalde Tomás Fole, e a po...

A VECIÑA DE VILAGARCIA MARIA CARRERA COMEZA UNHA FOLGA DE FAME NAS DEPENDENCIAS DO CONCELLO. 03.04.2014

A veciña de Vilagarcía María Carrera iniciou esta mañá nas dependencias do concello unha folga de fame denunciando o retraso de 10 meses na tramitación da súa solicitude da RISGA. A afectada asegura que manterá a sua protesta ata que os organismos públicos correspondentes tomen conciencia da situación que, como ela, viven milleiros de cidadáns. Con ela falabamos en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA nunh...

OS BATEEIROS DE VILANOVA PODERAN DISPOÑER NOS VINDEIROS DIAS DAS NOVAS DEPENDENCIAS CEDIDAS POR PORTOS DE GALICIA 03.04.2014

Os bateeiros de Vilanova poderán empezar a usar nos vindeiros días os espacios habilitados por Portos de Galicia no peirao vilanovés para que mexiloneiros e navalleiros poidan realizar o seu traballo en mellores condicións. O presidente do organismo autonómico, José Juan Durán, oficializou esta mañá o acondicionamento dos dous espacios que a partir de agora estarán a disposición das dúas asociació...

A CONCELLEIRA DE BENESTAR DE VILAGARCIA DEFENDE O TRABALLO DOS TECNICOS NO CASO DA VECIÑA AFECTADA POLO RETRASO DA RISGA 03.04.2014

O concello de Vilagarcía lamenta a decisión da veciña de Vilagarcía, María Carrera, de poñerse en folga de fame denunciando un retraso de 10 meses na tramitación da súa solicitude da axuda do Risga. A concelleira de Benestar, Elena Suárez, comparecía esta mañá ante os medios para explicar o posicionamento do concello neste caso. A edil defendeu o traballo dos técnicos municipais de servicios socia...

A COMARCA DO SALNÉS PECHA O MES DE MARZO CUN NOVO DESCENSO NO PARO POR SEGUNDO MES CONSECUTIVO. 02.04.2014

Bos datos do paro no mes de marzo, que se pécha na comarca do Salnés cun descenso de 165 parados . Por segundo mes consecutivo, a provincia de Pontevedra e as comarcas de O Salnés, Caldas, Pontevedra e Barbanza, rexistraron datos alentadores ó descender o número de desempregados nas listas de emprego. O Salnés anotou descensos en todolos concellos agás en Ribadumia e A Illa de Arousa que increment...

AUTONOMOS E PEMES DO SALNES E CALDAS TEÑEN DENDE HOXE EN CAMBADOS UN CENTRO DE ASESORAMENTO TECNOLOXICO 02.04.2014

Preto de 10.000 autónomos e microempresas das comarcas do Salnés e Caldas ponden dende hoxe beneficiarse do Centro de Asesoramento de Novas Tecnoloxías que onte á tarde se inaugurou en Cambados, no Comarcal Exposalnés. O obxectivo final é que as empresas de ambas as dúas comarcas se beneficien das vantaxes das novas tecnoloxías para mellorar a súa competitividade e como motor de innovación. A nova...

O PP DE O GROVE LEVA A PLENO UNHA MOCION EN CONTRA DA REVISION DOS LINDES DA LANZADA 31.03.2014

O PP de O Grove leva ó pleno que celebra esta tarde a corporación municipal unha moción en contra da revisión dos lindes que afectan á praia da Lanzada. Segundo nos decía en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA o alcalde, Miguel Pérez, a iniciativa que se debaterá no pleno tamén pide a alcaldesa de Sanxenxo que desista da sua intención de solicitar a titularidade do emblemático areal que comparten os dous...

A MELLORA DE ACCESIBILIDADE NAS PRAIAS DO SALNES, UN NOVO PASO DE COLABORACION ENTRE XUNTA E DEPUTACION 31.03.2014

Rafael Louzán e Nava Castro incidiron en que esta entrega de material non é máis que un novo paso na colaboración que ambas as administracións manteñen para a posta en valor dos recursos turísticos da provincia e, neste caso concreto, para consolidar a provincia de Pontevedra como un destino de preferencia en turismo accesible. Fixeron fincapé en que estes traballos que agora se desenvolven en O S...

Listen to the Podcast AROUSA SI RADIO podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.