Radio Municipal de Tui

Informativos

News GL ↓ 3634 episodes

Os informativos da Radio Municipal de Tui recollen a actualidade máis cercana no ámbito local e comarcal. A información política, social, cultural, deportiva de Tui e da comarca do Baixo Miño está presente en Noticias 13.30 h cada día de luns a venres de 13.30 a 14.00 h.

Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.ivoox.com

Author

Radio Municipal de Tui

Category

News

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Oct 1, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android almost 10M downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Noticias 13.30 h | Xoves, 29 de maio de 2025 29.05.2025

Estas son as principais novas que recollemos en Noticias 13.30 h: - Dezaoito puntos conforman a orde do día do pleno que hoxe, ás 20 h, celebra a corporación municipal de Tui - Nico Montes, voceiro do Partido Popular,valora os dous anos transcorridos do actual mandato - Protección Civil de Tui recibirá a medalla ao mérito na categoría de prata pola participación no continxente galego desprazado a...

Ent. Juan Picós, coordinador de FIREPOCTEP+ | Xornada "As comunidades de montes fronte aos grandes incendios forestais" 29.05.2025

Baixo o título "As comunidades de montes fronte aos grandes incendios forestais", FIREPOCTEP+ organiza no Auditorio de Goián unha xornada, o sábado a partir das 9.30 horas na que analizará o papel fundamental das comunidades de montes na prevención de incendios, entre outras cuestións. Así nolo contou hoxe Juan Picós, coordinador de FIREPOCTEP+.

Ent. Nico Montes, voceiro do PP | Dous anos dende as eleccións municipais 29.05.2025

Hoxe continuamos coa rolda de conversas cos representantes da corporación municipal de Tui, con motivo dos dous anos dende que se celebraron as eleccións municipais, con Nico Montes, voceiro do PP.

Noticias 13.30 h | Mércores, 28 de maio de 2025 28.05.2025

Estas son as principais novas que recollemos en Noticias 13.30 h: - Mañá ás 20 h terá lugar o pleno ordinario da corporación municipal de Tui con 18 puntos na orde do día - Un veciño de Tui, de 70 anos, faleceu onte á tarde no Paseo da Corredoira - Carmen Núñez, voceira do BNG, valora os dous anos transcorridos do actual mandato municipal tras as eleccións celebradas o 28 de maio de 2023 - As IV X...

Ent. Carmen Núñez, voceira do BNG | Dous anos dende as eleccións municipais 28.05.2025

Hoxe proseguimos coa rolda de conversas cos representantes da corporación municipal de Tui, con motivo dos dous anos dende que se celebraron as eleccións municipais, con Carmen Núñez, voceira do BNG.

Noticias 13.30 h | Martes, 27 de maio de 2025 27.05.2025

Estas son as principais novas que recollemos en Noticias 13.30 h: - 18 puntos conforman a orde do día do pleno ordinario que este xoves celebra a corporación municipal de Tui - José Palacín, concelleiro non adscrito en Tui, fai balance dous anos de mandato tras as eleccións municipais de 2023. - A tudense Eva é unha das 30 integrantes no Consello Autonómico de Infancia e Adolescencia - Xornada de...

Ent. José Palacín, concelleiro non adscrito | Dous anos dende as eleccións municipais 27.05.2025

Hoxe comezamos unha rolda de conversas cos representantes da corporación municipal de Tui, con motivo dos dous anos dende que se celebraron as eleccións municipais. Comezamos con José Palacín, concelleiro non adscrito.

Noticias 13.30 h | Luns, 26 de maio de 2025 26.05.2025

Estas son as principais novas que recollemos en Noticias 13.30 h: - Un menor resultou ferido de gravidade onte pola tarden nun accidente de tráfico en Guillarei - O vindeiro 9 de xuño comezará no IES Indalecio Pérez Tizón un curso AFD, Acción Formativa para Desempregados, de Actividades Auxiliares de Comercio - Galitoon presenta mañá o espectáculo de contos e monicreques “Os descontacontos” en Tui...

Noticias 13.30 h | Venres, 23 de maio de 2025 23.05.2025

Estas son as principais novas que recollemos en Noticias 13.30 h: - Esta tarde celébrase en Paramos un acto conmemorativo co gallo do sétimo aniversario da explosión no barrio da Torre - O BNG mantivo hoxe unha reunión interparlamentaria en Tui para analizar a situación do Miño transfronteirizo - Do 3 ao 6 de xuño celebrarase o V Congreso EDUCODS no Paseo da Corredoira e no que participarán 21 cen...

Ent. Salvador García, presidente Asociación de Afectados - 7 anos da explosión en Paramos. 23.05.2025

Hoxe cúmprense 7 anos da explosión no barrio da Torre, en Paramos. A Asociación de Afectados convoca un acto conmemorativo para hoxe venres ás 20.30 h. Salvador García, presidente da Asociación de Afectados, explicou na RMT en que vai consistir, e tamén como é a situación sete anos despois.

Noticias 13.30 h | Xoves, 22 de maio de 2025 22.05.2025

Estas son as principais novas que recollemos en Noticias 13.30 h: - Esta madrugada rexistrouse un incendio nun galpón no barrio da Torre en Guillarei - Até o luns 26 está aberto o prazo de inscrición para as probas de acceso a primeiro de Grao Elemental no Conservatorio de Música de Tui - Hoxe ás 19.30 h preséntase o catálogo da exposición “Borders” de Jacinto Lara - Hoxe ás 21 h, nova reunión en...

Ent. Ana Núñez, concelleira de Patrimonio de Tui | Achádego dunha galería subterránea 21.05.2025

O Concello de Tui traballa arestora en dous ámbitos ante o afundimento rexistrado na rúa Mártires de Sobredo que deixou a luz unha galería subterránea. Así o explicaba a concelleira de Patrimonio, Ana Núñez, sinalando que por unha banda os técnicos municipais están a traballar para garantir a seguridade nesta vía, e por outra na apertura dun expediente de protección patrimonial.

Noticias 13.30 h | Mércores, 21 de maio de 2025 21.05.2025

Estas son as principais novas que recollemos en Noticias 13.30 h: - A concelleira de Patrimonio, Ana Núñez, revela as novidades do afundimento na rúa Mártires de Sobredo - A xestión da biomasa nas faixas secundarias en Tui debe realizarse antes do 31 de maio - O BNG reúnese en Tui o venres para analizar a situación do Miño transfronteirizo - Mañá preséntase o catálogo da exposición “Borders” de Ja...

Noticias 13.30 h | Martes, 20 de maio de 2025 20.05.2025

Estas son as principais novas que recollemos en Noticias 13.30 h: - Simulacro de rescate esta mañá no río Miño dentro dos exercicios MARSEC da Armada - Un afundimento na rúa Mártires de Sobredo saca a luz unha galería subterránea - Até o 2 de xuño pódense presentar as solicitudes para as fogueiras de San Xoán - "Historias fabulosas coa maxia” con Elisa Alfaya e Ian Hamilton chega ás 17.30 h na Sal...

Noticias 13.30 h | Luns, 19 de maio de 2025 19.05.2025

Estas son as principais novas que recollemos en Noticias 13.30 h: - O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, participou a pasada fin de semana na Romaría de San Telmo en Huelva - Elisa Alfaya e Ian Hamilton presentan mañá na Biblioteca Municipal “Historias fabulosas coa maxia” - O Cineclub Tui proxecta mañá Dolls de Takeshi Kitano - Este xoves primeira charla IV Xornadas Educativas organizadas polas A...

Noticias 13.30 h | Venres, 16 de maio de 2025 16.05.2025

Estas son as principais novas que recollemos en Noticias 13.30 h: - Este mediodía rexistrouse un escape de gas na rúa Ourense ao romper unha tubaxe do subministro - Libros, música e espectáculos mañá na Feira do Libro Galego en Tui - A XXII Romaría Cabalar do Val do Louro reunirá esta fin de semana en Pontellas a máis de 1.000 cabalos - Este domingo celebrarase a XXII Romaría "Os nosos fariñeiros....

Ent. Jacinto Lara, artista - Inauguración da exposición Borders 15.05.2025

O artista Jacinto Lara, natural de Córdoba, e afincado agora en Galicia inaugura hoxe xoves, ás 19.30 h a exposición “Borders” na Sala Municipal de Exposicións de Tui, no edificio Francisco Sánchez. Presenta sobre todo obras pictóricas pero tamén esculturas, como explicaba en Noticias 13.30 h, onde convidou a acudir á inauguración e a visitar a exposición.

Noticias 13.30 h | Xoves, 15 de maio de 2025 15.05.2025

Estas son as principais novas que recollemos en Noticias 13.30 h: - Esta tarde inaugúrase na Oficina de Turismo de Tui, Mercarte, unha tenda efémera de cinco creadoras locais - A Sala Municipal de Exposicións de Tui acolle dende hoxe a obra de Jacinto Lara - Convocada unha reunión para constituír unha Plataforma Cidadá de Afectados no ámbito do SU 11 do PXOU de Tui - Do 23 ao 27 de xuño vaise leva...

Ent. Ana Núñez, concelleira Conxunto Histórico e María Ferreirós, técnicas - Axudas ARI 14.05.2025

Até o 10 de xuño pódense solicitar ás axudas para a rehabilitación de vivendas no Conxunto Histórico de Tui. A segunda convocatoria da Fase 13 conta cun orzamento de case 70 mil euros. A concelleira de Conxunto Histórico, Ana Núñez, e a técnica da ARI, María Ferreiros, explicaron as actuacións subvencionables e o trámite a realizar.

Noticias 13.30 h | Martes, 13 de maio de 2025 13.05.2025

Estas son as principais novas que recollemos en Noticias 13.30 h: - O Concello de Tui abre o prazo de solicitude de axudas á Rehabilitación de Edificios e Vivendas - Máis de 650 escolares participan mañá na XVI Tui Le no Teatro Municipal - Abertas as inscricións para os campamentos de verán do CB Tui, da Escola da Banda de Música de Tui e da Raiola en Caldelas - Tui acolle esta fin de semana o Cam...

Noticias 13.30 h | Luns, 12 de maio de 2025 12.05.2025

Estas son as principais novas que recollemos en Noticias 13.30 h: - O Mercado de San Antonio de Tui ofrece taquillas intelixentes para recoller a compra fóra do horario habitual - Play-Doc 2025 premia a “Deuses de pedra” na competición galega e a “7 paseo con Mark Brown” na internacional. - Lisi da Silva presenta esta tarde en Tui as súas primeiras novelas - Hoxe conmemórase o Día Mundial da Fibro...

Noticias 13.30 h | Xoves, 8 de maio de 2025 08.05.2025

Estas son as principais novas que recollemos en Noticias 13.30 h: - Cine galego, internacional e retrospectivas centran a segunda xornada do Festival Play Doc - Concerto de Fin de Grao de tres alumnos do Conservatorio Profesional de Música de Tui - Hoxe conmemórase o Día Mundial da Cruz Vermella - Este domjngo comeza o ciclo de andainas saudables organizado pola Eurocidade Tui- Valença co Trilho E...

Noticias 13.30 h | Mércores, 7 de maio de 2025 07.05.2025

Estas son as principais novas que recollemos en Noticias 13.30 h: - O Consorcio de Augas do Louro alerta de chamadas e visitas dunha empresa allea ao servizo - A actuación de Su Garrido Pombo e a proxección de “Queres saír podes entrar” de Pablo Villalobos inauguran a 21ª edición de Play Doc no Teatro Municipal. - A xornalista Laura Martínez Alarcón presenta esta tarde na Sala Félix Rodríguez en T...

Ent. Ana Núñez, concelleira de Turismo | Valoración datos turismo abril 06.05.2025

Datos positivos do turismo do mes de abril en Tui, segundo as estatísticas recollidas pola Oficina de Turismo. Case 3 mil persoas pasaron por este punto de información, mil máis que no mesmo mes de 2024. A concelleira de Turismo, Ana Núñez, valorou estes datos en Noticias 13.30 h.

Noticias 13.30 h | Martes, 6 de maio de 2025 06.05.2025

Estas son as principais novas que recollemos en Noticias 13.30 h: - O paro baixa en 7 persoas, até as 937 en Tui no mes de abril - A Oficina de Turismo de Tui rexistra un incremento de 1.000 persoas no mes de abril en comparación a 2024 - Mañá comeza a 21ª edición de Play Doc, o Festival Internacional de Cinema de Tui. - Xarope Tulú presenta hoxe na Bibliioteca Municipal o contacontos para bebés “...

Listen to the Informativos podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.