Radio Municipal de Tui
Informativos
Os informativos da Radio Municipal de Tui recollen a actualidade máis cercana no ámbito local e comarcal. A información política, social, cultural, deportiva de Tui e da comarca do Baixo Miño está presente en Noticias 13.30 h cada día de luns a venres de 13.30 a 14.00 h.
Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.ivoox.com
Author
Radio Municipal de Tui
Category
Podcast website
Latest episode
Oct 5, 2026
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Noticias 13.30 h - Xoves, 31 de marzo de 2022 31.03.2022 22:21
En Noticias 13.30 h recollemos as novas de Tui e do Baixo Miño que escriben a historia deste xoves, 31 de marzo de 2022. As citas do día e o deporte completan este tempo de información.
Noticias 13.30 h - Mércores, 30 de marzo de 2022 30.03.2022 24:42
A actualidade informativa deste mércores, 30 de marzo de 2022, en Noticias 13.30 h. Repasamos a orde do día do pleno que mañá celebra a corporación municipal de Tui, e damos conta da xornada de traballo para a preparación de proxectos do río Miño con cargo ao Marco Financeiro Europeo 21-27 que mañá se celebra en Tui. As reunións informativas sobre o Plan Municipal de Prevención e Defensa contra os...
Noticias 13.30 h - Martes, 29 de marzo de 2022 29.03.2022 24:33
A actualidade deste martes, 29 de marzo de 2022, en Noticias 13.30 h. Hoxe damos conta dos asuntos que a corporación municipal tratará este xoves en pleno, e da incorporación de 17 persoas á plantilla do concello de Tui ao abeiro do Plan Concellos. Outros asuntos recollidos son networking Mulleres Conectadas celebrado esta mañá, a lectura do pregón da Semana Santa este domingo, e o remate do prazo...
Noticias 13.30 h - Luns, 28 de marzo de 2022 28.03.2022 26:49
A actualidade informativa deste luns, 28 de marzo de 2022, en Noticias 13.30 h. Recollemos as novas destacadas da xornada de Tui e do Baixo Miño, a incidencia da covid, as citas do día e o deporte.
Noticias 13.30 h - Venres, 25 de marzo de 2022 25.03.2022 28:13
A actualidade deste venres, 25 de marzo de 2022, en Noticias 13.30 h. Damos conta de que Tui acolle o próximo xoves 31 ‘Xornada de traballo para a preparación de proxectos do río Miño con cargo ao Marco Financeiro Europeo 21-27’. Repasamos o programa da Semana Santa tudense presentado esta mañá, e as amplas citas culturais, de lecer e deportivas da fin de semana.
Noticias 13.30 h - Xoves, 24 de marzo de 2022 24.03.2022 20:41
A actualidade deste xoves, 24 de marzo de 2022, en Noticias 13.30 h. Hoxe falamos do proceso de participación veciñal aberto polo concello de Tui para que a cidadanía poida propor nomes de mulleres para rúas e espazos públicos. Repasamos as citas do día, e o deporte, con especial atención ao Campionato Galego de Patinaxe grupos show que celebra na fin de semana en Tui.
Noticias 13.30 h - Mércores, 23 de marzo de 2022 23.03.2022 27:00
A actualidade deste mércores, 23 de marzo de 2022, en Noticias 13.30 h. Tui acolle esta fin de semana o Campionato Galego de Patinaxe que se presentou este mediodía e o Concello de Tui busca nomes de mulleres para as rúas e espazos públicos. Amais recollemos tamén a ampla axenda para este días día e o deporte.
Noticias 13.30 h - Martes, 22 de marzo de 2022 22.03.2022 25:13
A actualidade deste martes, 22 de marzo de 2022, en Noticias 13.30 h. Hoxe damos conta de que proxecto transfronteirizo Migra Miño-Minho opta ao Premio Natura 200 da Comisión Europea. Tamén falamos da Concentración en defensa da Sanidade Pública convocada para este xoves en Vigo,, e doutros temas da actualidade.
Noticias 13.30 h - Luns, 21 de marzo de 2022 21.03.2022 22:40
A actualidade deste luns, 21 de marzo de 2022, en Noticias 13.30 h. Recollemos as novas deste día, as citas da semana e os resultados deportivos da fin de semana.
Noticias 13.30h - Venres, 18 de marzo de 2022 18.03.2022 22:17
A actualidade deste venres, 18 de marzo de 2022, en Noticias 13.30 h. Hoxe falamos de turismo, das citas da fin de semana e do deporte, entre outras novas.
Noticias 13.30 h - Xoves, 17 de marzo de 2022 17.03.2022 24:29
A actualidade deste xoves, 17 de mazo de 2022, en Noticias 13.30 h. As probas deportivas volven ao calendario tras dous anos de pandemia. Este mediodía presentouse a IX Eurocidade BTT que se celebra este domingo, e o sábado celébrase a Regata Miño Internacional. Tamén damos conta da presenza de Tui na BTL de Lisboa entre outras novas.
Noticias 13.30 h - Mércores, 16 de marzo de 2022 16.03.2022 21:35
A actualidade informativa deste mércores, 16 de marzo de 2022, en Noticias 13.30 h. Esta mañá presentouse a Regata Miño Internacional que reunirá o sábado a máis de 250 deportistas. Tamén recollemos a proxección hoxe de "María Solinha" no Teatro Municipal, e outras novas da xornada.
Noticias 13.30 h - Martes, 15 de marzo de 2022 15.03.2022 23:47
A actualidade deste martes, 15 de marzo de 2022, en Noticias 13.30 h. Hoxe recollemos a información sobre como axudar á poboación ucraína a través do formulario de ofrecemento de axuda habilitado en www.tui.gal. Tamén de teatro con Sarabela Teatro, das citas dos próximos días e dos pasos importantes dados por dúas empresas con selo tudense Somos Océano e Highxtar.
Noticias 13.30 h - Luns, 14 de marzo de 2022 14.03.2022 28:32
A actualidade informativa deste luns, 14 de marzo de 2022, en Noticias 13.30 h. Hoxe comezamos falando da axuda a Ucraína, pero tamén recollemos as citas do día e os resultados deportivos, entre outras novas da xornada.
Noticias 13.30 h - Venres, 11 de marzo de 2022 11.03.2022 26:16
A actualidade informativa deste venres, 11 de marzo de 2022, de Tui e da comarca do Baixo Miño recollémola en Noticias 13.30 h. Hoxe prestamos especial atención ás citas da fin de semana.
Noticias 13.30 h - Xoves, 10 de marzo de 2022 10.03.2022 25:55
A actualidade informativa deste xoves, 10 de marzo de 2022 en Noticias 13.30 h. Hoxe falamos das conexións ferroviarias, dos actos previstos esta tarde en Tui en Xuntas Aprendemos con Laura Seara, e a presentación do libro de Roberto Mera sobre Alejandro Viana, entre outros temas da actualidade.
Noticias 13.30 h - Mércores, 9 de marzo de 2022 09.03.2022 23:52
A actualidade deste mércores, 9 de marzo de 2022, en Noticias 13.30 h Concentracións en solidariedade co pobo ucraíno, continúan as actividades con motivo do Día Internacional da Muller, reunións informativas en Tui sobre o Plan de Prevención de Incendios Forestais... forman parte das novas deste día.
Noticias 13.30 h - Martes, 8 de marzo de 2022 08.03.2022 27:25
A conmemoración do Día Internacional da Muller, neste 8 de marzo, centrou hoxe boa parte do informativo Noticias 13.30 h. Recollemos tamén outras novas coma o investimento de 9,4 millóns na Catedral de Tui e citas para os próximos días.
Noticias 13.30 h - Luns, 7 de marzo de 2022 07.03.2022 26:23
A actualidade deste luns, 7 de marzo de 2022, en Noticias 13.30 h. Recollemos o anuncio do investimento de máis de 9 millóns de euros no Catedral de Tui ao abeiro do Plan das Catedrais 2021-2027, falamos de obras na estrada provincial en Ribadelouro, dos actos do 8M, e doutras novas destacadas do día en Tui e no Baixo Miño.
Noticias 13.30 h - Venres, 4 de marzo de 2022 04.03.2022 26:38
En Noticias 13.30 h na Radio Municipal de Tui recollemos a actualidade informativa deste venres, 4 de marzo de 2022 en Tui e no Baixo Miño, as citas da fin de semana e o deporte.
Noticias 13.30 h- Xoves, 3 de marzo de 2022 03.03.2022 22:52
A actualidade informativa deste xoves, 3 de marzo de 2022, en Noticias 13.30 h. O Concello de Tui convoca unha reunión informativa sobre o proxecto dunha senda fluvial no río Furnia, comeza o programa Xuntas Aprendemos, e o trompetista Manuel Madarnás presenta o seu traballo "La MMArca" mañá no Teatro Municipal. Estas son parte das novas que recollemos hoxe.
Noticias 13.30 h - Mércores, 2 de marzo de 2022 02.03.2022 28:17
A actualidade deste mércores, 2 de marzo de 2022, en Noticias 13.30 h. A evolución da covid, os datos do desemprego do mes de febreiro, as reunións informativas convocadas polo Concello de Tui en Malvas e Pexegueiro, e o inicio do ciclo Xuntas Aprendemos, son parte das novas que hoxe recollemos.
Noticias 13.30 h -Luns, 28 de febreiro de 2022 28.02.2022 28:43
A actualidade deste luns, 28 de febreiro de 2022, en Noticias 13.30 h. Hoxe coa evolución da covid, o resumo da entrevista co alcalde de Tui pechando a rolda cos voceiros municipais, as celebracións do Entroido e o deporte.
Ent.Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Barco do proxecto Miño, destino navegable 25.02.2022 9:10
Hoxe comezaron as rúas do proxecto Miño, destino navegable, que inclúen un percorrido fluvial. O barco que se emprega reúne todas as condicións de navegabilidade e seguridade como afirmaba o alcalde, Enrique Cabaleiro, saíndo ao paso da publicación recollida hoxe nun medio de comunicación. Os catro municipios do proxecto esixirán unha rectificación e estudarán accións legais.
Noticias 13.30 h - Venres, 25 de febreiro de 2022 25.02.2022 30:08
A actualidade este venres, 25 de febreiro de 2022. Hoxe comezamos o informativo co alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, quen cualificaba de "moi grave e infundada" a publicación hoxe nun medio de comunicación dunha información sobre as condicións de navegabilidade do barco do proxecto Río Miño, destino navegable. Repasamos a situación con respecto á covid, os investimentos en Tui e A Guarda do Plan...
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.