Curso Podcast Usc

O que hai que escoitar

Science GL ↓ 931 episodes

Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.spreaker.com

Author

Curso Podcast Usc

Category

Science

Podcast website

www.spreaker.com

Latest episode

Sep 28, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android almost 10M downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Novas estratexias inmunolóxicas con África González 03.03.2016

A catedrática de inmunoloxía da Universidade de Vigo África González cóntanos os seus traballos para mellorar a vacina da tuberculose e o uso da nanotecnoloxía nesta disciplina. Tamén lembramos a figura de César Milstein, premio nobel de medicna, con quen África estivo 4 anos como investigadora de postdoutoramento.

'Todo es cuestión de química' con @deborahciencia 28.02.2016

Presentamos en primicia o libro de Déborah García Bello "Todo es cuestión de química" desde un lugar secreto relacionado coa ciencia. Adiviña onde estamos e participa no sorteo dun exemplar do libro. Envía a túa resposta por twitter coa etiqueta #ondeestáDeborah? ou cólgaa no noso facebook ata o 4 de marzo. O sitio é moi concreto. Daremos pistas todos os días.

Efervesciencia 344 (28-2-16): Inmunoloxía 28.02.2016

Os inmunólogos traballan en como reforzar as defensas do noso organismo e non empregan iogures precisamente. A catedrática de inmunoloxía da Universidade de Vigo África González cóntanos os seus traballos para mellorar a vacina da tuberculose e o uso da nanotecnoloxía nesta disciplina. No noso Circo de Bacterias de Esteban Fernández Moreira coñeceremos avances na loita contra a malaria que saíron...

Libro: "Altamira vista por los españoles" de Xurxo Ayán 22.02.2016

"Esta escritura ha sido creada para entretener a todos esos vagos tocahuevos que solo saben que hacer que leer gilipolleces como estas para pasar el tiempo" O arqueólogo Xurxo Ayán mergullouse nas 15000 páxinas do libro de visitas das covas de Altamira. Unha auténtica fotografía sen censuras da sociedade española actual e a súa relación co patrimonio. Froito deste traballo naceu o libro "Altamira...

Ignacio Ribas Marqués homenaxeado no Día da Ciencia en Galicia 16 22.02.2016

Da man do catedrático emérito de Química Orgánica da USC Luis Castedo coñecemos ao químico Ignacio Ribas Marqués, protagonista do Día da Ciencia en Galicia promovido pola Real Academia Galega de Ciencias.

A historia xenética dos Austrias e os Darwin por Gonzalo Álvarez 22.02.2016

Entrevistamos ao catedrático de xenética da USC Gonzalo Álvarez. Con el conversamos de historia, arte e xenética. Álvarez leva anos estudando as dinastías reais europeas - comezando polos Austrias españois - como laboratorio de consanguinidade. Este fenómeno de matrimonios entre parentes non é exclusivo da realeza, senón que lle pregunten a Darwin ou 1 de cada dez habitantes deste planeta.

Efer 343 (21-2-16): Unha mirada científica á historia 21.02.2016

"A historia é a ciencia do que nunca sucede dúas veces" Paul Valéry As veces para estudar a historia cómpre mirar mais aló das fontes canónicas. Como a catedrático de xenética da USC Gonzalo Álvarez que emprega as dinastías reais europeas como laboratorio para estudar a consanguinidade. Este fenómeno de matrimonios entre parentes non é exclusivo da realeza, senón que lle pregunte a Darwin ou 1 de...

Ondas gravitacionais con José Edelstein 15.02.2016

O descubrimento das ondas gravitacionais foi portada de todos os xornais, e non é para menos. Cen anos despois da predición de Einstein abrimos unha nova xanela para coñecer o universo. O experimento LIGO puido rexistrar as ondas gravitacionais xeradas polo choque de dous buratos negros hai 1300 millóns de anos. O físico teórico e divulgador José Edelstein contextualiza para Efervesciencia este de...

Convivir con robots? Entrevista a Senén Barro 15.02.2016

Os robots están aquí para quedarse. Sabemos convivir con eles? Subiriamos a un avión pilotado por unha máquina? Vannos quitar o traballo? Como aprenden? Conversamos con Senén Barro, catedrático de Ciencia da Computación e Intelixencia Artificial da USC.

Detectar o ollo seco 15.02.2016

Carlos García Resúa da facultade de Óptica da USC explícanos as funcións das lágrimas, as súas investigación para a mellora da diagnose do ollo seco, e como un pestanexo a tempo diante dunha pantalla pode evitar problemas oculares.

Efer 342 (14-2-16): Convivir con robots e ondas gravitacionais 14.02.2016

A interferencia de ondas empregouse para detectar por primeira vez as ondas gravitacionais polo experimento LIGO. Curiosamente o mesmo fenómeno que empregan os ópticos para diagnosticar o ollo seco. José Edelstein debúllanos o descubrimento das ondas gravitacionais e Carlos García Resúa explícanos as funcións das lágrimas, e como un pestanexo a tempo diante dunha pantalla pode evitar problemas ocu...

Innovando: FAZ e turismo científico 12.02.2016

A empresa innovadora FAZ Cultura e Desenvolvemento aposta pola potencialidade do turismo científico.

SINC: Os raposos galegos como bioindicadores 12.02.2016

Os raposos galegos acumulan baixos niveis de metais pesados. Este é un traballo do profesor de toxicoloxía da Universidade de Extremadura Marcos Pérez recollido pola axencia SINC.

Astrofotografía: APOD en galego e Dani Caxete 12.02.2016

A tradución galega do APOD da NASA vai celebrar o seu 5º aniversario. Falamos con Dosi Veiga, tradutor, e Dani Caxete, astrofotógrafo galego con 4 APODs. Caxete cóntanos as dificultades que tivo para convencer á famosa web de fotografía astronómica de que a súa última creación foi realizada dun único disparo.

Entrevista a Aitor Sánchez, @midietacojea 12.02.2016

Neste episodio efervescente entrevistamos ao dietista-nutricionista Aitor Sánchez, autor de Midietacojea, para falar dos fallos das mensaxes nutricionais que nos chegan de cote. En moitos casos o coñecemento actual en nutrición non ten que ver co que levamos escoitando durante décadas. Hai alimentos bos e malos? Vale a pena contar calorías? É o mesmo dieta equilibrada ca dieta san?

Os 4 novisimos da táboa períódica 12.02.2016

Iniciamos 2016 con 4 novos inquilinos oficiais na táboa periódica. Son elementos artificiais radioactivos de vida tan efémera que nalgúns casos só se preparou un so átomo! Logo de anos de verificacións a IUPAC decidiu completar a sétima fila da táboa periódica. O catedrático emérito de Química Inorgánica da USC Manolo Bermejo cóntanos todo o que hai atrás destes descubrimentos.

Efer 341 (7-2-16): A nosa dieta coxea 07.02.2016

Neste episodio efervescente entrevistamos a Aitor Sánchez @midietacojea para falar dos fallos das mensaxes nutricionais que nos chegan de cote. En moitos casos o coñecemento actual en nutrición non ten que ver que que levamos escoitando durante décadas. Hai alimentos bos e malos? Vale a pena contar caloría? É o mesmo dieta equilibrada ca dieta san? Comer antes a froita? A tradución galega do APOD...

Blanca Laffón: A seguridade das nanopartículas 05.02.2016

Blanca Laffon da Universidade da Coruña analizou a toxicidade de nanopartículas de óxido de ferro. Con este traballo o seu equipo gañou o premio Ernesto Vieitez Cortizo da Real Academia Galega de Ciencias na modalidade de investigadores senior.

Axenda feminista de científicas galegas 05.02.2016

Inés García Seijo preséntanos a axenda feminista de investigadoras galegas do Observatorio da Mariña pola Igualdade. Casualmente un programa de Efervesciencia estivo na orixe da idea ...

Entrevista a Javier Guitián: Biodiversidade do Courel, xanzá,... 05.02.2016

Na entrevista central desta edición efervescente conversamos co catedrático de botánica da USC Javier Guitián. A serra do Courel leva décadas despoboándose con gran impacto negativo no noso patrimonio cultural. Pero, esta perda de poboación afecta tamén á riqueza biolóxica? A outra protagonista da nosa entrevista é a xanzá. Esta planta tense empregado para o amargo do vermú, e polo que nos comento...

Efer 340 (31-1-16): Courel de alaranxadas xanzás 31.01.2016

A maior biodiversidade de Galicia atópase concentrada no 5% do territorio. No Courel podemos atopar o 40% das plantas galegas. Por outro lado, a serra do Courel leva décadas despoboándose con gran impacto negativo no noso patrimonio cultural. Pero, esta perda de poboación afecta tamén á riqueza biolóxica? Na entrevista central desta edición efervescente conversamos co catedrático de botánica da US...

"Non toques os meus círculos" de Artello Teatro 25.01.2016

Como recomendación da nosa axenda de eventos científicos destacamos a representación no MUNCYT de A Coruña de "Non toques os meus círculos" por parte da compañía de teatro Artello.

Entrevista a Javier Montenegro: Atravesar a membrana 25.01.2016

Somos quen de percibir uns 10.000 olores diferentes. Mesmo aínda que non saibamos como se chamar. Foi curioso descubrir que toda esta tonalidade de cheiros a podemos recoñecer empregando unicamente uns 300 receptores dentro do noso nariz. Isto significa que cada cheiro ten un patrón característico: un tanto por cento do receptor 1, outro tanto do 2, … e así ata completar un código de barras de 300...

Os segredos do programa de divulgación 'Éche así' 25.01.2016

Gaspar Broullón e David Ballesteros cóntannos o que hai atrás da cámara do programa de televisión de divulgación científica Éche Así: as pezas mais complicadas, a máquina infernal, ...

Qubiotech: Unha spin-off que axuda ao teu médico a ver o teu cerebro 25.01.2016

Aínda que parece incrible os escáneres cerebrais analízanse na práctica clínica a ollo cando se trata de comparar zonas afectadas por doenzas dexenerativas. No eido da investigación existen ferramentas de análise, pero son demasiado complexas e caras para o día a día dun hospital. Conscientes desta necesidade investigadores do grupo de Medicina Nuclear e Imaxe Molecular do CHUS co apoio da Fundaci...

Listen to the O que hai que escoitar podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.