Radio Municipal de Tui
Informativos
Os informativos da Radio Municipal de Tui recollen a actualidade máis cercana no ámbito local e comarcal. A información política, social, cultural, deportiva de Tui e da comarca do Baixo Miño está presente en Noticias 13.30 h cada día de luns a venres de 13.30 a 14.00 h.
Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.ivoox.com
Author
Radio Municipal de Tui
Category
Podcast website
Latest episode
Oct 9, 2026
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Noticias 13.30h - Martes, 24 de maio, de 2017 23.05.2017 25:47
A actualidade deste caloroso día recollémola en Noticias 13.30n na Radio Municipal de Tui
Noticias 13.30h - Luns, 22 de maio 22.05.2017 28:51
A actualidade deste luns, 22 de maio, e o resumo deportivo da fin de semana en Noticias 13.30h
A VI Eurocidade 10 agarda reunir a 400 atletas o 11 de xuño 19.05.2017 4:11
O domingo, 11 de xuño, ás 11 hora española sairá da vella Ponte Internacional de Tui a VI Eurocidade 10, unha proba que agarda reunir a 400 atletas galegos e portugueses, nunha proba singular por celebrarse entre dous países e transcorrer por un espazo natural e patrimonial. A inscrición está aberta ata o mércores 7 de xuño, cun prezo de 4€, en Champion Chip Norte. Hoxe foi presentada polo alcalde...
Noticias 13.30h - Venres, 19 de maio de 2017 19.05.2017 30:49
A actualidade do día, as citas na fin de semana e as competicións deportivas en Noticias 1330h
Noticias 13.30h - Xoves, 18 de maio de 2017 18.05.2017 28:00
A actualidade deste xoves, 18 de maio, en Noticias 13.30h
Un mural co patrimonio tudense ilustra o camiño da Barca en pleno Camiño de Santiago 18.05.2017 5:18
O pasado martes tivo lugar a presentación oficial do mural elaborado polo alumnado do CEIP nº1
Ent. Santos Héctor, deputado de Turismo - Presentación do certificado SICTED en Tui 16.05.2017 5:31
Esta mañá na Aula da UNED no antigo convento de Santo Domingo tivo lugar unha xornada de presentación do certificado de calidade SICTED que contou coa presenza do deputado de Turismo, Santos Héctor, do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e do concelleiro de Turismo. Laureano Alonso. Santos Héctor explicou en Noticias 13.30h qué este certificado, e que teñen que facer as empresas interesadas en obte...
Noticias 13.30h - Martes, 16 de maio de 2017 16.05.2017 26:37
A actualidade deste martes, 16 de maio, e os actos previstos co gallo do #DíadasLetrasGalegas en Noticias 13.30h
Comezaron as obras de rehabilitación do palco da música e do cruceiro de San Bartolomeu 15.05.2017 1:52
Comezaron as obras de rehabilitación do palco da música e do cruceiro de San Bartolomeu. A concelleira de Patrimonio, Carmen Núñez, explicou que se trata de eliminar filtracións que había no palco, rehabilitar a forxa e a madeira, no caso do cruceiro de actuación na pedra e na forxa. O orzamento ascende a 15 mil euros, dos 11 mil son aportados pola Deputación.
Do 21 ao 25 de xullo a Eurocidade Tui-Valença acollerá a celebración da quinta edición do IKFEM 15.05.2017 3:45
Do 21 ao 25 de xullo a Eurocidade Tui-Valença acollerá a celebración da quinta edición do IKFEM, o festival Internacional de Instrumentos de Tecla e Masterclass organizados pola asociación Xuventudes Musicais de Tui. Así o confirmaba a director do festival, Andrea González. O IKFEM volverá ofrecer un atractivo calendario de eventos musicales e formativos nos que haberá masterclasses, workshops e c...
Noticias 13.30h - Luns, 15 de maio de 2017 15.05.2017 26:02
A actualidade deste luns, e os resultados deportivos da fin de semana en Noticias 13.30h
Presentación da XX Feira do Libro Galego e celebración do VIII Tui Le 12.05.2017 5:52
Esta mañá presentou a XX Feira do Libro Galego que terá lugar o próximo mércores no Paseo da Corredoira coincidindo co Día das Letras Galegas dedicado a Carlos Casares. Precisamente Carlos Casares foi hoxe un dos protagonistas no VIII Tui Le celebrado na Área Panorámica coa participación de 800 escolares.
Noticias 13.30h - Venres, 12 de maio de 2017 12.05.2017 28:46
A actualidade deste venres, 12 de maio, coas citas da fin de semana e a información deportiva en #Noticias1330h
Esta mañá presentouse a XIV Andaina Tudense que se celebra este sábado 11.05.2017 3:19
Un percorrido polo Parque Natural do Monte Aloia, Rebordáns, Ribadelouro e o Camiño Portugués é que o farán este sábado ás máis de 200 persoas participantes na XIV Andaina Tudense. O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, o concelleiro de Deportes, Laureano Alonso, e José Martínez Tato e Xosé Novoa do Club AndaTui.
Noticias 13.30h - Xoves, 11 de maio de 2017 11.05.2017 26:47
A actualidade do día deste xoves, 11 de maio, en Noticias 13.30h
En xuño entrará en vigor a peonalización do conxunto histórico de Tui nas fins de semana 11.05.2017 3:11
A primeira fin de semana de xuño porase en marcha a primeira fase da peonalización do Conxunto Histórico de Tui. Así o confirmou en declaracións á Radio Municipal de Tui a concelleira de Patrimonio, Carmen Núñez. Explicou que esta primeira fase será en certa medida tamén experimental na que se comprobará o funcionamento do plan, dos dispositivos de acceso e ao tempo as necesidades que poidan xurdi...
Noticias 13.30h - Mércores, 10 de maio, de 2017 10.05.2017 23:40
A actualidade deste día, centrada no control das fronteiras entre Galicia e Portugal, en Noticias 13.30h
Control documental nas pontes internacionais ata o sábado pola visita do papa a Fátima 10.05.2017 7:03
Retencións ao longo da mañá na nova ponte internacional de Tui-Valença debido ao control documental e aduaneiro que comezou a pasada noite e que se prolongará ata o sábado, dentro das medidas de seguridade adoptadas por Portugal co gallo da visita do papa Fátima. Na vella ponte internacional realízase tamén por parte da GNR control documental tanto a vehículos, coma a peóns e ciclistas que entren...
Noticias 13.30h - Martes, 9 de maio de 2017 09.05.2017 23:25
A actualidade deste martes, 9 de maio, en Noticias 13.30h na Radio Municipal de Tui.
Noticias 13.30h - Luns, 9 de maio de 2017 08.05.2017 26:52
A actualidade do día en Noticias 13.30h na Radio Municipal de Tui
Tui recibirá 1.003.000 do Plan Concellos 2017 da Deputación de Pontevedra 08.05.2017 7:54
O Concello de Tui recibirá este ano da Deputación de Pontevedra 1.003.489,37 ao abeiro do Plan Concellos 2017 para acometer distintos proxectos no municipio. O alcalde, Enrique Cabaleiro, xunto ao equipo de goberno, e a presidenta da Deputación, presentaron esta mañá os proxectos a realizar.
Noticias 13.30h - Venres, 5 de maio de 2017 05.05.2017 28:10
A actualidade deste venres coas citas da fin de semana e no ámbito deportivo en Noticias 13.30h
Noticias 13.30h - Xoves, 4 de maio de 2017 04.05.2017 26:05
A actualidade deste xoves, 4 de maio, en Noticias 13.30h
Tui celebra esta fin de semana a XXI Feira de Artesanía 04.05.2017 5:13
Esta fin de semana celébrase en Tui a XXI Feira de Artesanía con 41 postos de artesáns dos que 10 serán de Tui. Terá lugar sábado e domingo de 12 a 21h na rúa Ordóñez, Porta da Pía, e nas prazas do Concello e de San Fernando. Foi presentada esta maña onde se deu conta do programa previsto.
Hoxe reuniuse en Tui a Xunta Local de Seguridade para abordar os problemas do ocio nocturno 04.05.2017 4:35
Esta mañá reuniuse en Tui a Xunta Local de Seguridade presidida polo alcalde de Tui e a subdelegada do goberno en Galicia, coa presenza da Policía Local, Policía Nacional e a Garda Civil. Na mesma repasouse a situación de seguridade no Concello de Tui no que o nivel de delictos e faltas diminuiu, pero segue a preocupar as consecuencias do ocio nocturno, para o que a subdelegada do goberno amosou a...
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.