Radio Municipal de Tui
Informativos
Os informativos da Radio Municipal de Tui recollen a actualidade máis cercana no ámbito local e comarcal. A información política, social, cultural, deportiva de Tui e da comarca do Baixo Miño está presente en Noticias 13.30 h cada día de luns a venres de 13.30 a 14.00 h.
Author
Radio Municipal de Tui
Category
Podcast website
Latest episode
Jul 10, 2026
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Ent. José Palacín, concelleiro non adscrito | Rolda pleno ordinario xaneiro 05.02.2026 25:55
Hoxe abrimos con José Palacín, concelleiro non adscrito a rolda de entrevistas cos representantes dos grupos políticos da corporación tras o pleno ordinario do mes de xaneiro.
Noticias 13.30 h | Mércores, 4 de febreiro de 2026 04.02.2026 25:23
Estas son as principais novas que hoxe recollemos en Noticias 13.30 h: - Atraco nun establecemento de telefonía esta mañá no centro urbano de Tui - Precaución nas beiras do Miño ante a subida do nivel do río - O paro subiu en 56 persoas en xaneiro no Baixo Miño até os 2.506 demandantes de emprego - En xaneiro chegaron a Santiago 2.520 peregrinos dos que 582 realizaron o Camiño Portugués e 161 saír...
Ent. Serafín Martínez, organizador | Esta fin de semana celébrase o Trail do Aloia 03.02.2026 5:35
Esta fin de semana celébrase o Trail do Aloia. Unha proba deportiva que completou xa as prazas tanto na distancia curta de 12 kms coma na longa de 20kms. Permanece aberta a inscrición para as categorías infantis que terán lugar o sábado á tarde. Así nolo contou Serafín Martínez, membro da organización do Trail do Aloia, explicando as condicións que haberá esta fin de semana e tamén o auxe que expe...
Noticias 13.30 h | Martes, 3 de febreiro de 2026 03.02.2026 26:04
Estas son as principais novas que hoxe recollemos en Noticias 13.30 h: - Catorce eventos de dez modalidades deportivas conforman o Calendario Deportivo da Eurocidade Tui-Valença presentado esta mañá - O Congreso Internacional Eurocidade-Educación da paso a unha investigación sobre sesgos e IA - O Punto Limpo Móbil do Concello de Tui inicia en Pexegueiro o seu percorrido polas parroquias - A Banda...
Ent. Manuel Ángel González, presidente Club Remo do Miño | Mellor club galego no Campionato de Longa Distancia de Remo 02.02.2026 4:17
O Club Remo do Miño foi o mellor club no Campionato Xunta de Galicia de Longa Distancia de Remo Olímpico celebrado esta fin de semana. Os deportistas do club Remo do Miño lograron 7 medallas de ouro, 3 de prata e 2 de bronce. Amais 16 deles foron convocados pola Federación Galega para participar no Campionato de España por Autonomías. Valoraba este campionato o seu presidente Manuel Ángel González...
Noticias 13.30 h | Luns, 2 de febreiro de 2026 02.02.2026 33:14
Estas son as principais novas que hoxe luns recollemos en Noticias 13.30 h: - Este mediodía gardouse en minuto de silencio na praza do Concello en sinal de respulsa polo asasinato de María Belén onte en Mos - A educación converteuse esta fin de semana no punto de encontro da Eurocidade Tui-Valença coa celebración do II Congreso Internacional Eurocidade e Educación - Samuel Diz e Jonatan Alvarado i...
Noticias 13.30 h | Venres, 30 de xaneiro de 2026 30.01.2026 29:58
Estas son as prinicipais novas que recollemos en Noticias 13.30 h - O voto de calidade do alcalde permitiu onte a aprobación da modificación da RPT en pleno - Aprobada por unanimidade a Ordenanza reguladora dos criterios de adxudicación, normas de funcionamento e utilización das vivendas sociais municipais en Caldelas - Repasamos os outros acordos tomados onte en pleno en Tui - O PP presenta recur...
Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui | Zona Azul 30.01.2026 7:55
Tras o anuncio do PP de Tui, da presentación dun recurso contencioso administrativo contra a ordenanza que regula o control da zona azul mediante cámaras, o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, explicou que se personarán nese proceso formulando as alegacións que sexan pertinentes defendendo o posicionamento do goberno local dende a convicción de que ese proxecto cumple coa normativa vixente en mater...
Ent. Nico Montes, voceiro do PP - Recurso á ordenanza de control da zona azul mediante cámaras 29.01.2026 6:55
O Partido Popular de Tui presentou un recurso contencioso-administrativo contra a ordenanza municipal que regula o control do estacionamento mediante cámaras de videovixilancia. O PP considera que esta medida é innecesaria, custosa e lesiva para os dereitos da veciñanza. Solicitan amais a suspensión cautelar da aplicación da ordenanza mentres non haxa un pronunciamento xudicial. Asi o explicou o s...
Noticias 13.30 h | Xoves, 29 de xaneiro de 2026 29.01.2026 31:25
Estas son as principais novas que hoxe recollemos en Noticias 13.30 h: - Ás 20 h sesión plenaria da corporación municipal de Tui que se poderá seguir en directo na nosa sintonía - O PP de Tui presenta un recurso contencioso administrativo contra a ordenanza que regula o control do estacionamento mediante cámaras de videovixilancia - Cortado un tramo da Avenida da Concordia por unha rotura nunha tu...
Ent. Manuel Arca da Policía Local - Rotura dunha tubaxe de gas 29.01.2026 2:46
Debido a a rotura dunha tubaxe de gas, como medida de precaución, neste momento está cortado ao tráfico o tramo da Avenida da Concordia dende o cruzamento cara a estación do tren e a rotonda que comunica coa rúa Martínez de Sobredo Manuel Arca, da Policía Local de Tui, explicou en Noticias 13.30 h que neste vial rexistrouse un accidente e un vehículo colidiu coa tubaxe. Policía Local, Bombeiros, e...
Ent. Carmen Rodríguez Cerdeira | Libro “Claves diagnósticas y terapéuticas en el trastorno de excoriación” 29.01.2026 6:43
Mañá venres 30 de xaneiro ás 19:00 horas terá lugar no Espazo Sociocultural da rúa Camilo José Cela de Tui a presentación do libro “Claves diagnósticas y terapéuticas en el trastorno de excoriación”, da doutora tudense Carmen Rodríguez Cerdeira.
Ent. Nuria Garabal, directora CEIP nº1 - Premio Boas Prácticas de Educación Inclusiva 2025 28.01.2026 4:49
O CEIP nº1 vén de ser recoñecido co 1º Premio Boas Prácticas de Educación Inclusiva 2025. A súa directora Nuria Garabal explica que este galardón é un recoñecemento ao traballo que levan desenvolvido durante anos no centro educativo crendo nas capacidade de todas as persoas que forman a comunidade educativa. Un traballo que é o día a día neste centro tudense. Facía fincapé na importancia dos recur...
Noticias 13.30 h | Mércores, 28 de xaneiro de 2026 28.01.2026 26:02
Estas son as principais novas deste mércores, 28 de xaneiro de 2026. - Tui e Salvaterra comeza a execución do proxecto "Cultura compartida" que obtivo 4,3 millóns de fondos europeos - A corporación municipal de Tui celebra mañá pleno ordinario - O CEIP nº1 primeiro Premio Boas Prácticas de Educación Inclusiva 2025 - A violista tudense membro da Orquestra Filarmónica de Berlín ofrecerá esta semana...
Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui |Proxecto Tui-Salvaterra Cultura Compartida 28.01.2026 8:32
O Concello de Tui e o Concello de Salvaterra de Miño, celebraron a primeira reunión de coordinación para a posta en marcha do Plan de Actuación Integrado do proxecto "Tui–Salvaterra Cultura Compartida”. Suporá o investimento de 7,2 millóns de euros dos que 4,3 millóns procederán de fondos FEDER. O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, amosaba a súa satisfacción pola consecución destes fondos europeos...
Noticias 13.30 h | Martes, 27 de xaneiro de 2026 27.01.2026 26:05
Estas son as principais novas que hoxe recollemos en Noticias 13.30 h: - Precaución pola subida do caudal do río Miño e os seus afluentes tras as intensas choivas das últimas horas - Repasamos as incidencias deixadas polo temporal - A corporación municipal de Tui celebra este xoves pleno ordinario - Os valores democráticos e a IA centran o II Congreso de Educación da Eurocidade - O CEIP nº1 obten...
Ent. Avelino Martínez, axente da Policía Local de Tui | Incidencias rexistradas 27/01/2026 27.01.2026 2:05
A crecida do río Miño e dos seus afluentes é unha das consecuencias do temporal de choiva e vento rexistrado na xornada de onte. Avelino Martínez, axente da Policía Local de Tui, deu conta das prinicipais incidencias rexistradas, e da recomendación de retirar os vehículos do Paseo Fluvial ante o aumento do caudal do Miño. Así nolo contou en Noticias 9.30 h.
Noticias 13.30 h | Luns, 26 de xaneiro de 2026 26.01.2026 26:22
Estas son parte das novas que hoxe recollemos en Noticias 13.30 h: - Atopados restos romanos nas catas arqueolóxicas da praza do Pracer - A concelleira de Turismo destaca a participación de Tui en FITUR cunha campaña propia - A Eurocidade Tui-Valença celebra este venres e sábado o II Congreso de Educación - Artistas locais protagonistas da programación en febreiro no Teatro Municipal con música, d...
Ent. Ana Núñez, concelleira de Conxunto Histórico,Patrimonio e Turismo - Achádegos na praza do Pracer e Balance FITUR 26.01.2026 9:29
Estruturas de muros probablemente da época romana foron atopadas nas catas arqueolóxicas realizadas na praza do Pracer. Así o confirmou hoxe a concelleira de Conxunto Histórico e Patrimonio, Ana Núñez. A concelleira, responsable tamén de Turismo, fixo amais balance da presenza de Tui en FITUR a pasada semana.
Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Balance da participación en FITUR 2026 23.01.2026 7:36
Por vez primeira o concello de Tui presentou a súa campaña de promoción turística no estand de Turespaña en FITUR, a Feira Internacional de Turismo, en Madrid. Foi este mediodía con "Tui, Catedral de Historias". Este feito foi destacado polo alcade, Enrique Cabaleiro, no balance da participación en FITUR 2026. Máis aló das presentación referiuse tamén aos contactos mantidos estes días, entre outro...
Noticias 13.30 h | Venres, 23 de xaneiro de 2026 23.01.2026 31:29
Estas son as principais novas que hoxe venres recollemos en Noticias 13.30 h - Tui presentou por vez primeira a súa campaña turística no estand de Turespaña en Madrid - O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, realizou un balance positivo da participación en FITUR - Galicia Suroeste presentou onte en FITUR a súa campaña Única - O Teatro Municipal de Tui acollerá catro espectáculos de música, danza e t...
Noticias 13.30 h | Xoves, 22 de xaneiro de 2026 22.01.2026 23:28
Estas son as prinicipais novas que hoxe recollemos en Noticias 13.30 h: - Gran acollida a "Tui, Catedral de Historias" en FITUR - Este mediodía inaugurouse no Centro Sefarad en Madrid a exposición "Os sambenitos da catedral de Tui: historia, memoria e infamia" - O Xeodestino Galicia Suroeste presenta esta tarde en FITUR a súa campaña "Única" - Novo webinar da Cámara de Comercio baixo o título "“De...
Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui | Fitur 2026 22.01.2026 5:21
O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, valorou esta mañá a presentación de "Tui, Catedral de Historias" que onte tivo lugar en FITUR cunha gran acollida. Referiuse tamén as próxima citas que terán en Madrid tanto hoxe coa inauguración da exposición sobre os Sambenitos da Catedral, coma mañá, e aos encontros que teñen previstos.
Noticias 13.30 h | Mércores, 21 de xaneiro de 2026 21.01.2026 27:35
Estas son parte das novas que recollemos hoxe en Noticias 13.30 h: - O TSXG estima o recurso dunha veciña e de familares dos falecidos pola explosión de Paramos. O presidente da Asociación de Afectados fixo unha primeira valoración na nosa sintonía - As persoas usuarias de prazas de garaxe na zona azul deberán rexistrar a matrícula dos seus vehículos no concello e aínda non o fixeron. A ordenanza...
Ent. Salvador García, Asociación de Afectados de Paramos - Sentenza TSXG 21.01.2026 5:39
O próximo mes de maio cumpriranse 8 anos da explosión rexistrada no barrio da Torre en Paramos de material pirotécnico almacenado clandestinamente. Este tema segue aberto en vía xudicial. Onte dábase a coñecer a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, tras os recursos presentados á sentenza dictada pola Audiencia Provincial en 2024. Salvador García, presidente da Asociación de Afectad...
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.