Radio Municipal de Tui
Informativos
Os informativos da Radio Municipal de Tui recollen a actualidade máis cercana no ámbito local e comarcal. A información política, social, cultural, deportiva de Tui e da comarca do Baixo Miño está presente en Noticias 13.30 h cada día de luns a venres de 13.30 a 14.00 h.
Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.ivoox.com
Author
Radio Municipal de Tui
Category
Podcast website
Latest episode
Oct 9, 2026
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Reunión informativa ante a posta en marcha dos composteiros comunitarios na rúa Compostela 10.04.2017 1:55
Ás nove desta noite haberá unha reunión informativa na Sala Félix Rodríguez da Área Panorámica ante a posta en funcionamento mañá de seis composteiros comunitarios na rúa Compostela. O concelleiro de Medio Ambiente, José Martínez Tato, explicou que o obxectivo do concello é incrementar a porcentaxe do lixo que reciclamos ata chegar aos 50% ou 60%.
Noticias 13.30h - Luns, 10 de abril de 2017 10.04.2017 26:14
A actualidade deste luns e o resultados deportivos da fin de semana en Noticias 13.30h.
Noticias 13.30h - Venres, 7 de abril de 2017 07.04.2017 28:14
A presentación das festas de San Telmo, as citas da fin de semana e o deporte marca a actualidade deste venres, 7 de abril.
O CRA Mestra Clara Torres estrea nova biblioteca co obxectivo de ofrecer diferentes actividades 06.04.2017 2:32
A nova biblioteca está aberta os martes e xoves de 16:00 a 18:00 horas para todos os que se queiran achegar a ler ou consultar a prensa. Ademais, conta agora cunha nova mascota creada polos propios nenos e nenas, “chamase Finky” e dará conta de todas as actividades que se celebren. Dende o Colexio Rural Agrupado esperan ademais poder dinamizar as instalacións con diferentes charlas.
Noticias 13:30h - Xoves, 6 de abril de 2017 06.04.2017 30:01
A actualidade de Tui e do Baixo Miño no #Noticias1330 da Radio Municipal de Tui. Estes son os titulares de hoxe: - O Baixo Miño terá unha ocupación hostaleira do 50% no Baixo Miño namentres que no turismo rural subirá até o 85% - Ampliado até o 17 de abrilo prazo para presentar solicitudes de participación na XXI Feira de Artesanía - Case 8.000 persoas pasaron polo Play-Doc en Tui - Mañá preséntan...
Os Servizos Sociais Comunitarios do Concello de Tui contan dende hai unhas semanas con novas instalacións 05.04.2017 3:06
Os Servizos Sociais Comunitarios do Concello de Tui contan dende hai unhas semanas cunhas novas instalacións más amplas e axeitadas para este servizo. As novas dependencias están emprazadas na planta baixa da casa do concello na zona que antigamente ocupaba o Servizo de Extensión Agraria. Pódese solicitar cita previa no 986 60 36 25 ext 54
Adif modernizará a liña ferroviaria entre Vigo e Tui en 3 anos 05.04.2017 6:30
Os orzamentos xerais do Estado contemplan un investimento de dez millóns de euros para a partida "electrificación Vigo-Tui" até o 2020. Porén, a saída sur da alta velocidade segue parada e soamente se destinan 300.000€ para o paso a nivel do Porriño, polo que se intúe que non se contempla a súa supresión.
O Parque Natural do Monte Aloia volve a contar cun servizo de atención aos visitantes e de rutas guiadas 05.04.2017 3:43
A Consellería de Medio Ambiente vén de por en marcha novamente o servizo de atención aos visitantes nos parques naturais de Galicia, entre eles o do Monte Aloia. Tratase dunha empresa privada a que prestará o servizo en horario de mañá e tarde. Como novidade ademais este servizo prestarase durante todo o ano con maior reforzo nos períodos de vacacións segundo confirmou á Radio Municipal de Tui o d...
Noticias 13.30h - Mércores, 5 de abril de 2017 05.04.2017 27:03
A actualidade do día en Noticias 13.30h na Radio Municipal de Tui
Ent. Juan Carlos Blanco, pte ACITUI e José Diéz - Sorte ACITUI e Concurso Pintura 05.04.2017 8:44
Pablo Estévez foi o gañador da cea para dúas persoas no Parador de Tui entre as 200 persoas que completaron a ruta de Saborea Tui promovida por ACITUI. Mentres entre os 22 establecementos participantes houbo empate entre cinco deles no mellor pincho, polo que se sorteo o premio un fin de semana no Talaso Atlántico que recaeu en Poni Express. O sorteo fíxose esta mañá na nosa sintonía por parte de...
O paro baixa en todos os concellos do Baixo Miño a excepción do Rosal 04.04.2017 2:36
O paro baixou no pasado mes de marzo en 130 persoas no Baixo Miño, un descenso liderado por Tomiño e Tui.
Noticias 13:30h - Martes, 4 de abril de 2017 04.04.2017 27:23
Estes son parte dos titulares desta xornada: O paro baixou en 130 persoas no Baixo Miño, un descenso liderado por Tomiño e Tui Os feirantes amosan o seu malestar polo cambio de ubicación dos postos nas festas de #SanTelmo2017 e o goberno reafirma a súa aposta pola Finca de Patazumba alexándoos 200 metros do centro de saúde e o PAC. Medio Ambietne pon en marcha o servizo de atención aos visitantes...
Noticias 13.30h - Luns, 3 de abril de 2017 03.04.2017 26:13
A actualidade do día e os resultados deportivos da fin de semana en Noticias 13.30h
O Concello de Tui retira os mastros da Corredoira por "seguridade e imaxe" 03.04.2017 1:00
O Concello de Tui vén de retirar os 21 mastros para bandeiras instalados no Paseo de Corredoira debido ao seu mal estado e falta de uso, segundo apunta o concelleiro de Medio Ambiente, José Martínez Tato. Co visto e prace de Patrimonio, o Concello tomou a decisión despois de comprobar que supoñían un perigo para os peóns e co obxectivo de dar unha imaxe mais aberta e limpa do paseo.
Aprobados seis proxectos con cargo ao remanente de tesourería no pleno ordinario de marzo en Tui 31.03.2017 4:20
Apoio amplo da corporación municipal de Tui onte á noite en pleno para destinar 697.175,72€ do remanente de tesourería a seis proxectos a executar, que foran acordados xa en comisión informativa. Votaron a favor o PSOE, AtT, BNG, Son de Tui, PP, C21 e Ciudadanos Tudenses, e abstívose José Manuel Sousa de APTUI. Quedou sobre a mesa a licitación do servizo de limpeza viaria. Por unanimidade a corpor...
As citas da fin de semana de 1 e 2 de abril en Tui 31.03.2017 5:06
As citas para a fin de semana en Tui inclúen a apertura dos actos da Semana Santa co pregón a cargo de D. Ignacio Domínguez o domingo na Catedral. Amais a Asociación Un Máis celebra este domingo o Día Mundial do Autismo”. Non faltará a música con concertos de Javier Navas Quartet e Pequeña Gran Compañía, entre outras citas.
Tui e Valença avanzan na tramitación para dotar de personalidade xurídica á Eurocidade 31.03.2017 3:24
O Concello de Tui estivo presente, co concelleiro da Eurocidade, Miguel Capón, e un técnico municipal, na reunión celebrada na Eurocidade Verín Chaves coa presenza tamén da deputación, de Valença e dos concellos de Tomiño e As Neves. O concelleiro tudense da Eurocidade, Miguel Capón,fixo unha valoración positiva deste encontro, ao que salientaba que por primeira vez asistiron os técnicos do concel...
Noticias 13.30h - Venres, 31 de marzo de 2017 31.03.2017 30:57
A actualidade do día, as citas da fin de semana e o encontros deportivos en Noticias 13.30h
Noticias 13:30h - Xoves, 30 de marzo de 2017 30.03.2017 29:56
- A corporación municipal de Tui celebra esta tarde pleno ordinario onde se votarán proxectos con cargo ao remanente - Mil nenos abrazaron hoxe a Vella Ponte Internacional - José Manuel Sousa valora os proxectos presentados hoxe a pleno e fala da reunificación da dereita tudense - Alumnado do Indalecio Pérez Tizón participa en roteiros en Celanova e Ourense - Salvaterra inicia a construcción dunha...
Noticias 13:30h - Mércores, 29 de marzo de 2017 29.03.2017 27:34
- O alcalde de Tui pide mellorar a sinalización do Camiño Portugués ademais de oficializar totalmente o trazado e potenciar a promoción - Miguel Capón Rey, voceiro de Alternativa Tudense, da conta dos proxectos que se levan a pleno e explica as conversas de reunificación da dereita en Tui - Sara García e Ángel Sánchez, directores do Play-Doc fan unha valoración positiva do festival, tanto por públ...
Tui presentou hoxe un novo folleto turístico no que reúne a oferta hostaleira, de lecer e patrimonial 28.03.2017 8:10
O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, o concelleiro de Turismo, Laureano Alonso, e o concelleiro de Medio Ambiente, José Martínez Tato, presentaron esta mañá o novo folleto turístico da cidade. Editáronse 20 mil exemplares en castelán, portugués e inglés que recollen de xeito conxunto a oferta hostaleira, de actividade de lecer, e patrimonial do municipio.
Noticias 13.30h - Martes, 28 de marzo de 2017 28.03.2017 26:38
A actualidade deste martes, 28 de marzo, en #Noticias1330h
O dique da Guarda estará reparado en 6 meses segundo a conselleira do Mar 27.03.2017 2:09
A Consellería do Mar prevé rematar en seis meses a reparación e reforzo do dique do porto da Guarda, danado en febreiro polo temporal Kurt, sempre que as condicións meteorolóxicas o permitan e non existan imprevistos. Así o sinalou a conselleira do Mar, Rosa Quintana, durante a visita que realizou esta mañá a esta obra, que comezou nos últimos días. Tamén destacou que esta actuación, na que se inv...
O alumnado do CRA fixo hoxe una showcooking no Parador dentro do proxecto “Afroita-t ben” 27.03.2017 2:28
Os 80 alumnos do colexio rural Clara Torres de Tui realizaron una hoxe una showcooking no Parador de Turismo dentro do proxecto que están a desenvolver baixo o lema de “Afroita-t ben”. Este proxecto forma parte do plan Proxecta da Consellería de Educación que busca promover hábitos saudables. Así nolo explicaba a directora do CRA, Teresa Domínguez.
40 empresas do polígono de Areas contarán con cobertura de Fibra nas vindeiras semanas 27.03.2017 2:10
O polígono industrial de Areas en Tui contará con internet de alta velocidade a través de fibra óptica no vindeiro mes de abril. O despregue desta tecnoloxía, que permitirá velocidade de até 350 megas, está sendo levado a cabo pola empresa R ao abeiro do plan da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, Amtega.
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.