Radio Municipal de Tui
Informativos
Os informativos da Radio Municipal de Tui recollen a actualidade máis cercana no ámbito local e comarcal. A información política, social, cultural, deportiva de Tui e da comarca do Baixo Miño está presente en Noticias 13.30 h cada día de luns a venres de 13.30 a 14.00 h.
Author
Radio Municipal de Tui
Category
Podcast website
Latest episode
Jul 10, 2026
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Noticias 13.30 h | Xoves, 16 de xaneiro de 2025 16.01.2025 30:02
Estes son os principais titulares de hoxe en Noticias 13.30 h - Tui conmemorará o centenario do polifacético Manuel Lago González - Abrimos rolda de conversas cos grupos políticos da corporación con José Manuel Palacín, voceiro de C21 - Traballadores de Levantina manifestáronse hoxe reclamando unha alternativa ao ERE. - A Rondalla O Mosteiro de Pexegueiro participar o sábado no certame de rondalla...
Noticias 13.30 h | Mércores, 15 de xaneiro de 2025 15.01.2025 27:43
Estes son os principais titulares de hoxe en Noticias 13.30 h - O Concello de Tui investiu 68 mil euros na mellora do punto limpo municipal - A RAG confirma a celebración en Tui dun acto conmemorativo do centenario de Manuel Lago - Sairán autobuses de Tui para a manifestación pola Sanidade Pública convocada para mañá en Vigo - Teresa Portela falou hoxe da súa ‘vida olímpica’ en Tui - ...
Ent. José Palacín, voceiro de Converxencia 21 | Rolda xaneiro 2025 15.01.2025 16:16
A ordenanza do lixo aprobada no pleno do mes de decembro, balance de 2024 e retos municipais para este 2025 foron parte dos temas que esta mañá abordamos con José Palacín, voceiro de Converxencia 21. Con el abrimos unha nova rolda de conversas cos grupos políticos da corporación municipal de Tui.
Noticias 13.30 h | Martes, 14 de xaneiro de 2025 14.01.2025 22:39
Estes son os principais titulares de hoxe en Noticias 13.30 h - Retencións esta mañá na estrada Tui-A Guarda en Areas por traballos de asfaltado dun tramo da vía - A padexeira olímpica Teresa Portela ofrecerá mañá unha charla no novo espazo sociocultural da rúa Camilo José Cela - O Claustro da Catedral de Tui acollerá esta fin de semana a X Mostra da Camelia organiza por ATUCA - A Rondalla O Moste...
Noticias 13.30 h | Luns, 13 de xaneiro de 2025 13.01.2025 28:19
Estes son os principais titulares de hoxe en Noticias 13.30 h - Cortado dende hoxe o cruzamento entre a Avenida da Concordia á rúa Rollo polo inicio das obras da rúa Ourense, en Tui - Avanza a revitalización e rehabilitación do Conxunto Histórico con novos proxectos viabilizados en 2024 e outros de envergadura previstos para este ano - Tui recibirá 1.161.484€ do Plan + Provincia Tui euros, e 184.0...
Ent. Ana Núñez, concelleira de Patrimonio e Conxunto Histórico | Rehabilitación Conxunto Histórico 13.01.2025 10:16
O conxunto histórico de Tui vive un momento importante para continuar coa súa revitalización e rehabilitación. Así o afirmou a concelleira de Patrimonio e Conxunto Histórico, Ana Núñez, ao facer balance dos proxecto viabilizados no seu departamento en 2024 e dar conta as perspectivas para este 2025. Destacou o papel destacado que xoga o Centro Rexurbe posto en marcha o ano pasado, e avanzou a reda...
Noticias 13.30 h | Venres, 10 de xaneiro de 2025 10.01.2025 29:11
Estes son os principais titulares de hoxe en Noticias 13.30 h: - A veciñanza evacuada onte do edificio onde se rexistrou un incendio na garaxe puido volver hoxe as súas vivendas - A Xunta saca a licitación as obras de rehabilitación dun edificio na rúa Bispo Castañón para crear 3 vivendas para alugueiro social cun investimento de 1,3 millóns de € - Continúa a demanda dunha frecuencia de autobús do...
Noticias 13.30 h | Xoves, 9 de xaneiro de 2025 09.01.2025 28:55
Estes son os principais titulares de hoxe en Noticias 13.30 h: - A nova sede do Centro de Cooperación Policíal e Aduaneiro de Tui inaugurado hoxe exemplo para Europa segundo Marlaska - A Xunta saca a licitación o treito da AG-42 entre Areas e a PO-350 - Editado un novo calendario solidario da Eurocidade Tui-Valença - Aberta a inscrición para a Ultreia 2025 que se celebrará o domingo 6 de abril
Noticias 13.30 h | Mércores, 8 de xaneiro de 2025 08.01.2025 22:42
Estes son os principais titulares de hoxe en Noticias 13.30 h: - Mañá inaugúrarase o novo Centro de Cooperación Policial e Aduaneiro de Tui - O alcalde de Tui solicita á Deputación a mellora da EP.2502 Cerquido-Ribadelouro - O Concello de Tui financiará co plan Extra da Deputación a mellora do acceso ao conxunto histórico dende a r/Coruña e as escaleiras da r/Foxo - Tres novos cursos comezan este...
Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui | Reunión Deputación, fondos estatais rehabilitación vivendas e inicio obras 08.01.2025 8:43
O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, reuniuse onte co presidente da Deputación de Pontevedra. A entrevista, que fóra solicitada polo rexedor tudense, tiña por obxectivo abordar a mellora da seguridade vial na EP 2502 Cerquido - Ribadelouro. Así o explicaba o rexedor tudense en Noticias 9.30 h. Tamén avanzou que o Concello solicitará a través do novo Plan Extra o financiamento para adecuar os acces...
Noticias 13.30 h | Martes, 7 de xaneiro de 2025 07.01.2025 29:47
Estes son os principais titulares de hoxe en Noticias 13.30 h - Destinaranse 150.000 € para a rehabilitación de tres vivendas destinadas a alugueiro social na rúa Bispo Castañón, en Tui - Accidente con dous feridos leves na A-55 - Un kamikaze chocou con dous coches na A-55, en Tui, deixando tres feridos - Citas e días festivos deste 2025 - Información deportiva
Noticias 13.30 h | Venres, 3 de xaneiro de 2025 03.01.2025 27:03
En Noticias 13.30 h repasamos á chegada dos Reis Magos aos concellos da contorna. Suspéndese a Cabalgata Internacional da Eurocidade Tui-Valença, e a recepción real terá lugar no Teatro Municipal. Amais damos conta dos positivos datos de turismo en Tui en decembro, da mención honorífica especial entregada a Carlos Pérez Antón. As citas da fin de semana e o deporte completan este tempo de informaci...
Ent. Sonsoles Vicente, concelleira de Cultura | Cabalgata Internacional de Reis da Eurocidade 03.01.2025 4:21
A concelleira de Cultura de Tui, Sonsoles Vicente, vén de confirmar na nosa sintonía que a Cabalgata Internacional de Reis da Eurocidade suspéndese debido a adversa previsión do tempo. Os Reis Magos recibirán aos nenos e nenas no Teatro Municipal o domingo 5, tal e coma explicaba.
Noticias 13.30 h | Xoves, 2 de xaneiro de 2025 02.01.2025 27:37
Comezamos o 2025 coñecendo os proxectos que neste novo ano chegarán aos concellos da zona nas voces do alcalde de Tui, e das alcaldesas de Tomiño, O Rosal, Oia e Salceda. Amais damos conta da mención honorífica especial do Concello de Tui que hoxe recibirá Carlos Pérez Antón. As citas para estes días e as novas do deporte completan este tempo de información.
Noticias 13.30 h | Luns, 30 de decembro de 2024 30.12.2024 27:46
Estas son parte das novas que recollemos en Noticias 13.30 h: - Adolfo Besada recibe ás 20 h, no Teatro Municipal, a Mención Honorífica Especial do Concello de Tui - O próximo xoves Carlos Pérez Antón serán tamén recoñecido ás 18 h na casa do concello - Case 1.900 persoas participarán mañá na III San Silvestre Tudense. Recollida de dorsais dende ás 9h. - Tui da a benvida a 2025 coa orquestra Kubo...
Noticias 13.30 h | Venres, 27 de decembro de 2024 27.12.2024 26:35
Estas son parte das novas que recollemos en Noticias 13.30 h: - 2,2 millóns de euros do 2% Cultural serán para o o arquivo catedralicio e diocesano de Tui - Adolfo Besada recibirá o luns a Mención Honorífica Especial do Concello de Tui - O Concello de Oia contará en 2025 cun orzamento de 2,1 millóns de euros Repasamos todas as citas da fin de semana en Tui e na comarca
Noticias 13.30 h | Xoves, 26 de decembro de 2024 26.12.2024 23:48
Estas son parte das novas que recollemos en Noticias 13.30 h: - Aprobada en pleno a Ordenanza fiscal reguladora da taxa pola prestación do servizo de recollida e tratamento de residuos sólidos do Concello de Tui - Tomiño leva hoxe a pleno os orzamentos de 2025 por importe de 10,5 millóns de euros - Concerto de Nadal da Banda de Música Popular de Tui mañá venres e das corais tudenses o sábado no Te...
Noticias 13.30 h | Luns, 23 de decembro de 2024 23.12.2024 24:18
Estes son os principais titulares de hoxe en Noticias 13.30 h - Pleno extraordinario e urxente hoxe ás 19 h en Tui para resolver as alegacións e aprobar definitivamente a ordenanza fiscal do servizo de recollida do lixo - Ingresan en prisión ás catro persoas detidas o pasado xoves en Tui coma presuntos autores de roubos en vivendas nas provincias de Pontevedra e Ourense - Papá Noel, Mercado de Nad...
Noticias 13.30 h | Venres, 20 de decembro de 2024 20.12.2024 27:12
Na fin de semana previa ao Nadal en Noticias 13.30 h recollemos as diversas iniciativas que teñen lugar esta fin de semana vinculadas ás festas, á solidariedade e tamén ao deporte. Así o recollemos no tempo de información deste venres, 20 de decembro, contando coas voces dos protagonistas. Tamén falamos do sorteo da Lotería de Nadal deste domingo.
Noticias 13.30 h | Xoves, 19 de decembro de 2024 19.12.2024 26:08
Estes son os principais titulares de hoxe en Noticias 13.30 h: - Visita ao Mercado de San Antonio da directora territorrial de Comercio e do alcalde de Tui - A San Silvestre Solidaria Tudense agarda bater récord de participación - A Garda Civil de Tui investiga a un veciño de Oia por un presunto delito de cultivo ou elaboración de droga - Hoxe ás 18.30 h derradeiro concerto, no Espazo da rúa Camil...
Noticias 13.30 h | Mércores, 18 de decembro de 2024 18.12.2024 24:43
Estes son os principais titulares de hoxe en Noticias 13.30 h: - Sometido a información pública o documento técnico e o estudo de impacto ambiental do proxecto de trazado do futuro tramo da autovía A-52 para conectar O Porriño e Vigo. - Hoxe, 18 de decembro, é o Día Internacional do Migrante - Repasamos as iniciativas solidarias do Nadal en Tui - Música e literatura esta tarde en Tui Recollemos am...
Ent. Javier Niño, coordinador deportivo do CB Tui - Torneo solidario de baloncesto 17.12.2024 2:05
O CB Tui celebra este xoves, dende ás 16.30 h, no pavillón municipal o seu XIV Torneo Solidario de Baloncesto, no que recollerán alimentos non perecedeoiros. Participarán preto de 80 nenos e nenas das distintas categorías nunha tarde cun marcado carácter festivo e solidario. Así o explicaba Javier Niño, coordinador deportivo do CB Tui.
Noticias 13.30 h | Martes, 17 de decembro de 2024 17.12.2024 23:43
Estes son os principais titulares de hoxe en Noticias 13.30 h - O Concello de Tui reforza a aposta pola recollida selectiva coa adquisición de novos contedores que incrementarán en case 90 mil litros a capacidade de recollida - Máis de 9 mil quilos de alimentos sumáronse no Baixo Miño aos 325 mil da Gran Recollida de Alimentos - Hoxe comezan os concertos do alumnado do Conservatorio e da Escola de...
Noticias 13.30 h | Luns, 16 de decembro de 2024 16.12.2024 26:13
Estes son os principais titulares de hoxe en Noticias 13.30 h: - O novo espazo socio cultural da rúa Camilo José Cela acollerá esta semana as primeiras actuacións tras ser inaugurado o pasado sábado - ORPAGU fai un balance positivo de 2024, ano no que triplicou o seu persoal e reforzou a distribución - As voces dos coros infantís dos centros educativos encheron hoxe o Teatro Municipal As citas da...
Noticias 13.30 h | Venres, 13 de decembro de 2024 13.12.2024 28:03
Estes son os principais titulares de hoxe en Noticias 13.30 h: - Mañá inaugúrase o edificio municipal da rúa Camilo José Cela tras as obras de rehabilitación realizadas con fondos PIREP - Comezou a demolición parcial do edificio en ruinas situado no número 7 da rúa Colón - Galicia Suroeste da os primeiros pasos para crear un Club de produto turístico centrado nas potencialidades da comarca - A sor...
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.