Radio Municipal de Tui

Informativos

News GL ↓ 3637 episodes

Os informativos da Radio Municipal de Tui recollen a actualidade máis cercana no ámbito local e comarcal. A información política, social, cultural, deportiva de Tui e da comarca do Baixo Miño está presente en Noticias 13.30 h cada día de luns a venres de 13.30 a 14.00 h.

Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.ivoox.com

Author

Radio Municipal de Tui

Category

News

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Oct 5, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android almost 10M downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Noticias 13.30 h - Mércores, 21 de setembro de 2022 21.09.2022

En Noticias 13.30 h recollemos a actualidade deste mércores 21 de setembro de 2022 coa presentación do novo centro de piragüismo Quique Míguez, a presentación da Estratexia da Eurocidade Tui-Valença e a mesa de traballo do Plan Estratéxico da Zona Franca.

Noticias 13.30 h - Martes, 20 de setembro de 2022 20.09.2022

En Noticias 13.30 h recollemos a actualidade deste martes 20 de setembro de 2022 para contarlles a dobre cita de mañá en Tui: a presentación da Estratexia da Eurocidade e a inauguración do centro de piragüismo Quique Míguez. Tamén, as citas do día e todo o deporte local.

Hoxe presentouse o MUMI 2022 na Eurocidade Tui-Valença. 19.09.2022

Hoxe tivo lugar a presentación do III Encontro Profesional de Música Galiza-Portugal na Pousada de San Teotónio, na fortaleza de Valença. É o MUMI, que se desenvolverá dende o próximo 29 de setembro ata o 1 de outubro, e que reunirá a 20 bandas(10 galegas e 10 portuguesas), artistas e profesionais ao redor de músicas feitas en Galicia e Portugal.

Noticias 13.30 h - Luns, 19 de setembro de 2022 19.09.2022

En Noticias 13.30 h recollemos a actualidade deste luns 19 de setembro de 2022 para contarlles a presentación do festival de músicas galaico-portuguesas MUMI. Tamén, a actuacións no Monte Aloia e no Polígono A Guarda-O Rosal, todas as citas e o deporte.

Noticias 13.30 h - Venres, 16 de setembro de 2022 16.09.2022

En Noticias 13.30 h recollemos a actualidade deste venres 16 de setembro de 2022 para contarlles a intensa axenda cultural e festival da fin de semana, a previa do Descenso Internacional do Miño e todo o deporte da nosa contorna.

O Descenso Internacional do Miño reúne este sábado a 450 padeeiros e padeeiras 15.09.2022

O Descenso Internacional do Miño celebrará este sábado a súa 51º edición, que terá carácter especial xa que se trasladou do habitual mes de agosto, ao de setembro debido ás obras no Centro Municipal de Piragüismo. Dende Salvaterra, ás 17.30 h, tomarán a saída 450 padeeiros e padeiras de 39 clubs. Esta competición foi presentada este mediodía. Así o contamos en Noticias 13.30 h

Noticias 13.30h - Xoves, 15 de setembro de 2022 15.09.2022

En Noticias 13.30 h recollemos a actualidade deste xoves 15 de setembro de 2022 para contarlles a presentación da 51 edición do Descenso Internacional do Miño que terá lugar en Tui este sábado. Tamén, as citas na comarca para esta fin de semana.

Noticias 13.30h - Mércores, 14 de setembro de 2022 14.09.2022

En Noticias 13.30 h recollemos a actualidade deste mércores 14 de setembro de 2022 para contarlles o evento final e probas do vehículo autónomo da CTAG na vella Ponte Internacional Tui-Valença. Tamén, citas formativas e todo o deporte.

Noticias 13.30h - Martes, 13 de setembro de 2022 13.09.2022

En Noticias 13.30 h recollemos a actualidade deste martes 13 de setembro de 2022 para contarlles o peche da vella Ponte Internacional Tui-Valença, falamos de educación, citas formativas e o deporte con Sara Tui como protagonista.

Noticias 13.30h - Luns, 12 de setembro de 2022 12.09.2022

En Noticias 13.30 h recollemos a actualidade deste luns 12 de setembro de 2022 para falarlles dos datos de peregrinos en Tui no mes de agosto, a actualidade da comarca, as citas do día e toda a crónica do deporte da fin de semana.

Noticias 13.30h - Venres, 9 de setembro de 2022 09.09.2022

En Noticias 13.30 h recollemos a actualidade deste venres 9 de setembro de 2022 para falarlles da presentación da Axenda Urbana de Tui na Sala de Exposicións do edificio Francisco Sánchez. Tamén, a actualidade da nosa comarca, as citas da fin de semana e todo o deporte.

Noticias 13.30h - Xoves, 8 de setembro de 2022 08.09.2022

En Noticias 13.30 h recollemos a actualidade deste xoves 8 de setembro de 2022 para falarlles da volta aos colexios en Tui con motivo do inicio do novo curso escolar. Tamén a sinatura do protocolo de colaboración da Axenda Urbana de Tui en Madrid, as citas do día e o deporte.

Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Sinatura Axenda Urbana 07.09.2022

En Noticias 13.30 h falamos co alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, horas antes da sinatura en Madrid, no MITMA, do protocolo de actuación da Axenda Urbana de Tui.

Noticias 13.30h - Mércores, 7 de setembro de 2022 07.09.2022

En Noticias 13.30 h recollemos a actualidade deste mércores 7 de setembro de 2022 para contarlles a firma do protocolo de colaboración da Axenda Urbana entre o concello de Tui e o Ministerio de Transportes. Tamén os datos do paro da comarca e as citas culturais e do deporte para estes días.

Noticias 13.30h - Martes, 6 de setembro de 2022 06.09.2022

En Noticias 13.30 h recollemos a actualidade deste martes 6 de setembro de 2022 para contarlles a presentación das obras no novo treito da Vía de Altas Prestacións Tui-A Guarda, no polígono empresarial de Areas e a autoestrada A-55. Tamén, a folga dos traballadores das escolas públicas Galiña Azul, as citas do día e o deporte local.

Noticias 13.30h - Luns, 5 de setembro de 2022 05.09.2022

En Noticias 13.30 h recollemos a actualidade deste luns 5 de setembro de 2022 no que lles contamos os últimos datos turísticos de agosto en Tui. Tamén as obras que se están a acometer no CEIP de Guillarei, as citas culturais do día e a crónica do deporte desta pasada fin de semana.

Noticias 13.30 h - Venres, 2 de setembro de 2022 02.09.2022

En Noticias 13.30 h recollemos a actualidade deste venres 2 de setembro de 2022 para contarlles a crónica do pleno extraordinario de Tui que aprobou o Plan de Acción Local da Axenda Urbana, entre outras cuestións. Tamén o xuizo pola explosión en Paramos en 2018, as citas e o deporte que virá nesta fin de semana.

Noticias 13.30 h - Xoves, 1 de setembro de 2022 01.09.2022

En Noticias 13.30 h recollemos a actualidade deste xoves 1 de setembro de 2022 para falar da celebración mañá do pleno extraordinario de Tui. Tamén falamos da situación ferroviaria de Galicia e Tui, coas obras anunciadas por Adif no tramo Guillarei-Portugal, amais das citas culturais co comezo das Xornadas Europeas da Cultura Xudea.

Noticias 13.30 h - Mércores, 31 de agosto de 2022 31.08.2022

A corporación municipal de Tui celebra este venres ás 9 h pleno extraordinario. Este é un dos asuntos que recollemos hoxe en Noticias 13.30 h. Tamén as citas dentro da Xornadas Europeas da Cultura Xudía, e o eventos deportivos coma o Campionato de España de Radiocontrol Térmico ou o XV Dirt track Xacob Agra que se celebran na fin de semana.

Noticias 13.30 h - Martes, 30 de agosto de 2022 30.08.2022

A entrevista do alcalde, Enrique Cabaleiro, sobre as obras de humanización en Tui e en colexios da comarca, o último obradoiro de emprego, a recopilación dos festivais que se celebraron na cidade, e xunto a crónica deportiva forman parte do Noticias 13.30h deste martes, 30 de agosto.

Noticias 13.30 h - Luns, 29 de agosto de 2022 29.08.2022

O inicio das obras de humanización na rúa Colón e Riomuíños, as Xornadas Europeas da Cultura Xudía, as obras nos centros de Pazos de Reis e Ribadelouro, xunto coa crónica deportiva forman parte do Noticias 13.30h deste luns, 29 de agosto.

Noticias 13.30 h - Venres, 26 de agosto de 2022 26.08.2022

A sinalización dos elementos patrimoniais, a última xornada de IKFEM, a Feira Medieval de Valença, as citas desta fin de semana e a información dos deportes forman parte do Noticias 13.30 h deste venres, 26 de agosto.

Noticias 13.30 h - Xoves, 25 de agosto de 2022 25.08.2022

O investimento de 50.000 euros nos comedores escolares de Randufe e Caldelas por parte do Concello de Tui, a alfombra de serraduras tinguidas elaborada por veciños e veciñas de Córdoba, as citas coma o XXVII Festival das bandas e a crónica deportiva forman parte do Noticias 13.30 h deste xoves, 25 de agosto.

Noticias 13.30 h - Mércores, 24 de agosto de 2022 24.08.2022

O proxecto presentado á rede Ágora para Pazos de Reis polo Concello de Tui, a campaña “No caminas sola: un Camino de Santiago libre de Violencias Machistas”, as citas do día comaa feira cabalar de San Bartolomeu ou o concerto do IKFEM, entre outras, xunto aos deportes forman parte do Noticias 13.30 h deste mércores, 24 de agosto.

Noticias 13.30 h - Martes, 23 de agosto de 2022 23.08.2022

As obras rematadas no CEIP nº2 de Tui, a feira cabalar de San Bartolomeu mañá, a alfombra floral que se realizará en Tui, as citas para hoxe e os resultados deportivos da xornada no Noticias 13.30 h de hoxe martes.

Listen to the Informativos podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.