Radio Municipal de Tui
Informativos
Os informativos da Radio Municipal de Tui recollen a actualidade máis cercana no ámbito local e comarcal. A información política, social, cultural, deportiva de Tui e da comarca do Baixo Miño está presente en Noticias 13.30 h cada día de luns a venres de 13.30 a 14.00 h.
Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.ivoox.com
Author
Radio Municipal de Tui
Category
Podcast website
Latest episode
Oct 2, 2026
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui, sobre a sinatura de creación da rede RedCot en Lisboaº 02.02.2023 6:01
En Noticias 9.30h falamos en directo co alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, para valorar o acto de sinatura da nova Rede España-Portugal de Cooperación Transfronteiriza. Valoraba que suporá un novo avance na cooperación trasnfronteiriza da Eurocidade.
Noticias 13.30h - Mércores, 1 de febreiro de 2023 01.02.2023 28:03
En Noticias 13.30h deste mércores 1 de febreiro damos conta da presenza da Eurocidade a través do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, na sinatura do REDCOT; do Plan Integrado de Emprego; do libro 'Historias de pedra, Tui e as súas parroquias' de Rosa María Vila, entre outras novas.
Noticias 13.30h - Martes, 31 de xaneiro de 2023 31.01.2023 27:57
En Noticias 13.30h deste martes 31 de xaneiro para contarlles a presenza da Eurocidade a través do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, na sinatura do Acordo da Rede España-Portugal de Cooperación Transfronteiriza. Tamén citas formativas, culturais e o deporte.
Noticias 13.30h - Luns, 30 de xaneiro de 2023 30.01.2023 31:12
En Noticias 13.30h deste luns 30 de xaneiro de 2023 contamos os detalles do novo Centro de Cooperación Policial e Aduaneira de Tui e a visita de Xiana Méndez, secretaria de estado de Comercio, na cidade. Tamén, a actualidade dos concellos do Baixo Miño, iniciativas polo Día Escolar da Paz e todo o deporte da fin de semana.
Noticias 13.30h - Venres 27 de xaneiro de 2023 27.01.2023 26:05
En Noticias 13.30h deste venres 27 de xaneiro de 2023 contamos os detalles do pleno ordinario celebrado onte en Tui. Tamén, a programación teatral da cidade en febreiro e marzo, citas e o deporte da fin de semana.
Operativo de busca en Gondomar para localizar a Albano Manso 26.01.2023 5:54
Albano Manso é un veciño de Gondomar que leva desaparecido dende o pasado xoves. Xa hai operativos de búsqueda na localidade, na zona do Couso, e tamén noutras da contorna. Hoxe falamos en Noticias 13.30h dun dos seus amigos, Francisco Cavaco, que detallaba máis datos de Albano e as labores de busca.
Noticias 13.30h - Xoves 26 de xaneiro de 2023 26.01.2023 28:34
En Noticias 13.30h deste xoves 26 de xaneiro de 2023 falamos do pleno ordinario de Tui desta tarde, tamén de Ventura, un programa para cineastas que se está a desenvolver na cidade, e da inauguración do pavillón da Sangriña na Guarda.
Noticias 13.30h - Mércores 25 de xaneiro de 2023 25.01.2023 26:56
En Noticias 13.30h recollemos a actualidade deste mércores 25 de xaneiro de 2023 para contarlles a orde do día do próximo pleno ordinario de Tui, un aviso de tráfico, o programa para este 2023 da Red de Juderías, o novo plan de compostaxe do Concello de Tui, as citas do día e o deporte local.
Noticias 13.30h - Martes 24 de xaneiro de 2023 24.01.2023 29:43
En Noticias 13.30h recollemos a actualidade deste martes 24 de xaneiro de 2023 para contarlles a orde do día do próximo pleno ordinario de Tui. Tamén a selección da AECT Río Minho para un proxecto piloto europeo de gobernanza e distintas noticias de ámbito educativo.
Noticias 13.30h - Luns 23 de xaneiro de 2023 23.01.2023 26:56
En Noticias 13.30h recollemos a actualidade deste luns 23 de xaneiro de 2023 para falar dos certificados de calidade turística SICTED e coñecer máis do traballo que realizan na Oficina de Emprego de Tui. Tamén os resultados do deporte da fin de semana.
Noticias 13.30h - Venres, 20 de xaneiro de 2023 20.01.2023 26:28
En Noticias 13.30h recollemos a actualidade deste venres 20 de xaneiro de 2023 para facer balance do FITUR, do Servizo Municipal de Orientación en 2022 e dos investimentos a realizar polo Consorcio do Louro con crédito extraordinario, as citas e o deporte local.
Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - FITUR Red Juderías 19.01.2023 3:55
O 20 de febreiro celebrarase en Tui un dos actos que conforman o programa cultural deste ano da Red de Juderías que onte foi presentado en FITUR. Así o confirmaba o alcalde, Enrique Cabaleiro, quen salientaba que Tui terá un papel destacado ao celebrarse o 400 aniversario do falecemento do médico e filósofo tudense Francisco Sánchez. Este é un dos actos nos que Tui está hoxe presente en FITUR
Noticias 13.30h - Xoves 19 de xaneiro de 2023 19.01.2023 26:49
En Noticias 13.30h recollemos a actualidade deste xoves 19 de xaneiro de 2023 para contarlles unha nova xornada de FITUR, da que falamos en directo co alcalde, Enrique Cabaleiro. Tamén recollemos as exposicións destes días na comarca.
Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Presenza de Tui en FITUR. 18.01.2023 4:14
Hoxe mantivemos unha conversa co alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, dende a Feira Internacional de Turismo que está tendo lugar no IFEMA de Madrid.
Noticias 13.30h - Mércores 18 de xaneiro de 2023 18.01.2023 27:10
En Noticias 13.30h recollemos a actualidade deste mércores 18 de xaneiro de 2023 para contarlles a presenza de Tui e da comarca do Baixo Miño na Feira de FITUR que comeza hoxe en Madrid. Sobre este evento falamos en directo co alcalde, Enrique Cabaleiro.
Noticias 13.30h - Martes, 17 de xaneiro de 2023 17.01.2023 29:48
En Noticias 13.30h recollemos a actualidade deste martes 17 de xaneiro de 2023 para dar conta da dispoñibilidade de axudas do Goberno tras as tormentas de Fin de Ano no Baixo Miño, a presenza de Tui no FITUR, as citas do día e o deporte local.
Noticias 13.30h - Luns, 16 de xaneiro de 2023 16.01.2023 30:54
En Noticias 13.30h recollemos a actualidade deste luns 16 de xaneiro de 2023 para contarlles os datos de peregrinos do pasado ano en Tui, o novo presuposto do Consorcio de Augas do Louro, as citas do día e todo o deporte da fin de semana.
Noticias 13.30h - Venres, 13 de xaneiro de 2023 13.01.2023 31:00
En Noticias 13.30h recollemos a actualidade deste venres 13 de xaneiro de 2023 para valorar a situación da policía local en Tui, para dar conta da presenza do Xeodestino en FITUR, as citas da fin de semana e o deporte, coa Regata Miño Internacional como protagonista.
Noticias 13.30h - Xoves 12 de xaneiro de 2023 12.01.2023 27:09
En Noticias 13.30h recollemos a actualidade deste xoves 12 de xaneiro de 2023 para contarlles a valoración da situación da Policía Local de Tui por parte do alcalde, Enrique Cabaleiro, as citas e o deporte local, hoxe destacando a presentación da 42 edición da Regata Miño Internacional en Tui.
Noticias 13.30h - Mércores, 11 de xaneiro de 2023 11.01.2023 28:11
En Noticias 13.30h recollemos a actualidade deste mércores 11 de xaneiro de 2023 para dar conta da presentación do Plan de Sostibilidade Turística en Destino do Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño, do Día dos Usuarios da Biblioteca, as citas do día e o deporte local.
Noticias 13.30h - Martes, 10 de xaneiro de 2023 10.01.2023 22:28
En Noticias 13.30h recollemos a actualidade deste martes 10 de xaneiro de 2023 para contarlles que a Mancomunidade do Baixo Miño pedirá unha partida orzamentaria para os danos do temporal, a reunión mantida polo Ano Francisco Sánchez, as citas e o deporte local.
Noticias 13.30h - Luns, 9 de xaneiro de 2023 09.01.2023 29:06
En Noticias 13.30h recollemos a actualidade deste luns 9 de xaneiro de 2023 para contarlles os datos do paro de decembro na comarca e o Programa Integrado de Emprego e a campaña informativa de compostaxe en Tui.
Noticias 13.30h - Xoves, 5 de xaneiro de 2023 05.01.2023 27:15
En Noticias 13.30h recollemos a actualidade deste xoves 5 de xaneiro de 2023 para contarlles todos os detalles dos percorridos que os Reis Magos farán polos concellos da comarca do Baixo Miño. Tamén, o resto de citas para estas derradeiras xornadas festivas e o deporte.
Noticias 13.30h - Mércores 4 de xaneiro de 2023 04.01.2023 29:22
En Noticias 13.30h recollemos a actualidade deste mércores 4 de xaneiro de 2023 para contarlles todos os detalles e plan especial de tráfico da Cabalgata Internacional de Tui-Valença. Tamén, citas de nadal, de lecer e o deporte local.
Noticias 13.30h - Martes, 3 de xaneiro de 2023 03.01.2023 27:35
En Noticias 13.30h recollemos a actualidade deste martes 3 de xaneiro de 2023 no que damos conta do avance das incidencias provocadas pola tormenta, avanzamos información sobre as citas e cabalgatas de Reis e o deporte local.
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.