Radio Municipal de Tui
Informativos
Os informativos da Radio Municipal de Tui recollen a actualidade máis cercana no ámbito local e comarcal. A información política, social, cultural, deportiva de Tui e da comarca do Baixo Miño está presente en Noticias 13.30 h cada día de luns a venres de 13.30 a 14.00 h.
Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.ivoox.com
Author
Radio Municipal de Tui
Category
Podcast website
Latest episode
Oct 5, 2026
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Unha alfombra floral engalará a praza de San Fernando pola festividade de Corpus 17.06.2022 3:46
Un grupo de voluntarias levará a cabo mañá pola noite unha alfombra floral na praza de San Fernando pola festividade do Corpus. levan xa semanas traballando preparando todo o material preciso para esta elaboración. É unha información de Tania Romero.
O CEIP nº1 celebrou o seu segundo congreso educativo sobre os ODS 17.06.2022 4:00
Hoxe remataron no CEIP nº1 catro intensas xornadas de Congreso Educativo sobre os ODS, Obxectivos de Desenvolvemento Sostible, nos que con distintas actividades estiveron traballando ao longo do curso. Coñecemos este congreso nesta reportaxe de Tania Romero.
Noticias 13.30 h - Xoves, 16 de xuño de 2022 16.06.2022 25:07
Tui recibirá máis de 300 mil € do Plan Concellos para para a reforma e acondicionamento das piscinas municipais. Esta é unha das novas que recollemos en Noticias 13.30 h. Tamén a presentación do Campionato de España de Motonáutica que na fin de semana se celebra en Tui.
Noticias 13.30 h - Mércores, 15 de xuño de 2022 15.06.2022 22:49
As obras de mellora da seguridade viaria na EP 3001 en Rebordáns visitadas hoxe polo alcalde e a presidenta da Deputación é unha das novas que recollemos en Noticias 13.30 h. Tamén buscamos outros asuntos da actualidade local e comarca e o deporte.
Noticias 13.30 h - Martes, 14 de xuño de 2022 14.06.2022 26:34
En Noticias 13.30 h recollemos os dous proxectos que o concello de Tui presentou ao PIREP para o seu financiamento. Recollemos tamén a incorporación ao Conservatorio de Tui do grao elemental, e a presentación da Aloiada na que van participar máis de 100 alumnos/as este xoves e venres, entre outras novas.
Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Proxectos presentados ao PIREP 13.06.2022 7:02
O Concello de Tui presenta ao Programa de Impulso á Rehabilitación de Edificios Públicos, PIREP, dous proxectos para rehabilitar sendos edificios municipais. Trátase do Teatro Principal, e do edificio situado na rúa Camilo José Cela. Así o explicaba o alcalde, Enrique Cabaleiro, en Noticias 13.30 h.
Noticias 13.30 h -Luns, 13 de xuño de 2022 13.06.2022 22:04
En Noticias 13.30 h recollemos a actualidade informativa deste luns, 13 de xuño. Entrevistamos ao alcalde, Enrique Cabaleiro, sobre os proxectos de rehabilitación do Teatro Principal, e do edificio da rúa Camilo José Cela, presentados ao programa PIREP, tamén damos conta da restauración do Lavadoiro do Souto, da inscrición aberta na Aula Mentor, xunto a outras novas do día.
Noticias 13.30 h - Xoves, 9 de xuño de 2022 09.06.2022 25:37
Adxudicado pola Xunta o proxecto para a rehabilitación da primeira vivenda do programa Rexurbe. Esta é unha novas que recollemos en Noticias 13.30 h xunto ao resumo da entrevista coa voceira do BNG, a celebración do Día dos Arquivos en Tui e outras novas deste xoves, 9 de xuño.
Noticias 13.30 h - Mércores, 8 de xuño de 2022 08.06.2022 22:01
O equipo redactor da Axenda Urbana estase a reunir cos colectivos das distintas parroquias, hoxe terán un encontro en Guillarei. Esta é unha das novas que recollemos hoxe en Noticias 13.30 h. Tamén damos conta das máis de 2700 persoas que maio pasaron pola Oficina de Turismo de Tui, xunto a outros temas da actualidade.
Noticias 13.30 h - Martes, 7 de xuño de 2022 07.06.2022 26:31
Case 10.800 peregrinos pasaron por Tui en maio realizando o Camiño Portugués. Este é unha das novas que recollemos en Noticias 13.30 h. Damos conta tamén do novo local de ensaio da Banda de Música Popular, e falamos de distintos prazos, xunto á actualidade do Baixo Miño.
Noticias 13.30 h - Luns, 6 de xuño de 2022 06.06.2022 27:40
A actualidade deste luns, 6 de xuño de 2022, en Noticias 13.30 h. Damos conta dos dous accidentes de tráfico con feridos rexitrados onte en Tui, recollemos o inicio do prazo de inscrición no Campament o de Verán Igual É +, e , entre outras novas, o deporte.
Noticias 13.30 h - Venres,3 de xuño de 2022 03.06.2022 23:47
Os datos do paro do mes de maio na comarca do Baixo Miño, a entrevista co voceiro de C21, José Manuel Palacín, e as citas da fin de semana onde destaca o concerto de Andrea González hoxe con "Salvado - Piano Works" no Teatro Municipal de Tui e mañá a proxección do documental "De Rosendo a Rosendo" forman parte das novas que hoxe recollemos en Noticias 13.30 h. Tamén falamos en deportes da Andaina...
Noticias 13.30 h - Xoves, 2 de xuño de 2022 02.06.2022 23:44
A actualidade deste xoves, 2 de xuño de 2022, en Noticias 13.30 h
Noticias 13.30 h - Mércores, 1 de xuño de 2022 01.06.2022 24:41
A actualidade informativa deste mércores, 1 de xuño de 2022, en Noticias 13.30 h na Radio Municipal de Tui.
Noticias 13.30 h - Martes, 31 de maio de 2022 31.05.2022 26:38
Avaliar a situación do Camiño de Santiago ao seu paso por Tui foi un dos obxectivos da Mesa do Camiño reunida á semana pasada. Este é un dos asuntos que recollemos en Noticas 13.30 h . Tamén nos achegamos ao traballo que realizan no centro de Diversidades Acolle, e as citas do día entre as que está a conferencia de Albino Prada sobre Rosendo Salvado hoxe ás 20.30 h na aula da UNED.
Noticias 13.30 h - Luns, 30 de maio de 2022 30.05.2022 25:10
Tui é un dos 121 municipios españois que está a redactar a súa Axenda Urbana que marca a planificación do municipio na próxima década. Esta é unha novas que recollemos hoxe en Noticias 13.30 h . Tamén damos conta do inicio do ciclo de actividades sobre Rosendo Salvado, recollemos outras novas de Tui e da comarca, e falamos dos destacados resultados deportivos da fin de semana logrados por deportis...
Noticias 13.30 h - Venres, 27 de maio de 2022 27.05.2022 28:52
Recollemos os acordos tomados onte pola corporacón de Tui en pleno, contamos o ciclo de activdades dedicado a Rosendo Salvado que foi presentado esta mañá, e as citas para a fin de semana en Tui e no Baixo Miño en Noticias 13.30 h. Tamén falamos de deporte e das competicións nacionais e internacionais nas que participan padeeiros tudenses e da comarca.
Noticias 13.30 h - Xoves, 26 de maio de 2022 26.05.2022 26:20
A actualidade deste xoves, 26 de maio de 2022, en Noticias 13.30 h. Repasamos os asuntos que tratará hoxe a corporación de Tui en pleno, falamos do vehículo autónomo e do operativo de seguridade no Camiño Portugués, xunto ás citas do día e o deporte.
Noticias 13.30 h - Mércores, 25 de maio de 2022 25.05.2022 25:33
Hoxe a vella ponte internacional está pechada ao tráfico até media tarde debido a probas do vehículo autónomo. Así o contamos en Noticias 13.30 h, onde recollemos os asuntos que a corporación municipal de Tui tratará mañá xoves en pleno, xunto a outras novas e citas do día.
Noticias 13.30 h - Martes, 24 de maio de 2022 24.05.2022 25:59
A corporación municipal de Tui celebra pleno ordinario este xoves ás 20 h. En Noticias 13.30 h recollemos os asuntos a tratar. Tamén damos conta do acto conmemorativo dos 4 anos da explosión no barrio da Torre en Paramos que tivo lugar onte, xunto a outras novas.
Noticias 13.30 h - Luns, 23 de maio de 2022 23.05.2022 24:41
Hoxe cúmprense 4 anos da explosión rexistrada no barrio da Torre en Paramos, polo que a Asociación de Afectados convoca un acto ás 20.30 h. Esta é unha das novas que hoxe recollemos en Noticias 13.30 h, xunto a posta en marcha da Aula Mentor, a situación da sanidade no Rosal, as citas culturais e o deporte.
Noticias 13.30 h - Luns, 16 de maio de 2022 16.05.2022 26:48
A actualidade deste luns, 16 de maio de 2022, en Noticias 13.30 h . Recollemos as celebracións das Letras Galegas e os cambios debido á previsións da choiva, pero tamén outras novas do día.
Noticias 13.30 h - Venres, 13 de maio de 2022 13.05.2022 27:17
A actualidade informativa deste venres, 13 de maio de 2022, en Noticias 13.30 h onde recollemos todas a citas da fin de semana.
Noticias 13.30 h - Xoves, 12 de maio de 2022 12.05.2022 24:07
A actualidade informativa deste xoves, 12 de maio de 2022, en Noticias 13.30 h. As novas de Tui e da comarca, as citas do día e o deporte.
Noticias 13.30 h - Mércores, 11 de maio de 2022 11.05.2022 23:17
O Concello de Tui solicitou un obradoiro de emprego para recuperar a senda fluvial do Furnia. Esta é unha novas que hoxe recollemos en Noticias 13.30 h xunto ao exercicio de seguridade marítica realizado hoxe no Miño co simulacro dun accidente naútico. Tamén as citas para os próximos días e o deporte.
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.