Radio Municipal de Tui

Informativos

News GL ↓ 3552 episodes

Os informativos da Radio Municipal de Tui recollen a actualidade máis cercana no ámbito local e comarcal. A información política, social, cultural, deportiva de Tui e da comarca do Baixo Miño está presente en Noticias 13.30 h cada día de luns a venres de 13.30 a 14.00 h.

Author

Radio Municipal de Tui

Category

News

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Jul 10, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android 5M+ downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Noticias 13.30 h | Martes, 16 de decembro de 2025 16.12.2025

Estas son as prinicipais novas que hoxe recollemos en Noticias 13.30 h: - Unha escopeta do calibre 12, dous rifles, compoñentes de armas e cartuchería foron localizados pola Garda Civil no domicilio do detido tras o tento de atraco na gasolineira de Tui - Rematada a senda do Caselas cun percorrido de 1,3 kms e a restauración dos muíños do Medio e da Seña. - Tui acolle hoxe mañá a reunión do 5º Com...

Noticias 13.30 h | Luns, 15 de decembro de 2025 15.12.2025

Estas son as principais novas que recollemos hoxe luns en Noticias 13.30 h: - Reanudouse esta mañá a operación de busca dos tres tripulantes desaparecidos onte na zona da Insúa, na desembocadura do Miño, ao envorcar o pesqueiro portugués no que ían - Completamos con Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui, a rolda de conversas tras o pleno de novembro - O alcalde e o presidente da CHMS visitaron este me...

Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui | Rolda pleno ordinario novembro 15.12.2025

Co alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, pechamos hoxe a rolda de conversas cos grupos políticos da corporación municipal tras o pleno ordinario de novembro.

Noticias 13.30 h | Venres, 12 de novembro de 2025 12.12.2025

Estas son parte das novas que hoxe recollemos en Noticias 13.30 h: - A xuíza ordenou o ingreso en prisión do presunto autor da tentativa de atraco á estación de servizo en Guillarei - AECT do Río Minho aproba os orzamentos de 2026 por importe de 713 mil euros - Voluntarios de Protección Civil de Tui recibirán mañá unha placa pola súa participación no dispositivo galego tras a DINA en Valencia - Pa...

Ent. Javi Niño, coordinador do CB Tui - Partido contra Porriño 12.12.2025

O equipo senior do CB Tui enfróntase mañá sábado ás 20 h ao Porriño no último encontro do ano na casa. Haberá sorteos e máis sorpresas nun día cheo de baloncesto con cinco partidos no pavillón municipal. Coñecemos os detalles con Javi Niño, coordinador deportivo do CB Tui.

Ent. José Manuel Carpinteira, director AECT Río Miño e presidente Cámara de Valença - Orzamentos 2026 e Nadal 12.12.2025

A AECT do Río Minho vén de aprobar o Plano de Actividades e o Orzamento para 2026. O orzamento ascende a 713.500€, e no plano de actividades figuran distintos proxectos como a conclusión das Axendas Urbanas Transfronteirizas, o reforzo do Observatorio do Territorio e a necesidade de colocar temas como o 112 Transfronteirizo e a gobernación conxunta do río Miño na axenda dos dous Estados. Ao nivel...

Roberto Carrero, alcalde da Guarda - Peonalización rúa Rosalía de Castro e Nadal 12.12.2025

O Concello da Guarda vai acometer a peonalización da rúa Rosalía de Castro, na contorna da Alameda en 2026. Suporá un investimento de 375 mil euros. O alcalde da Guarda, Roberto Carrero, explicaba as características desta obra e tamén daba conta de como está A Guarda este Nadal.

Noticias 13.30 h | Xoves, 11 de decembro de 2025 11.12.2025

Estas son parte das novas que hoxe recollemos en Noticias 13.30 h - Esta mañá pasou a disposición xudicial o veciño de Tui detido tras tentar presuntamente atracar unha estación de servizo en Guillarei o pasado martes - A AECT do Río Minho aproba os orzamentos de 2026 por importe de 713 mil euros - Recollemos a valoración do pleno ordinario de novembro con Nico Montes, voceiro do grupo municpal do...

Ent. Nico Montes, voceiro do Partido Popular | Rolda pleno novembro 11.12.2025

Hoxe continuamos a rolda de entrevistas tras o pleno ordinario celebrado pola corporación municipal de Tui no mes de novembro con Nico Montes o voceiro do Partido Popular.

Ent. Diana Gonçalves - Presentación de "Resonancias" en SGAE en Corto en Madrid 10.12.2025

A curta documental “Resonancias” da tudense Diana Gonçalves está a participar en SGAE en Corto na Sala Berlanga en Madrid. Forma parte da coidada selección de 20 curtas que se están a proxectar estes días. Diana Gonçalves contounos como está a ser a acollida, lembrou que o retrato audiovisual que realiza en Resonancias e por onde continuará o percorrido do seu traballo.

Noticias 13.30 h | Mércores, 10 de decembro de 2025 10.12.2025

Estas son as principais novas que recollemos hoxe en Noticias 13.30 h: - Pablo Álvarez Yáñez reconstrúe o Tui de 1225 no libro que será presentado mañá xoves - Máis de 300 alumnos e alumnas participan mañá no II Certame de Coros Escolares no Teatro Municipal de Tui - As tres corais tudenses ofrecen este venres o concerto "O Camiño da Estrela: de Tui a Belén" - A Eurocidade Tui-Valença edita o seu...

Ent. Santiago Veloso de Ponte nas Ondas - PNO! entre as 14 mellores experiencias na salvaguarda do PCI 10.12.2025

A UNESCO escolle Ponte...nas ondas! entre as 14 mellores experiencias na salvaguarda do Patrimonio Cultural Inmaterial. Ponte… nas ondas! foi elixida pola UNESCO coma unha das 14 mellores experiencias na salvaguarda do Patrimonio Cultural Inmaterial. Formará parte en 2026 da nova plataforma que o Comité Intergubernamental da UNESCO para a Salvagarda do Patrimonio Cultural Inmaterial porá en marcha...

Noticias 13.30 h | Martes, 9 de decembro de 2025 09.12.2025

Estas son as noticias que hoxe recollemos en Noticias 13.30 h: - Destacada actuación da Garda Civil e Policía Local de Tui tras o atraco rexistrado esta mañá nunha estación de servizo en Guillarei - A música protagonista do Camiño do Nadal en Tui - Este domingo celébrase a I Papanoelada Moteira en Tui - Este xoves preséntase o libro "Tui 1225 de Pablo Álvarez Yáñez", editado polo Concello de Tui -...

Noticias 13.30 h | Venres, 5 de decembro de 2025 05.12.2025

Estas son as principais novasque hoxe recollemos en Noticias 13.30 h: - A Eurocidade Tui-Valença contará con medio millón de euros de fondos europeos para a cultura e o deporte - O Mercado do Nadal, o carrusel infantil, a casa máxica da Fada do Aloia, o Belén de Mingos forman parte da oferta de Nadal desta ponte festival en Tui - A Rondalla O Mosteiro de Pexegueiro actuará o luns na Corredoira - A...

Ent. Ánxela Fernández, alcaldesa do Rosal |Concentración diante do Centro de Saúde do Rosal 05.12.2025

Hoxe venres ás 12 h terá lugar no Rosal unha concentración diante do centro de saúde para denunciar a precariedade da sanidade pública no municipio. Así o explicaba na nosa sintonía a alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández.

Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - A Eurocidade Tui-Valença recibirá maís de 500 mil € para o Unicidade 2 05.12.2025

A Eurocidade Tui-Valença recibirá máis de medio millón de euros de fondos europeos a través do programa POCTEP para o proxecto Unicidade 2 para actividades deportivas e culturais conxuntas. O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, explicou o obxectivo deste proxecto que se desenvolverá en 2026 e 2027. Por outra parte tamén se referiu á programación de Nadal en Tui.

Noticias 13.30 h | Xoves, 4 de decembro de 2025 04.12.2025

Estas son as prinicipais novas que recollemos en Noticias 13.30 h: - O paro baixou 15 persoas, até as 865 persoas inscritas nos Servizos Públicos de Emprego en novembro - Continuamos a rolda de entrevistas tras a o pleno ordinario de novembro con Carmen Núñez, voceira do BNG - Hoxe sairá de Tui un autobús para acudir á manifestación SOS Sanidade Pública en Vigo - O Mercado de Nadal e a visita ao B...

Ent. Sandra González, alcaldesa de Tomiño - Orzamentos 2026 04.12.2025

Tomiño contará en 2026 cos orzamentos máis altos da súa historia por importe de 10,63 millóns de euros. A alcaldesa Sandra González explicou as liñas mestras destas contas que levarán a próxima semana a pleno.

Ent. Carmen Nuñez do BNG - Rolda pleno novembro 04.12.2025

Hoxe continuamos a rolda de entrevistas tras o pleno ordinario do mes de novembro da corporación municipal de Tui con Carmen Núñez, voceira do BNG.

Noticias 13.30 h | Mércores, 3 de decembro de 2025 03.12.2025

Estas son as principais novas que hoxe recollemos en Noticias 13.30 h: - O paro baixou en 30 persoas en novembro no Baixo Miño. Hai 2.371 inscritas nos Servizos Públicos de Emprego. -Abrimos con José Palacín a rolda de conversas tras o pleno ordinario da semana pasada - A Gran Recollida acadou máis de 8.000 quilos de alimentos no Baixo Miño - “Andamos coxos da linguaxe” é a campaña de Vontade co g...

Ent. Jose Palacin, concelleiro non adscrito - Rolda Pleno novembro 03.12.2025

Con Jose Palacín, concelleiro non adscrito, abrimos a rolda de conversas cos representantes dos grupos políticos da corporación municipal tras o pleno ordinario do pasado xoves.

Noticias 13.30 h | Martes, 2 de decembro de 2025 02.12.2025

Estas son as novas que hoxe recollemos en Noticias 13.30 h: - O avance das obras en Augusto González Besada conlevan cambios de tráfico nas rúas Foxo, Rosa Bahamonde e a Travesía Foxo - Mañá de 9 a 11 h haberá un corte no subministro de auga que afectará ao conxunto histórico, a rúa Bispo Lago e San Domingos - Hoxe celébrase a I Xornada Imaxe+Letra no Espazo Sociocultural continuando cos actos co...

Noticias 13.30 h | Luns, 1 de decembro de 2025 01.12.2025

Estas son as principais novas que hoxe recollemos en Noticias 13.30 h: - Comezan os actos conmemorativos dos 800 anos da consagración da Catedral de Tui - A música foi unha das protagonistas na Catedral coa estrea absoluta de "Catedral Atlántica" de Fernando Buide e a estrea en Europa de "Os fogos de San Telmo" de Hermelindo Ruíz - Unha conferencia de Ramón Navarro, doutor en Liturxia e eucaristía...

Noticias 13.30 h | Venres, 28 de novembro de 2025 28.11.2025

Estas son as principais novas que hoxe recollemos en Noticias 13.30 h - O conxunto histórico de Tui protagonizou boa parte da sesión plenaria que onte durante máis de cinco horas celebrou a corporación municipal de Tui - Comezan os actos conmemorativos do 800 aniversario da consagración da Catedral Tui - Tui acende hoxe ás 18.30 h a iluminación de Nadal e da comezo a programación festiva - "A músi...

Noticias 13.30 h|Xoves, 27 de novembro de 2025 27.11.2025

Estas son parte das novas que recollemos neste xoves, 27 de novembro, en Noticias 13.30 h: - A corporación municipal de Tui celebra hoxe ás 20 h pleno ordinario - A ONCE dedica o cupón do sorteo do 1 de decembro á Catedral de Tui - Hoxe retama a programación do 25N en Tui coa proxección de “El techo amarillo” de Isabel Coixet - Tino Baz e os Folieiros participan mañá no acto "A música en Sobredo"...

Listen to the Informativos podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.